Maio Reivindicativo

**GRAZAS POLO TEU APOIO**

Durante o mes de maio desenvolveranse palestras-coloquio nas diferentes comarcas con presenza da Marcha Mundial das Mulleres, nas que se presentará a publicación ‘O Dereito a Decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto’ para propiciar o debate e reflexión social sobre a necesidade dunha lei de aborto que termine con a penalizacion e criminalizacion das mulleres.

No  domingo 31 de Maio en Compostela elaboraremos un MAIO REIVINDICATIVO conxuntamente com todas as que vos queirades achegar á praza da Quintana desde as 11 da mañá.

Tamén podes apoiar esta campaña engadindo un banner na túa páxina web ou blog:

200×80

200×250

 

EU DECIDO! En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública!

**ASINA EN APOIO DA CAMPAÑA**

EU DECIDO! En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública!

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza solicita o seu apoio na campaña ‘En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública!’ baseada nos seguintes reivindicacións:

Queremos:

Que se recoñeza o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias decisións.

Que se garanta a soberanía das mulleres sobre o próprio corpo e a propia vida.

Que se asegure que todo o proceso de información, asesoramento e realización da interrupción do embarazo sexa feita na Sanidade Pública, por persoal sanitario formado na perspectiva de xénero.

Que non exista discriminación xeográfica no aceso de todas as mulleres a este dereito nos servizos públicos.

Que se inclúa a educación afectivo-emocional e sexual com perspectiva de xénero no curriculum escolar.

Que os dereitos das mulleres usuarias destes servizos sexan respectados e protexidos en todo momento.

Adire ao manifesto
Nome particular / Nome Organización
Ocupación – profesión / Actividade da organización
Enderezo electrónico
Páxina web (organizacións)
Comentarios / Suxestións
Image Verification
Please enter the text from the image
[ Refresh Image ] [ What’s This? ]

Durante o mes de maio desenvolveranse palestras-coloquio nas diferentes comarcas con presenza da Marcha Mundial das Mulleres, nas que se presentará a publicación ‘O Dereito a Decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto’ para propiciar o debate e reflexión social sobre a necesidade dunha lei de aborto que termine con a penalizacion e criminalizacion das mulleres.

No  domingo 31 de Maio en Compostela elaboraremos un MAIO REIVINDICATIVO conxuntamente com todas as que vos queirades achegar á praza da Quintana desde as 11 da mañá.

Fotos da presentación da publicación ‘O dereito a decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto

A coordenadora comarcal da MMM na Coruña organizou o pasado venres 24 de Abril a presentación da publicación ‘O dereito a decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto xunto con a charla sobre a ‘Coeducación afectivo-emocional e sexual con perspectiva de xéneroa cargo de Lola Ferreiro, catedrática de saúde, membra do Grupo Lúa Crecente, enfocado na educación para a saúde desde a perspectiva de xénero, e coordinadora da publicación ‘Coeducación afectivo-emocional e sexual‘.

O acto tivo lugar ás 20:00 horas na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa dos Olmos 16-18 1º andar).

Aquí tedes algunhas fotos do mesmo no que tamén se repartiron exemplares da publicación gratuita (tamén disponíbel nesta web en pdf para a súa descarga) que a MMM está a distribuir na galiza:

{gallery}2009_24abril_C{/gallery}

Actividades do 8 de Marzo 2009

O pasado 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza realizou concentracións en distintas cidades da nosa xeográfía baixo o lema “As Mulleres Traballamos, As Mulleres Contamos: Non solucionaredes a crise a costa dos nosos dereitos”. Aquí tedes algunhas crónicas e as imaxes do que sucedeu:

Coruña:

Co galo do 8 de Marzo, a Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres da Coruña ven de organizar unha serie de actos que neste ano, e no espíritu da Declaración da Asambleia de Mulleres realizada no FSM de Belém, se encadran na denuncia contra o modelo de desenrolo capitalista, responsábel pola crise que afecta a todo o planeta, e que ten na opresión das mulleres unha das súas bases de sustento. Denunciamos as respostas superficiais á crise que só xeneran máis concentración de riquezas e reprodución do sistema capitalista patriarcal.

O domingo, 08 de Marzo, organizamos unha concentración no Obelisco da Coruña na que se sumaron varios centos de persoas. Durante esta concentración “colgamos” os trapos suxos do actual sistema capitalista patriarcal que rachamos para sustituilos polas alternativas que nós, como mulleres, reafirmamos para o mundo que queremos construir a partir do feminismo, libre de explotación, desigualdade e discriminación, sen violencia e sen racismo.

Esiximos cambios que melloren as nosas condicións de vida e conquisten e consoliden os dereitos que nos son negados.

AS MULLERES TRABALLAMOS, AS MULLERES CONTAMOS
NON SOLUCIONAREDES A CRISE A COSTA DOS NOSOS DEREITOS.

{gallery}2009_8marzo/corunha/8m{/gallery}

Ferrol:

Mais de 500 personas na manifestación organizada por la Marcha Mundial das Mulleres en Ferrolterra.

Mais de 500 persoas acudiron á manifestación convocada en Ferrol, no Dia Internacional das Mulleres, que tivo como eixo central a situación das mulleres na crise económica. Partiu ás 12:30 da Praza Amada García, enchendo con consignas reivindicativas as rúas do centro da cidade “Non renunciamos a ser iguais”, “A igual salário igual traballo”, facendo refenecia ao direito ao aborto, con mostras de repulsa ao machismo, ao racismo, á xenofobia e a homofobia, ou denunciando “aos ladróns da banca mundial”. Tampouco faltaron cantigas reivindicativas “Mulleres somos mulleres seremos pero no paro non nos quedaremos”.

Cando a manifestación chegou aos Cantóns, comezou um acto no que interviron representantes das organizacións que apoiaban a convocatória. A representate da Secretaria da Muller da CIG, Marité Freire, debuxou a situación laboral das mulleres galegas, e denunciou que a crise económica está reforzando os roles tradicionais impedindo a conciliación da vida familiar e laboral. Animou a loitar por un novo modelo socio-económico máis xusto e solidario.

A continuación, Carmen Freire, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, defendeu na súa intervención os direitos das mulleres labregas e apuntou que frente ás multinacionais e os governos que as sustentan, depredadoras dos recursos do planeta, a Soberania Alimentaria é un dereito dos povos que asegura o dereito básico aos alimentos e a protección do medio ambiente. “Se queren solucionar a crise que presten oido ás voces das mulleres e dos movimentos sociais que decimos que este modelo económico está acabado” Anxela Lagoa da USTG, valorou moi positivamente a participación na Marcha Mundial das Mulleres e fixo lectura do comunicado elaborado pola Asamblea de Mulleres do Foro Social Mundial celebrado en Brasil o pasado mes de Xaneiro. Paula López e Bárbara Primo, deron lectura ao comunicado da Marcha rematando as intervencións con vivas á loita feminista e coreando o lema da mobilización “As mulleres traballamos, as mulleres contamos! Non solucionaredes a crise a costa dos nosos dereitos!”

{gallery}2009_8marzo/ferrol{/gallery}

Compostela:

Este domingo 8 de marzo xuntamonos en Compostela máis de 200 mulleres convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres e secundada por diferentes colectivos e  organizacións. O motivo foi a celebración do Día Internacional da Muller e este ano tiña como lema: “As mulleres traballamos, as mulleres contamos”. Enmarcada no contexto da crise económica e financieira, as mulleres quixeron deixar claro a institucións e entidades que “non solucionaredes a crise a costa dos nosos dereitos”.

A manifestación comezou na Praza do Toural, e continuou por Virxe da Cerca para rematar na Praza do 8 de Marzo. Neste recorrido entonáronse diferentes consignas e cánticos da luita feminista (como son o aborto libre e gratuito ou  a repartición do traballo doméstico), pero deuselle especial importancial á crise económica e ás súas consecuencias laborais para a muller (paro, precariedade laboral, diferencias salariais…).

Na Praza do 8 de Marzo, Pili Estévez da MMM liu un manifesto no que se trataba de visibilizar a muller na crise, e cales son as demandas do feminismo ante ésta. Tras a súa lectura convidouse a todas e todos os que alí estaban á Gentalha do Pichel, onde había festa-xantar.

Video da Manifestación (A Nosa Terra)

Video de Manifestación (GZVideos.info)

{gallery}2009_8marzo/compostela/8m{/gallery}

Vigo:

Video da Manifestación (GZVideos.info)

{gallery}2009_8marzo/vigo{/gallery}

Pontevedra:

Os actos en Pontevedra celebráronse o sábado 7 de marzo: ás 11 da mañá colocamos a pancarta na praza “8 de marzo dia internacional das mulleres”, esta é a praza na que a Marcha Mundial das Mulleres realizamos todos os actos. Ás 5 da tarde comezamos a decorar a praza con bandeiras da Marcha, puxemos a mesa de material de venta e colocamos o material para realizar o oradoiro. Este ano esquecéusenos poñerlle título ao obradoiro. Pintamos o símbolo da Marcha co mundo no seu interior e ao longo da tea siluetas de mulleres ,as mulleres eran de diferentes cores simbolizando a variedade e diversidade. A partir de aqui as persoas que pasaban pola praza e que convidabamos a participar escribían dentro das siluetas os valores, feitos, accións coas que conseguimos avanzar, empoderarnos e conquistar, e fora das siluetas os valores , accións, institucións, realidades que nos seguen invisibilizando, explotando, discriminando. Participaron neste obradoiro moitas persoas e sobre todo moita mocedade, pasaban grupos de rapazas e rapaces que se animaban a pensar, crear e escribir. Esta praza está moi concorrida e nesas dúas horas de duración do obradoiro puideron pasar tranquilamente mil persoas.

Ás 8 da tarde tivemos concentración na que actuaron gaiteiras, pandereteiras e tambolireiras da escola de música tradicional de Poio, tamén se fixo a leitura do manifesto da Marcha Mundial das Mulleres, estaríamos na concentración case unhas cento cincoenta persoas. Ás 10 da noite tivemos cea de mulleres, este ano fumos cincoenta, e ás 12 da noite  tivemos festa mixta.

Ourense:

En Ourense as mulleres da Marcha Mundial organizamos un acto simbólico no que, vestidas de sufraxistas e diferentes profesións, reclamamos a igualdade salaria, un traballo digno para as mulleres, o acceso das mulleres ao emprego en condicións de igualdade e que a crise non a paguemos as mulleres con recortes nos nosos dereitos sociais e laborais.

{gallery}2009_8marzo/ourense{/gallery}

Charla sobre a Crise na Coruña:

O sábado, 07 de Marzo, celebramos un videoforum coa proxección da curtometraxe “Aguantando el tipo”, que relata a loita das mulleres da multinacional Jaegel-Magneti de Barcelona nos anos 80, reclamando que polo traballo que estaban a realizar, exactamente igual que os homes, lles aplicaran tamén igual salario.

Contamos para este videoforum coa participación de Carme López Santamariña, Secretaria de Muller da Confederación Intersidical Galega (C.I.G.) e con Hortensia, muller uruguaia residente na Coruña que explicou a problemática das mulleres inmigrantes diante da crise que estamos a sufrir.

{gallery}2009_8marzo/corunha/crise{/gallery}

Xantar en Compostela:

Tras a lectura do comunicado convidouse a todas e todos os asistentes a participar na Gentalha do Pichel a unha festa-xantar organizada pola Cordenadora Local de Compostela. Aproximadamente unhas 100 mulleres xuntáronse na Gentalha.

É de agradecer o ben que nos tratou a xente do Pichel, que incluso nos agasallou con unha laconada.

{gallery}2009_8marzo/compostela/xantar{/gallery}

 

Eco nos Meios:

Cara ao 2020 con máis dereitos e mellor asentados.

Máis de 300 persoas piden en santiago que a crise non se ensañe coas persoas.

Máis de mil persoas reivindican “melloras nas condicións de vida das mulleres”.

As marchas do 8 de marzo centranse na crisis e o paro.

As viguesas mobilízanse para que a crise non as perxudique máis a elas.

Centenares de galegos se mobilizan para exixir un “papel activo” da muller na loita contra a crise.

Un papel máis activo no mundo laboral.

As mulleres piden que non se solucione a crise a costa dos seus dereitos.

Non solucionaredes a crise a costa dos nosos dereitos.

As Mulleres Traballamos, As Mulleres Contamos

NON SOLUCIONAREDES A CRISE A COSTA DOS NOSOS DEREITOS

Todos os anos, o 8 de Marzo, mulleres en todo o mundo mobilizámonos para reivindicar e esixir cambios que melloren as nosas condicións de vida e conquisten e consoliden dereitos que nos son negados. As mobilizacións mundiais este 8 de Marzo van facer referencia a como nos afecta ás mulleres esta crise de dimensións múltiples: de traballo, de acceso aos alimentos, enerxética, medioambiental e financeira. Consecuencia do sistema capitalista e do neoliberalismo, da avaricia sen límites, da falta de transparencia e de control social que configuran a realidade financeira mundial.

Hoxe en día ninguén nega que as mulleres en todo o planeta, en maior ou menor grao, chegamos a esta situación de crise con clara desvantaxe. Os organismos internacionais aseguran que de cada 10 persoas pobres no planeta, 7 somos mulleres. Tamén afirman que posuímos só o 1% da propiedade da terra. O patriarcado, que historicamente mantén ás mulleres nunha situación de subordinación, encontrou no capitalismo un grande aliado.

En países occidentais como o noso, as estatísticas nos aseguran que somos maioría no paro, temos máis eventualidade e precariedade no emprego, e cobramos un 30% menos de salario. Esta realidade agudízase no caso das mulleres novas, do colectivo de mulleres ciganas ou mulleres inmigrantes. Somos maioría nos sectores laborais peor valorados e peor pagados, como son o marisqueo a pé, a conserva, o téxtil, limpeza, hostalaría e comercio, agricultura ou no servizo doméstico. Hai que sumar a todo isto que seguimos levando case toda a responsabilidade do coidado e do traballo no ámbito doméstico.

Por iso, este 8 de Marzo, ao mobilizarnos e dirixirnos á sociedade e ás institucións, queremos concienciar e convencer da necesidade de resolver a crise económica superando as limitacións do neoliberalismo e do libre mercado, e facelo con alternativas que fortalezan os dereitos das mulleres e a participación en igualdade na actividade económica.

As políticas neoliberais emanadas dos intereses das grandes corporacións e aplicadas por organismos baixo o seu control (OMC, BM e FMI), concretáronse na privatización de servizos básicos como a sanidade e a educación, de recursos como a auga e a terra, con políticas de dependencia enerxética e alimentaria, destrución de tecidos produtivos… provocando un aumento da pobreza e a desigualdade en todo o planeta.

Asistimos con preocupación á aplicación, por parte de moitos gobernos, de medidas de loita contra a crise, que trasladan grandes cantidades de fondos públicos en axudas a grandes empresas e entidades financeiras. Todo menos intentar un control público das entidades financeiras, ou un novo modelo produtivo ao servizo das necesidades das persoas e non da produción e o consumo sen límites.

Os recursos públicos son imprescindíbeis para garantir os dereitos conquistados ao longo de décadas de loita feminista, para soster as intervencións de loita contra a violencia machista, para manter os servizos básicos como a saúde e a educación, a atención ás persoas dependentes, os programas de educación afectivo-sexual, as políticas de integración…

Tamén sabemos da importancia que ten para as mulleres o mantemento do emprego público para evitar a precarización, para evitar a discriminación no acceso ao emprego e na promoción laboral, para manter mellores condicións laborais, medidas específicas de protección por maternidade ou por ser vítimas de violencia, etc. dereitos básicos que dificilmente conseguimos ou podemos exercer nas empresas privadas.

Nós tamén sabemos botar ben as contas. Todo o diñeiro público destinado a quen amasou e amasa riqueza, vai supor números vermellos para manter os servizos públicos, as políticas sociais ou a creación de emprego. Por iso imos estar atentas, organizadas e activas para denunciar as políticas que reproduzan a exclusión das mulleres da actividade económica, ou que recorten as coberturas sociais que temos alcanzado até o momento. Imos esixir políticas decididas que se aparten da doutrina neoliberal e que aseguren non só a consolidación do que temos acadado até o momento, senón que supoñan un avance en dereitos e en igualdade.

Este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, imos estar mobilizadas xunto a moitas outras mulleres do planeta non para pedir unha refundación do capitalismo, senón para esixir o certificado da súa defunción. Porque queremos un modelo económico ao servizo das persoas e non do capital. Porque para o capitalismo son imprescindíbeis a produción e o consumo sen límites, mais para as persoas son imprescindíbeis os dereitos e os coidados.

Todas somos Palestina

Nen guerra que nos mate, nen paz que nos oprima

A Marcha Mundial das Mulleres formou parte das organizacións convocantes e participou con comitiva propia o pasado Domingo 18 de Xaneiro na manifestación nacional en apoio ao pobo palestino baixo un manifesto conxunto para exixir:

  • Que se impulsen políticas activas de solidariedade en favor de Palestina.

  • Que a Xunta de Galicia se pronuncie contra Israel e a favor do pobo palestino.

  • Que se declaren á embaixada e o Goberno Israelí non gratos en todo o territorio galego no seu conxunto; e concello por concello,

  • E que os medios de comunicación e a prensa internacional informen con imparcialidade e non a favor do sionismo .

Dende a Marcha tentamos dar voz ás nosas compañeiras palestinas a través das súas imaxes que levamos na nosa comitiva co gallo de facelas presentes na mobilización como xa o están sempre no corazón de todas nós.

Eis unhas imaxes da nosa participación en favor da paz e en defensa dos dereitos do pobo palestino:

Eis un video da comitiva na manifestación:

Máis información sobre a repercusión desta mobilización nos meios (tirada de Galiza por Palestina):

Fotos do 25 de Novembro de 2008

O pasado 25 de novembro, Dia Internacional contra a Violencia Machista a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza realizou concentracións en distintas cidades da nosa xeográfía coa esperanza de sementar un futuro sen violencia. Aquí tedes algunhas imaxes do que sucedeu.
Coruña:

{gallery}2008_25novembro/corunha{/gallery}

Vigo:
{gallery}2008_25novembro/vigo{/gallery}

Ferrol:
{gallery}2008_25novembro/ferrol{/gallery}

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram