As mulleres queremos paz! As mulleres feministas estamos coa resistencia!

📢Compartimos o chamado das nosas irmás do TJA curdo ao mundo para parar a guerra no norte de Siria. As mulleres queremos paz! As mulleres feministas estamos coa resistencia! 💪💜💜

Ao mundo,

É obvio que a ameaza e o ataque a Rojava, situados no norte e este de Siria, a chamada “Operación Primavera de Paz” polo Estado Turco, xunto co Exército Libre Sirio, causará danos irreparábeis, graves cosecuencias humanitarias e traerá novas masacres e xenocidios ao seu paso contra os pobos e crenzas que coexisten alí.

As bandas do Daesh que aínda constituen unha ameaza, esperando latentes nas súas celdas, unha vez máis intensificarán a guerra, como terreo será creado polo seu maior apoio e socio AKP-MHP, bloque fascista. Estes ataques non se dirixirán unicamente contra os curdos, tamén árabes, asirios e armenios. En consecuencia, produciranse novos desprazamentos, violacións e destrución. Tras o inicio da guerra no 2011, 3 millóns de persoas víronse obrigadas a fuxir dos seus fogares, a xente enfrontou a fame, a sede, mortes e masacres. Os pobos, que deberían ter volto á vida nas súas terras natais, estaban dispersos en todo o mundo e aínda se esforzan por sobrevivir como refuxiados. Unha nova guerra tamén significa un novo desprazamento.

Como mulleres, sabemos que o exército atacará inicialmente a mulleres e crianzas. Tendo en conta que o 3 de agosto do 2014, durante o ataque do Daesh en Sinjar, 7000 mulleres e crianzas iazidis foron escravizados, vendidos en bazares de escravos, repetidamente violados, e sometidos a todas as formas de violencia e tortura, queremos subliñar que se producirán novos xenocidios e feminicidios. Mentres que foi o pobo curdo, que librou a maior guerra e derrotou ás bandas do Daesh e que perdeu 11 mil das súas resistencias mentres o facían, esta operación equivale a un ataque aos logros curdos e os pobos que alí viven e un cambio da estrutura demográfica. O descurso do Estado Turco que pretende traer “paz e estabilidade á rexión” non é substancial. Como vimos, durante a “Operación Olive Branch” iniciada o 20 de xaneiro do 2018 en Afrin, a guerra provoca masacres e inestabilidade, non paz.

Na liña coa nosa responsabilidade histórica, convidámoste a unirte a todos os pobos e crenzas que coexisten en Rojava e a unir forzas contra todos os crimes de guerra que Terán lugar. A guerra é un crime contra a humanidade, convidámolas a vós, ás mulleres, á esquerda, ás socialistas, ás defensoras dos dereitos humanos, ás que resisten as guerras a chamar a todos os organismos internacionais relevantes con miras a mobilizalos e a alzar a nosa voz para terminar as operacións.

As mulleres non queren ser masacradas!

As mulleres non queren a guerra!

Tevgera Jinên Azad
TJA

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram