Xornadas de accións a nivel global marcan o mes de outubro

No marco da Asemblea de Movementos Sociais, realizada durante o Foro Social Mundial 2011 en Dakar, Senegal (ler a declaración), a Marcha Mundial das Mulleres acordou co resto de coletivos participantes, marcar o mes de outubro con xornadas de loita contra o capitalismo, contra un sistema que se sustenta na opresión dos pobos, especialmente das mulleres e a naturaleza. [ Ver web internacional ].

Na Galiza estivemos presentes nas mobilizacións cidadás do 15O visibilizando que o feminismo é un dos eixos principais do necesario cambio de sistema socio-económico.

{gallery}2011_15o{/gallery}

CONCENTRACIÓN para exixir a retirada do Proxecto de Lei de apoio á familia e a convivencia en Galicia

martes 28 de xuño

ás 16:00h diante do parlamento galego

CONCENTRACIÓN para exixir a retirada do Proxecto de Lei de apoio á familia e a convivencia en Galicia que a esas horas debaterá o parlamento.

Algunhas fotos:

{gallery}2011_Leifamilia{/gallery}

Galería de fotos tomada de Diario Liberdade

Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!

 

 

8 de marzo 2011, Día Internacional das Mulleres

Baixo o lema “Igualdade, Corresponsabilidade e Paridade, Valores para outro mundo posíbel” a Marcha Mundial das Mulleres reivindicou este 8 de marzo en Galiza. A través de actividades relacionadas con obradoiros de teatro, actos na rúa e manifestacións festivas a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza levou a diversas cidades do país a reivindicación de novos valores para a construción de outro mundo posíbel.

Algunhas actividades e fotos:

Ferrolterra

{gallery}2011_8marzo/Ferrolterra{/gallery}

Ourense

{gallery}2011_8marzo/Ourense{/gallery}

Vigo

{gallery}2011_8marzo/Vigo{/gallery}

 

8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres

A Marcha Mundial das Mulleres fai un chamamento á cidadaníanesta época de crise, e a todas as organizacións sociais paraunir forzas, lembrando que nestes tempos o feminismo é máisnecesario:

  • A saída da crise ten que facerse, reivindicarse, earticularse tendo en conta as mulleres, e con visión eperspectiva de xénero.

  • O camiño para saír da crise está na asunción dos valores feministas de igualdade, corresponsabilidadee paridade se cremos que é posíbel construír outromundo a partir dun modelo autenticamente alternativo.

Compostela, Febreiro de 2011

Os momentos de crise económica historicamente serviron parareforzar o patriarcado. Os recortes sociais, económicos e nosdereitos laborais sempre van acompañados dos recortes nosdereitos das mulleres e paralelamente dos ideais de xustiza eigualdade.

É por isto que nestes tempos o feminismo ten que combinaresforzos co resto das organizacións sociais, políticas, sindicais,ecoloxistas, relixiosas, veciñais e culturais… e estas co feminismo, para parar o desmantelamento dos dereitos de cidadanía dasmulleres e frear os recortes sociais e laborais que limitan as nosasvidas e as das xeracións futuras.

A Marcha Mundial das Mulleres convida a participar nos actosprogramados en Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Ourense poloDía Internacional das Mulleres baixo o lema:

“IGUALDADE, CORRESPONSABILIDADE E PARIDADEVALORES PARA OUTRO MUNDO POSÍBEL”

Convocatorias da Marcha Mundial das Mulleres para este Marzo na Galiza:

Compostela

Obradoiro Día Internacional das Mulleres con “Teatro da Oprimida”
Venres 11 de marzo (16:30h. a 20:00h.)
Sábado 12 de marzo (16:30h. a 14:00h. e de 16:30h. a 20:00h.)
Gentalha do Pichel. Compostela.
Confirma a túa asistencia -limite de prazas- en:
marcha.compos@gmail.com

Ferrolterra
6 marzo, domingo ás 12:30h
Concentración no Cantón de Molíns (Ferrol)

Ourense
18 marzo, venres ás 20:00h
Acto na Praza Saco e Arce, Zona Histórica

Pontevedra
8 marzo, martes ás 20:30h
Festa na Praza 8 de Marzo

Vigo
8 de marzo, martes ás 20:00h
Manifestación lúdico-festiva dende a Praza de Portugal

25 de Novembro 2010 “Día Internacional contra a violencia machista”

cartaz base.jpg

cartaz base.jpg

Baixo o lema “Recortar recursos é atentar contra a igualdade” desenvolve a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza a campaña do 25 de Novembro de 2010 do Día internacional contra a violencia machista.

Nesta data sinalada internacionalmente debemos recoñecer toda a sociedade que a violencia de xénero é a principal ferramenta que emprega o patriarcado para manter as mulleres na subordinación social. Isto acontece nos nosos días e desde sempre, nas nosas sociedades occidentais e en todas as culturas e modos de vida; polo que cómpre abordar un cambio social integral para erradicar a face máis dramática da violencia de xénero: o asasinato das mulleres a mans das súas parellas, sen esquecer as outras manifestacións sociais e de carácter estrutural da violencia contra as mulleres.

É maltratador e violento quen denigra, vexa e chega a asasinar, mais tamén exerce violencia de xénero o lexislador que non ten perspectiva de xénero, as institucións que privan de novos recursos para a igualdade e recortan os existentes; e todo aquel que propaga ideas patriarcais como o desprezo ás mulleres con cargos públicos, como negar a necesidade das políticas de igualdade, como falar da familia tradicional e da tradición para xustificar a maternidade, os cuidados e a sexualidade pasiva como exclusivamente das  mulleres, aínda que logo faga MINUTOS DE SILENCIO.
Por iso denunciamos a Marcha Mundial das Mulleres todas as faces da violencia, a institucional por abandonar os recursos de igualdade, a educativa por carecer de estratexias serias, a familiar por querer perpetuar o modelo de familia patriarcal.

Queremos que se acabe xa coa complicidade entre o poder político e os grupos pro-vida para recortar os dereitos das mulleres.

SON TEMPOS DE CRISE DA IGUALDADE, por iso o feminismo é tan necesario, porque desde o feminismo traballamos pola cidadanía plena para as mulleres e reclamamos  recursos para a igualdade das institucións. Con cidadanía e recursos frearemos o paso de xigante da violencia de xénero.

Actos da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

A CORUÑA

Concentración na Rúa Corcubión (Praza das Conchiñas) de 19 a 20h

19h30 – Teatro-imaxe

20h – Lectura manifesto

Participación das Batukadas Feministas

COMPOSTELA

Concentración na Praza do Toural ás 20h

FERROLTERRA

Concentración na Praza de Galiza de Narón ás 20h

OURENSE

PONTEVEDRA

Concentración na Praza 8 de Marzo ás 20h30

VIGO

Manifestación dende a Praza de Urzáiz ás 20h

 

 

 

Actos da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza o 25 novembro de 2009

“Todas as ferramentas contra as raíces da violencia”
25 Novembro – Día Internacional contra a violencia de xénero

Desde a Marcha Mundial das Mulleres, este 25 de Novembro, reivindicamos a posta en marcha de todas as ferramentas necesarias nos ámbitos da educación, a cultura, o ensino, a sanidade, a xustiza, as institucións políticas, as relixiosas, os medios de comunicación, a sociedade, etc…así como a optimización e a utilización de todas as ferramentas xa existentes, que faciliten que toda a sociedade sexa quen de arrincar as raíces que sustentan a violencia machista e parar xa e dunha vez por todas as agresións de todo tipo que sofren as mulleres e as nenas. Non podemos seguir asistindo aos asasinatos de mulleres como algo que pertence á rutina informativa ou ao espectáculo mediático.

Así foron as actividades das distintas coordenadoras:

Coruña

Este ano na Corunha figemos um roteiro reivindicativo polo centro da cidade em que recordámos as cinco mulheres assassinadas na Galiza. Começámos na Praça de Ponte Vedra ao pédo IES Eusébio da Guarda, antigo “Feminino” onde se fijo umha dinâmica sobre a história dos diferentes sistemas educativos desde que os homens eram os únicos com acesso à educaçom até ao actual sistema “lilás”, ainda em construçom, em que as mulheres e homens podemos desenvolver e compartilhar as nossas habilidades e interesses individuais em igualdade, e onde a violência de género se transformará em cultura de paz. À vista do Paço da Justiça representou-se umha pequena peça teatral intitulada “A justiça que queremos”. Reivindicámos melhoras dos recursos do Estado com respeito à linha de atendimento que segue umha mulher vítima da violência machista: sanidade, polícia, justiça, profissionais, centros de alojamento, assistência integral e um acesso real aos recursos de todas as mulheres sem discriminaçom geográfica nem de nacionalidade. Na Praça de Ourense improvisámos um estendal de roupa multicor onde fôrom penduradas as recomendações incluídas no decálogo de tratamento jornalístico contra a violência de género, até o momento assumido por mui poucos meios. Nos jardins de Mendes Nunes, ao pé da estátua de Concepción Arenal, festejámos todas as mulheres que no percurso da história rompérom e continuam a romper barreiras em prol da liberdade e igualdade de todas as mulheres, criando espaços que começam dentro de cada umha de nós e acabam na igualdade e justiça para todas.

O feche do roteiro realizou-se em frente da Subdelegaçom do Governo e aqui fijo-se questom na importância dos orçamentos para igualdade, verdadeiro indicador do compromisso real das administrações para acabar com a lacra da violência de género.

A participaçom das mulheres e homens que nos acompanhárom neste caminho de reflexom e reivindicaçom foi extraordinária e mui activa, e a todas agradecemos a sua presença e solidariedade.

{gallery}2009_25novembro/corunha{/gallery}

Compostela

Este 25 de Novembro 2009 a coordenadora de Compostela da Marcha Mundial das Mulleres convocou a toda a cidadania a unha concentración que se celebrou na Praza do Toural às 20.30 horas con un enorme suceso canto á participación e apoio cidadán.

Neste ano a coordenadora de Compostela quixo facer fincapé na corresponsabilidade do sector da hostelaria, convidando á súa implicación a través dunha campaña articulada a través da creación dun autocolante co lema “Aquí non entra a violencia machista”, lema que acompaña un deseño realizado pola pintora luguesa Sabela Arias e que pretende accionar os resortes sociais de condea da violencia machista na cidade de Compostela e que é a demostración de que o sector da hosteleria, de tanta presenza e incidencia na cidade, mostra o seu compromiso para a construción dunha sociedade libre da violencia contra as mulleres. O concello de Santiago de Compostela ampara esta campaña a través do subsídio da mesma.

{gallery}2009_25novembro/compostela{/gallery}

Ferrol

Na concentración de Ferrolterra comezamos facendo unha lembranza da nosa compañeira Anita, finada nun tráxico accidente apenas hai un mes, e colocando unha flor no pé do micro para simbolizar a súa presenza entre nós durante todo o acto.

A concentración estivo centrada no papel que xogan os medios de comunicación ante a violencia machista, e por iso convidamos á  xornalista María Xesús Arias, quen fixo unha intervención na que reivindicou a  boa práctica xornalística no tratamento da violencia contra as mulleres.

Despois de dar lectura a algunhas das recomendacións que o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia fai ao respecto da información de xénero, animouse ao público a participar valorando, por medio dunha votación simbólica, varias noticias que persoas voluntarias foron lendo, o cal permitiu visibilizar as malas e boas prácticas dos medios de comunicación. Foron cerca de trinta novas as que se expuxeron, a maior parte contribuídas pola xornalista Belén Puñal e o grupo de investigación CIDACOM, ao que ela pertence.

Para rematar o acto, deuse lectura ao manifesto da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza para este 25 de Novembro

{gallery}2009_25novembro/ferrol{/gallery}

Fotos do arquivo de Fuco Buxán (alí podedes atopar máis fotos)

Podedes ver un video sobre esta actividade disponibilizado polo Colectivo Ártabra 21 AQUÍ

Vigo

{gallery}2009_25novembro/vigo{/gallery}

Pontevedra

En Pontevedra ás 12 da mañá colocamos a pancarta na Prza” 8 de marzo”, despois ás 5 da tarde comezamos coas actividades: puxemos no xardin globos cos nomes das mulleres asasinadas este ano no Estado Español, realizamos unha enquisa ás persoas que pasaban pola praza, fixemos 200 enquisas, a xente en xeral mostrábase con moi boa disposición para responder ás preguntas, os resultados mandaremolos esta semana á prensa. E ás 20.30 fixemos a concentración, concentración na que se leu o manifesto, antes da leitura do manifesto comezamos unha dinámica que consistía en facer uha rede entre todas as persoas que estabamos alí, a mado de símbolo de MMM como rede de asociacións e mulleres que unidas traballamos para erradicar a violencia machista. Mentras estabamos facendo e sostendo esa rede deuse leitura ao manifesto, unha vez lido o manifesto e de maneira simbólica tamén, botamos a rede sobre as causas da violencia machista, para podelas destruir.

{gallery}2009_25novembro/pontevedra{/gallery}

Em defesa do direito ao aborto

Mulheres de diversos pontos da Galiza viajamos o dia 26 de Setembro hacia Madrid para asistir à  concentraçom estatal em defesa do direito ao aborto organizada pola plataforma ‘Mulheres ante o Congreso’ da que a Marcha Mundial das Mulheres é integrante.

Em tom festivo e lúdico desenvolveu-se a concentraçom que reuniu a colectivos feministas de diversas partes do Estado, e no que se pedia uma boa lei da interrupçom voluntária da gravidez. As mulheres da coordenadora comarcal de Ourense participarom mui activamente no festejo coa representaçom dum Via Crucis reivindicativo que fixo cantar a toda a praça ao som do tambor.

Apesar de sermos optimistas co ante-projecto de lei apresentado polo governo do Estado, consideramos que ainda nom está a garantir todos os pontos que tanto para a Marcha Mundial das Mulheres como para as asociações, colectivos e individuas que asinarom o manifesto da campaña de Maio ‘Em defesa do direito ao aborto. Eu decido!’, som irrenunciáveis. Consideramos portanto fraquezas desta projecto de lei:

A estipulaçom dum periodo obrigatório de reflexom de 3 dias, depois de que a mulher já  comunicara a súa decissom de abortar á doutora ou doutor; a falta de garantias e concretizaçom de que todo o processo vaia ser desenvolvido em centros da Sanidade Pública sem discriminaçom geográfica; a non regularizaçom da objecçom de consciência; a ambiguidade e mínima explicaçom do desenvolvemento da educación afectivo-emocional e sexual.

{gallery}abortomadrid{/gallery}

[ Descarga o comunicado en RAG | AGAL ]

Salcedo: pola defensa dos montes e contra ampliación dos terreos da Brilat

Este domingo 28 de xuño a Marcha Mundial das Mulleres participou na mobilización que as veciñas e veciños de Salcedo convocaban pola defensa dos montes e contra ampliación dos terreos da Brilat. Esta ampliación afecta a máis de 10.000 vivendas dos concellos de Pontevedra, Marín e Vilanova, afecta a milleiros de fincas agrícolas, forestais, a varias empresas. Con esta ampliación roubanlle a Salcedo todo o monte comunal, roubanlle polo tanto unha parte importante do seu patrimonio cultural e con el a toda Galiza. O monte comunal figura importante e con leis propias no territorio galego.

Este domingo 28 de xuño  saimos ao redor de 3000 persoas desde o Campo do Casal(Salcedo) en marcha polos monte de Salcedo, vimos unha construción de aldea afgana, pola outra non nos deixaron pasar, ao longo deste percorrido encontrámonos nos cruces dos corta lumes e corredoiras varias furgonetas da “policia nacional” e militares, para que só fósemos por onde eles nos deixaban. Nin no monte somos libres. Este domingo 28 de xuño a Marcha Mundial das Mulleres  fixemos un chamado contra a militarización da vida e contorno das veciñas e veciños de Salcedo e da cidadanía do mundo enteiro. EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES, E TODOS.

{gallery}2009_salcedo_brilat{/gallery}

Material de divulgación e información

‘Coeducación afectivo-emocional e sexual’ (parte prática) Lola Ferreiro
Material para a Intervención en educación afectivo-sexual. [ descargar ]

‘Coedcuación afectivo-emocional e sexual.’ (parte teórica) Lola Ferreiro
Fundamentos para un modelo de intervención en educación infantil e primaria. [ descargar ]

‘Mai por escolla, non por obriga’
Documental sobre o dereito ao aborto nos Estados Unidos da directora e activista en defensa dos dereitos das mulleres Dorothy Fadiman [ ver ]

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram