Em defesa do direito ao aborto

Mulheres de diversos pontos da Galiza viajamos o dia 26 de Setembro hacia Madrid para asistir à  concentraçom estatal em defesa do direito ao aborto organizada pola plataforma ‘Mulheres ante o Congreso’ da que a Marcha Mundial das Mulheres é integrante.

Em tom festivo e lúdico desenvolveu-se a concentraçom que reuniu a colectivos feministas de diversas partes do Estado, e no que se pedia uma boa lei da interrupçom voluntária da gravidez. As mulheres da coordenadora comarcal de Ourense participarom mui activamente no festejo coa representaçom dum Via Crucis reivindicativo que fixo cantar a toda a praça ao som do tambor.

Apesar de sermos optimistas co ante-projecto de lei apresentado polo governo do Estado, consideramos que ainda nom está a garantir todos os pontos que tanto para a Marcha Mundial das Mulheres como para as asociações, colectivos e individuas que asinarom o manifesto da campaña de Maio ‘Em defesa do direito ao aborto. Eu decido!’, som irrenunciáveis. Consideramos portanto fraquezas desta projecto de lei:

A estipulaçom dum periodo obrigatório de reflexom de 3 dias, depois de que a mulher já  comunicara a súa decissom de abortar á doutora ou doutor; a falta de garantias e concretizaçom de que todo o processo vaia ser desenvolvido em centros da Sanidade Pública sem discriminaçom geográfica; a non regularizaçom da objecçom de consciência; a ambiguidade e mínima explicaçom do desenvolvemento da educación afectivo-emocional e sexual.

{gallery}abortomadrid{/gallery}

[ Descarga o comunicado en RAG | AGAL ]

CONVITE PARA VISITA GUIADA POR COMPOSTELA PARA ASOCIACIÓNS E VECIÑAS PROCEDENTES DOUTROS PAÍSES

A Marcha Mundial das Mulleres, a través da súa coordenadora local de Santiago de Compostela quere convidar ás veciñas da cidade doutras partes do mundo a desfrutar dunha visita guiada por unha zona verde da cidade de Santiago en compañía dunha guía municipal e das mulleres da Marcha Mundial das Mulleres de Compostela.
Ao final da visita guiada tomaremos unha sabrosa merenda nunha cafetaria da cidade.
Temos previsto xuntarnos na Alameda, a carón da estatua das dúas mulleres paseando, “As dúas Marías” ás 5 da tarde e estaremos de volta non máis alá das 8 da tarde, o vindeiro mércores 28 de outubro.
Os custos da actividade corren por cargo da Marcha Mundial das Mulleres de Compostela.
É de sinalar, que debido a que temos premura de tempo, rogamos que nos comuniquen o interese por participar nesta actividade nos teléfonos 619859052, 981 681321 ou por correo electrónico a charovlh@edu.xunta.es.

Un saúdo atento:
Marcha Mundial das Mulleres
Coordenadora de Santiago de Compostela

Autobuses para asistir á concentración estatal en defensa do dereito a decidir

“Mujeres ante el congreso”, plataforma apoiada pola Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, convoca á concentración-festa POLOS NOSOS DEREITOS, LEI DE ABORTO SEN RECORTES, que terá lugar en Madrid o 26 de setembro, de 18h a 21h,na Praza do Museo Reina Sofia.

As forzas anti-dereitos das mulleres están a preparar mobilizacións para outubro co obxectivo immediato de impidir que a lei sexa reformada e, a medio prazo, restrinxir ainda mais a súa interpretación e incluso o seu conteúdo. Iso fai ainda mais urxente que quenes defendemos  o dereito a decidir das mulleres sobre a súa maternidade nos mobilicemos para garantir a aprobación dunha nova lei acorde con ese dereito. Pola reforma da lei, e por unha boa reforma.

Mujeres ante el Congreso

http://mujeresantecongreso.blogspot.com // mujeresantecongreso@gmail.com

!!! A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza acudirá a esta concentración do dia 26 de setembro organizando AUTOBUSES que sairán na mañá do sábado 26 e regresarán á medianoite desde Ferrol, A Coruña, Compostela, Pontevedra, Vigo e Ourense, segundo demanda, a un coste de 10€. !!!

Para se inscrivir contactar con Luz no 679840679. Por favor deixar nome, localidade e telefono no contestador.

Outra muller asasinada na Galiza: A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa.

A Coruña, 30 de agosto de 2009

Outra muller asasinada na Galiza: A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa.

A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en distintas cidades galegas para denunciar un novo ataque contra os dereitos, a dignidade e a vida das mulleres.

Sexa cal sexa a idade, situación económica, formación, crenzas relixiosas ou estrato social, as mulleres seguimos a ser vítimas dunha sociedade machista que nos quere sumisas, obedientes, caladas e dependentes. Somos vítimas de individuos que nos ven como seres que deben ser dominados e controlados ata chegar á morte.

É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista

Na cidade da Coruña concentración o luns 31 de agosto ás 20:30 no Obelisco

Desexando que sexa a derradeira…

Última regata da I Liga Feminina de Traíñas

Este domingo, 30 de agosto ás 11h, terá lugar a última regata da I Liga feminina de traiñas no concello de Vigo.

Animámovos a todas a apoiar con a vosa presenza ás mulleres que teñen ofrecido unha excelente competición durante estas semanas, e á prensa a contribuir ao empoderamento da muller e a igualdade efectiva no deporte cubrindo este evento con amplitude.

Un saudo forte e muita forza e ánimo!

 

I Bandeira de Traíñas da Marcha Mundial das Mulleres

No domingo 16 de agosto tivo lugar a I Bandeira de Traíñas da Marcha Mundial das Mulleres en Perillo (Oleiros), a segunda regata da Liga Feminina de Traíñas, constituída neste ano e que supón un paso histórico no remo do noso país.

As mulleres do Club de Remo Meco fixéronse coa bandeira con un resultado final de 11:28:15 e volverán a competir coa embarcación Artábria, formada por remeiras de Salgado, Perillo e A Cabana o próximo sábado 22 en Ferrol.

Desde que as mulleres do remo participaran coa Marcha Mundial das Mulleres na Segunda Acción Mundial do 2005, traendo desde Portugal para á Galiza a Manta da Solidariedade en traiñeiriña, a nosa relación tense fortalecido enormemente. Hoxe, despois de 3 bandeiras de traiñeiriñas énchenos de orgullo e alegría ser parte da Liga Feminina de Traíñas coa I Bandeira de Traíñas da MMM.

É evidente que o traballo de todas e o crecente interese das institucións e organismos deportivos ten producido avances no eido do deporte feminino, mais non debemos esquecer que aínda hai moito camiño por andar. Para nós é fundamental a coeducación en igualdade para eliminar os estereotipos de xénero e a segregación por sexo nas escolas, onde aínda en moitos casos se están a potenciar diferentes actividades para nenas e para nenos. Isto non pode facer mais que perpetuar a sociedade patriarcal que oprime tanto a mulleres como a homes.

En termos dos medios de comunicación a desigualdade de xénero está plenamente vixente. Só temos que ollar para a prensa deportiva e analizar o espazo e relevancia que se lle dá ao deporte practicado por mulleres en relación ao dos homes, as diferenzas son escandalosamente significativas. A prensa ten de tomar conta da súa responsabilidade na construción dunha sociedade mais xusta e equitativa e criar e facilitar praxes e análises que potencialicen e reflictan a realidade das mulleres no deporte.

Precísanse de accións positivas nas que incluímos alén de leis e apoio institucional, o apoio social e non gobernamental ás prácticas deportivas das mulleres, esixindo o cumprimento das leis vixentes e novas accións en prol da igualdade efectiva para que as mulleres non se vexan obrigadas a abandonar as prácticas deportivas e se poda consolidar o deporte feminino profesional.

Desexámoslle o mellor a todas as mulleres remeiras nesta Liga e esperamos continuar a colaborar con elas no futuro.

‘queremos un futuro con mais mulleres que desfruten do deporte e dos beneficios que este comporta, así como un maior número de mulleres envolvidas en todos os aspectos da actividade física e o deporte: a dirección e a xestión, o treino, a arbitraxe, o xornalismo, a formación, a investigación e a práctica deportiva’ fuxindo así ‘dos  preconceitos e estereotipos que impiden as mulleres e os homes de se desenvolveren segundo as súas expectativas persoais e o seu potencial individual.‘ – Manifesto pola Igualdade e Participación da Muller no Deporte

Próximas regatas da Liga Feminina de Traíñas:

Sábado 22  de agosto en Ferrol

Domingo 30 de agosto en Vigo

Damos os nosos parabéns aos éxitos da embarcación galega feminina na liga ACT

Eis vos amosamos algunhas das imaxes dese día:

{gallery}Trainhas{/gallery}

Reclamemos os Campos: Campamento Europeo para Cultivar Alternativas,

Coordinadora Europea Vía Campesina

Reclamemos os Campos

Campamento Europeo para Cultivar Alternativas,

30 de Setembro- 4 de Outubro 2009, en Minerve (Franza)

Nós, a mocidade da Coordinación Europea da Vía Campesiña estamos a organizar un campamento Europeo para xuntar á mocidade que se quixer establecer no campo, quer sexan labregas e labregos novos, labregas e labregos sen terra e/ou que quixeren recuperar a soberanía alimentar.

A crise global na agricultura, no clima, na enerxía, na biodiversidade e na sociedade en xeral está a ter un grande impacto sobre miles de millóns de vidas. Esta crise está estreitamente relacionada coa substitución da pequena agricultura por formas industriais de produción e consumo. Así como moitos miles de millóns foron dados aos bancos durante o ano pasado, o apoio dos gobernos para políticas neoliberais continúa a aniquilar á pequena agricultura e aos e ás labregas en todo o mundo. Estas políticas destrúen as formas de vivir que ten demostrado un enlace harmonioso entre seres humanos e o seu medio ambiente. Na Europa estas forzas están a levar á pequena agricultura e aos e ás labregas aos limites da extinción, facendo difícil que o campesiñado e que a mocidade poda comezar a traballar a terra como labregas e labregos.

Queremos ser labregas e labregos para volver a controlar as nosas vidas e practicar os nosos valores. Cultivando, demostramos o noso compromiso coa nosa terra, o noso medio ambiente e coa xente-sexa no noso bairro ou for en outros países afastados, cos que compartimos a vida neste planeta. De esta forma estamos a axudar a garantir un futuro  para as próximas xeracións. Podemos poñer fin a este proceso devastador se reforzamos a posición da mocidade labrega, relocalizando a economía e sendo creativas para criar un campo Europeo forte e sustentábel. O futuro da Europa é só posíbel se temos unha mocidade labrega numerosa!

Hai moitas loitas que temos de fortalecer: o aceso á terra, prezos xustos na agricultura, o recoñecemento social das labregas e labregos, políticas agrícolas xustas, e as loitas contra a dominación do modelo de agricultura industrial. Querémonos xuntar para nos fortalecer e facer posíbel que as persoas que queiran ser labregas o podan ser.

O campamento está  aberto á mocidade labrega e a todas as persoas interesadas en selo. Están benvidas a vir e intercambiar as súas experiencias e inspirarse polas das demais. Haberá unha grande variedade de obradoiros prácticos, políticos e teóricos sobre o aceso á terra, hortalizas urbanas, políticas agrícolas, agroecoloxía, alianzas entre consumidoras e produtoras e mais. Tamén poden contribuír con un tema para o seu propio obradoiro! Por favor comuníquenos o tema se ten unha proposta para un obradoiro, preenchendo o sitio web e enviándonolo antes do 15 de setembro.

O campamento terá  lugar nunha granxa colectiva no sul da Franza. Será organizado coa axuda de toda a xente que participar. Haberá unha asemblea diaria para organizar a vida na comunidade do campamento-desde a cociña colectiva e a limpeza até a organización de actividades e noticias. Pedirémoslles unha pequena contribución para as comidas e o aloxamento.

Para mais información por favor visiten a nosa páxina web: www.reclaimthefields.org

Se precisaren de mais información ou se quixeren involucrar mais, por favor contáctenos: camp2009@reclaimthefields.org

I Bandeira Marcha Mundial das Mulleres de Traiñas

I BANDEIRA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE TRAIÑAS
16 AGOSTO – PRAIA DE SANTA CRISTINA -NIRVANA -OLEIROS

AS 11:20hrs

Traiñas pola igualdade

O Concello de Oleriso acolle a segunda regata da Liga Galega Feminina de Traiñas, que reivindica a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no mundo do remo.

O deporte é un ámbito onde a muller a penas tivo cabida ao longo da súa historia. Os estereotipos adxudicados á muller de dozura, docilidade, fraxilidade, e aos homes como seres fortes, bruscos, dinámicos… seguen dalgún xeito estando vixentes e son a base de que, durante moitos anos a actividade deportiva das mulleres teña estado limitada e minusvalorada.

O exercicio físico e o deporte son actividades humanas estreitamente relacionadas coa saúde, a adaptación ao medio, o desenvolvemento corporal, os aspectos lúdicos, a comunicación e o control do propio corpo. Unha sociedade na que se respecten os dereitos de todas as persoas e se promovan as acciones necesarias para avanzar na igualdade de oportunidades non pode aceptar a actividade deportiva como un espazo exclusivamente masculino.

Porén, a presenza das mulleres no mundo do deporte é, na actualidade, un feito innegábel, trátase máis que dun problema de participación, de consideración social e de verdadeira igualdade de oportunidades para chegar ás esferas máis altas do deporte.

No deporte do remo, como noutras especialidades deportivas podemos ver a desigualdade entre homes e mulleres:

РMenor n̼mero de mulleres remeiras

– A presenza de mulleres na dirección, organización e xestión é practicamente nula.

– Os postos de responsabilidade dentro da federación están desempeñados por homes.

– As modalidades femininas son menos difundidas nos medios de comunicación.

– A ” non consideración” dos deportes femininos como profesionais

Esta desigualdade resultaba evidente nas categorías femininas de banco fixo : Falla de recoñecemento oficial dalgunhas categorías femininas, distintos campionatos, distintos premios, etc e coa loita das propias remeiras e dalgúns dirixentes e clubs de remo e co apoio da Marcha Mundial das Mulleres, do Servizo Galego de Igualdade e da Dirección Xeral de Deportes da Xunta de Galicia temos conseguido o recoñecemento oficial das categorías femininas de bateis, traiñeiriñas e traiñeiras a nivel estatal e a realización dos campionatos galegos de bateis e traiñeiriñas, no que as mulleres poden participar en pé de igualdade.

O 13 de febero a asamblea da Liga Noroeste aprobou a Liga Galega de Traiñeiras Femenina, no que será a súa primeira edición. A Liga Galega feminina de traiñas comenzou en Cabo de Cruz no mes de xullo coas tripulacións de A Cabana, Perillo, Mecos-Bueu e da Sociedade Deportivas Rias Baixas, onde se agrupan remeiras de Cabo de Cruz, Meira e Chapela.

Este 16 de Agosto terá lugar unha das súas probas en Perillo-Oleiros, onde se vai disputar a I Bandeira de Traiñas da Marcha Mundial das Mulleres. Outras serán o 22 de Agosto en A Cabana e o 30 de Agosto a final en Vigo.

A Marcha Mundial das Mulleres está implicada na co-organización desta I Bandeira de Traiñas co firme compromiso de apoiar a prenza de mulleres no deporte. Compre, por tanto, seguir estimulando a participación das mulleres no deporte a través de:

Levar a cabo accións de sensibilización dirixidas á comunidade educativa, así como a profesionais do deporte, co fin de promover unha elección non sexista das actividades deportivas.

Sensibilizar ás persoas responsables das federacións deportivas sobre a importancia do seu papel na promoción das actividades deportivas realizadas por mulleres.

Establecer como criterio prioritario na adxudicación de subvencións a creación e a promoción de equipos de mulleres e de actividades deportivas, cunha participación equilibrada de mulleres e homes.

Fomentar a incorporación das mulleres a aqueles ámbitos da práctica deportiva na que están infrarrepresentadas.

Analizar as causas que orixinan o abandono da práctica deportiva por parte das rapazas na etapa da adolescencia, utilizando os resultados desa análise para anima-las rapazas a que continúen coa práctica deportiva.

Instar aos organismos competentes para que se aumente na programación estable dos medios de comunicación públicos o número de retransmisións de deportes con participación feminina.

E nese compromiso traballa a Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres a través da organización desta I Bandeira de Traiñas da Marcha Mundial das Mulleres.

 

Outra muller asasinada na Galiza: A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa

A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración ante o asesinato de Ubaldina Pazos López

Nin a idade, nin a confesión relixiosa, nin os condicionantes xeográficos, nin a estración económica ou social, son freos para que o machismo exprese o seu ódio e as súas ansias de dominación.

Ubaldina, despois de parir 11 fill@s e estar imigrada en Francia, aos seus 74 anos estava soa ante o inimigo, un inimigo ao que temían todos, mais ao que ela parecía encadeada sin escapatoria posíbel. E asi encontrou a morte, unha morte cargada de simbolismo, para que non esquecera nin no último momento, a quen se debía, de quen era a escrava. Unhas chaves da casa metidas na boca e a cabeza reventada. Porque os machistas non soportan que as mulleres opinen, decidan, critiquen, mesmo falen. Os machistas mandan calar, “e ti que vas saber!”, “calada estas mais guapa”. Porque os machistas non soportan que as mulleres teñan o control, teñan poder, teñan as chaves.

Para os machistas a palabra das mulleres non vale nada. Para os machistas, as mulleres somos impuras, por iso non podemos ser ministras de Deus. Para os machistas, se non hai máis mulleres nos gobernos ou nas institucións é porque non valemos. Para os machistas, as mulleres podemos ser nais aos 16 anos, mesmo aos 14 ou aos 15. Para os machistas as mulleres vimos ao mundo para parir con dolor. Para os machistas, hai que separar aos nenos das nenas nas escolas, porque as nenas son un obstáculo para o seu desenvolvemento. Para os machistas, as mulleres non dan espectáculo no deporte. Para os machistas, as lesbianas o son porque non probaron do seu. Para os machistas unha muller na fábrica, no asteleiro ou no taller é unha usurpadora. Para os machistas, as mulleres non somos iguais, somos superiores para o amor, o sacrificio, a tenrura, a comprensión e a abnegación. Para os machistas, un home sen machismo non é un home.

Combatamos o machismo, todas e todos! Fora os machistas da nosa sociedade, das nosas institucións, das nosas crencias, do noso deporte e da nosa cultura … Fora o machismo das nosas vidas! Nin unha morta máis!

 

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa

A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en distintas cidades galegas para denunciar un novo ataque contra os dereitos, a dignidade e a vida das mulleres.

Non importa a idade, crenzas relixiosas, situación económica, formación ou estrato social. As mulleres seguimos a ser vítimas dos que se din “os nosos compañeiros” mais que non ven en nós a unhas iguais senon a seres que deben ser dominados e controlados ata chegar á morte.

Todas e todos temos que lembrar que debemos implicarnos na loita contra a violencia sobre as mulleres

É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista

 

Luns 10 de Agosto ás 20:30 en Coristanco, diante da Casa do Concello.

 

Luns 10 de agosto, ás 20:00, na Praza do Concello de Ferrol

Homenaxe a María Luz Tapia

A Marcha Mundial das Mulleres quere manifestar a súa dor e o seu rexeitamento polo asasinato de María Luz Tapia, a mans do que dicía ser o seu compañeiro sentimental, feito acaecido o pasado venres, no bairro coruñés dos Castros .

É triste pensar, que o soño de superación que traía María Luz do Perú para ela e os seus dous fillos; tronzouse a coiteladas polo home que dicía amala.

Din quenes a coñecían que non era a primeira vez que María Luz sufría maltrato por parte deste home. Mais por qué non o tiña denunciado antes?:

  • Será que tiña a idea de que “as cousas da casa na casa se quedan”, como pensaban moitas das nosas avoas, e aínda algunha de nós…
  • Será que non sabía onde acudir a pedir axuda institucional, ou que tiña medo a non ser tratada como cidadá de primeira, neste o seu país de acollida.?
  • Ou cicais, foi o medo a que se revisara a situación dos seus papeis e a ser deportada?.

Non o sabemos, e por desgraza, xa non poderemos saber o que pasaba pola súa cabeza nin pola de tantas outras mulleres como ela, asasinadas na Galiza por mor da violencia de xénero. Tamén para elas a nosa lembranza: Carmén Fernández, Aélica Dacosta, Fabiola, Rosario Peso, María do Carmén Barcala, María Fraguela, Teresa Troncoso, María Socorro da Silva.

  • Si, sabemos que todas estas mortes son froito da violencia patriarcal e machista, mais sabíano elas?
  • Si, temos moitas leis que abordan mellor o peor dos tema, e uns marabillosos protocolos de atención a sobreviventes, mais sabíano elas?
  • Si, sabemos que a nivel estatal existe un “Plan de atención e prevención da violencia de xénero na poboación estranxeira inmigrante”, mais sabíano elas?

Por iso a Marcha Mundial das Mulleres da Galiza, quere facer un chamamento á toda a sociedade galega, e a todos os estamentos políticos, xurídicos, relixiosos e sociais, para recolocar o problema da violencia de xénero:

  • No centro da axenda política, porque con o sen crise económica, vai seguir habendo violencia ou incluso esta pode agudizarse.
  • No centro do currículo educativo, para sementar unha semente de esperanza nas novas xeracións; e contribuír a trocar ideas nas non tan novas.
  • No centro dos orzamentos, estatais e nacionais, porque moitos plans e leis pode haber, mais sen recursos pouco se pode facer.
  • E no centro das noticias que aparecen nos medios de comunicación e difusión, para que toda a poboación que esta a vivir na Galiza, nacionais ou inmigrantes, nos sintamos parte dunha mesma nazón.

Damos o noso adeus agarimoso a María Luz Tapia.

  Galiza, 18/07/2009

Novas da concentración na Coruña o 18 de Xullo do 2009

http://www.elidealgallego.com/hoy/coruna/coruna02.html

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009071900_2_305048__A-Coruna–Metro-Concentracion-Obelisco-contra-violencia-genero

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram