Manifestación Nacional 28 de Setembro en Vigo

 

Este 28 de Setembro a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres quere facer un chamamento a participar da manifestación que terá lugar en Vigo ás 20.00h e que percorrerá a cidade dende a praza da Farola de Urzaiz ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Manifestación convocada pola suma de forzas do movemento feminista da Galiza en coordenación co movemento estatal.

A Marcha Mundial ven realizando durante os meses de Agosto e Setembro convocatorias de concentracións todos os martes ás 20.30h como parte dunha campaña de resposta na rúa ás ameazas do goberno do Partido Popular que quere modificar a actual lei do aborto para retroceder nos dereitos das mulleres. Dende a Marcha chamamos a participar nesta manifestación do 28 de setembro como punto de chegada desta campaña de resposta na rúa e punto de partida para as accións que desenvolveremos dentro da Campaña Europea que comezará o 4 de Outubro de forma simultánea en máis de 10 países europeos.

Sumemos esforzos para loitar polos nosos dereitos, este 28 de setembro o feminismo na Galiza liderando a loita polos dereitos das mulleres no noso país partilla convocatoria con todas aquelas mulleres que no estado español, e no mundo, sairán ás rúas para defender o noso #dereitoadecidir e o #abortolibre.

 

Venres 28 de setembro
Vigo, dende a Farola de Urzáiz
20.00h
Manifestación!!

 

ACUDE E DIFUNDE!!!

Nós as que abortamos

A resposta social em debates, tanto nos meios convencionais como nas redes sociais, aos projectos de Gallardón, é como um raio de esperança neste veram eclipsado por tanto escurantismo e regressom. Hai milheiros de vozes defendendo um direito fundamental para as nenas e mulheres, ainda que mesmo, muitas delas, nom o cheguem a exercer nunca nas suas vidas. Nom é o meu caso, nem o de muitas mulheres que conheço, eu abortei. Os argumentos do nazi-onal-catolicismo reaparecem, mas nom coa velha face da ideologia misógina, que segue vendo no corpo das mulheres o terreio a dominar, e onde dar a batalha contra a sexualidade, verdadeira besta negra que atormenta a quem a professa desde os votos de castidade e a dupla moral. A fera esfrega-se coa palavra discriminaçom, aclara a voz coa palavra vida e enfeita-se coa palavra direitos.

Disse-nos que o zigoto, embriom, feto, é um ser humano e que as mulheres que o temos assentado no nosso útero nom temos direito sobre el. Disse-nos que abortar é coma a pena de morte. Disse-nos que se se nos obrigasse a ver umha boa imagem do cigoto, embriom, feto, nunca decidiríamos abortar. Disse-nos que levemos o embaraço a termo, e lhes entreguemos, agora sim, o filho ou a filha já nascida, para as suas organizaçons e famílias afins. Disse-nos que se nos vai tutelar para que podamos sair da violência estrutural que nos obriga a abortar. Som o seu imaginário do terror, os seus argumentos.

Mas hai umha ideia que se repete na argumentaçom de muitas das pessoas que estam a dar a batalha polos nossos direitos nos meios de comunicaçom e redes sociais, e pode estar a funcionar como as pedras no próprio telhado. Repite-se como umha verdade indiscutível, como algo empírico, fora de discussom. Disse que o aborto é umha decisom difícil para as mulheres, umha tragédia à que nom hai que botar mais lume.

Lembro quando eu, para poder abortar, tomei a decisom de cruzar umha fronteira para outro país, alonjar-me mais de quinhentos quilómetros da minha casa, pôr-me em mans de gente desconhecida, que mesmo falava dum jeito para mim difícil de entender… Mas era umha decisom que me librava dumha grande tragédia, um embaraço nom desejado.

Ao longo da historia e agora mesmo em muitos lugares do mundo, as mulheres preferem arriscar às suas vidas, a sua saúde, ou mesmo a sua liberdade antes de levar a termo um embaraço nom desejado. Eis a verdadeira tragédia. O aborto é o alivio para essa tragédia. Assim o vivim eu e assim o vivirom muitas mulheres que eu conheço.

 

Se nom somos quem de impedi-lo, Gallardón e o integrismo católico, que o arroupa e inspira, aprovaram a nova lei, que vai ser umha escenificaçom do triunfo do seu modelo social. Mas as mulheres vam seguir abortando, como sempre. As mais afortunadas com profissionais de confiança perto da casa. Outras iram a outros países para faze-lo cum mínimo de seguridade. As mais desafortunadas, faram-no com claro risco para as suas vidas e a sua liberdade. E mesmo, volveram aos jornais as novas de fetos atopados nos contentores ou recém-nados abandonados mortos ou em vida. Eis o seu modelo social.

Agora, ás que abortamos, as que sabemos o beneficio do uso desse direito, toca-nos defende-lo. Hai que bota-los!

Lupe Ces

Decidir fainos libres

Hoxe máis que nunca e tras as declaracións do ministro de xustiza contra o dereito das mulleres a decidir sobre os nosos corpos, a nosa maternidade e a sermos tratadas como persoas e non como úteros, cómpre lembrar que temos dereito a decidir e que o reclamamos para todas as mulleres en todo o mundo.

A seguir o manifesto da Campaña Estatal ‘Decidir fainos libres’ da que a MMM fai parte.

 

Ante o anuncio por parte do Goberno do Partido Popular de reformar da actual Lei orgánica 2/2010 de Saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, as organizacións de mulleres abaixo  asinantes  MANIFESTAMOS:

  • A nosa total indignación ante o retroceso no recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres que suporía a posible reforma da lei.
  • A nosa absoluta negativa a aceptar un recorte na liberdade e autonomía das mulleres en relación á súa sexualidade e a decidir sobre a súa maternidade. Se non podemos decidir non somos libres.
  • O noso desacordo co fondo argumental -retrógrado, manipulador e ideolóxico- polo que se quere levar a termo a reforma.
  • A nosa repulsa porque a vulneración dos dereitos das mulleres se converta no selo ideolóxico do PP.

Por todo isto

  • DENUNCIAMOS que a perda de dereitos en saúde sexual e reprodutiva exporán a un maior risco a saúde e a propia vida das mulleres. AFIRMAMOS, pola contra, que o goberno ten a obriga, de acordo a normativa europea e internacional, de defender a protección e seguridade xurídica en materia de dereitos sexuais e reprodutivos.
  • DENUNCIAMOS que “violencia de xénero estrutural” é a coacción e a limitación no uso das liberdades individuais. AFIRMAMOS, pola contra, a inquebrantable vontade das mulleres a vivir unha vida libre de Violencia e de coaccións.
  • DENUNCIAMOS que o recorte nas liberdades das mulleres sexa debido a presión da xerarquía eclesiástica e grupos ultraconservadores. AFIRMAMOS, pola contra, a necesidade dunha sociedade laica e democrática libre de imposicións relixiosas.
  • DENUNCIAMOS a lamentable argumentación decimonónica que enfática como único dereito da muller o da maternidade sen libre elección. AFIRMAMOS, pola contra, o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos e as nosas vidas e non de acordo a un prototipo de feminidade que discrimina ás mulleres.
  • DENUNCIAMOS a arbitrariedade no manexo e uso do concepto “dereitos” e que a aceptación dos dereitos humanos das mulleres é incompatible coa súa regulación no código penal. AFIRMAMOS, pola contra, que donde hai “dereitos” non hai “supostos” e que o exercicio de un dereito no é punible.
  • DENUNCIAMOS que a negación dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres leva ao retroceso en cuestións tan básicas como a educación sexual ou a mellora no acceso á anticoncepción, incluída a de urxencia. AFIRMAMOS, pola contra, que si hai dereitos específicos das mulleres en saúde sexual e reprodutiva e debe haber, xa que logo, dereito a prestacións específicas na carteira nacional básica de servizos sanitarios.

 

Manifestación do Orgullo 2012 – Vigo

O programa de actos é o detallado de seguido:Mércores 20:

  • 17.30_Presentación prensa Actos Orgullo LGTB 2012
  • 18.00_Proxección curtos “Educar na Diversidade” ata o día 27, con pases ás 18, 19 e 20h
  • Lugar: Casa da Muller

Venres 22:

  • 20.30_Quedada e cea. Vémonos na Praza da Constitución, cear xuntas e comezar a festa 🙂 (confirma asistencia por mail!)
  • 00.30_Festa Diversa. Música divertida, sorteos entre as e os asistentes, agasallos, bo ambiente….na sala MOGAMBO (Churruca, 12), entrada solidaria 2€ con sorteo incluido.

Sábado 23:

  • 18.00_MANIFESTACIÓN baixo o lema “Matrimonio Igualitario. Igualdade sen recortes”. Sairemos do cruce de Colón con Urzaiz ata a Praza da Constitución. Trae a túa bandeira e coloreemos o centro de Vigo!!
  • 19.00_Festa “Tortillera”. Despois da mani, na Praza da Consitución, disfruta dunha boa tapa de tortilla, con boa música e compañía!

Martes 26: 

  • 16h_Obradoiro Danza-Clown. A través da risa, da música e dos nosos corpos, o pasaremos en grande, soltaremos tensións e aprenderemos a coñecernos mellor rindonos máis e máis! No Centro Social LUME! (rúa Ruiseñor, 16, preto do peonil do Calvario), inscríbete por correo.

Xoves 28:

  • 18.00_Palestra: “A LGTBfobia na Galiza e no mundo. Perpectiva actual.” 
  •  Antonio Alonso_Coordinador Amnistia Internacional, Vigo
  • Laura Guisantes_militante Briga.

E ademáis ….-Video-forum “El celuloide oculto”_xoves 17 ás 18 no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Central) organizado pola Rede Veciñal de mulleres contra os malos tratos.-Palestra nas xornadas “Que hai de novo nos feminismos?”_venres 22, dende ás 17h, organizada por Emma Casal da Universidade de Vigo.-Club de Lectura CRF “A semellanza” de María Xosé Queizan_martes 27 ás 18h, no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Central), organizado polo CRF e Implicadas no Desenvolvemento.-Palestra nas xornadas organizadas polo Centro Social “O Fresco”_29 ou 30 de xuño, no propio Centro social en Ponteareas.Máis Información:
Asociación Nós Mesmas_Vigowww.nosmesmas.com627736965 

Palestras: transFormando a Linguaxe

Co gallo do 17 de maio, Día das Letras Galegas, este ano organizamos en Vigo, Ourense, A Coruña e Compostela unha palestra sobre as letras, a escrita e a construción dunha linguaxe alternativa, feminista.

Para estas palestras contaremos coa visita de Itziar Ziga a Galiza que nos traerá o seu ‘Sexual Herría’ e que reflexionará con nós sobre a construción da escrita dende a súa obra máis recente. Con ela, en Ourense e Compostela, contaremos con Teresa Moure, unha das máis destacadas escritoras da Galiza que ven de gañar o Premio Ramón Piñeiro co seu ensaio máis recente ‘Queer-emos un mundo novo’ que sairá á rúa nestes días.

As Palestras serán:

Martes 8 de MAIO en Compostela.
Na Libraría Lila de Lilith ás 20.30h
ITZIAR ZIGA e TERESA MOURE

Mércores 9 de MAIO en A Coruña
Na Asociación de Veciñas de Monte Alto, Campo de Marte s/n ás 20.30h
ITZIAR ZIGA

Xoves 10 de MAIO en Vigo.
Na Cova dos Ratos (rúa Romil nº3) ás 20.00h
ITZIAR ZIGA

Venres 11 de MAIO en Ourense.
No Museo Municipal, rúa Lepanto, Zona Histórica. ás 20.30h
ITZIAR ZIGA e TERESA MOURE

Coas autoras de ‘Sexual Herría’ e ‘Queer-emos un mundo novo’ falaremos de escrita masculina, escrita femenina e a construción dunha linguaxe alternativa, subversiva e feminista.

8 de Marzo de 2012 Día Internacional das Mulleres

8 de Marzo de 2012, Día Internacional das Mulleres

“FEMINISTAS GALEGAS EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!! FEMINISMO MÁIS QUE NUNCA”

.
A Marcha Mundial das Mulleres fronte a estafa que chaman crise económica, xunto con gobernos que lexislan contra os dereitos acadados polas mulleres e que afianzan o machismo e a desigualdade, chama a participar na campaña conxunta das feministas galegas  ‘Mulleres en loita polos nosos dereitos’ que se desenvolverá nas localidades con numerosos actos previos ao 8 de Marzo, a celebración do propio 8 de Marzo e a preparación da mobilización nacional do día 11 de Marzo.
.
E ante a necesidade da mobilización social para loitar nestos momentos contra os recortes de dereitos que estamos a sufrir, especialmente duros no caso das mulleres, participamos na Campaña do 8 de Marzo xunto con outros colectivos, que rematará cunha grande Manifestación Nacional en Compostela o domingo 11 de Marzo ás 12h desde a Estación de Tren.
.
Ademáis queremos achegar, como cada ano, as nosas reivindicacións a través dunha campaña propia que reforce a campaña conxunta do movemento feminista de cara a este 11 de Marzo que quere pór no foco de atención da cidadanía as reivindicacións dos nosos dereitos e a necesidade de loitar contra os recortes que precarizan as nosas vidas. Baixo o chamamento de ‘Mobilicémonos’ chamamos ás mulleres e homes da Galiza a espallar entre o conxunto da cidadaía as reivindicacións do movemento feminista, nomeadamente entre a xente máis nova.
.
Frenemos o avance do machismo e a desigualdade coa unidade, a loita e a solidaridade!!.
.

Manifesto:

Campaña Unitaria 8 de Marzo de 2012: Mulleres en Loita polos nosos dereitos! – CALENDARIO DE ACTIVIDADES

CALENDARIO DE ACTIVIDADES ‘Mulleres en loita polos nosos dereitos’

Nesta axenda podes atopar todas as actividades que se organizaron para a Campaña ‘Mulleres en Loita polos nosos dereitos’ dende a presentación publicación á manifestación nacional do Domingo 11 de Marzo en Compostela.

***Algunha hora poder sufrir modificacións

Campaña Unitaria 8 de Marzo de 2012: Mulleres en Loita polos nosos dereitos!

Convocatoria conxunta para o 8 de marzo, Campaña ‘Mulleres en loita polos nosos dereitos’.

Convocan (a nivel nacional): Adiante, A Lagoa, Andaina, CIG, CUT, Faraxa, FeminismosCompostela, Marcha Mundial das Mulleres, Nós Mesmas, Rede Feminista Galega, SLG, Somos Dexenerando e STEG

Convocatoria Nacional: Manifestación, Domingo 11 de Marzo ás 12:00h dende a Estación do Tren – Compostela.

MATERIAIS DA CAMPAÑA:

Manifesto:

Cartazes Nacionais:

Cartazes locais

Materiais:

CAMPAÑA DA MARCHA MUNDIAL:

 

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram