Que é o Encontro?

{tab=Galego}

Delegadas vindas dos cinco continentes celebrarán na Galiza o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

A rede feminista Marcha Mundial das Mulleres realiza cada dous anos o seu Encontro Internacional, que reúne delegadas dos cinco continentes. Para o ano 2008, este Encontro Internacional terá como sede a cidade de Vigo e realizarase entre o 14 e o 21 de outubro na Residencia de Encontro e Formación de Panxón. Esta xuntanza reunirá a 150 participantes aproximadamente procedentes das coordenadoras nacionais e do Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. Esperamos contar coa participación duns 40 países e coa presenza de xoves militantes de cada delegación, co obxectivo de permitir que as xoves desenvolvan un sentimento de pertenza cara ós valores da Marcha, que participen nos procesos de toma de decisión e asegurar o intercambio de experiencias e de coñecementos interxeracionais.

{tab=Castellano}
Delegadas de los cinco continentes celebrarán en Galicia el VII Encuentro Internacional de la Marcha Mundial de las Mujeres.

La red feminista Marcha Mundial de las Mujeres realiza cada dos años su Encuentro Internacional que reúne delegadas de los cinco continentes. Para este año 2008, el Encuentro Internacional tendrá como sede la ciudad de Vigo y se realizará entre el 14 y el 21 de octubre en la Residencia de Encuentro y Formación de Panxón. Este encuentro reunirá a 150 participantes aproximadamente procedentes de las coordinadoras nacionales y del Comité Internacional de la Marcha Mundial de las Mujeres. Esperamos contar con la participación de unos 40 países e con la presencia de jóvenes militantes de cada delegación, con el objetivo de permitir que las jóvenes desarrollen un sentimiento de pertenencia hacia los valores de la Marcha, que participen en los procesos de toma de decisiones y asegurar el intercambio de experiencias y de conocimientos intergeneracionales.

{tab=Français}
Les délégués de cinq continents viendront en Galice dans le cadre de la VII Rencontre internationale de la Marche Mondiale des Femmes.

Le réseau féministe Marche Mondiale des Femmes réalise bi-annuellement, sa Rencontre internationale réunissant des délégués des cinq continents. En cette année 2008, la Rencontre Internationale se tiendra dans la ville de Vigo entre le 14 et le 21 Octobre à la Résidence de Rencontré et de Formation de Panxón. Cette rencontre réunira près de 150 délégués provenant des coordinations nationales et du comité international de la Marche Mondiale des Femmes.
Nous nous attendons à la participation de quelques 40 pays et avec la présence de jeunes militants de chaque délégation, avec l’objectif de permettre aux jeunes de développer un sentiment d’appartenance aux valeurs de la Marche, de participer dans un processus de prise de décision et assurer l’échange d’expériences et connaissances intergénérationnelles.

{tab=English}
Delegates from five continents held in Galiza the Seventh International Meeting of the World March of Women.

The meeting will gather 150 people from National Coordination Bodies and from the International Comitee of  the World March of Women.

40 countries are suppossed to participate as well as young people from each delegation, the objective of this being to allow young women to develop a feeling of belonging to the WMW values, to get involved in the process of decision-making and to ensure the exchange of experiences and of the intergenerational knowledge.

{/tabs}

Dia Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres

Dia Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres

Dia Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres

A Coordenadora Comarcal de A Coruña organiza ao redor da celebración da Xornada Internacional de Acción pola Saúde das Mulheres todo un ciclo de conferencias, videoforuns e coloquios que centram a sua olhada no dereito ao aborto. Celebraránse os días 19, 21, 26 e 28 de Maio ás 19:30 horas na Casa Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12 A Coruña).

A historia do Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres tivo a súa orixe no Vº Encontro Internacional de Muller e Saúde realizado en San José, Costa Rica, en maio de 1987.

A data foi escolhida ao ser precisamente un 28 de maio de 1984, cando 70 activistas de América Latina e o Caribe se reuníron en Tenza, Colombia, para participar na I Reunión Rexional Muller e Saúde, onde acordaron crear a Rede de Saúde das Mulleres de América Latina e o Caribe.

Na IIIª Conferencia sobre Poboación e Desenvolvemento de Nacións Unidas que tivo lugar no Cairo,o movemento internacional de saúde das mulleres logrou que dentro do Programa de Acción desta Conferencia se recoñecese os dereitos reprodutivos como dereitos humanos.

24 de Marzo, Dia Internacional das Mulheres pola Paz

A Coordenadora Comarcal de Ferrolterra, organiza o sábado 24 de Maio, a proxeçom do filme AS TARTARUGAS TABÉM VOAM. Este filme, que tem a característica de ser protagonizado por crianzas que vivem nos campos de refugiados, mantém entre o realismo, a fiçom e mesmo algumha pincelada cómica, o drama da guerra na mais descarnada das súas olhadas, o futuro negado às crianzas. A pequena protagonista do filme queda atrapada e sem saida numha realidade de violencia patriarcal estrema.
Ao remate da proxeçom invitara-se ás pessoas asistentes a compartilhar as suas reflexons. Será o sábado 24 às 19hs no salom de actos do Ateneo Ferrolán.

Mulleres de Negro en Vigo

Con motivo do 24 de maio Día Internacional das Mulleres pola Paz, a Marcha Mundial das Mulleres organiza unha conferencia sobre a situación das mulleres nos países en guerra, impartida por Elvira Vázquez e María Huertas, membras da Rede Internacional Feminista e Antimilitarista Mulleres de Negro o venres 23 de maio ás 20h no salón de actos da Sede Fundación Caixa Galicia ( Policarpo Sanz, 21 Vigo).

Mulleres de Negro é unha Rede Internacional de mulleres feministas, pacifistas e activistas contra a violencia e a guerra. Nace en Israel co encontro de mulleres israelíes e palestinas traballando conxuntamente a prol da paz e como rexeitamento ao conflicto bélico que enfronta aos seus pobos. Consolídase como Rede durante a guerra dos Balcáns cando as mulleres dos distintos territorios que conformaban a ex Iugoslavia deciden reunirse proclamándose insumisas aos seus gobernos e iniciar unha actividade solidaria internacional contra a violencia e a guerra. Na actualidade, Mulleres de Negro teñen presenza en países de: África, Europa, América do Norte, do Sur e Centroamérica, Asia e Oceanía.

Elvira Vázquez Martínez é terapeuta corporal e psicopedagoga e María Huertas Zarco, psiquiatra e psicóloga, as dúas son feministas e activistas contra a violencia e a guerra da Rede Internacional de Mulleres de Negro, así como membras do comité de organización do XIV Encontro Internacional de Mulleres de Negro celebrado en agosto do 2007 en Valencia.

Os valores que guían o proxecto

  • O liderado da organización está en mans das mulleres.
  • Todas as rexións do mundo comparten o liderado da acción.
  • Os grupos participantes activos adhírense ás metas, valores e obxectivos e ao plan de acción global, pero son autónomos no tocante á organización das accións nas súas respectivas nacións.
  • Recoñecemos, respeitamos e valoramos a diversidade (das realidades das mulleres, dos países, os enfoques políticos e as estratexias de acción) dos movementos das mulleres.
  • A Marcha Mundial organiza accións masivas, actividades de educación popular, resistencia e mobilizacións a nivel nacional, rexional ou mundial.
  • Estamos a favor da non violencia recoñecendo á vez o dereito á lexítima defensa.

Plan Estratéxico 2007-2010

En torno ao VI Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres celebrado en Perú no ano 2006, foi xestado o Plan Estratéxico da Marcha para o período 2007-2010.

A metodoloxía do proceso de planificación estratéxica baseouse en dous elementos constitutivos da identidade da MMM: a acción e a relación coas bases. Durante todo o proceso tivéronse en conta os seguintes principios: que fora participativa de todas as coordinadoras nacionais, que reforzase os vínculos entre as nosas axendas internacionais, nacionais e locais, e que resultase dun proceso de reflexión e acción en común.

O plan estratéxico elaborado desdobra os temas fundamentais da loita da Marcha en catro campos de acción:

Ben común e acceso aos recursos:

  • Fomentar a nosa análise sobre os vínculos entre pobreza, violencia contra as mulleres, destrución do medio ambiente, militarización, o sistema neoliberal e os seus impactos na vida das mulleres e sobre a globalización desde unha perspectiva feminista. Acualizar as nosas reivindicacións e desenvolver accións
  • Actuar contra a privatización do ben común favorecer e unha utilización xusta e consciente, particularmente da auga.
  • Reforzar a loita e a mobilización contra a OMC, G8 e os tratados de libre comercio.

Violencia contra as mulleres:

  • Profundizar a nosa reflexión e organizar accións para denunciar a violencia contra as mulleres como arma de control dos corpos, a vida e a sexualidade das mulleres e actualizar as nosas demandas.
  • Profundizar as nosas reflexións e propoñer accións para opoñermonos á mercantilización dos corpos das mulleres.
  • Desenvolver unha axenda permanente de accións e de debates sobre a violencia contra as mulleres desde a MMM.

