DECLARACION FINAL DO ENCONTRO EUROPEO DA MMM en VIGO os 27, 28 e 29 de Maio 2016

eu_2016.jpg

Nós, mulleres militantes da MMM en Europa, reunidas en Galiza despóis de varias xornadas de reflexión, débates e intercambio e fronte á situación internacional alarmante que vivimos, de guerras, ataques das dereitas cos golpes de estado, represión dos movementos sociais, criminalización das loitas, asasinato de mulleres activistas, banalización das violencias, recortes de liberdades, militarización do espazo público, estratexias do medo, precariedade laboral, mercantilización dos bens comúns e dos corpos, queremos expresar:

  • A nosa solidariedade coas mulleres kurdas e o seu pobo que resisten aos ataques criminais tanto do Daesh como do Estado turco. Lembramos especialmente a Seve Demir e as compañeiras asasinadas dá MMM pola súa loita e a todas as presas políticas.

  • A nosa denuncia da complicidade da UE, que a través dos seus estados membros venden armas, financian a desestabilización da zona e aprovéitanse dos recursos naturais.

  • A nosa repulsa á política europea en relación coa crise de refuxiadas e esiximos que se poña fin á guerra, que se abran as fronteiras, que se garanta o pase seguro, que se eliminen as cotas e que se acollan todas as refuxiadas polticas e economicas.

  • A nosa preocupación e rexeitamento da crise ambiental provocada polo capitalismo depredador e o espolio de recuros naturais ao longo do planeta levado a cabo polas empresas transnacionais.

  • A nosa denuncia do avance da extrema dereita que pon en perigo as democracias no mundo, como acabamos de comprobar no Brasil co golpe de estado capitalista, machista e racista.

  • A nosa raiba fronte ás violencias, a persecución, a deportación, a criminalización e os asasinatos que sufrimos as mulleres activistas na defensa dos nosos dereitos e a sustentabilidade da vida.

  • A nosa denuncia da chantaxe que o Banco Central Europeo, o FMI e a Comisión Europea exercen cara aos diferentes países, especialmente Grecia, Portugal e o Estado Español, en nome da austeridade promovendo políticas que degradan a vida das mulleres e os seus pobos.

Agradecemos ás compañeiras da Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres o seu acollemento e traballo para facer este encontro posíbel e mostramos a nosa solidariedade coas mulleres galegas, en especial con Laura Bulgalho compañeira procesada polo seu inquebrantábel defensa das persoas migrantes e o colectivo Nós mesmas, vítima de ataques violencios polo seu activismo lésbico.

Este non é o mundo que queremos construír, queremos un mundo de paz, desmilitarizado, un mundo sen muros de separación, un mundo onde a vida dos seres humanos teña máis valor que o diñeiro. Queremos construír un mundo onde as nenas poidan xogar sen temer a violación, o asasinato ou a desaparición, onde as mulleres non sexan vítimas de violencias sexistas, de comportamentos machistas.

O noso futuro é a solidariedade internacional, seguimos en marcha ata que todas sexamos libres.

eu_2016.jpg

Vigo, maio de 2016

A MMM Europa encóntrase en Vigo para debater a axenda política do movemento feminista na europa e dar resposta ás agresións

Membras do Secretariado Europeo, o Comité Internacional , o Secretariado Internacional e a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das mulleres presentan os tres días de debate nos que o movemento avaliará a situación política en europa e preparará a axenda política dos próximos anos.

A Marcha Mundial das Mulleres reúnese este 27, 28 e 29 de maio en Vigo con mulleres galegas, curdas, turcas, gregas, vascas, belgas, suízas e portuguesas para analizar o contexto político europeo e como afecta ao movemento feminista e ás mulleres. Tareixa Pereiro Garcia, delegada e membro da coordinadora galega da Marcha Mundial das mulleres presentou os debates que Terán lugar no encontró en Vigo.

O venres 27 o debate centrarase na avaliación da situación política e da IV Acción Internacional que decorreu o ano 2015 entre o 8 de marzo e o 17 de outubro na europa centrando o discurso na denuncia das agresións ao corpo e aos territorios colocando enriba da mesa as alternativas do feminismo e os movementos políticos de resistecia.

Durante o sábado 28 os debates serán sobre a preparación da movilización nos próximos anos e a axenda do Encontro Internacional que terá lugar en áfrica en outubro, nun país a definir logo dos conflitos xurdidos en Mali e Moçambique, propostas iniciais.

O domingo será o día no que se escolla o novo secretariado europeo e a axenda a desenvolver en europa nos próximos meses e no debate sobre a construcción dunha axenda conxunta que traslade as loitas e reivindicacións das mulleres ao longo de toda a rexión para dar resposta á crecente criminaliación e represión das alternativas políticas ao actual sistema económico e político.

Denunciamos a situación das mulleres curdas e turcas baixo o réxime de Erdogan.

Yildiz Temürtürkan integrante do Secretariado Europeo e do Comité Internacional denunciou ao goberno fascista e misóxino de Erdogan, un goberno criminal que iniciou una guerra contra a esquerda social e as mulleres e homes curdos empregando para isto na maioría dos casos accións criminais e terrorismo.

“Dende a Marcha Mundial denunciamos hoxe aquí que o goberno turco é un goberno criminal e que Erdogan é un criminal de guerra” sinalou Yildiz. O soporte do goberno do estado español a Erdogan non é a solución ante a crise de refuxiadas que se vive ás portas de europa porque él é tamén responsábel desta crise política, sinalou a compañeira de Turquía.

Yildiz explicou que 250.000 persoas foron desprazadas pola guerra no Curdistán, hai toque de queda e una forte represión que provoca a falta de recursos e alimentación e mesmo o aillamento informativo e internacional, todo isto promovido polo goberno criminal de Erdogan.

A compañeira do Secretariado Internacional lembrou que comezamos a acción internacional no Curdistán o 8 de marzo de 2015, e denunciamos a destrución provocada polo goberno turco en Nusaybin e Diyarbakir, cidades patrimonio da humanidade destruidas por Erdogan ante o silencio cómplice da UE, espazos nos que realizamos actividades e que hoxe non existen. Yildiz Termürtürkan lembrou tamén que tres das compañeiras curdas que organizaron a Caravana foron asesinadas o pasado inverno por saltar un toque de queda, engadindo que “elas son hoxe un motivo máis para a loita do noso movemento feminista”.

Outras 40 mulleres da guerrilla curda foron asesinadas e expostas públicamente núas nun acto atroz do exército turco. Hoxe as mulleres enfrontan en Turquía a escravitude de mulleres secuestradas e vendidas a homes árabes e a familias enteiras a procurar recursos para “comprar” ás mulleres e voltarlle a liberdade. Mileres de persoas son expulsadas pola situación de conflito e agresións provocando as crise migratorias.

A única solución ante estas agresións é a aposta pola paz e a fin dos conflitos na rexión e o establecemento de conversas que leven a estabilizar a zona e permitir e garantir a soberanía dos pobos. A denuncia e reivindicación do fin destes conflitos é un dos eixos de traballo da Marcha Mundial das Mulleres na Europa.

As compañeiras gregas fan un chamado a solidariedade internacional para afrontar a crise de refuxiadas.

Tika Voula, membra da coordinadora grega da Marcha Mundial das Mulleres, expresou a solidariedade das gregas coas refuxiadas en numerosas ocasións, nomeadamente coa situación das persoas en Idomeni.

Como Marcha Mundial das Mulleres traballamos na axenda política en Grecia reclamandos o fin da guerra, a apertura das fronteiras, o acollemento e un pase seguro para as refuxiadas asi como a denuncia dos ataques fascistas contra as refuxiadas. Tika Voila lembrou que “hai moitas mulleres novas viaxando soas, expostas a todo tipo de agresións, do mesmo xeito que as crianzas retidas en estancias policías ou abandonadas á súa sorte en territorio europeo. Precisamos organizar accións conxuntas para denunciar esta situación e presionar para una solución.”

“Nos últimos meses abrimos as casas das mulleres e construímos hospitais nas nosas casas para acoller as refuxiadas e para atender ás mulleres ás crianzas ás que europa non quere mentres o gobernó grego colabora coa expulsión das refuxiadas e as envía a una Turquía gobernada por un criminal de guerra. “ expresou Tika Voula. En Alemaña e Italia hai movementos de solidariedade dende o feminismo co que as compañeiras gregas veñen colaborando na denuncia desta situación. Con esta colaboración conseguen ir cada semana aos campos de refuxiadas mas a situación supera a capacidade de dar resposta ao que esta pasando.

Este Encontro Europeo en Vigo é tamén una oportunidade para discutir sobre as acción que desenvolveremos como movemento político para dar resposta ao que esta pasando na europa e na áfrica, neste sentido. Hoxe sabemos e denunciamos que os campos de refuxiadas en Turquía están sendo empregados como campos de entrenamento para yihadistas e están pechados ao acceso externo. Turquía esta recibindo refuxiadas de Grecia pagada por Europa o que esta contribuíndo á creación de novos conflitos políticos na zona.

Denunciamos a complicidade da UE neste proceso no que só interesa sacar ás refuxiadas do territorio sen importarse polo destino que corran as súas vidas. Respondermos xuntas ás agresións que sufrimos as mulleres

Eva Anadón Moreno, membra do Secretariado Internacional trouxo tamén a voz do movemento a nivel internacional, hoxe presente en 56 países. Denunciou que “estamos vivindo un movemento de forte criminalización da loita con persecución e agresións que aumentan e que se realizan a través dos estados con leis represivas, de ilegalización de colectivos e con violencia dos corpos militares”. Eva lembrou que comezamos o ano perdendo a Berta Cáceres, compañeira de Honduras que levaba máis de 20 anos defendendo as comunidades indixinas dos ataques capitalistas, Máxima Cuña fortemente represaliada e compañeira Peruana, Seve Demir compañeira curda asasinada xuntos a outras activistas e miles de mulleres agredidas e vítimas da persecución político.

“Fronte a esta criminalización facémonos máis forte. Estamos para crear redes máis fortes e para respostar colectivamente fronte a estas agresións. Encontrámonos para procurar estratexias de resposta que afortalen o noso movemento e para iso empregaremos estes tres días en Vigo e nos atoparemos no Encontro Internacional en Moçambique.” Rematou Eva.

Vigo, 27 de maio de 2016

A Caravana Feminista ao lado das e dos superviventes do xenocidio de Srebrenica

A Caravana Feminista ao lado das e dos superviventes do xenocidio de Srebrenica
condenan o ascenso do fascismo en Europa

Fai 20 anos, o 11 de Xullo 1995, máis de 8000 homes e rapaces da cidade de Srebrenica e os pobos de arredor foron masacrados polas forzas militares serbias de Bosnia. Os seus restos foron enterrados en foxas comúns e algúns corpos foron esparexidos para non ser encontrados nunca máis. O mesmo día, as mulleres foron separadas dos homes, levadas a campos de concentración e violadas sistematicamente por soldados serbios.

Dende o 2004, cada ano organízase unha marcha pola paz en apoio das vítimas do xenocidio de Srebrenica e para recordar de forma colectiva os horribles crimes de odio cometidos en Europa fai non moito tempo. Para a conmemoración dos 20 anos, a caravana feminista  asistiu a  homenaxe e participou neste encontro internacional pola paz.

O acontecido en Srebrenica foi o resultado dun fallo profundo das forzas internacionais de “mantemento da paz” das Nacións Unidas, os que non cumpriron a súa misión – a de protexer ao pobo de Srebrenica, entre outras cousas. Os nosos estados poderosos e ricos e os seus exércitos sacrificaron o pobo de Srebrenica, supostamente para alcanzar a paz co estado serbio. Pero preguntámonos que tipo de paz é esa, cando un número considerable de responsables desta masacre e doutras que aconteceron durante a guerra seguiron e seguen ocupando altos cargos no goberno serbio. Este é o caso do actual primeiro ministro Aleksandar Vucic, que asistiu ao evento de conmemoración. Cando se perpetraron estes crimes contra o pobo musulmán de Bosnia, este home fixo declaracións públicas para fomentar os crimes, como por exemplo “por cada serbio asasinado masacraremos 100 musulmáns”.

O que está a pasar en torno a esta homenaxe dos 20 anos da masacre é aterrador. O estado serbio foi apoiado por Rusia para non permitir que se aprobase no Consello de Seguridade da ONU unha resolución que conmemora o xenocidio. Todas as protestas de conmemoración organizadas estes últimos días en Belgrado foron prohibidas e algúns/algunhas activistas que portaban velas foron atacadas .

A presenza de Vucic no acto conmemorativo foi unha clara provocación. Expresamos nosa solidariedade coas nosas compañeiras, os que lle berraron eslóganes ao pasar como ” Responsabilidade! ” ou ” Recoñece o xenocidio!

Non sabemos quen lle tirou un proxectil e o condenamos, pero sabemos sen dúbida que este acto perturbou a forte mensaxe de paz que as e os participantes quixeron mostrar. Cremos que estes altercados en torno ao acto conmemorativo é o resultado das políticas agresivas cara ás e os superviventes do xenocidio e do pobo musulmán da rexión.”.

Cremos que os responsables dos crimes de odio non son soamente os que cometeron os ataques fisicamente, senón tamén todos os “intelectuais”, humoristas ou responsables políticos que incitaron constantemente ao odio.

Somos conscientes de que Europa está nun momento de ascenso do fascismo e do odio racista e antisemita, onde a responsabilidade se divide entre os grupos de extrema dereita e as personalidades mediáticas que incitan ao discurso do odio.

Visitamos Srebrenica. Falamos coas mulleres de aquí e vimos as condicións en que vive a xente nesta parte de Europa, 20 anos despois deste xenocidio e chócanos moito. A estrada principal que une Srebrenica co resto do país está medio destruída. Dado que as cidades de arredor forman parte da República Serbska (de Bosnia), non hai ningún indicio da estrada que leva a Srebrenica. Os efectos do xenocidio aínda son visibles e a poboación de Srebrenica aínda está moi illada. As chamadas ao “perdón” neste contexto soan a abandono da dignidade humana.

Hoxe, 20 anos máis tarde, estamos aquí para recordar e non esqueceremos todas as atrocidades cometidas en Bosnia durante a guerra de 1992 -1995.
O aumento do fascismo nos Balcáns está profundamente ligado co aumento do fascismo que tomou moitas formas en toda Europa, polo que debemos ser conscientes de que o aumento de os gobernos fascistas non é algo afastado ás realidades de Europa Occidental. Evitar que se instalen as políticas fascistas e as guerras é unha loita diaria.

Recordar o xenocidio de Srebrenica para non permitir que a historia se repita!


Caravana Feminista – Sarajevo – 14 de Julio 2015
femvan@marchemondiale.org

Reunión do secretariado europeo da Marcha Mundial das Mulleres

Este fin de semana terá lugar en Donosti a reunión da Coordenadora Europea da Marcha Mundial das Mulleres que terá como tema central a preparación do IV Acción Internacional que decorrerá no 2015 nos cinco continentes.

O proceso de debate e preparación da IV Acción Internacional deu comezo en agosto de 2013 no Encontro Internacional de Sâo Paulo e continúa o seu percorrido co encontro da coordenación europea onde se trazarán as liñas estratéxicas e o calendario da acción que percorrerá europa dende o 8 de marzo ata o 17 de outubro de 2015.

Unha delegación da coordenadora nacional galega da Marcha Mundial das Mulleres estará este fin de semana en Donosti para participar no debate e organización da IV acción xunto con feministas de máis de 10 países que coordenarán a acción a nivel europeo.

A caminho do terceiro acampamento europeu de jovens feministas

A caminho do terceiro acampamento europeu de jovens feministas

YES WE CAMP!!

De 4 a 12 de Agosto vai decorrer, em Vieira do Minho (Portugal), a terceira edição do acampamento

europeu de jovens feministas. O Acampamento de Jovens Feministas é uma iniciativa da coordenação europeia da Marcha Mundial das Mulheres, um movimento global que conecta organizações e grupos de base no combate ao patriarcado, à exploração e à violência de género enfrentadas pelas mulheres em todo o mundo. A ideia do acampamento é construir uma rede e fomentar a solidariedade entre diferentes mulheres e feministas, na Europa e globalmente, com vista a fortalecer a nossa luta e torná-la mais sustentável.

Este ano os nossos dois pedidos de financiamento ao programa comunitário juventude em acção foram recusados. Mas como as feministas nunca desarmam, resolvemos avançar na mesma com o acampamento, lançando uma campanha de angariação de fundos e tentando que os custos do acampamento sejam os mais baixos possíveis. Vamos precisar de bastante solidariedade, imaginação e garra para que este acampamento se realize e consiga juntar jovens feministas de toda a Europa.

Todas as informações sobre a campanha de angariação de fundos aquí http://www.indiegogo.com/projects/european-young-feminists-camp. Divulguem o mais amplamente possível.

O acampamento será autogerido do início ao fim, ou seja quer o seu programa quer o uso do espaço1 e a gestão do mesmo serão da responsabilidade de todas. Neste acampamento há lugar para workshops, debates, plenários, lazer, partilhas, convívio, e tudo o que nos apetecer sobre os mais variados temas.

Porque a Revolução ou será feminista ou não será e porque, como dizia Ema Goldman, se eu não puder dançar esta não é a minha revolução, junta te a nos! YES WE WILL CAMP!

Se estiveres interessada em participar no acampamento é preencher a ficha de inscrição que e envia-la para feministcamp2013@gmail.com

Occupy Vieira do Minho!

O Acampamento Europeu de Jovens Feministas terá lugar num lindo vale rodeado por montanhas verdejantes no coração da vila de Viera do Minho, localizada a cerca de 35 km de Braga, em pleno Noroeste de Portugal, situando-se muito perto da Serra do Gerês, umas das regiões de Portugal com a fauna e flora mais ricas.

Situada a poucos kms da vila mais próxima, a quinta que nos acolherá é um espaço verde de tranquilidade e a sua imensa área estende-se ao longo de colinas de onde se podem avistar as montanhas circundantes.

O espaço tem uma grande área para acampamento, com três nascentes de água, um tanque de água onde nos podemos refrescar, cozinha exterior, casas de banho secas e duas normais.

[ ficha de inscrição ]

[ Newsletter editado polas compas portuguesas ]

FINANZAMENTO

Acampamento europeu de joven feministas em risco… Finaciamento foi-lhe negado pela segunda vez (em Programa onde no ano anterior foram consideradas melhor projeto….) Campanha de fundos em funcionamento no Indiegogo (Link abaixo). Precisamos da vossa ajuda, contribuindo, partilhando, difundindo!

http://www.indiegogo.com/projects/european-young-feminists-camp

 

CONTACTO NA GALIZA

Nuria nuriato_85@hotmail.com

Ximena ximenamriel@gmail.com

 

Calendario da Campaña

Calendario da Campaña Europea

4 Outubro (xoves)
Rolda de Prensa Nacional de presentación da Campaña
(Simultánea en toda Europa)
Cidade: Compostela
Lugar: Galería Sargadelos
Formato: Rolda de prensa con representación de colectivos que apoien a Campaña.

17 Outubro (mércores)
Día Internacional para a erradicación da pobreza
Data de acción europea simultánea
Tema: Tratar como afecta a situación económica ás mulleres na europa
Obxectivo: Banca / Mercados / Entidades financeiras
Acción Local (Vigo, Ourense, Ferrolterra, Compostela…)

25 Novembro (domingo)
Día Internacional contra a violencia machista
Data de acción galega simultánea
Obxectivo: Visibilizar a violencia machista (inserido na Campaña Europea)
Acción Local (Vigo, Ourense, Ferrolterra, Compostela…)

10 Decembro (luns)
Acción internacional da MMM: 24 horas de acción feminista no mundo
Día dos Dereitos Humanos e a firma da Carta Mundial das Mulleres
Data de acción internacional coordenada
Tema: Tratar a Saúde das Mulleres
Obxectivo: Hospitais, Centros de Saúde, Ministerios, Institucións relacionadas coa Saúde, etc
Acción Local (Vigo, Ourense, Ferrolterra, Compostela…)

8 de Marzo 
(FECHE DA CAMPAÑA)
Data de acción europea simultánea
Tema: Actos/Accións de peche da Campaña Europea
Obxetivo: A definir en cada coordenadora nacional co conxunto de movementos que apoian a Campaña.

 

A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos

Manifesto da Campaña Europea
A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos
Marchamos por unha vida digna e sostíbel

Nestes tempos avesíos de austeridade, constatamos con indignación o agravamento das condicións de vida das mulleres no noso continente, sobre todo no sur de Europa. En moitos países europeos a crise económica usouse para concentrar a riqueza e o poder en poucas mans, explotar ao máximo a forza do traballo, limitar prácticas democráticas, reprimir os movementos sociais e da cidadanía, e aumentar o odio e a división entre diferentes sectores da poboación.

A Europa do capital está a saquear as nosas vidas dereitos, está a levar as nosas sociedades a un estado de emerxencia no que somos as mulleres as principais afectadas tanto polos recortes como polas políticas conservadoras dos gobernos liberais que pretenden impor valores baseados na «volta ao fogar» e no modelo de familia nuclear contra o que tanto loitamos as feministas. Nós, mulleres, sufrimos de xeito diferente os efectos das crises económicas e sociais porque nos atopamos situadas de xeito diferente nas xerarquías do poder económico, político, social, cultural e simbólico. A división do traballo expresa a xerarquización de tarefas ou de persoas como ideas ou representacións sociais verbo das divisións técnicas do proceso produtivo e as relacións sociais que interveñen nel e que distribúen os e as traballadoras por distintas actividades.

Reclamamos unha vida digna que poña as persoas no centro da vida, que poña en valor os coidados fronte a unha economía que non é algo abstracto nin decisións afastadas, senón que determina e afecta ao día a día da vida das persoas. Vida que está en risco coas políticas de austeridade impulsadas desde os mercados financeiros que empurran os estados a rescatar a banca cando o deber dos gobernos é rescatar as persoas.

Marchamos polo dereito das mulleres á soberanía económica

As mulleres non podemos ter soberanía económica no sistema capitalista. As medidas de austeridade impostas poñen en causa a autonomía económica das mulleres, aumentando os seus niveis de desemprego e da súa duración, a precariedade laboral, a desigualdade salarial entre homes e mulleres, a diferenciación de xénero nas xubilacións e noutras pensións. As mulleres, que xa eran os rostros maioritarios da pobreza, serán, con estas medidas, máis pobres, e por iso tamén máis vulnerábeis ante a violencia de xénero.

Os recortes na inversión de diñeiro público, como por exemplo nos servizos e equipamentos de apoio a menores e a persoas da terceira idade, ou a mercantilización do acceso á vivenda, son un impacto claro da crise que dificultan en gran medida a autonomía das mulleres . Ademais, os recortes dos gastos sociais do estado presupoñen sempre un incremento de traballo doméstico e de coidados non remunerados (en xeral a cargo das mulleres), deste modo, as empresas dispoñen sempre dunha forza de traballo dispoñíbel en calquera momento que se contrata en períodos de expansión e que se despide en tempos de crise. O risco de agravamento da desigualdade nos usos do tempo de homes e de mulleres na familia é grande. Acentúase a idea, asumida xa de xeito cultural, de que as mulleres pertencen á esfera da reprodución e desvencéllase o home da responsabilización material e afectiva nestas cuestións do coidado da casa, das fillas e das persoas maiores da familia. Todo isto vese aumentado polo pensamento neo-conservador e austero, que busca impor valores ao «regreso das mulleres ao fogar» coas políticas «familiaristas» e asistencialistas de submisión dos dereitos individuais a un modelo familiar único e exclusivo, o que dificulta o camiño emancipador das mulleres.

As conceptualizacións sobre economía e traballo deben incluír na esfera do produtivo o traballo das mulleres, non exercido nos espazos «tradicionais» de traballo, como a fábrica, a oficina, etc. Queremos políticas de xustiza social, políticas de estímulo ao emprego, políticas non discriminatorias, senón emancipadoras, que garantan dereitos sociais e laborais e camiños de desenvolvemento económico e social.

É necesario e urxente o desenvolvemento, a nivel político e público, dunha cultura de dignificación do traballo con dereitos en todas as esferas da vida e a inclusión da dimensión da igualdade de xénero en todas as políticas públicas. Temos o dereito a unha vida digna e non á mera supervivencia.

Marchamos polo dereito das mulleres a unha vida sen violencia

Vivimos en sociedades patriarcais baseadas na violencia de xénero que mata e fere a diario a milleiros de mulleres europeas. Violencia física, sexual e psicolóxica, mais tamén simbólica que subalternizan as mulleres, ante as que os Estados se inhibiron nas súas responsabilidades.

Denunciamos a dobre, ás veces tripla discriminación da que son vítimas as mulleres inmigrantes, as mulleres negras, as mulleres portadoras de discapacidade, as mulleres lésbicas, as mulleres ciganas, as mulleres mozas, as mulleres de maior idade, as persoas transexuais, mulleres a quen aínda se lles negan os dereitos básicos de cidadanía e que se ven afectadas de xeito directo por estas políticas recesivas.

Exiximos respecto a unha vida sen violencias, nin de estado, nin policial, nin das forzas de seguridade, nin das nosas compañeira se compañeiros, nin das representacións estereotipadas e discriminatorias que confinan as mulleres a determinados papeis subalternos.

Marchamos para pór no centro da vida as persoas

O benestar das persoas debe ser o centro de toda a actividade política, económica e social. Por desgraza, asistimos a un aumento do contrario: a estigmatización das persoas, a subestimar as súas capacidades, a degradación das súas condicións de vida, a como se desperdicia todo o seu potencial para saír desta situación creada polo sector financeiro. Os intereses privados, moitas veces escuros, antepóñense ao interese colectivo e as políticas e discursos hexemónicos foron devastadores a nivel das subxectividades, xa que xeraron sentimentos de inseguridade, medo ao futuro, depresión, illamento e quebra das sociabilidades.

Queremos ser parte da solución, mais para iso non aceptamos os mitos e as narrativas hexemónicas, compracentes e derrotistas, que tratan os mercados como instancias «neutras» e «inocentes» e tendentes á lexitimación das actuais políticas de austeridade, baseadas nunha ideoloxía de competencia, maximización e centralización do lucro que rexeita calquera responsabilidade social.

Marchamos polo dereito das mulleres á saúde

Fronte á privatización da saúde e un modelo de saúde sexista e heteropatriarcal que nega os dereitos das mulleres a ser donas dos nosos corpos, exiximos que os nosos corpos deixen de ser campos de batalla das relacións de poder machistas e que os nosos dereitos sexuais e reprodutivos sexan plenamente recoñecidos e asegurados.

Desde o inicio da crise asistimos en moitos países de Europa a unha redución moi preocupante e prexudicial dos investimentos nos servizos estatais de saúde públicos, chegando nalgúns casos á súa privatización, que afectan moi en particular ás áreas esenciais para a vida das mulleres como a planificación familiar, o apoio ao embarazo e a maternidade, a interrupción voluntaria do embarazo ou a prevención de enfermidades de transmisión sexual, entre outros.

O pleno aceso a coidados e servizos de saúde públicos e de calidade para todas e todos con independencia da súa orixe socioeconómica, localidade de residencia. etnia, orientación sexual, confesión relixiosa ou identidade de xénero, deben garantirse.

Tanto nesta como noutras áreas, non aceptamos nin aceptaremos que valores profundamente conservadores queiran de novo tutelar os nosos corpos e as nosas vidas.

Marchamos polo dereito das mulleres a unha vida sostíbel

Necesitamos o desenvolvemento de alternativas económicas que poñan no centro da organización económica e territorial o desenvolvemento sostíbel da vida humana, o medio e o benestar colectivo. Queremos ter o control sobre as nosas vidas!

A soberanía alimentaria dos pobos, a defensa dos sectores primarios e da pequena produción, onde as mulleres teñen desde sempre un papel fundamental e dramaticamente invisíbel, teñen que ser unha prioridade.

Rexeitamos un modelo de produción de crecemento infinito que esgota os recursos do planeta e a privatización de acceso a recursos naturais esenciais como a auga ou a terra, dos que as mulleres son as principais vítimas. A forma en como o capitalismo patriarcal e racista emprega o traballo das mulleres como un recurso inesgotábel é moi semellante á forma en como se emprega a natureza. A crise do sistema é unha crise da forma en que este está organizado. O proceso de mercantilización da relación das persoas coa natureza e cos seus corpos ten que confrontarse.

Marchamos polo dereito das mulleres á educación

Fronte ás políticas que recortan o acceso da poboación á educación, exiximos o dereito á educación pública, de acceso universal e gratuíto, unha educación non sexista e que promova a igualdade como un modelo educativo orientado ás persoas é a súa formación, e non á produción de «man de obra» para o sistema capitalista.

Rexeitamos a privatización da educación. A educación é un dereito humano central da vida, non un negocio.

Defendemos o acceso libre á cultura e rexeitamos a elitización do acceso á mesma. Reclamamos políticas que permitan a universalización do acceso á cultura e a defensa e valorización da cultura de cada pobo fronte ao discurso uniformizador da globalización capitalista.

Marchamos polo dereito das mulleres á soberanía política

Fronte a unhas sociedades cada vez menos democráticas nas que toman as decisións instancias privadas, e fronte á crise de representatividade das institucións públicas e a criminalización dos movementos sociais dicimos que as nosas democracias están capturadas e que é urxente liberalas.

Necesitamos construír mecanismos representativos de movementos da cidadanía desde unha perspectiva feminista, para o escrutinio crítico, moral e democrático das opcións políticas e financeiras. Reclamamos unha auditoría feminista cidadá da débeda pública co obxecto de anular a débeda ilexítima.

Necesitamos dunha Europa que respecte a soberanía dos seus estados e que garanta o control democrático por parte da súa cidadanía. Unha Europa dos pobos que defenda o dereito das nacións sen estado a decidir sobre o seu futuro.

Queremos democracia en todas as esferas das nosas vidas.

Nós, as mulleres, queremos controlar as nosas vidas e construír unha sociedade máis xusta, que termine co sistema capitalista e patriarcal, e que nos permita vivir a nós e a todos unha vida digna.

Feminismos como elementos centrais para solucións reais. O noso compromiso é este.

Coordenadora Europea da Marcha Mundial das Mulleres
Outubro de 2012
Calendario de campaña
http://feminismo.info/feminismo/blog/2012/09/21/calendario-da-campana/

Chamado: A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos. Marchamos por unha vida digna e sostíbel

Campaña Europea

4 de outubro – 8 de marzo

Lema: A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos. Marchamos por unha vida digna e sostíbel

Países envolvidos na Campaña: Galiza, Portugal, Catalunya, Euskalherria, Grecia, Francia, Bélxica, Suíza, Italia, Rumanía, Macedonia, Turquía…

Nós as mulleres, queremos controlar as nosas vidas e construír unha sociedade máis xusta, que termine co sistema capitalista e patriarcal e que nos permita vivir a nós e a tod@s unha vida digna. Para loitar por esa vida digna que queremos, dende a Coordenadora Europea da Marcha Mundial das Mulleres vimos traballando nunha campaña que poña no centro dos debates sociais a vida e os dereitos das mulleres.

Con esta campaña ‘A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos’ queremos denunciar a situación das mulleres nos nosos países e o agravamento desa situación coas políticas que os diferentes gobernos conservadores están a pór en práctica coa escusa do crise económica. Crise que para nós non é máis que un novo saqueo aos nosos povos para acumular as riquezas en mans dos poderosos e para eliminar gran parte dos dereitos conquistados polas traballadoras ao longo das últimas décadas.

Tras meses de traballo conxunto e a implicación de mulleres de máis de 10 países elaboramos o manifesto que acompaña este texto e un calendario de accións conxuntas que partillaremos nos nosos países para visibilizar a nosa loita e trasladala ás nosas realidades concretas e ás nosas loitas nacionais.

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres queremos facer un chamado a toda a sociedade galega, individual e organizada a apoiar esta Campaña Europea no marco da loita que dende diversos sectores se leva a cabo na Galiza contra este sistema inxusto e criminal que saquea as nosas vidas e os nosos dereitos. Concretando este apoio en aderir ao manifesto e na colaboración e coorganización das actividades nos días de mobilización programados no calendario da campaña.

Porque temos dereito á soberanía económica e alimentaria, a vivir sen violencias, á educación e á sanidade, a que a vida sexa o centro das políticas, a unha vida sostíbel e á soberanía política, queremos demostrar e visibilizar xuntas que non imos permitir que nos rouben o futuro, que lexislen sobre os nosos corpos e as nosas vidas.

Estaremos na rúa en toda Europa defendendo os dereitos das mulleres, porque para mudar o mundo é imprescindíbel mudar a vida das mulleres e porque para mudar a vida das mulleres é imprescindíbel mudar o mundo.

E porque a vida que queremos para as mulleres é a vida que queremos para tod@s, queremos chamar a participar nesta campaña a todos os colectivos sociais da Galiza.

A tod@s @s que apoiades esta campaña convidámosvos á presentación da mesma que terá lugar de xeito simultáneo en máis de 10 países. A presentación na Galiza será o 4 de outubro na Galería Sargadelos, Compostela.

 

Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres
15 de Setembro de 2012
Galiza

 

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram