Campaña Nacional en Defensa do Dereito ao Aborto, na Sanidade Pública! EU DECIDO!

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza solicita o seu apoio na campaña ‘En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública! baseada nas seguintes reivindicacións:

Queremos:

  • Que se recoñeza o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias decisións.
  • Que se garanta a soberania das mulleres sobre o propio corpo e a propia vida.
  • Que se asegure que todo o proceso de información, asesoramento e realización da interrupción voluntaria do embarazo sexa feita na Sanidade Pública, por persoal sanitario formado na perspectiva de xénero.
  • Que non exista discriminación xeográfica no aceso de todas as mulleres a este dereito nos servizos públicos.
  • Que se inclúa a educación afectivo-emocional e sexual con perspectiva de xénero no currículo escolar
  • Que os dereitos das mulleres usuarias destes servizos sexan respectados e protexidos en todo momento.

Asina en apoio da campaña premendo na imaxe da campaña ou premendo >AQUÍ<

Durante o mes de maio desenvolveranse palestras-coloquio nas diferentes comarcas con presenza da Marcha Mundial das Mulleres, nas que se presentará a publicación ‘O Dereito a Decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto’ para propiciar o debate e reflexión social sobre a necesidade dunha lei de aborto que termine coa penalizacion e criminalizacion das mulleres.

E no Domingo 31 de Maio en Compostela elaboraremos un MAIO REIVINDICATIVO conxuntamente con todas as que vos queirades achegar á praza da Quintana desde as 11 da mañá.

 

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram