O feminismo galego ateigou as rúas de reivindicación e loita feminista reclamando o fin das violencias, da discriminación e deste sistema ecónomico que atenta contra a vida. Por un feminismo forte os 365 días do ano.
Este 8M de 2022 vivimos grandes mobilizacións en toda Galiza demostrando a forza do feminismo galego. Se hai racismo non é feminismo, patriarcado e capital alianza criminal, se hai transfobia non é feminismo ou mulleres contra a guerra, mulleres contra o capital foron palabras de orden que resoaron nas rúas de todo o país nas voces de milleiros de mulleres. Unha xornada de denuncia das desigualdades e dun sistema inxusto que nos nega vidas dignas!
Recollemos aquí unha galería de imaxes de todo o país!
As Pontes
As Pontes
As Pontes
Barreiros
Barreiros
Barreiros
Betanzos
Betanzos
Chantada
Chantada
Compostela
Compostela
Compostela
Compostela
Coruña
Ferrol
Ferrol
Ferrol
Lalín
Lalín
Lalín
Lugo
Lugo
Lugo
Lugo
Lugo
Monforte
Ordes
Ordes
Ordes
Ordes
Ourense
Ourense
Ourense
Ourense
Ourense
Pontevedra
Pontevedra
Pontevedra
Pontevedra
O Porriño
O Porriño
O Porriño
O Porriño
O Porriño
Ribadavia
Terra Chá
Terra Chá
Terra Chá
Terra Chá
Verín
Verín
Vigo
Vigo
Vigo
Vigo
Vila de Cruces
Vila de Cruces
Vila de Cruces
Vilaboa
Vilaboa
Vilaboa
Vilaboa
Vilaboa
Vilagarcía de Arousa
Vilagarcía de Arousa
Vilagarcía de Arousa
Vilagarcía de Arousa
Allariz
Allariz
Allariz
Allariz
Se a túa localidade non está envíanos as fotos a nacional@feminismo.info !!!
Emprego digno · Sistema Público de Coidados · Saúde Pública de Calidade · Dereito á Vivenda · Alimentación e Suministros garantidos.
Hai máis de 100 anos que o 8 de marzo é a principal data reivindicativa do calendario feminista. Esta longa traxectoria actualízase en cada lugar do mundo e en diferentes momentos da historia como un instrumento da acción e da loita colectiva das mulleres. Na Galiza de hai 104 anos, un 8 de marzo as mulleres da comarca de Ferrolterra iniciavan unha revolta fronte aos tiranos e os caciques polo pan e unha vida digna, ao berro de “Temos fame, abaixo os acaparadores” xa entón as mulleres traballadoras amosaban ao pobo o camiño da revolta.
Sabemos que hai moito máis tempo que as mulleres son parte da loita pola emancipación e xa resistian e construían alternativas ás moitas formas de dominación. Reunir ás diversas mulleres de todo o mundo en torno dunha data é esencial para construír un suxeito político colectivo que ten raíces e historia e que coloca a igualdade a liberdade como eixos de loita.
Neste 2022 as galegas enfrontamos unha fenda salarial dun 19 e o 46,7% das traballadoras cobran menos do SMI. A temporalidade, ocupamos o 76,7% dos traballos parciais, e a precariedade, moitos dos contratos asinados por mulleres duran menos dun mes, convirten ás mulleres galegas na face da pobreza no noso país. As nosas pensionistas teñen de media 10 anos menos de cotización que os homes e un 36% das desempregadas non percibe nengún tipo de subsidio por desemprego. As mulleres galegas traballamos ademáis no sector dos servizos, o 87% das asalariadas mulleres o estan neste sector, que é un dos de maior perda de dereitos laborais o que convirte a conciliación nun papel mollado na nosa realidade diaria. O 20,05% das mulleres estaban en risco de pobreza ou exclusión social en Galiza en 2020 e a cousa non mellora.
Os recortes seguen golpeando en maior medida ás mulleres no noso país e alá onde foron aplicados: recortes en programas de prevención e atención ás mulleres agredidas, recortes dos programas relacionados coa educación e a crianza, recortes na sanidade que repercuten nos tratamentos específicos relacionados coa saúde das mulleres, desmantelamento de políticas públicas de igualdade e vivenda, exclusión social e pobreza. O 94% das axudas a través das rendas de inserción social para familias monoparentais en Galiza con para mulleres.
Vivimos unha ofensiva do capital transnacional sobre os nosos territorios que tamén impactan gravemente no noso pobo e na vida das mulleres. A destrucción do medio e a explotación dos recursos naturais trae consigo a destrucción dos modos de vida e a economía tradicional que sirven de apoio a miles de mulleres para enfrontar o impacto do capitalismo e da súa economía depredadora. Esta ofensiva depredadora da minería e o extractivismo tamén tivo en fronte a organización e a loita das mulleres na defensa do territorio.
Todos estos datos económicos evidencian que a alianza patriarcado capital continúa a pór en risco a vida das mulleres e os territorios e require dun confronto social e institucional que teña no feminismo unha das súas ferramentas imprescindíbeis.
Nun estado cada día máis antidemocrático asistimos ao crecemento de sectores conservadores e a súa influencia na política e na economía. Devolver ás mulleres aos roles tradicionais é a proposta deste sector consevador para xustificar o recorte dos servizos públicos. Dende quen defende limitar o dereito ao aborto pate quen propón eliminar os programas de igualdade para manter a explotación das mulleres no ámbito doméstico. O capitalismo, o patriarcado e o racismo manteñen deste xeito ás mulleres nunha situación de desigualdade con menos acceso á renda e aos dereitos.
Tamén observamos que o feminismo se amplia e enraiza, virou unha axenda xeral da sociedade e non só dos movementos feministas organizados. Hai múltiples grupos e formas de actuar, mas tamén contidos comúns que pasan por recoñecer o carácter patriarcal e racista do capitalismo e a centralidade da axenda do coidado, a importancia de defender a diversidade afectivo-sexual, a necesidade de afirmar valores democráticos e formas horizontais de poder e a importancia da autoorganización das mulleres.
Mas fronte a este crecemento hai unha reacción do mercado para incorporar o ideal de liberdade e igualdade. Basta ver a linguaxe feminista empregada en propaganda de roupa e cosméticos vinculada ao 8M polas mesmas empregsas que explotan o traballo e a vida das mulleres ou os apelos á participación na folga de mulleres de persoeiras vinculadas ao capital e ao poder. Isto banaliza e tira radicalidade ao feminismo, como sabemos o mercado tenta facer do feminismo o “novo espírito” do capitalismo global. Pretenden converter o noso movemento político en máis un obxeto de consumo asimilando nom só a estética senón parte esa parte da mensaxe máis desvinculada da crítica profunda do sistema capitalista.
A Marcha Mundial das mulleres fai unha crítica integral ao actual modelo e aposta por un feminismo antisistema que se opoña á actual orde capitalista, patriarcal, racista, heteronormativo e colonial. Sabemos que esa aposta non é fácil nen cómoca, mas é a máis coherente coa nosa defensa dunha sociedade con novas relacións, con outras formas de organizar o traballo, de garantir a substentabilidade da vida e onde exista espazo para novas subxetividades baseadas na autonmía e a igualdade. Sabemos tamén que o horizonte de transformación e formas de loita constrúense en cada momento analizando o contexto e como as forzas dominantes operan, por iso neste momento na Galiza a loita pola democracia, polo dereito dos pobos a decidir o seu futuro, contra a guerra, pola soberanía alimentar e a defensa do territorio e contra a explotación capitalista son eixos esenciais da axenda do feminismo para crear unha axenda de mobilización e transformación social.
Por iso neste 8M de 2022 queremos que a nosa campaña fale de dereitos reais para as mulleres traballadoras galegas, defendendo a necesidade de empregos dignos para vidas dignas, dun sistema público de coidados que dé resposta as necesidades sociais e coloque os coidados no centro, o dereito a acceder a unha vivenda en condicións dignas que nos permita desenvolver os nosos proxectos de vida así como políticas que garantan os suministros e a alimentación como dereitos básicos fronte á especulación e a acumulación capitalista e unha defensa férrea da sanidade pública como outro piar básico dunha sociedade xusta na que todas vivamos dignamente.
Seguimos comprometidas en construír un feminismo que transforme o mundo e a vida das mulleres e para iso afirmar o carácter anticapitalista, antipatriarcal e antirracista do feminismo é esencial para construír unha sociedade diferente que coloque a vida no centro.
Seguimos en marcha até que todas sexamos libres. Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres. 8 de marzo de 2022.
Mobilizámonos contra as violencias machistas!!! Convocatorias do feminismo galego
➡️ A Coruña, 20h Manifestación! desde o Obelisco ➡️ A Estrada, 20.30h Diante do Concello ➡️ As Pontes, 20.30h na Praza do Hospital. ➡️ Barreiros, 20h diante do Concello ➡️ Betanzos, 20.30 h detrás do Palco da Música ➡️ Carballo, 20h na Praza do Concello ➡️ Carnota, 19.30h Praza de Pedra ➡️ Catoira, 20h no adro de Catoira ➡️ Cee, 20.30h na Praza 8 de Marzo ➡️ Celanova, 19.30h na Praza Maior ➡️ Cervo, 20h Praza dos Campos (San Cibrao) ➡️ Chantada, 20h na Praza do Cantón ➡️ Compostela, 20h Praza 8 de Marzo ➡️ Fene, 17h na Praza do Concello. ➡️ Lalín, 20.30h no Km0 ➡️ Lugo, 19.30h diante do Xulgado. ➡️ Melide, 20h Praza do Convento ➡️ Muros, 20h diante do Concello ➡️ O Porriño, 20h. na Praza do Concello ➡️ Ordes, 21h na Alameda ➡️ Ourense, 12h diante dos xulgados novos 20h Manifestación desde Subdelegación do Goberno ➡️ Padrón, 20h na Rúa Rosalía de Castro ➡️ Pontevedra, 19.30h Audiencia Provincial ➡️ Ribadavia, 20h Praza Maior ➡️ Ribeira, 19h Praza do Concello ➡️ Val Miñor, 20h no Cruce da Ramallosa. ➡️ Vilaboa, 19.30h diante do Concello ➡️ Vilalba, 20.30h Praza da Constitución ➡️ Vila de Cruces, 20.30h Praza do Concello ➡️ Vilagarcía, 20.30 desde Praza Galicia ➡️ Vigo, 20h Manifestación! desde Vía Norte ➡️ Xinzo, 20h Praza Carlos Casares
Unha marabillosa xornada de debate e reflexión colectiva que nos vai axudar a seguir construíndo un feminismo galego forte cunha axenda propia que enfronte aa dificuldades e as violencias que nos travesan como mulleres e como traballadoras. Moitas experiencias compartidas e a vontade de seguir encontrádonos e coordinando o noso traballo.
Hoxe saímos de A Estrada máis fortes e máis convencidas de que temos moitos debates aínda que abordar e que o faremos con audacia e valentía.
Publicaremos as conclusións completas tiradas no encontro que nos marcarán as liñas de traballo nos próximos meses centradas sobre todo en:
Apostar por accións e mobilizacións máis combativas
Traballar nunha axenda presente todo o ano que leve a repercusión nas rúas a conseguir melloras reais nas vidas das mulleres.
Reforzar o traballo local para que o feminismo sexa un axente político máis nas nosas vilas, aldeas e cidades.
Defensa inquebrantábel da participación das compas trans no feminismo galego.
Nos momentos de profundas crises tamén os corpos e as vidas das mulleres son os primeiros en ser violentados. Podemos ler nesta nova “son situacións dramáticas, hai familias que están vivindo unha traxedia perdendo todo, e neste contexto, onde hai un xerme de violencia, estalla, e onde hai violencia e malos tratos, intensifícase”.
Esta violencia non pode abordarse apenas con medidas legais ou políticas de atención senón que precisan dun enfoque profundo na educación, única vía para enfrontarmos con garantías o fin da violencia machista.
O 28 de setembro é o Día de Acción Global polo acceso ao aborto legal e seguro. Desde a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reivindicamos a necesidade de facer efectivo o dereito conquistado polo movemento feminista no ano 2010 a través da lei de interrupción voluntario do embarazo.
Coa posterior modificación do Partido Popular en 2015 hoxe as mulleres de 16 e 17 anos ven privada a súa capacidade decisión sobre os seus corpos pois deben conseguir un permiso paterno (ou xudicial) para interromper un embarazo. Reiteramos que estas mulleres, que poden decidir libremente sobre todos os aspectos das súa vida deben ter dereito a decidir sobre a súa maternidade. A derogación da modificación da lei de 2010 debe ser inmediata por parte do goberno do Estado do PSOE e Unidas Podemos.
Para alén diso a sanidade pública galega, amparada na incompleta lei do 2010, esta a financiar abortos en clínicas privadas debido a casos de obxección de conciencia do persoal sanitario. En casos de interrupcións voluntarios de embarazos de máis de 9 semanas no que a motivación é a saúde psicolóxica da muller a sanidada pública non é quen de garantir a realización da intervención e acaba financiando a mesma en centros privados. Así dende Ourense e Lugo as mulleres teñen que desprazarse fóra da provincia. En casos nos que se superan as 14 semanas os desprazamentos son mesmo fóra da Galiza, coa dificuldade engadida que ten o desprazamento a tantos kilómetros para unha intervención médica. Esiximos que o SERGAS garanta a IVE libre e todos os casos médicos que a lei permite.
Así o dereito ao aborto seguro e na sanidade pública aínda é hoxe unha conquista pendente no noso país. Cómpre mudar a lexislación para que o personal sanitario non poda negarse a facer unha intervención legal e impedir asi que a IVE se convirta nun negocio máis para as clínicas privadas, financiado co diñeiro de todas, incrementando o gasto que implicaría unha intervención no centro máis próximo ao lugar de residencia da muller.
Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reivindicamos a necesidade de facer efectivo o dereito conquistado polo movemento feminista no ano 2010 a través da lei de interrupción voluntario do embarazo tamén garantindo medios para que exista educación afectivo sexual nas escolas, acceso a anticonceptivos nos centros quérote e recursos e programas sobre reproducción nas institucións locais como os CIMM, co fin de colocar todas as ferramentas ao dispor das mulleres que permitan reducir as IVE, e en todo caso, garantilas na sanidade pública.
Alén de todo isto, denunciamos:
O desenvolvemento do Real Decreto Lei 7/2018 sobre Acceso universal ao sistema nacional de saúde é insuficiente e xera situacións de vulneración do dereito á saúde, concretamente o dereito á atención da saúde sexual e reprodutiva, con trabas administrativas a mulleres embarazadas en situación de irregularidade ou petición de asilo.
Este tipo de atención depende da vontade das e dos profesionais e isto provoca situacións de descoñecemento e irregularidades na atención.
Que Galiza sexa a CA que menos matronas ten no Estado Español, hai tan só 1 por cada 10.000 habitantes.
Que malia a moción presentada no Parlamento Galego no 2019 a día de hoxe a Xunta segue aplicando a obxección de conciencia por cuestións ideoloxicas para non practicar IVEs.
Que partir da semana 14 o sergas non practica abortos euxenésicos.
Que educación sexual segue sen ser obrigatoria nin estar presente no currículo escolar na ensinanza obrigatoria.
Exiximos tamén que a Xunta de Galiza abandone a súa pasividade e desinterese para asumir as súas competencias e garantir:
Unha liña de programas de formación e divulgación sobre dereitos sexuais e reprodutivos a través dos CIMM en colaboración coas entidades locais.
Campañas especificas de acceso a anticonceptivos e programas de educación afectivo sexual a través dos Centros Quérote +
Unha materia obrigatoria no Ensino Obrigatorio con contidos específicos sobre educación afectivo-sexual, relacións, identidade e xéneros.
AMOS FARTAS DE AGARDAR. ABORTO LIBRE E GRATUITO FORA DO CÓDIGO PENAL, NA GALIZA E EN TODOS OS PAÍSES DO MUNDO!
Neste pasado mes aparecía o corpo de Olivia, secuestrada xunto á súa irmá por un maltratador que acabou coas suas vidas para danar á nai das crianzas. Asistimos novamente a un caso de Violencia Vicaria empregada contra as mulleres, co final máis terribel.
As leis de igualdade e contra a violencia machista definen un marco legal de protección ás mulleres e ás crianzas que non se esta facendo efectivo na súa aplicación. Prométeselles apoio e protección, que non se ven na práctica e incluso se reproducen as violencias. Vemos necesario colocar o foco sobre a violencia xudicial que se reproduce cada día no noso país.
Dende o feminismo temos a obriga de denunciar estas situacións e as consecuencias que están a ter para a vida das mulleres e con este motivo convocamos concentracións todos os xoves do mes de xullo ás 12h no xulgado para continuar coas accións reivindicativas para visibilizar todas estas violencias que se dan ó longo dos procesos xudiciais.
Estivemos diante dos xulgados para reiniciar a nosa campaña de denuncia das violencias que a xustiza reproduce contra nós cando denunciamos violencia machista.
Neste 28 de xuño, Día do Orgullo, dende a coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres reclamamos o compromiso de toda a sociedade coa loita por conquistar Dereitos para TODAS.
En momentos nos que os discursos fascistas atopan altofalantes e medran nunha sociedade na que o lucro e o consumo vertebran a vida das persoas é máis importante que nunca alzar a voz e posicionarse con claridade contra as ideoloxías reaccionarias que negan dereitos.
O feminismo é a ferramenta máis potente que temos para loita contra o patriarcado, o capitalismo, o racismo e o imperialismo, e para conquistar dereitos sociais e políticos para todas. Non seremos unha voz cómoda para quen pretenda, en nome do feminismo, decidir quen debe ou non conquistar os dereitos que lle corresponden e estaremos en fronte de todo feminismo LGBTFóbico que pretenda excluír a compañeiras de loita.
Como mulleres lésbicas esiximos visibilidade e o fin das discriminacións que sufrimos, como os problemas que se colocan ao rexistro das crianzas cando non estamos casadas.
Como mulleres trans esiximos unha Lei Trans que poña fin ás violencias institucionais que se exercen sobre nós e os nosos corpos para o recoñecemento da nosa identidade. Nengunha sen dereito a existir!
Como mulleres bisexuais esiximos o fin da estigmatización e a invisibilidade dentro e fóra do movemento e o recoñecemento das violencias que recibimos da heteronorma.
Como mulleres con diversidade funcional esiximos o fin da invisibilización e o paternalismo machista que nos considera mulleres de segunda.
Como mulleres negras esiximos o fin do racismo en todas as súas expresións, as nosas vidas importan!
Como mulleres migrantes esiximos o fin das Leis de Extranxería que nos criminalizan e someten a procesos de violencia institucional e xenofobia impedindo que podamos procurar unha vida digna.
Como mulleres empobrecidas esiximos o fin dun sistema criminal como o capitalista que coloca o lucro por diante das vidas.
Como mulleres rurais esiximos o dereito á terra e a vivir con dignidade e servizos públicos de calidade nas nosas aldeas.
Como mulleres galegas esiximos que o noso pobo poda exercer o seu dereito á autodeterminación en pé de igualdade co resto de pobos do mundo.
Como mulleres que somos organizámonos para transformar a sociedade e construír un mundo de xustiza social sen violencias no que sermos plenamente libres.
Custodias compartidas, visitas non tuteladas, patrias potestades… até cando os dereitos dos agresores por diante dos dereitos das crianzas a vivir sen violencia? até cando criminalizar ás mulleres que defenden as súas crianzas do maltratador? até cando xulgados nos que os dereitos do maltratador se colocan por diante de calquera outro? até cando unha xustiza cega á violencia vicaria? até cando a explosión social na traxedia mas a inacción no día a día?
Berremos basta de violencia, e organicémonos para acabar con ela!