Comunicado da MMM en relación á manifestación do 25 de Novembro de 2025 en Compostela

Comunicado 25N 2025

A Marcha Mundial das Mulleres de Compostela convoca á manifestación do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres, con saída ás 20h desde a Praza 8 de marzo, cun percorrido similar ao dos últimos anos, e rematando na Praza de Praterías.

Neste 25 de novembro do 2025, mobilizámonos sob o lema Combater a violencia institucional para acabar coa violencia machista, porque sabemos que a violencia institucional constitúe o carácter estrutural da violencia machista, permeando a cada ámbito da vida e impedindo a conquista dos nosos dereitos. Precisamos reconstruír con perspectiva feminista toda a engrenaxe institucional da nosa sociedade para eliminar as discriminacións e as violencias que sufrimos as mulleres galegas. Con esta tarefa e a organización como a nosa mellor ferramenta seguimos en marcha, até que todas vivamos libres de violencia.

Desde o feminismo organizado, desde a Marcha Mundial das Mulleres, levamos décadas denunciando os crimes machistas como máxima expresión da violencia machista, mais esta violencia toma numerosas formas que tecen unha rede de opresión sobre as mulleres, nomeadamente as de clase traballadora, que cómpre enfrontar en todas as súas dimensións para avanzar na transformación social e na construción dunha sociedade xusta e feminista.

A violencia institucional ocorre cando axentes ou membros de organismos públicos levan a cabo de xeito inadecuado as súas funcións e non proporcionan nin a información nin os servizos de forma adecuada provocando un trato inxusto e incorrendo en situacións de abuso de poder. Neste sentido, calquera autoridade pode incorrer neste tipo de prácticas que teñen efectos discriminatorios e negativos directos nos dereitos das mulleres e que poden afectar tanto a integridade individual como a colectiva.

Velaí os eixos polos que este ano saímos ás rúas no 25N. En Compostela será nunha manifestación convocada pola MMM que sairá da Praza 8 de marzo ás 20h. No que respecta a esta convocatoria, queremos trasladar que nos últimos anos, tanto nas datas do 8M como do 25N a MMM ven convocando manifestación en solitario despois de situacións vividas en convocatorias conxuntas, pola disensión existente con outros colectivos na abordaxe de cuestións como a transexualidade. Na manifestación do 25 de novembro do ano 2023 e en aras da unidade do feminismo, decidimos dar pasos para acadar unha manifestación única, como así tivo lugar. Mais, lamentabelmente houbo quen aproveitou esa convocatoria conxunta para amosar condutas transfóbicas, cousa que desde a MMM non toleramos. Tivemos coñecemento de feitos moi desagradábeis acontecidos nesa manifestación do 25N de 2023, entre eles agresións ao colectivo LGTB+, polo que a nosa organización decidiu non volver convocar conxuntamente cos outros colectivos implicados, que acollen persoas con esas condutas transfóbicas.

Por iso, igual que fixemos o pasado 25 de novembro de 2024 e o 8 de marzo deste ano, de cara a este 25 de novembro desde a MMM preparamos a manifestación conmemorativa do 25N en Compostela. A MMM de Compostela, comunicou en tempo e forma á Subdelegación do Goberno a celebración dunha manifestación o 8M, con saída ás 20h desde a Praza 8 de marzo. Mais a nosa sorpresa foi atoparnos con outra convocatoria, que se lanza para a mesma hora e lugar, e coa pretensión de ser unitaria, mais na que figura como organizadora algunha das mesmas plataformas que en varias ocasións e concretamente na manifestación do 25N 2023 ampararon as condutas tránsfobas polas que decidimos non volver convocar conxuntamente.

A nosa sorpresa foi maior, ademais, ao coñecer que a Subdelegación do Goberno, logo do informe favorábel da Policía Local de Compostela, autorizou dúas manifestacións que concordan en hora, lugar e percorrido, algo que no pasado xa supuxo confusión e mesmo problemas de seguridade e que, desde logo, non é o proceder habitual nestes casos.

Facemos un chamamento a aquelas mulleres que consideran, coma nós, que o feminismo é unha loita diaria que busca estabelecer e mellorar os dereitos das mulleres. Para a MMM o suxeito político do feminismo é a muller, sen importar o pasaporte, nin o q diga o D.I., nin o que se lea socialmente negando a nosa voz. Para nós muller é a persoa que coida, que é nai se quere, que aborta se lle peta, que non ten descendencia se así o decide, solidaria, sacrificada, que non promociona no traballo porque hai barreiras que llo impiden, que sofre violencia machista, institucional, obstétrica, e que loita todos os días para derrubar un patriarcado que a oprime pola súa condición, sexa esta biolóxica ou non. Esas son as mulleres polas que loitamos as mulleres da MMM. E non imos pasar por sumarnos a convocatorias que baixo a aparencia da unidade agochan condutas que van en contra desta cuestión fundamental para as mulleres e para a nosa organización, ademais de pretender invisibilizar o traballo de organizacións que loitamos todo o ano pola fin do patriarcado.

Tamén queremos comunicar publicamente algo que xa trasladamos tanto á Subdelegación do Goberno como á Policía Local: non entendemos como se autorizan dúas manifestacións concorrentes en hora e lugar e, desde logo, facemos responsábeis a estas institucións que así o autorizaron das incidencias ou problemas que poidan xurdir na xestión e transcurso destas manifestacións.

Nese sentido, cobra aínda máis valor o lema da campaña da Marcha Mundial das Mulleres para este 25N: Combater a violencia institucional para acabar coa violencia machista.

Compostela // Non temos que pedir permiso!

De cara ao 25N a MMM anunciou unha ruada nocturna na que un grupo de mulleres sairíamos a percorrer as rúas de Compostela, ataviadas con mandis, fachos e fouciñas. A nosa acción tiña a intención da denuncia social manifestando a outra cara do medo, a de arrepoñernos a el, deixando claro que estamos fartas de ser acosadas, de non poder saír á rúa pola noite sen ser violentadas, humilladas e en casos extremos, agredidas, violadas ou asasinadas.

A piques de comezar a polícia nacional incautou as nosas fouciñas por orde da Subdelegación do Goberno e recriminou non ter solicitado permiso á mesma. Cabe destacar que o alcalde de Compostela, do mesmo partido que ostenta a Subdelegación, estivo na manifestación preto de nós, e non se achegou en ningún momento para explicarnos as suas intencións ocultas de sancionarnos. O PSOE acude ás nosas manifestacións mentres maquina ás nosas costas como pode sancionarnos, como pode facernos calar, como pode castigarnos.

Fomos identificadas pola polícia nacional, que advertiu que recibiremos sanción administrativa, malia terlle exposto que era unha actuación pacífica polas rúas, como se puido comprobar cando a levamos a cabo. Este é o patriarcado e a súa dobre cara: por un lado, a propia Subedelgación concédenos o recoñecemento Meninas 2022 uns dias antes, que rexeitamos porque non cremos en institucións machistas e, polo outro, cando loitamos contra a súa opresión, veñen a por nós ás agochadas, intimidándonos e sancionándonos, con covardía. Estas son as mesmas institucións que se fartan a dicir que non hai medios para protexer ás vítimas da violencia machista mais que, pola contra, poden escoltar a menos de 20 mulleres cunha grilleira chea de policías nunha ruada pacífica.

Cando loitamos contra o patriarcado, sempre está a se reinventar, este 25N foi coa escusa da nosa propia protección, pero o feminismo é máis forte, somos moitas, moi bravas e, aínda nos quedan máis fouciñas coas que recoller o froito da semente de vencer.

QUÉRENNOS CON MEDO BRAVAS NOS TERÁN! Até que todas sexamos libres.

Compostela, 27 de novembro de 2022.

//25N. Sentada na USC contra o acoso sexual.

Sentada na USC contra o acaso sexual esta mañá! Hai uns días denunciábamos a través dun comunicado de apoio que centos de alumnas vense inmersas en situacións de acoso, abusos e agresións nas súas aulas, por parte de compañeiros e profesorado sen que a institución que ten obriga de ofrecerlles espazos seguros, a USC, se manifeste e posicione contra tales violencias, tomando medidas contra elas.

Comunicado en apoio á sentada convocada por URXE! e Xuntxs por políticas o 25N en Santiago de Compostela.

A USC leva anos branqueando a violencia patriarcal no seo da súa institución.

Centos de alumnas vense inmersas en situacións de acoso, abusos e agresións nas súas aulas, por parte de compañeiros e profesorado sen que a institución que ten obriga de ofrecerlles espazos seguros, a USC, se manifeste e posicione contra tales violencias, tomando medidas contra elas.

As mulleres accedemos a unha universidade pública onde somos constantemente violentadas sen que tales actos teñan consecuencias. Debemos seguir compartindo espazos cos nosos abusadores e agresores, ou decidir abandonar os nosos estudos e vida para resgardarnos nun espazo seguro onde non sintamos continuamente medos que coartan as nosas liberdades de ser e estar. Porén, eles seguen impunes, nos mesmos espazos, onde seguirán acosando, abusando e agredindo a outras compañeiras.

É por todo isto, que as organizacións estudantís URXE! e Xuntxs por políticas da USC están a convocar unha sentada para o vindeiro 25N, Día internacional contra a violencia de xénero, diante de dita facultade e en dous tramos horarios (12:00 – 13:00h e 17:00 – 18:00h).

Reclámase que:

– A USC sexa un espazo seguro onde todas e todos poidamos disfrutar dunha docencia de calidade e segura.

– As persoas agresoras deixen de gozar de impunidade como até o de agora.

– A seguridade e comodidade de todas as alumnas nas súas aulas.

Desde a Marcha Mundial de Mulleres da Galiza queremos mostrar todo o noso apoio e solidariedade coa mobilización convocada e coas mulleres vítimas desta violencia patriarcal na USC, animando a todas aquelas que poidan a participar nesta sentada e mobilizarnos unha vez máis polos nosos dereitos, polas nosas vidas.

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/181880-sentada-masiva-facultade-politicas-usc-denunciar-30-casos-acoso?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter&fbclid=IwAR2M2yaoU41KepTEPHVAG05kBZzifEXcPDhVcKwaqHqFwK8oduZHmBqj-AY

// Compostela: sentada o 25N convocada por URXE! e Xuntxs por políticas

Comunicado en apoio á sentada convocada por URXE! e Xuntxs por políticas o 25N en Santiago de Compostela.

A USC leva anos branqueando a violencia patriarcal no seo da súa institución.

Centos de alumnas vense inmersas en situacións de acoso, abusos e agresións nas súas aulas, por parte de compañeiros e profesorado sen que a institución que ten obriga de ofrecerlles espazos seguros, a USC, se manifeste e posicione contra tales violencias, tomando medidas contra elas.

As mulleres accedemos a unha universidade pública onde somos constantemente violentadas sen que tales actos teñan consecuencias. Debemos seguir compartindo espazos cos nosos abusadores e agresores, ou decidir abandonar os nosos estudos e vida para resgardarnos nun espazo seguro onde non sintamos continuamente medos que coartan as nosas liberdades de ser e estar. Porén, eles seguen impunes, nos mesmos espazos, onde seguirán acosando, abusando e agredindo a outras compañeiras.

É por todo isto, que as organizacións estudantís URXE! e Xuntxs por políticas da USC están a convocar unha sentada para o vindeiro 25N, Día internacional contra a violencia de xénero, diante de dita facultade e en dous tramos horarios (12:00 – 13:00h e 17:00 – 18:00h).

Reclámase que:

– A USC sexa un espazo seguro onde todas e todos poidamos disfrutar dunha docencia de calidade e segura.
– As persoas agresoras deixen de gozar de impunidade como até o de agora.
– A seguridade e comodidade de todas as alumnas nas súas aulas.

Dende a Marcha Mundial de Mulleres da Galiza queremos mostrar todo o noso apoio e solidariedade coa mobilización convocada e coas mulleres vítimas desta violencia patriarcal na USC, animando a todas aquelas que poidan a participar nesta sentada e mobilizarnos unha vez máis polos nosos dereitos, polas nosas vidas. Ver menos

Encontro en Compostela!

A vindeira cuarta feira, día 28 de abril, a Marcha Mundial das Mulleres convídate a participar nun encontro aberto que terá lugar na Gentalha do Pichel ás 19h, no que poderás coñecer o que é a MMM e os seus obxectivos, como nos organizamos e todas aquelas cuestións que sempre quixeches saber sobre a Marcha e nunca te atreviches a preguntar 😄

Ademais, desfrutaremos da poesía de Arancha Nogueira.

Podes traer a túa merenda!

E todo isto, de xeito seguro, coas distancias e medidas precisas pola pandemia.

Se che apetece participar, vémonos o mércores ás 19h na Gentalha do Pichel, mais se non podes achegarte, tamén tés a posibilidade de participar virtualmente. Anótate enviándonos un correo a mmmcompostela@gmail.com

Un violador no teu camiño, tamén na Galiza

[ Acción global ] Na Galiza tamén se replicou a performance de Las Tesis na nosa lingua, como máis unha voz propia no mundo sumando contra as violencias. Video de #Compostela

Sobre a performance a nivel mundial: https://www.bbc.com/mundo/noticias-america-latina-50610467

A acción feminista Un violador no teu camiño lanzada polo colectivo chileno Las Tesiscontinúa a espallarse polo mundo, tamén en Galicia. O pasado serán, unhas 300 mulleres realizaron esta acción de denuncia na compostelá Praza do Obradoiro. (Vídeo: O Salto Galiza)

Performance feminista en Compostela

♀ 300 mulleres únense en Compostela á performance de denuncia "O violador es ti"."E a culpa non era miña, nin onde estaba, nin como vestía".

Publicada por O Salto Galiza en Lunes, 9 de diciembre de 2019

A Universidade de Compostela aparta a Luciano Méndez, coñecido e recoñecido docente machista

[ Violencia machista ] A Universidade de Compostela aparta a Luciano Méndez, coñecido e recoñecido docente machista que agrediu a varias alumnas.

As estudantes respostaron ao machismo nas aulas que representa Luciano Méndez, profesor ao que se aparta de aulas tras varias denuncias. Ás 12h diante do reitorado (Obradoiro) en Compostela unímonos a elas coas nosas voces e forza para que se aparte definitivamente da docencia a este machista. #FeminismoNasAulas #FóraMachismoDaUSC

O feminismo galego saíu as rúas e encheu a Reitoría da USC para reclamar accións reais e a expulsión definitiva de Luciano Méndez. Contra o machismo nas nosas aulas actuamos, berraremos e loitaremos ata eliminar todas as agresións machistas das nosas clases e as nosas vidas.

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram