Na defensa dos dereitos laborais e outros medios de subsistencia das mulleres:
- Aplicación dunha polÃtica real que revise os distintos sectores laborais, convenios, negociacións marco… que faga realidade “igual salario para un traballo de igual valor”.
- Causalización da contratación temporal reducÃndoa ás necesidades de produción conxuntural. Persecución, por parte da Inspección de Traballo, das empresas que utilizan a economÃa submerxida ou abusen da contratación temporal. Para evitar este abuso aumentar o custo dos seguros sociais deste tipo de contratos.
- Eliminación nos convenios de todos aqueles incentivos que promovan o abandono do posto de traballo por mor do casamento. Asà mesmo de calquera outra cláusula discriminatoria referida a vestiario, división do traballo por sexos, permisos e linguaxe.
- Integración das traballadoras do servizo doméstico no Réxime Xeral da Seguridade Social. Mentres esa integración non sexa efectiva, aplicación ás empregadas no servizo doméstico dos mesmos beneficios laborais e sociais, alén das prestacións e subsidios de desemprego, que as persoas afiliadas ao Réxime Xeral.
- Permiso laboral e salario Ãntegro ao longo do primeiro ano de vida da crianza.
- Libre aceso á titularidade da explotación agraria das mulleres labregas. Revisión das limitacións á produción impostas pola Unión Europea.
- Adaptación da lexislación laboral ás distintas realidades do marisqueo na Galiza e aos distintos colectivos de mariscadoras.
- Aplicación da xornada laboral de 35 horas semanais sen redución de salario. Eliminación das horas extra salvo en casos de forza maior que serán retribuÃdas en tempo libre.
- Ampliación do servizo de comedores escolares a todos os centros públicos de ensino. Creación dunha rede de xardÃns de infancia que se adapte ao horario laboral.
- GarantÃa dos dereitos recollidos no réxime xeral da Seguridade Social para os traballos realizados polas mulleres presas. Aplicación dentro dos cárceres do dereito fundamental ao traballo.
- Garantir o dereito ao traballo remunerado, normalizado e o máis integrado posible ás mulleres con discapacidades. Control por parte das Inspeccións de Traballo para que non se utilicen as desgravacións por minusvalÃas nas contratacións para perpetuar a súa marxinación no mundo laboral.
Contra da pobreza e a exclusión social:
- Creación dun Salario Social Universal igual ao salario mÃnimo interprofesional .
- Igualación das pensións mÃnimas ao salario mÃnimo interprofesional.
- Conservación dentro dos cárceres do dereito a perciber pensións. Aumento da rede pública de asistencia e residencia xeriátrica.
- Plano global de retorno que garanta a inserción social e laboral das emigrantes.
- Responsabilidade subsidiaria do estado con respecto ás pensións de mantenza mentres non se efective a resolución xudicial en casos de separación ou divorcio.
Contra da violencia de xénero:
- Aumento da aplicación de medidas preventivas como o “afastamento”, recollidas na Lei de Axuizamento Criminal e no Código Penal.
- Aplicación da lei de proteción de testemuñas ás mulleres ameazadas polos seus agresores.
- Creación en todos os xulgados do turno de oficio especÃfico para mulleres.
- Aplicación do artigo 408 do Código Penal ao persoal de xustiza e das forzas de seguridade que coa sua práctica machista perpetuen a violencia de xénero.
- Elaboración dun Plan Galego de Loita contra da Violencia de Xénero, con dotación orzamentaria suficiente, onde participen, tanto na sua redación como no seu seguimento e avaliación as organizacións feministas.
- Paralización de todos os expedientes de extradición das mulleres prostituÃdas.
- Campañas de deslexitimación dos usuarios da prostitución como cómplices do comercio e explotación das mulleres.
- Persecución dentro dos cárceres das agresións à s mulleres presas. Inhabilitación dos xuÃces de vixilancia penitenciaria que non investiguen as denuncias apresentadas polas presas ou as suas familias.
Polos dereitos sexuais , de saúde e reprodutivos:
- Implantación en todos os centros de saúde de consultas xinecolóxicas. Instauración destas consultas nos centros penitenciarios con módulos de mulleres.
- Revisión xinecolóxica anual, completa e adecuada ás distintas idades.
- Cursos de formación especÃfica para todo o persoal sanitário en relación a aquelas doenzas que afectan dun xeito diferenciado ás mulleres.
- Eliminación na sanidade pública da obxeción de conciencia do persoal sanitario en relación aos dereitos sexuais e reprodutivos.
- Dereito ao aborto, libre e gratuito con cobertura real na sanidade pública.
- Sanidade pública, universal e gratuÃta. Inclusión dos servizos e intervencións derivadas do cambio de sexo.
- Ampliación da rede de Centros de Orientación Sexual, actualmente COF, con atención especÃfica ás mulleres mozas. Garantir o acceso gratuÃto da mocidade aos métodos anticonceptivos.
- Creación da área de educación sexual no currÃculo educativo con participación de profesionais de SexoloxÃa, representantes de organizacións de loita pola liberdade sexual e feministas.
- Aplicación da cobertura da sanidade pública, con todos os seus servizos, ás mulleres en prisión e ás inmigrantes.
Polo remate de todo tipo de discriminación:
- Persecución de todas as expresións sociais, institucionais, culturais, económicas… que discriminen ás lesbianas.
- Igualdade de direitos para todas as persoas independentemente da sua prática sexual (adopción, herdanza, coberturas sociais…).
- Legalización da situación de todas as persoas inmigrantes, dereito á reunificación familiar.
- Plan especÃfico de actuación contra a marxinación das mulleres ciganas, fomentando na rede de ensino público o interculturalismo; con programas especÃficos de formación profesional e polÃticas de emprego e vivenda.
- Plano especÃfico de actuación contra a marxinación das mulleres con discapacidades onde se contemple unha actuación real no sistema educativo de respecto e integración da diferenza, polÃticas de vivenda e apoio profesional que fagan realidade a sua independencia persoal. Respecto ao dereito de autodeterminación dos seus corpos e das súas vidas.