A acción central desta campaña é a denuncia pública da desprotección que viven as mulleres que sufren violencia machista que levaremos a cabo a través dunha reclamación administrativa e dunha denuncia ás institucións responsábeis de protexer a Isabel Fuentes, e a todas as mulleres, que fallaron no seu caso e que non podemos permitir que volvan a fallar.
ConstituÃmos para esta ardua tarefa un grupo de traballo ao que convidamos a sumarse nomeadamente a compañeiras do mundo da xudicatura que podan colaborar no proceso de reclamación e denuncia que iniciaremos con esta campaña. Basta con escribir a ourense@feminismo.info
A reclamación administrativa, primeiro paso para unha denuncia por este caso de neglixencia dos poderes públicos na protección de Isabel Fuentes será efectiva no mes de setembro de 2015 e convidamos a todas as persoas e colectivos a adherir a esta campaña a través da sinatura do texto co que a iniciamos Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.
Este é o texto da reclamación remitida ao CXPX denunciando a desprotección de Isabel Fuentes que tivo como tráxica consecuencia o seu asasinato:
DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS COA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
SUBDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS COA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA E O MINISTERIO FISCAL
Dona XXXXXXXXXXXX, titular do DNI núm. XXXXXXXXX, con enderezo na XXXXXXXXXXXX en Ourense, e número de teléfono XXXXXXXXXXXX e dona XXXXXXXXXXXX, titular do DNI núm. XXXXXXXXX, con enderezo en XXXXXXXXXXXX, con núm. de teléfono XXXXXXXXXXXX, que actúan en nome e representación da ASOCIACIÓN CNG da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE OURENSE, con CIF número G-15773013 , ante esta Administración pública comparezen e
EXPOÑEN
Que, no exercicio do dereito de reclamación polos danos e perdas sufridos a consecuencia do funcionamento dos servizos públicos desta Administración, veño formular este ESCRITO DE RECLAMACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL, en virtude dos artigos 139 a 144 da Lei de réxime xurÃdico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dos artigos 4 e 6 do Regulamento que desenvolve os procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial, en base aos seguintes
MOTIVOS
Primeiro.- O pasado 2 de abril de 2015 DONA ISABEL FUENTES FERNÃNDEZ, que vivÃa co seu marido, DON ANICETO RODRÃGUEZ CANEIRO, sufriu unha grave agresión, consistente nun forte golpe na cabeza, que lle provocou un coma polo que foi ingresada na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Universitario de Ourense.
Ante a Garda Civil, o esposo de dona Isabel asegurou e afirmou que sufriran un intento de roubo na casa e que a súa esposa fora vÃtima desa agresión por parte dos supostos ladróns.
Os feitos aconteceron nunha pequena poboación incluÃda na circunscrición do Partido Xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de VerÃn n.º 1, do que é xuÃza titular DONA CRISTINA MARÃA FERNÃNDEZ VIFORCOS.
A Garda Civil, encargada da investigación do caso, trasladoulle á xuÃza, mediante un informe por escrito, que albergaban serias sospeitas de que o verdadeiro autor da agresión sufrida por dona Isabel fora en realidade o seu marido. No mesmo informe, a Garda Civil solicÃtalle á xuÃza que se proceda á intervención do teléfono de don Aniceto e que se manteña a investigación co fin de confirmar estas sospeitas. Ante a posibilidade, xa advertida polo equipo médico que atendÃa a dona Isabel, de que esta pasarÃa á planta onde poderÃa recibir todo tipo de visitas, a Garda Civil tamén pediu á xuÃza que ordenara o seu mantemento na Sección de Reanimación para garantir que non recibira vistas e que puidera permanecer baixo a vixilancia do persoal médico, dadas as sospeitas que recaÃan sobre o marido, ou mesmo que se procedera á restrición das visitas na habitación de planta.
A xuÃza, nunha providencia do 28 de abril de 2015, denega estas peticións en base a:
«se acuerda que no ha lugar a dicha diligencia toda vez que ya se ha oficiado a dicho hospital que comuniquen el traslado del lesionado a planta desde el servicio de Reanimación, en cuyo caso, si procede, se adoptarÃan medidas adecuadas» (sic).
Do mesmo xeito, denegou a práctica das dilixencias de intervención telefónica porque, segundo sinalou a xuÃza, non existÃan indicios firmes, testemuñas, antecedentes ou mala relación entre os esposos, estimando, ademais, que as consideracións da Garda Civil constituÃan meras conxecturas dos axentes, insuficientes para acordar as dilixencias solicitadas.
Tras a chegada de dona Isabel á planta do hospital, o dÃa 29 de abril, nunha moi difÃcil situación para comunicarse, dado que non podÃa falar e precisaba de ventilación asistida, o seu marido acompañouna varias noites xunto á súa cama. O dÃa 7 de xuño contra as 7:00 da mañá, aproveitando que non habÃa ninguén máis na habitación que puidera dar aviso, cun coitelo de considerables dimensións efectuou un corte sobre Isabel no abdome e apuñalouna no pescozo, producindo a súa morte inmediata. No mesmo momento, don Aniceto autoinflixiuse varios cortes nos pulsos, pescozo e tórax e caeu derrubado no chan, sendo ambos atopados instantes despois polo persoal médico encargado.
Segundo.- O erro cometido pola xuÃza titular é evidente. A xuÃza ignorou as peticións da Garda Civil, que xa advertira que, con moita probabilidade, o causante das primeiras agresións de dona Isabel fora seu marido, en base ás evidencias atopadas tras a denuncia e que apuntaban a que no feito denunciado concorrÃan sospeitas de tratarse dun caso de violencia machista, pois dubidaron da realidade do suposto roubo. A xuÃza foi incapaz de concluÃr que existÃa unha alta probabilidade de que a primeira agresión fora causada polo seu marido, o que demostra un enorme descoñecemento das circunstancias que rodean un acto de violencia machista, xa que é moi habitual a inexistencia de denuncias anteriores, asà como foi incapaz de comprender que, precisamente, o feito de recibir unha agresión no domicilio convivindo en compañÃa dunha parella varón é, na maiorÃa das ocasións, precisamente, un factor de risco que debe advertir da posible comisión dun delito de violencia machista.
Todo isto coa agravante de que, advertida dunha situación de risco na muller por parte da institución encargada da valoración do risco nas vÃtimas de violencia machista, fixo ouvidos xordos, atribuÃndo, ademais, condición de conxecturas ás valoracións que do risco lle trasladaran os axentes que levaron a cabo as primeiras dilixencias de investigación tras a primeira agresión sufrida por dona Isabel.
Só se lle pedÃa o mantemento de dona Isabel na Sección de Reanimación, sen limitar os dereitos de ninguén, para poder asà evitar advertir a don Aniceto de que puidera estar sendo obxecto das investigacións da Garda Civil. Estas medidas garantirÃan un mÃnimo tempo de protección para dona Isabel en canto os axentes fixesen as pescudas que poderÃan evitar a comisión do asasinato por parte de don Aniceto.
Terceiro.- Non podemos negar que aconteceu o que sempre ocorre, que na ponderación entre as liberdades dos supostos agresores e a seguridade das mulleres vÃtimas de violencia machista, prima sempre, con argumentos ademais de garantÃa constitucional, a liberdade e protección dos dereitos dos posibles sospeitosos, que neste caso, como noutros moitos, deu lugar a un fin tráxico co asasinato de dona Isabel, nunha violenta versión dunha crónica de morte anunciada, como ven ocorrendo en moitÃsimos casos nos que as mulleres advirten do risco que corren pero que son vÃtimas do desprezo do seu relato nos xulgados, coa agravante, neste caso, de que quen advertÃa do risco que sufrÃa a muller non era a propia vÃtima, senón precisamente a Garda Civil.
A imprudencia da decisión xudicial é máis que evidente e o dano causado, o máis grave producido.
Cuarto.- Non imos negar que, nos primeiros tempos tras a publicación da Lei orgánica sobre medidas de protección integral contra a violencia machista, non se dubidaba tanto en impoñer ordes de afastamento, baseándose na primacÃa do dereito á liberdade de movementos que garante a Constitución, como se fai agora. Iso ocorreu pouco despois, cando voces crÃticas desta Lei e ameazadas pola posible diminución de parcelas de poder que a nosa cultura patriarcal e machista vén garantindo aos homes, do que non é alleo o Dereito (neste punto sentÃmonos na necesidade de usar como argumentos as palabras do recoñecido profesor de Dereito Penal don Enrique Gimbernat: «Como es regla en la vida social de este paÃs, ha sido el hombre el que ha fijado el alcance y la intensidad de la protección penal de la mujer; y no lo ha hecho tanto en función de los intereses femeninos como en función de los estrictamente masculinos en cuanto indirectamente pueden ser supuestamente lesionados por la conducta de la mujer. Pero esto es todavÃa demasiado abstracto: no es hombre sin más, sino un hombre de una mentalidad y escala de valores muy determinadas el que ha decidido los contornos del protagonismo penal de la mujer como autora o como vÃctima del delito», Gimbernat, 1990, 78), conseguiron non só que primara a liberdade de movementos do presunto agresor ante a posible situación de risco sufrida pola muller, senón que, incluso a xurisprudencia veu obstaculizar a aplicación de artigos do Código Penal como o artigo 153, esixindo a concorrencia de requisitos que a propia letra do artigo non esixÃa, como a necesidade de acreditar e deixar probado que a intención do agresor era someter á muller colocándoa nunha situación de inferioridade respecto a ese varón; proba que, na maiorÃa dos casos, é imposible levar a efecto.
Segundo os datos ofrecidos polo propio Ignacio Cosidó neste ano 2015, nos últimos quince anos morreron 700 mulleres a mans dos seus compañeiros varóns, engadindo ademais que, mentres no ano 2014 os delitos violentos sufriron un considerable descenso do 18%, os delitos de violencia contra as mulleres sufriron un aumento do 2%, e aclara que non hai outra actividade criminal que teña provocado tantas mortes entre o sexo feminino como a violencia machista, coa agravante de que esas mortes prodúcense polos actos dos agresores, pero noutras moitas ocasións pola desidia e pasividade das institucións encargadas da protección das mulleres.
Quinto.- Prexudicadas por esta actuación somos todas as mulleres deste Estado, porque todas somos susceptibles de sufrir unha situación como esta, máxime as que están nunha especial situación de vulnerabilidade, que non son poucas, polo que actuacións como a que estamos a denunciar, a deste Xulgado de VerÃn, poderÃan provocar a morte de máis mulleres.
Sexto.- Produciuse dano polo funcionamento anormal da Xustiza.
Sétimo.- A petición dunha cantidade económica como valoración do dano provocado é necesaria para cumprimentar a exixencia dun requisito do propio procedemento, pero para nós a perda da vida dunha muller non ten prezo e esta cantidade non ten máis desexo que simbolizar a gravidade do que estamos a reclamar, non sendo o noso desexo conseguir ningunha satisfacción económica. Por todo o exposto anteriormente, este feito non pode quedar silenciado, senón que é imprescindible que se saiba que ocorreu e quen cometeu algún erro para poñer en marcha unha reforma procesual, un cambio lexislativo ou calquera ferramenta que permita evitar un novo feito como este e que permita formar e lexislar na garantÃa constitucional que temos as mulleres, e mais, as mulleres vÃtimas, de ser protexidas do mesmo feito que o son os homes supostos agresores.
SOLICITO DE ESTA ADMINISTRACIÓN: admita o presente escrito e teña por solicitada a INDEMINIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL POR DANOS OCASIONADOS POLO FUNCIONAMENTO ANORMAL DA XUSTIZA, e previa á tramitación do correspondente procedemento, acorde indemnizar á reclamante coa cantidade de 1€ (un euro), polos danos e perdas causados que están xustificados neste escrito.
Ourense, 22 de setembro de 2015