1441 sinaturas contra a violencia no Punto de Encontro de Ourense

No día de hoxe rexistramos 1441 sinaturas para demandar da Xunta de Galiza a supervisión do servizo do Punto de Encontro Familiar de Ourense.

Activistas da Marcha Mundial das Mulleres e compañeiras do feminismo ourensán achegámonos hoxe á Delegación Territorial de Ourense (Av Habana) para cursar o rexistro de dous escritos coas 1441 sinaturas recollidas durante o último mes para solicitar unha revisión da atención no Punto de Encontro Familiar de Ourense.

Un rexistro foi para solicitar unha petición de reunión con María José Fernández Laso, Xefa Territorial en Ourense, para trasladarlle as nosas reivindicacións. Se en 15 días non obtemos resposta iniciaremos unha nova fase da campaña cun aumento da mobilización social para ser escoitadas.

O outro rexistro foi dirixido á Consellería de Políticas Sociais da Xunta de Galiza para trasladar as sinaturas e a petición de revisión do Punto de Encontro Familiar.

Nos próximos días informaremos de máis accións en torno a esta campaña
En sororidade feminista.

Web da campaña: http://feminismo.info/puntoencontro

Programa de radio sobre a campaña: https://radioliverdade.wordpress.com/…/fala-a-marcha-mundi…/

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram