
Baixo o lema “Recortar recursos é atentar contra a igualdade†desenvolve a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza a campaña do 25 de Novembro de 2010 do DÃa internacional contra a violencia machista.
Nesta data sinalada internacionalmente debemos recoñecer toda a sociedade que a violencia de xénero é a principal ferramenta que emprega o patriarcado para manter as mulleres na subordinación social. Isto acontece nos nosos dÃas e desde sempre, nas nosas sociedades occidentais e en todas as culturas e modos de vida; polo que cómpre abordar un cambio social integral para erradicar a face máis dramática da violencia de xénero: o asasinato das mulleres a mans das súas parellas, sen esquecer as outras manifestacións sociais e de carácter estrutural da violencia contra as mulleres.
É maltratador e violento quen denigra, vexa e chega a asasinar, mais tamén exerce violencia de xénero o lexislador que non ten perspectiva de xénero, as institucións que privan de novos recursos para a igualdade e recortan os existentes; e todo aquel que propaga ideas patriarcais como o desprezo ás mulleres con cargos públicos, como negar a necesidade das polÃticas de igualdade, como falar da familia tradicional e da tradición para xustificar a maternidade, os cuidados e a sexualidade pasiva como exclusivamente das mulleres, aÃnda que logo faga MINUTOS DE SILENCIO.
Por iso denunciamos a Marcha Mundial das Mulleres todas as faces da violencia, a institucional por abandonar os recursos de igualdade, a educativa por carecer de estratexias serias, a familiar por querer perpetuar o modelo de familia patriarcal.
Queremos que se acabe xa coa complicidade entre o poder polÃtico e os grupos pro-vida para recortar os dereitos das mulleres.
SON TEMPOS DE CRISE DA IGUALDADE, por iso o feminismo é tan necesario, porque desde o feminismo traballamos pola cidadanÃa plena para as mulleres e reclamamos recursos para a igualdade das institucións. Con cidadanÃa e recursos frearemos o paso de xigante da violencia de xénero.
Actos da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
A CORUÑA
Concentración na Rúa Corcubión (Praza das Conchiñas) de 19 a 20h
19h30 – Teatro-imaxe
20h – Lectura manifesto
Participación das Batukadas Feministas
COMPOSTELA
Concentración na Praza do Toural ás 20h
FERROLTERRA
Concentración na Praza de Galiza de Narón ás 20h
OURENSE
PONTEVEDRA
Concentración na Praza 8 de Marzo ás 20h30
VIGO
Manifestación dende a Praza de Urzáiz ás 20h
Â
Â
Â