Paz e desmilitarización:

  • Cotinuar a reflexión e facer accións sobre a desmilitarización do planeta e as reivindicacións que isto implica (fin da carreira armamentística, armas nucleares, a militarización do espazo, peche das bases e acordos militares, desmilitarización dos orzamentos dos estados, fin do terrorismo como forma de guerra, etc.).
  • Actuar para denunciar a impunidade en todas as súas formas, a violación como arma de guerra, a utilización dos corpos das mulleres como botín de guerra e, de forma máis xeral, os vínculos entre militarización e violencia contra as mulleres.
  • Dar a coñecer a análise feminista das causas da guerra e a nosa definición da paz e as nosas reivindicacións.

Traballo das mulleres:

  • Continuar o noso traballo sobre as alternativas económicas feministas e rever as nosas reinvindicacións nese sentido.
  • Denunciar o impacto da globalización neoliberal e patriarcal sobre a vida das mulleres, sobre as condicións de traballo e sobre a súa autonomía financeira.
  • Consolidar a solidariedade entre as mulleres e as loitas entre o Sur e o Norte e entre o Sur e o Sur.
  • Reivindicar a existencia dun sistema de seguridade social universal, a consolidación de empregos con dereitos sociais, igualdade e equidade salarial entre mulleres e homes, condicións axeitadas para a produción e a comercialización para as labregas, artesás, e pequenas comerciantes, acceso ao emprego para as mulleres, acceso á terra e aos recursos.
  • Reivindicar a valorización do traballo reprodutivo, a repartición igualitaria deste traballo entre mulleres e homes e a súa responsabilidade colectiva.

Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade

Nós, as mulleres, hai moito tempo marchamos para denunciar e esixir o fin da opresión que vivimos por sermos mulleres e, para afirmar que a dominación, a explotación, o egoísmo e a busca desenfrenada do lucro producen inxustizas, guerras, ocupacións, violencias e deben acabar.

Das nosas loitas feministas e das loitas das nosas antepasadas de todos os continentes, naceron novos espazos de liberdade para nós, para as nosas fillas e fillos, para todas as pequenas e pequenos que, despois de nós camiñarán sobre a Terra.

Estamos construíndo un mundo no cal a diversidade é unha virtude: tanto a individualidade como a colectividade son fontes de crecemento; onde as relacións flúen sen barreiras; onde a palabra, o canto e os soños florecen. Ese mundo considera á persoa humana como unha das riquezas máis preciosas. Un mundo no cal reina a igualdade, a liberdade, a solidariedade, a xustiza e a paz. Nos somos capaces de criar este mundo. Constituimos máis da metade da humanidade. Damos a vida, traballamos, amamos, criamos, militamos, divertímonos. Garantimos actualmente a maior parte das tarefas esenciais para a vida e a continuidade da humanidade. Ainda así, nesta sociedade continuamos sendo oprimidas.

A Marcha Mundial das Mulleres, da cal facemos parte, identifica o patriarcado como un sistema de opresión das mulleres e o capitalismo como un sistema de explotación dunha inmensa maioria de mulleres e homes por parte dunha minoría.

Eses sistemas refórzanse mutuamente. Enraízanse e conxúganse co racismo, o sexismo, a misoxinia, a xenofobia, a homofobia, o colonialismo, o imperialismo, o escravismo e o traballo forzado. Constitúen a base dos fundamentalismos e integrismos que impiden ás mulleres e aos homes seren libres. Xeran pobreza, exclusión, violan os dereitos dos seres humanos, particularmente os das mulleres, e poñen a humanidade e ao planeta en perigo.

NÓS REXEITAMOS ESE MUNDO!!!

Propomos construír outro mundo, onde a explotación, a opresión, a intolerancia e as exclusións non existan máis; onde a integridade, a diversidade, os dereitos e liberdades de todas e todos sexan respectados.

Esta carta baséase nos valores de igualdade, liberdade, solidariedade, xustiza e paz.

IGUALDADE

Todos os seres humanos e todos os pobos son iguais, en todos os dominios e en todas as sociedades. Teñen igual acceso ás riquezas, á terra, a un emprego digno, aos medios de produción, a unha vivenda axeitada, á educación de calidade, á formación profesional, á xustiza, a unha alimentación saudable, nutritiva e suficiente, a servizos de saúde física e mental, a seguridade durante a vellez, a un medio ambiente saudable, á propiedade, a funcións de representación política e de toma de decisións, a enerxia, á auga potable, ao ar puro, aos medios de transporte, ás técnicas, á información, aos medios de comunicación, ao lecer, a cultura, ao descanso, á tecnoloxía e as innovacións científicas.

Ningunha condición humana ou condición de vida xustifica a discriminación.

Ningún costume, tradición, relixión, ideoloxía, sistema económico ou político xustifican que unha persoa sexa posta en situación de inferioridade, nin permitir actos que poñan en perigo a súa dignidade e integridade física ou psicolóxica.

As mulleres son cidadás de pleno dereito, antes de seren conxuxes, compañeiras, esposas, nais ou traballadoras.

As tarefas non remuneradas, ditas femininas, que garanten a vida e a continuidade da sociedade (traballos domésticos, educación, coidado das fillas e fillos e dos familiares) son actividades económicas que crean riqueza e que deben ser valoradas e compartidas.

Os intercambios comerciais entre países son equitativos e non son prexudiciais ao desenvolvemento dos pobos.

Cada persoa ten acceso a un traballo remunerado xustamente, efectuado en condicións seguras e salubres que a permitan vivir dignamente.

LIBERDADE

Todo ser humano vive libre de todo tipo de violencia. Ningún ser humano pertence a outro. Ningunha persoa pode ser obxecto de escravitude, ser forzada ao casamento, ser sometida a traballos forzados, ser obxecto de tráfico e de explotación sexual.

Cada persoa goza de liberdades colectivas e individuais que garantan a súa dignidade, en especial: liberdade de pensamento, de conciencia, de crenza, de relixión; de expresión, de opinión; de vivir libremente e de maneira responsable a súa sexualidade, escoller á persoa con quen compartir a súa vida; de votar, de ser elixida, de participar na vida política; de se asociar, reunir, sindicalizar, manifestarse ; de escoller o seu domicilio, a súa nacionalidade, de escoller o seu estado civil; de seguir os estudos da súa escolla, de escoller a súa profesión e exercela; de se mudar, de dispor da súa persoa e dos seus bens; de escoller o seu idioma de comunicación respectando as linguas minoritarias e as decisións colectivas en canto á lingua de uso e de traballo; de se informar, de aprender cousas novas, intercambiar ideas e ter acceso ás tecnoloxias da información.

As liberdades exércense na tolerancia e no respecto á opinión de cada persoa e dentro de parámetros democráticos e participativos. As liberdades implican responsabilidades e deberes coa comunidade.

As mulleres toman libremente as decisións no que se refire ao seu corpo, a súa sexualidade e a súa fecundidade. Deciden por si mesmas ter ou non descendencia.

A democracia exércese se hai liberdade e igualdade.

SOLIDARIEDADE

A solidariedade internacional é promovida entre as persoas e os pobos sen ningún tipo de manipulación ou influencia.

Todos os seres humanos son interdependentes. Comparten o deber e a vontade de vivir xuntos, de construír unha sociedade xenerosa, xusta e igualitaria, baseada no exercicio dos dereitos humanos, exenta de opresión, de exclusións, e discriminacións, de intolerancia e de violencias.

Os recursos naturais, os bens e os servizos necesarios para a vida de todas e de todos son bens e servizos públicos de calidade aos cales cada persoa ten acceso de maneira igualitaria e equitativa.

Os recursos naturais son administrados polos pobos que viven nos territorios onde eses se encontran, respectando o medio ambiente e actuando para a súa preservación e sustentabilidade.

A economía dunha sociedade está ao servizo daquelas e daqueles que a compoñen. A economía é dirixida á produción e intercambio de riquezas socialmente útiles, que son distribuídas entre todas e todos, que garanten principalmente a satisfación das necesidades colectivas, eliminan a pobreza e aseguran un equilibrio entre o interese xeral e os intereses individuais. A economía garante a soberanía alimentaria. Esta economía oponse á busca exclusiva do lucro e a acumulación privada dos medios de produción, das riquezas, do capital, das terras, das tomas de decisións nas mans dalgúns grupos ou dalgunhas persoas.

A contribución de cada unha e de cada un para a sociedade é recoñecida e independente da función que ocupa. Todas as persoas gozan de dereitos sociais.

As manipulacións xenéticas son controladas. Non existe dereito de propiedade sobre o ser vivo nin sobre o xenoma humano. A clonaxe humana está prohibida.

XUSTIZA

Todos os seres humanos independentemente do seu país de orixe, da súa nacionalidade e do seu lugar de residencia, son considerados cidadás e cidadáns con plenos dereitos humanos (dereitos sociais, económicos, políticos, civís, culturais, sexuais, reprodutivos, ambientais) de forma realmente democrática, igualitaria e equitativa.

A xustiza social baséase nunha redistribución equitativa das riquezas, que elimina a pobreza, limita a riqueza e garante a satisfación das necesidades esenciais da vida, e que apunta a melloría do benestar de todas e todos.

A integridade física e moral de todas e todos está garantida. A tortura, os tratamentos humillantes e degradantes están prohibidos. As agresións sexuais, o estupro, as mutilacións xenitais femininas, as violencias específicas contra as mulleres e o tráfico sexual e de seres humanos son considerados crimes contra a persoa e contra a humanidade.

O sistema xudicial é accesible, igualitario, eficaz e independente.

Cada persoa goza da proteción social necesaria para garantir o seu aceso á alimentación, ao cuidado, a atención á saude, a vivenda axeitada, a educación, a información, e a segridade durante a vellez. Cada persoa ten acceso á renda suficiente para vivir dignamente.

Os servizos de saúde e sociais son públicos, accesibles, de calidade, gratuítos para todos os tratamentos, todas as pandemias, particularmente para a VIH.

PAZ

Todos os seres humanos viven nun mundo de paz. A paz resulta en particular da igualdade entre os sexos, da igualdade social, económica, política, xurídica e cultural, do respecto aos dereitos, da erradicación da pobreza que asegure a todas e todos unha vida digna, exenta de violencia, onde cada persoa ten un traballo e recursos suficientes para se alimentar, ter vivenda, vestirse, instruírse, estar protexida na vellez, ter acceso aos coidados necesarios.

A tolerancia, o diálogo, o respecto da diversidade son garantías de paz.

Todas as formas de dominación, de explotación e de exclusión de parte dunha persoa sobre outra, dun grupo sobre outro, dunha minoira sobre unha maioria, dunha maioria sobre unha minoría, dunha nación sobre outra están rexeitadas.

Todos os seres humanos teñen o dereito de vivir nun mundo sen guerra e sen conflito armado, sen ocupación estranxeira nin base militar. Ninguén ten dereito sobre a vida ou morte das persoas ou dos pobos.

Ningún costume, tradición, ideoloxía, relixión, sistema económico nin político xustifican as violencias.

Os conflitos armados ou non entre os países, comunidades ou pobos son resoltos pola negociación que permite encontrar solucións pacíficas, xustas e equitativas a nivel nacional, rexional e internacional.

Esta Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade fai un chamamento a todas as mulleres e homes e a todos os grupos oprimidos do planeta a proclamaren individual e colectivamente o seu poder para transformar o mundo e modificar radicalmente as relacións existentes e transformándoas en relacións baseadas na igualdade, na paz, na liberdade, na solidariedade e na xustiza. Esta Carta chama a todos os movemento sociais e a todas as forzas sociais a axir para que os valores que defendemos sexan verdadeiramente postos en práctica, e para que as instancias de poder político tomen todas as medidas necesarias para a súa aplicación.

Esta Carta fai un chamamento á acción inmediada para mudar o mundo!!!!

A Marcha na Galiza

Actualmente somos 36 organizacións e un número indefinido de mulleres individuais as que conformamos a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres.

A actividade da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza remóntase ao ano 2000, ano no que se constitúe a Coordenadora Galega, e no que participamos na Mobilización Europea celebrada en Bruxelas.

Desde entón, e aínda tendo diferenzas nos campos de actuación e sectores sociais e ideolóxicos aos que representamos, únennos os obxectivos da Marcha Internacional: a loita contra a pobreza e contra a violencia de xénero.

Unha loita que na Galiza pasa por medidas concretas e efectivas que nós sintetizamos nunha táboa reivindicativa que guía todas as actuacións da Coordenadora Galega e nos permita negociar e esixir ás distintas institucións, a súa concretización real.

Desde o seu comezo, a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres combina a participación nas campañas a nivel mundial (participación nos Encontros Internacionais, Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade, Manta Mundial da Solidariedade…) e o deseño de campañas propias axeitadas á nosa realidade máis próxima, nomeadamente arredor das datas do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres.

Ademais, no ano 2004, Galiza acolleu na cidade de Vigo o Encontro Europeo da Marcha Mundial das Mulleres, no que participaron máis de 40.000 mulleres galegas e de toda Europa.

En outubro deste ano Galiza acollerá o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

Organizacións participantes

Organizacións participantes na Coordenadora Nacional Galega da MMM

Colectivos Feministas

Colectivos de Organismos Sociais

Departamentos e Secretarías de Organismos Sindicais

Departamentos e Secretarías de Partidos Políticos

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram