Protesta ante Feijoó ás portas da biblioteca pública de Ourense

Convocadas polas nais de Verín estivemos ás portas da biblioteca que as autoridades (in)competentes inauguraron en Ourense. Para decirlle a Feijóo que non poderá pisar esta cidade sen que lle lembremos que #VerínNonSePecha!

Video da protesta

Repercusión nos medios: https://praza.gal/politica/a-protesta-polo-peche-do-paridoiro-de-verin-persegue-a-feijoo-que-xa-evita-ligalo-a-baixa-natalidade?fbclid=IwAR3k5xJxfWa2ENBJBsM9NuflgAfuChiydNdxknXqlBSaiKUChED4sumItIg

Acción de protesta no CHUO

[ Violencia Obstétrica ] A violencia hai que nomeala e sinalala para acabar con ela. O que pasou esta madrugada en Verín foi violencia, violencia contra a nai e contra a crianza. #ViolenciaObstétrica #ViolenciaMachista #BastaDeViolencias

Tras o acontecido en Verín cando separaron nada máis nacer a Manuel da súa nai durante as primeiras horas de vida convocamos novamente á sociedade a unha acción ás portas do materno do CHUO o LUNS 16 ás 13h. Por Manuel e a súa nai. Porque non imos consentir violencia sobre os nosos partos e as nosas crianzas. Estivemos coas nenas, e montamos un improvisado peche.

😉 #VerínNonSePecha#BastaDeViolencia#ViolenciaObstétrica

Un violador no teu camiño, tamén na Galiza

[ Acción global ] Na Galiza tamén se replicou a performance de Las Tesis na nosa lingua, como máis unha voz propia no mundo sumando contra as violencias. Video de #Compostela

Sobre a performance a nivel mundial: https://www.bbc.com/mundo/noticias-america-latina-50610467

A acción feminista Un violador no teu camiño lanzada polo colectivo chileno Las Tesiscontinúa a espallarse polo mundo, tamén en Galicia. O pasado serán, unhas 300 mulleres realizaron esta acción de denuncia na compostelá Praza do Obradoiro. (Vídeo: O Salto Galiza)

Performance feminista en Compostela

♀ 300 mulleres únense en Compostela á performance de denuncia "O violador es ti"."E a culpa non era miña, nin onde estaba, nin como vestía".

Publicada por O Salto Galiza en Lunes, 9 de diciembre de 2019

Boletíns de Nyeleni, a voz da Soberanía Alimentaria

O Boletín internacional Nyéléni é a voz do movemento internacional pola Soberanía Alimentaria. O seu obxectivo principal é reforzar as bases do movemento, proporcionando material accesíbel sobre temas chave e creando un espazo para que as persoas e as organizacións que participan na loita intercambien experiencias e partillen información

Web onde se pode acceder aos boletíns en diferentes linguas: https://nyeleni.org/

Recomendamos especialmente o boletín sobre Mulleres e Soberanía alimentar

En toda Galiza o feminismo berra Verín Non Se Pecha!

O mércores 4 de decembro o feminismo galego convocou 14 mobilizacións no país en sororidade coas mulleres de Verín. Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres lanzamos un chamamento ao que se sumaron colectivos como AMica, Azos feministas, A Plataforma Feminista de Lugo, O Colectivo Feminista de As Pontes ou FEM forte para levar as demandas das mulleres de Verín a todo o país.

Os catro colexios profesionais de enfermería da Galiza posicionanse contra o peche do paritorio: http://www.colegioenfermeriacoruna.org/sites/default/files/Comunicado%20UNIDAD%20PARTOS%20VER%C3%8DN.pdf?fbclid=IwAR1DmCqwoHrGNHNI1fYJqyIitZyCGVYBEe4MJNqvlDseEeLVKV4lXv17yaI

Asi o recollen algúns medios:

👉 Sermos Galiza: https://www.sermosgaliza.gal/…/c…/20191204204924087905.html…

👉 Faro: https://www.farodevigo.es/…/cuarenta-minutos-…/2213055.html…

👉 La Región: https://www.laregion.es/…/galeri…/20191204211231910795.html…

👉 Nós Televisión: https://nostelevision.gal/o-feminismo-galego-berra-en-tod…/…

👉 La Región: https://www.laregion.es/…/ourens…/20191204202718910779.html…

👉 Galicia Confidencial: http://www.galiciaconfidencial.com/…/111266-verin-soa-cento…

👉  Praza Pública: https://praza.gal/…/a-mobilizacion-contra-o-peche-da-sala-d…

👉  Cadena Ser: https://cadenaser.com/emisora/2019/12/04/radio_coruna/1575460003_539992.html?fbclid=IwAR17CGPzb3tFz0LNC4ZPMrAEgpBVM2GX_nijamFLjlpGSPHXqVJJI2oJbe0

👉 GaliciaPress: https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1651036/cientos-personas-claman-galicia-contra-cierre-paritorio-urgencias-pediatricas-verin

Máis información sobre o peche do paritorio e a loita das veciñas

https://praza.gal/acontece/en-verin-xa-non-se-nace-guia-para-non-perderse-no-ultimo-gran-conflito-sanitario

Reclamamos o peche do Servizo de Mediación e Coordenación Parental creado pola Asociación de Pais divorciados da Galiza

ASOCIACIÓNS, PARTIDOS E SINDICATOS PIDEN O PECHE DO NOVO SERVIZO PÚBLICO DE MEDIACIÓN E COORDINACIÓN PARENTAL CREADO POLA ASOCIACIÓN DE PAIS DIVORCIADOS DE GALIZA.

Este luns 2 de decembro, 29 entidades dirixíronse á Consellería de Política Social para pedir o peche do novo Servizo de Apoio Familiar Integral e multidisciplinar (SAFIM) que vén de crear a Asociación de Pais e Nais Divorciados de Galicia. O centro, que se anuncia como público créase co apoio financiero da Xunta de Galicia e coa colaboración da Unidade de Psicoloxía Forense da Universidade de Santiago de Compostela e do Grupo de investigación en Psicoloxía Xurídica da Universidade de Vigo.

Entre as entidades asinantes do comunicado atópanse asociación de dereitos da infancia e de loita contra a violencia de xénero, colexios profesionais, sindicatos e os partidos da oposición no Parlamento de Galicia.

O documento fai fincapé no risco de entregar un servizo de mediación e coordinación de parentalidade a un colectivo integrado por persoas afectadas por divorcios, especialmente naqueles aspectos que afectan a nenos, nenas e adolescentes. Subliña a necesidade dunha total imparcialidade no desenvolvemento deste tipo de tarefas.O texto conclúe lembrando que os procedementos de mediación son útiles só cando se accede a eles de forma voluntaria e que non se poden aplicar nunca en situacións nas que existan indicios de violencia. O coordinador de parentalidade é unha figura que foi proposta para ser levada a debate en xaneiro deste ano no Parlamento de Galiza.

A proposta foi retirada debido á resposta contundente de colectivos, expertos-as e partidos políticos contra esta figura de corte misóxino que parte da negación da problemática da violencia de xénero.

Contra o peche do paritorio de Verín

A loita é entre o capital e a vida. Hoxe máis que nunca a retirada dos recursos públicos atenta contra as nosas vidas e as das nosas crianzas. O rural non se pecha e os dereitos das nais non se recortan. Non imos deter a loita ate pólos a todos fóra! Xunta culpábel e xerencia cómplice. Verín Non Se Pecha! #VerínNonSePecha

Comunicado de Arrolos de Teta: https://www.facebook.com/arrolosdeteta/posts/1337129803161746

En Ourense fixemos con Arrolos de Teta unha campaña de difusión da acción ás portas do CHUO

O Venres 29 pola mañá fíxose a acción diante da porta do CHUO. En loita contra o peche do paritorio de Verín, hoxe na porta do CHUO mañá no Hospital de Verín. Onde sexa necesario para defender os dereitos das mulleres a unha sanidade pública de calidade e un parto respeitado!. #OpartoÉnoso  #VerínNonSePecha  #XubtaCulpábel  #XerenciaResponsábel

Segunda xornada de mobilizacións en protesta do traslado do servizo de partos do Hospital de Verín. A primeira tivo lugar o luns, cando o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Félix Rubial, trasladou a decisión ás nais e profesionais do centro. No auditorio no que tivo lugar a súa comparecencia recibiuno a veciñanza reclamando a berros a súa “dimisión”. Na segunda nais, matronas e veciñas concentráronse ante as portas do Complexo Hospitalario de Ourense para demandar a reversión do traslado.

As compañeiras de Verín tiveron ademáis unha forte presencia na manifestación comarcal do sábado 30 no hospital de Verín.

As compañeiras da Marcha de Verín visibilizaron na manifestación a repulsa das mulleres ante o peche do paritorio. #OpartoÉnoso #VerínNonSePecha

Nos medios:

A manifestación

https://www.farodevigo.es/multimedia/fotos/sociedad/2019-11-30-174862-verin-clama-contra-cierre-paritorio.html?fbclid=IwAR1JTidP5sYEBk_NAtl5h4vbTaAOIgmZt0ChGyqa1DrLM8p-wI0YJ7ekqrs

https://www.laregion.es/album/monterrei/manifestacion-cierre-paritorio-verin-imagenes/20191130201227910085.html

https://elpais.com/sociedad/2019/11/30/actualidad/1575147501_733235.html?fbclid=IwAR1w455tYBvpIgqNuMjecizIQDPn8wqHdH_FilpeY8pJvkDgaNtSD18mtIU

Accións en Ourense

https://www.laregion.es/articulo/monterrei/debate-paritorio-verin-sale-calle/20191129230939909954.html?fbclid=IwAR1Qu_wKN6E_g5_JUy_6F3e-t98_1dSipx_Y_hOWUaIc81ugoiB7m2hS9ms

https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/parto-noso-mulleres-peche-do-paridoiro-verin/20191129141842087561.html?fbclid=IwAR1dVYA07L2zVXEKUD5iCBNI0W-3XYc97BFt5TyTaZcIiWBBAh6XZi8mVTQ

Opinan os profesionais

https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/jefe-ginecologia-verin-aborta-traslado-orden-chuo-ultimo-bebe-nacido/20191201111726004205.html?fbclid=IwAR0SErZewwYhVArEWYEEzwY_uslAqMLDdaXOX5eaQW6EoZuJqoLnO2WHwwE

https://www.diariodotamega.es/opinion/rogelio-vinan-rey/carta-abierta-rogelio-vinan/20191129114110004186.html?fbclid=IwAR0pvutKCQTJZMqIAk_R6gsVLQ206v5Bl_KT5YudEdMjHk_BxElI6xljZ5A

https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/matronas-do-hospital-verin-querian-converter/20191127181312004161.html?fbclid=IwAR3hQK3EBwBkzLO1YvU6cgLRW5p3Yf65zdJcSQPe8EgTqZN8pHVxUZlrJ74

https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/derivaron-ourense-cada-4-nacidos-verin-ultimos-4-meses/20191128200156004167.html?fbclid=IwAR0ocCybWD8i209-AUtd3T3lL97odM2zBg2G8rHZZgDjKpONV4mcnmvKJCY

25N Feminismos para vivir, en Radio LiVerdade

O pasado mes de novembro activistas da Marcha participaron dun especial de radio para falar de feminismo galego. Deixámosvos aqui o enlace para que desfrutedes do programa:

Alba Pazos e Manuela Iglesias moderan un faladoiro no que contamos coa presenza de  Belem Andrade, muller, poeta, nai, cociñeira e activista do colectivo As do 8, Antía Pousa e Lucía Cedrón, da Marcha Mundial das Mulleres, Georgina Olivera, activista feminista e LGTB, Laura Camino,  investigadora na Facultade de Filoloxía da USC e Sabela Mallo, investigadora na facultade de psicoloxía da USC, as dúas toman parte da Asemblea de Investigadoras de Compostela.  Tamén contamos coas opinións en audio de Berta Vega, terapeuta do reencontro e sexóloga, Paz Filgueira, xuíza do xulgado de Violencia de xénero de Vigo, Alba Nogueira, catedrática de dereito administrativo da USC e integrante da Rede Armela, Daniela Fernández, presidenta de Amizando, e Laura Bugallo, feminista e acivista LGTB.

Resistencia e construcción de movemento: confrontando o neoliberalismo dende a economía feminista e os comúns

O seminario internacional “Resistencia e construcción de movemento: confrontando o neoliberalismo dende a economía feminista e dos comúns”” tivo lugar en Sao Paulo do 17 ao 19 de xuño. Participaron mulleres de 17 países, coa convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres con Grassroots Global Alliance, Grassroots International e Indigenous Environmental Network.

Falouse sobre a construcción dunha visión común sobre as características da orde mundial partindo de situacións emblemáticas nas que o Estado esta hexemonizado por proxectos de dereita, conservadores e autoritarios (Turquía, Filipinas, Brasil, EUA). Reflexionamos en torno a como se constrúen e manifestan os mecanismos de control, como operan as multinacionais e como se expresa o antifeminismo.

Facebook
Facebook
YouTube
YouTube
Instagram
Telegram