O debate en torno á reforma da Lei do Aborto deberÃa deixar de agocharse tras vellos tópicos como os dereitos da criatura non nata ou cuestións tan difÃciles de resolver como o momento en que o embrión deixa de ser un conxunto de células a se multiplicar para se converter nunha persoa, para centrarse na cuestión de fondo que o suscite e que non é outra que determinar a quen pertence o corpo das mulleres.
.
O aborto provocado, ou sexa, a interrupción voluntaria do embarazo (IVE) está, dende que existe o patriarcado, controlado polos homes, xa como entes individuais con potestade para decidiren sobre o corpo das mulleres ao seu cargo (maridos, pais, etc.) xa baixo a forma das institucións patriarcais e as súas leis. A criminalización ou non da IVE foi sempre unha decisión allea ás mulleres, os diferentes contextos, ideoloxÃas, credos ou intereses demográficos e económicos do patriarcado son os que determinan en que cada momento e sociedade cando e de que modo debe ser o aborto penalizado ou permitido.
.
Mesmo a Lei vixente que o actual goberno pretende modificar, sendo unha norma “progresista†non supón un recoñecemento do dereito das mulleres a decidirmos sobre o noso corpo, xa que segue a ser o aparato do Estado, o poder, o que decide por nós , mantendo asà a nosa alienación ao privarnos de sermos as únicas con capacidade e autoridade para determinar cando e porque interrompimos os nosos embarazos.
.
As feministas opoñémonos á reforma da Lei anunciada polo novo ministro de Xustiza non só porque supoña un recorte das posibilidades de autonomÃa contempladas na norma actual e un grave retroceso ao pretender fixar novamente os supostos en que se nos permitirá levar a cabo con garantÃas sanitarias e legais esa interrupción, senón porque, máis unha vez, a reforma se fai de costas ás únicas realmente implicadas: as mulleres. Tamén nos opoñemos á reforma porque se fai apelando a cuestións morais de dificil solución nun debate cientÃfico e atendendo aos intereses dos sectores máis reaccionarios da igrexa católica e o seu poder eclesiástico interesados en perpetuar o sometimento das mulleres através da expropiación dos nosos corpos.
.
Para o feminismo, a única norma satisfactoria será aquela que garanta a todas e cada unha das mulleres o dereito a ser dona única do seu corpo; a que recoñeza a nosa total soberanÃa sobre o territorio primeiro que habitamos. Negámoslle, pois, ao Estado a capacidade de lexislar nesa materia calquera aspecto que supoña ir máis aló de garantirnos o exercicÃo pleno da nosa soberanÃa persoal e repetimos a vella e, desgraciadamente, tan actual consigna de “as mulleres deciden, a sociedade respecta, o estado garanteâ€. Só existen dúas razóns posibles para aceptar que alguen decida sobre o corpo doutra persoa: a súa consideración como un ser infantil e inmaduro incapaz de saber que o que lle convén e , xa que logo, de tomar decidións axeitadas , ou ben entender que ese corpo non lle pertence e, polo tanto, é ao seu verdadeiro dono a quen lle corresponde en dereito tomar as decisións sobre el. As dúas posibilidades lévannos ao mesmo sitio: a non consideración das mulleres como persoas plenas e donas de seu; a mesma consideración que permite que sexamos violadas, maltratadas, discriminadas ou asasinadas , ao cabo, non nos pertencemos a nós mesmas e serán as leis, o poder, o patriarcado en fin, quen determine cando é delito e cando non o é agredir unha muller.
.
Por iso, o dereito ao aborto, mellor dito, o dereito dunha muller a interromper o seu embarazo supón para nós unha causa fundamental. Non falamos de prazos, nin de supostos, non queremos discutir sobre semanas ou circunstancias, falamos de algo moito máis básico e vital: o recoñecemento do noso dereito intrÃnseco a decidir sobre nós mesmas, o dereito a sermos donas de nós, soberanas únicas dos nosos corpos. Poñemos sobre a mesa a raÃz da cuestión e preguntamos: a quen pertence o corpo das mulleres? E advertimos: só hai unha resposta que estamos dispostas a aceptar.
.
Begoña Caamaño é xornalista, escritora e activista feminista.
Fonte: Sermos Galiza