Día de Acción Global por un Aborto Legal e Seguro

O 28 de setembro é o Día de Acción Global polo acceso ao aborto legal e seguro. Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reivindicamos a necesidade de facer efectivo o dereito conquistado polo movemento feminista no ano 2010 a través da lei de interrupción voluntario do embarazo.

Coa posterior modificación do Partido Popular en 2015 hoxe as mulleres de 16 e 17 anos ven privada a súa capacidade decisión sobre os seus corpos pois deben conseguir un permiso paterno (ou xudicial) para interrumpir un embarazo. Reiteramos que estas mulleres, que poden decidir libremente sobre todos os aspectos das súa vida deben ter dereito a decidir sobre a súa maternidade. A derrogación da modificación da lei de 2010 debe ser inmediata por parte do novo goberno do estado.

Para alén diso a sanidade pública galega, amparada na incompleta lei do 2010, esta a financiar abortos en clínicas privadas debido a casos de obxección de conciencia do persoal sanitario. En casos de interrupcións voluntarios de embarazos de máis de 9 semanas no que a motivación é a saúde psicolóxica da muller a sanidada pública non é quen de garantir a realización da intervención e acaba financiando a mesma en centros privados. Así dende Ourense e Lugo as mulleres teñen que desprazarse fóra da provincia. En casos nos que se superan as 14 semanas os desprazamentos son mesmo fóra da Galiza, coa dificuldade engadida que ten o desprazamento a tantos kilómetros para unha intervención médica. Esiximos que o SERGAS garanta a IVE libre e todos os casos médicos que a lei permite. 

Así o dereito ao aborto seguro e na sanidade pública aínda é hoxe unha conquista pendente no noso país. Cómpre mudar a lexislación para que o personal sanitario non poda negarse a facer unha intervención legal e impedir asi que a IVE se convirta nun negocio máis para as clínicas privadas, financiado co diñeiro de todas, incrementando o gasto que implicaría unha intervención no centro máis próximo ao lugar de residencia da muller. 

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reivindicamos a necesidade de facer efectivo o dereito conquistado polo movemento feminista no ano 2010 a través da lei de interrupción voluntario do embarazo tamén garantindo medios para que exista educación afectivo sexual nas escolas, acceso a anticonceptivos nos centros quérote e recursos e programas sobre reproducción nas institucións locais como os CIMM, co fin de colocar todas as ferramentas ao dispor das mulleres que permitan reducir as IVE, e en todo caso, garantilas na sanidade pública.

 En sororidade feminista. 

Acción de rúa feita polas compañeiras da Coordenadora Local da Coruña.

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram