25 de Novembro, Dia Internacional contra a Violencia Machista

O martes 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, a Marcha Mundial das Mulleres convoca, un ano máis, concentracións e manifestacións xunto a diferentes actos reivindicativos para rematar con esta lacra que provoca a morte e maltrato fisico e psicolóxico de mulleres en todo o mundo.

Estas convocatorias son:

  • Vigo: manifestación con saída da Rúa Principe ás 20 h
  • Compostela: concentración ás 20,30 h na Praza do Toural
  • Pontevedra: concentración ás 20,30 h na Praza 8 de Marzo
  • A Coruña: concentración as 20,30 h no Obelisco
  • Ourense: concentración as 12 h na Praza Maior
  • Ferrol: concentración as 20 h na Praza 8 de Marzo
Baixo un lema común, “Sementando un futuro sen violencia machista”, sairemos á rúa berrando que outro mundo é posible se sementamos nas nosas vidas valores que fagan desaparecer o sistema patriarcal que alimenta a violencia machista.

A Marcha Mundial das Mulleres elaborou, nesta ocasión, un manifesto para esixir o fin da violencia contra as mulleres e reclamar de toda a cidadanía a súa implicación na construcción dunha sociedade educada en igualdade.

Coma se dunha horta se tratase, queremos sementar todos os valores que conseguirán rematar coas desigualdades que xeneran a violencia machista: autoestima, respecto, diversidade, tolerancia, coeducación, paridade, solidariedade, xustiza, paz… e rematar coas malas herbas que invaden a nosa horta impedindo o crecemento das nosas froitas: menosprecio, prepotencia, desigualdade, opresión…

O próximo martes, 25 de novembro, estaremos na rúa sementando un futuro sen violencia machista e repartindo sementes entre todas e todos os asistentes para garantir e continuar co coidado da nosa horta e do noso futuro.

Vémonos o 25 N!

Descarga o PDF con o Cartaz e o Manifesto.

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram