I Percuencontro de Batucadas

Compañeiras das coordenadoras de Ourense e Ferrolterra participaron hoxe no I° Percuencontro de batukadas organizado por Tamborililás – Batukada Feminista nunha xornada con mulleres de Euskalherria, Catalunya, Santander e Salamanca. Unha xornada de convivio, reflexión para a acción e troca de experiencias. Construíndo xuntas no espazo de encontro que é a batukada feminista na Galiza con mulleres de diferentes lugares e colectivos. Un pracer e que veñan moitos máis encontros!

#FeminismoParaVivir #LoitaFeminista #EncontroEdiversidade

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram