Encontro con compañeiras de CEIBA e La Cuerda de Guatemala

Para as mulleres da Cordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, a exposición, que onte, 3 de maio de 2013 deron as irmás de Guatemala, Natalia e Paula, sobre o que está a acontecer no seu territorio, (+info: http://www.feminismo.info/webgalego/) significou un novo encontro onde revivir experiencias pasadas, un coñecemento máis profundo do que significa a súa – nosa loita e unha estratexia esperanzadora de futuro.

De Encontro con activistas de Guatemala

 

As mulleres galegas da Marcha Mundial das Mulleres estamos acostumadas a interrelacionar os conflictos armados, a expoliación dos recursos naturais e a falta total e absoluta de dereitos para os seres humanos e non humanos, coa impunidade coa que actúan as transnacionais, que ademais contan co apoio dos nosos e seus gobernos, xunto co seu soporte financieiro. Tamén sabemos da hipocresía da máscara dos “dereitos humanos” enraizada nos nosos países, englobados no mal chamado mundo rico ou primeiro mundo, e de como os Tratados de Paz, non poden ser chamados así, cando non contan coa presenza e demandas das-os “derrotadas-os” e dentro do bando das-os “vencedoras-es” non se conta coa presenza e demandas das mulleres e poboacións indíxenas, como é o que acontece cos pobos maias de Guatemala, ata tal punto, que aínda hoxe, teñen que mercar as súas terras ao estado, porque contan con terras comunitarias e non con escrituras de propiedade.

Para nós, é moi importante que elas estean traballando nun proceso de confluencia entre os movementos campesiños ecoloxistas, movementos indíxenas e movemento feminista, algo impesable polo de agora na Galiza, onde salvo escasísimas excepcións, se apuntalan as demandas das mulleres como algo universal, prioritario e beneficioso para toda a humanidade. Coñecemos a outras Paulas e Natalias de Guatemala, da República Democrática do Congo, de Malí, de Bangladesh, do Sahara e moitos lugares máis, onde as consecuencias que teñen para elas e o seu territorio o noso modelo de vida, comezamos a sufrilas na nosa propia Terra.

Deixa un comentario

Facebook
Facebook
YouTube
YouTube
Instagram
Telegram