Comunicado: O feminismo non esta en campaña

[ Ourense ] As convocantes da concentración do venres 18 na Praza Maior de Ourense contra as políticas lesivas cos dereitos das mulleres do goberno bipartito de PP e DO queremos expresar o noso malestar ante comportamentos que tiveron lugar e consideramos inapropiados:

As concentracións convocadas polo movemento feminista teñen como obxetivo visibilizar as posicións políticas e traballo dos colectivos, non son unha excusa para que formacións políticas as convirtan nos seus altofalantes.

O movemento feminista mobilízase para expresar o seu malestar (ou no seu caso ledicia) e asume o traballo de difusión, convocatoria e xestión das mobilizacións, con custes de tempo e esforzo das activistas. A instrumentalización das mesmas é unha falta de respeito e sororidade coas mulleres que as organizan.

Este venres o PsdG-PSOE de Ourense achegou á convocatoria do movemento feminista unha pancarta enorme, portada por máis de 20 persoas, ocupando gran parte do espazo coletivo da mobilización e provocando malestar nas organizacións convocantes. En lugar de acompañar e apoiar cunha presencia destacada mas medida dando protagonismo aos feminismos optaron pola instrumentalización e o protagonismo partidario.

Lamentamos a falta de sensibilidade amosada por esta formación política á que aninamos ademáis a realizar as súas propias convocatorias en lugar de tentar apropiarse do traballo alleo.

Asinado

As do 8
Marcha Mundial das Mulleres

Facebook
Facebook
YouTube
YouTube
Instagram
Telegram