Boletíns de Nyeleni, a voz da Soberanía Alimentaria

O Boletín internacional Nyéléni é a voz do movemento internacional pola Soberanía Alimentaria. O seu obxectivo principal é reforzar as bases do movemento, proporcionando material accesíbel sobre temas chave e creando un espazo para que as persoas e as organizacións que participan na loita intercambien experiencias e partillen información

Web onde se pode acceder aos boletíns en diferentes linguas: https://nyeleni.org/

Recomendamos especialmente o boletín sobre Mulleres e Soberanía alimentar

En toda Galiza o feminismo berra Verín Non Se Pecha!

O mércores 4 de decembro o feminismo galego convocou 14 mobilizacións no país en sororidade coas mulleres de Verín. Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres lanzamos un chamamento ao que se sumaron colectivos como AMica, Azos feministas, A Plataforma Feminista de Lugo, O Colectivo Feminista de As Pontes ou FEM forte para levar as demandas das mulleres de Verín a todo o país.

Os catro colexios profesionais de enfermería da Galiza posicionanse contra o peche do paritorio: http://www.colegioenfermeriacoruna.org/sites/default/files/Comunicado%20UNIDAD%20PARTOS%20VER%C3%8DN.pdf?fbclid=IwAR1DmCqwoHrGNHNI1fYJqyIitZyCGVYBEe4MJNqvlDseEeLVKV4lXv17yaI

Asi o recollen algúns medios:

👉 Sermos Galiza: https://www.sermosgaliza.gal/…/c…/20191204204924087905.html…

👉 Faro: https://www.farodevigo.es/…/cuarenta-minutos-…/2213055.html…

👉 La Región: https://www.laregion.es/…/galeri…/20191204211231910795.html…

👉 Nós Televisión: https://nostelevision.gal/o-feminismo-galego-berra-en-tod…/…

👉 La Región: https://www.laregion.es/…/ourens…/20191204202718910779.html…

👉 Galicia Confidencial: http://www.galiciaconfidencial.com/…/111266-verin-soa-cento…

👉  Praza Pública: https://praza.gal/…/a-mobilizacion-contra-o-peche-da-sala-d…

👉  Cadena Ser: https://cadenaser.com/emisora/2019/12/04/radio_coruna/1575460003_539992.html?fbclid=IwAR17CGPzb3tFz0LNC4ZPMrAEgpBVM2GX_nijamFLjlpGSPHXqVJJI2oJbe0

👉 GaliciaPress: https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1651036/cientos-personas-claman-galicia-contra-cierre-paritorio-urgencias-pediatricas-verin

Máis información sobre o peche do paritorio e a loita das veciñas

https://praza.gal/acontece/en-verin-xa-non-se-nace-guia-para-non-perderse-no-ultimo-gran-conflito-sanitario

Reclamamos o peche do Servizo de Mediación e Coordenación Parental creado pola Asociación de Pais divorciados da Galiza

ASOCIACIÓNS, PARTIDOS E SINDICATOS PIDEN O PECHE DO NOVO SERVIZO PÚBLICO DE MEDIACIÓN E COORDINACIÓN PARENTAL CREADO POLA ASOCIACIÓN DE PAIS DIVORCIADOS DE GALIZA.

Este luns 2 de decembro, 29 entidades dirixíronse á Consellería de Política Social para pedir o peche do novo Servizo de Apoio Familiar Integral e multidisciplinar (SAFIM) que vén de crear a Asociación de Pais e Nais Divorciados de Galicia. O centro, que se anuncia como público créase co apoio financiero da Xunta de Galicia e coa colaboración da Unidade de Psicoloxía Forense da Universidade de Santiago de Compostela e do Grupo de investigación en Psicoloxía Xurídica da Universidade de Vigo.

Entre as entidades asinantes do comunicado atópanse asociación de dereitos da infancia e de loita contra a violencia de xénero, colexios profesionais, sindicatos e os partidos da oposición no Parlamento de Galicia.

O documento fai fincapé no risco de entregar un servizo de mediación e coordinación de parentalidade a un colectivo integrado por persoas afectadas por divorcios, especialmente naqueles aspectos que afectan a nenos, nenas e adolescentes. Subliña a necesidade dunha total imparcialidade no desenvolvemento deste tipo de tarefas.O texto conclúe lembrando que os procedementos de mediación son útiles só cando se accede a eles de forma voluntaria e que non se poden aplicar nunca en situacións nas que existan indicios de violencia. O coordinador de parentalidade é unha figura que foi proposta para ser levada a debate en xaneiro deste ano no Parlamento de Galiza.

A proposta foi retirada debido á resposta contundente de colectivos, expertos-as e partidos políticos contra esta figura de corte misóxino que parte da negación da problemática da violencia de xénero.

Contra o peche do paritorio de Verín

A loita é entre o capital e a vida. Hoxe máis que nunca a retirada dos recursos públicos atenta contra as nosas vidas e as das nosas crianzas. O rural non se pecha e os dereitos das nais non se recortan. Non imos deter a loita ate pólos a todos fóra! Xunta culpábel e xerencia cómplice. Verín Non Se Pecha! #VerínNonSePecha

Comunicado de Arrolos de Teta: https://www.facebook.com/arrolosdeteta/posts/1337129803161746

En Ourense fixemos con Arrolos de Teta unha campaña de difusión da acción ás portas do CHUO

O Venres 29 pola mañá fíxose a acción diante da porta do CHUO. En loita contra o peche do paritorio de Verín, hoxe na porta do CHUO mañá no Hospital de Verín. Onde sexa necesario para defender os dereitos das mulleres a unha sanidade pública de calidade e un parto respeitado!. #OpartoÉnoso  #VerínNonSePecha  #XubtaCulpábel  #XerenciaResponsábel

Segunda xornada de mobilizacións en protesta do traslado do servizo de partos do Hospital de Verín. A primeira tivo lugar o luns, cando o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Félix Rubial, trasladou a decisión ás nais e profesionais do centro. No auditorio no que tivo lugar a súa comparecencia recibiuno a veciñanza reclamando a berros a súa “dimisión”. Na segunda nais, matronas e veciñas concentráronse ante as portas do Complexo Hospitalario de Ourense para demandar a reversión do traslado.

As compañeiras de Verín tiveron ademáis unha forte presencia na manifestación comarcal do sábado 30 no hospital de Verín.

As compañeiras da Marcha de Verín visibilizaron na manifestación a repulsa das mulleres ante o peche do paritorio. #OpartoÉnoso #VerínNonSePecha

Nos medios:

A manifestación

https://www.farodevigo.es/multimedia/fotos/sociedad/2019-11-30-174862-verin-clama-contra-cierre-paritorio.html?fbclid=IwAR1JTidP5sYEBk_NAtl5h4vbTaAOIgmZt0ChGyqa1DrLM8p-wI0YJ7ekqrs

https://www.laregion.es/album/monterrei/manifestacion-cierre-paritorio-verin-imagenes/20191130201227910085.html

https://elpais.com/sociedad/2019/11/30/actualidad/1575147501_733235.html?fbclid=IwAR1w455tYBvpIgqNuMjecizIQDPn8wqHdH_FilpeY8pJvkDgaNtSD18mtIU

Accións en Ourense

https://www.laregion.es/articulo/monterrei/debate-paritorio-verin-sale-calle/20191129230939909954.html?fbclid=IwAR1Qu_wKN6E_g5_JUy_6F3e-t98_1dSipx_Y_hOWUaIc81ugoiB7m2hS9ms

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/parto-noso-mulleres-peche-do-paridoiro-verin/20191129141842087561.html?fbclid=IwAR1dVYA07L2zVXEKUD5iCBNI0W-3XYc97BFt5TyTaZcIiWBBAh6XZi8mVTQ

Opinan os profesionais

https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/jefe-ginecologia-verin-aborta-traslado-orden-chuo-ultimo-bebe-nacido/20191201111726004205.html?fbclid=IwAR0SErZewwYhVArEWYEEzwY_uslAqMLDdaXOX5eaQW6EoZuJqoLnO2WHwwE

https://www.diariodotamega.es/opinion/rogelio-vinan-rey/carta-abierta-rogelio-vinan/20191129114110004186.html?fbclid=IwAR0pvutKCQTJZMqIAk_R6gsVLQ206v5Bl_KT5YudEdMjHk_BxElI6xljZ5A

https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/matronas-do-hospital-verin-querian-converter/20191127181312004161.html?fbclid=IwAR3hQK3EBwBkzLO1YvU6cgLRW5p3Yf65zdJcSQPe8EgTqZN8pHVxUZlrJ74

https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/derivaron-ourense-cada-4-nacidos-verin-ultimos-4-meses/20191128200156004167.html?fbclid=IwAR0ocCybWD8i209-AUtd3T3lL97odM2zBg2G8rHZZgDjKpONV4mcnmvKJCY

Resistencia e construcción de movemento: confrontando o neoliberalismo dende a economía feminista e os comúns

O seminario internacional “Resistencia e construcción de movemento: confrontando o neoliberalismo dende a economía feminista e dos comúns”” tivo lugar en Sao Paulo do 17 ao 19 de xuño. Participaron mulleres de 17 países, coa convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres con Grassroots Global Alliance, Grassroots International e Indigenous Environmental Network.

Falouse sobre a construcción dunha visión común sobre as características da orde mundial partindo de situacións emblemáticas nas que o Estado esta hexemonizado por proxectos de dereita, conservadores e autoritarios (Turquía, Filipinas, Brasil, EUA). Reflexionamos en torno a como se constrúen e manifestan os mecanismos de control, como operan as multinacionais e como se expresa o antifeminismo.

Contra o peche do paritorio de Verín

INDIGNANTE! os recortes na sanidade pública galega que aplica a Xunta do Partido Popular lévaos a pechar o paritorio de Verín. A partir do 1 de decembro as mulleres terán que desprazarse a Ourense se queren parir nun centro sanitario. Señores COA SAÚDE DAS MULLERES NON SE XOGA! #OPartoÉNoso #ViolenciaInstitucional #AsMulleresPaganOsRecortesSanitarios

Se queres colaborar contacta coas compañeiras de Verin: mmmverin@gmail.com

25N: Se é Machista Non é Xustiza

Declaración política da Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres neste 25N

Nos últimos anos constatamos o incremento da toma de conciencia feminista das mulleres e dos avances formais que o feminismo organizado impulsou e conseguiu trasladar ás institucións en materia de violencia machista. Hoxe temos en marcha algunhas políticas públicas que hai 10 anos eran impensábeis, as campañas institucionais cada día avanzan na mellora da caracterización da violencia, algúns medios visibilizan as violencias con discursos non revictimizadores e as rúas énchense de mobilizacións sinalando a opresión das mulleres e a necesidade de transformar a sociedade para pórlles fin.

Mas todos estes avances resultan insuficientes cando profundizamos neles e analizamos a súa aplicación. Moitos, ademais, están reproducindo violencias contra as mulleres que temos a obriga de visibilizar e denunciar para non ficarmos nun feminismo cómodo que mire ao lonxe as grandes transformacións lexislativas ignorando a súa aplicación e a consecuencias que esta ten para a vida das mulleres.

Queremos neste 25N colocar o foco sobre a violencia xudicial que reproduce cada día no noso país violencias contra as mulleres e as crianzas.

As leis de igualdade e contra a violencia machista definen un marco legal de protección ás mulleres que non se esta facendo efectivo na súa aplicación. Campañas e chamados a denunciar a violencia machista con promesas de protección, atención e axuda do aparato institucional ás mulleres móstranse na práctica, e no mellor dos casos, baleiras de contido. No peor, a reprodución das violencias durante os procesos xudiciais remata por facer que as mulleres se cuestionen o feito mesmo da denuncia machista.

Cada día nas comisarías e xulgados da Galiza mulleres que denuncian violencia machista ven violentados os seus dereitos á defensa, á protección das súas fillas ou á protección fronte aos seus agresores. Falta de asesoramento cando se decide denunciar e no momento da denuncia e do atestado policial que as acompañará durante todo o proceso posterior, medidas cautelares que na mesma orden se dita afastamento para os agresores e vistas do agresor ás súas crianzas, réximes de visitas para agresores sexuais das crianzas, informes que culpabilizan, xulgan ou revictimizan ás mulleres, unha xudicatura machista empeñada en que os maltratadores poden ser bos pais para crianzas que a lexislación xa define como vítimas de violencia machista, falta de formación, falta de empatía e implicación dos axentes que interveñen nos procesos xudiciais, falta de xulgados específicos de violencia machista, …

Todo isto sucede cada día no noso país, marcando a vida de mulleres e crianzas para as que a violencia nunca remata coa denuncia senón que pasa do ámbito máis privado ao público, engadindo á violencia machista a institucional.

Non se trata só de que se emitan sentenzas machistas; trátase de todo o proceso xudicial que lonxe de protexer ás mulleres e ás crianzas acaba por sometelas a máis violencias.

A responsabilidade de que isto remate é colectiva, comezando por todas e cada unha unha das persoas que interveñen no proceso: dende quen recibe á agredida cando vai denunciar, pasando por quen realiza os informes ignorando o benestar das mulleres e das crianzas, a quen dicta sentenza ou atende nos puntos de encontro familiar. Cada unha destas intervencións pode xerar unha violencia ou contribuír para acabar con ela.

Para frear esta violencia institucional no marco da xustiza é preciso coñecer e sinalar o que esta pasando, facernos conscientes de que de nada serve todo o traballo que facemos para que a sociedade tome consciencia, identifique e denuncie a violencia machista se o proceso de denuncia vai colocar ás mulleres e ás crianzas en situación de sufrir máis violencia.

Por isto reclamamos ás institucións:

➡️Información pública do proceso de denuncia machista e dos dereitos das mulleres: a estar acompañadas por avogadas no momento da denuncia, á atención psicolóxica e o acompañamento, a solicitar medidas de protección, a coñecer os recursos á súa disposición.

➡️Formación específica de todo o persoal e axentes que atenden a mulleres que sufren violencia machista en todos os níveis da administración pública: policial, xudicial, administrativo e social.

➡️Dotar aos CIMM da Galiza de medios suficientes para a atención e asesoramento de mulleres que sufran violencia e que ese persoal que acredite formación específica en violencia machista.

➡️Esixir que os recursos públicos postos a disposición da atención e o acompañamento das mulleres que sufren violencia machista mediante programas ou finanzamento público traballen de forma coordenada e se informe da disponibilidade dos mesmos a todos os axentes que interveñen. A violencia machista non sabe de horarios de oficina.

➡️Revisión da atención e servizo que se presta nos organismos públicos nos que se emiten informes que afectan aos procesos de denuncia: Incrementar o persoal do IMELGA e supervisar a súa formación en materia de violencia machista para evitar que se empreguen invencións como o Síndrome de Alienación Parental contra as mulleres.

➡️Modificar o decreto dos Puntos de Encontro Familiar para esixir formación específica sobre violencia machista ás traballadoras dos mesmos, garantir a protección das nenas e nenos e establecer un tratamento diferenciado para casos nos que exista sospeita de violencia machista e facelo con xestión pública e non privatizada.

➡️Modificar o decreto dos Puntos de Encontro Familiar para esixir que nos casos de viollencia machista non se empregue pois a finalidade deste recurso é a normalización das relacións familiares.

➡️Solucións económicas reais para as mulleres que denuncian violencia machista que garantan a súa capacidade económica como incrementar o salario da liberdade en cuantía e duración.

➡️Esiximos á Xunta de Galiza instar ao Ministerio de Xustiza e ao goberno do Estado a:

➡️➡️Aplicar a lexislación internacional en materia de violencia machista retirando as visitas das crianzas a homes denunciados por agresións machista ate a existencia dunha sentenza firme.
➡️➡️Retirar as visitas e patrias potestades das crianzas a homes denunciados por agresión sexual ou maltrato infantil ante a existencia de sentenza firme por violencia machista.
Reclamar o fin da imposición da custodia compartida imposta con maltratadores.
➡️➡️Modificar a Lei 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero para establecer medidas de protección das crianzas vítimas de violencia machista fronte ao agresor.
➡️➡️Creación de máis xulgados específicos de violencia machista na Galiza con persoal especializado.

Resistimos para vivir, marchamos para transformar!!

Web da campaña: http:// nonaxustizapatriarcal .feminismo.info

Facebook
Facebook
YouTube
YouTube
Instagram
Telegram