Movemento Galego polo Clima

Hoxe presentouse en rolda de prensa o Movemento Galego polo Clima, do cal a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres forma parte como asociación integrante xunto con outras 50 entidades e colectivos galegos 🌳🌳

O MGC xorde en #Galiza como resposta á convocatoria de mobilización mundial feita polo movemento xuvenil #FridaysForFuture (Venres por Un Futuro) para o vindeiro #27S, co obxectivo de saír á rúa a reclamar accións urxentes que fagan fronte á #MudanzaClimática e que garantan un futuro para as xeracións máis novas. 🌍

Tamén o #MovementoGalegoPoloClima apoia e participa da organización de todas as accións e actividades polo #Clima que se van desenvolver nas distintas localidades galegas do 20 ao 27 de setembro.

👉Animámoste a participar das diferentes actividades e accións que van ter lugar ao longo de toda a vindeira semana. Podes consultar toda a información na blogue do #MGC:

#27SFolgaMundialPoloClima #2020RebeliónPoloClima #EmerxenciaClimatica #WeekForFuture #By2020WeRiseUp #By2020

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram