Acto da Marcha Mundial das Mulleres en defensa do dereito ao aborto, na sanidade pública.

Venres 15 de Maio às 19hs no Ateneo Ferrolán. Rúa Madalena, 202-204 Ferrol.

A Marcha Mundial das Mulleres ve necesario un profundo debate social para avanzar na consolidación do dereito das mulleres á soberanía do seu propio corpo e no dereito a tomar libremente as súas propias decisións.

No medio dunha grande ofensiva mediática por parte dos sectores sociais máis integristas e patriarcais, as feministas da Marcha Mundial das Mulleres, achegamos á sociedade espazos e materiais para a reflexión.

Intervirán:

Mariola Mourelo e Marta Rodríguez da Coordenadora Comarcal da MMM na Coruña. Co-editoras da publicación “O Dereito a Decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto” .

Lola Ferreiro, médica e docente do IES Lamas de Abade, coordenadora do Grupo Lúa Crecente. Co-autora do proxecto educativo “Coeducación Afectivo-Emocional e Sexual”.

Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres
Escola Fonte do Campo S/N
15500 Fene
Telfs 652201003 – 667685430 – 696732735

24 de Marzo, Dia Internacional das Mulheres pola Paz

A Coordenadora Comarcal de Ferrolterra, organiza o sábado 24 de Maio, a proxeçom do filme AS TARTARUGAS TABÉM VOAM. Este filme, que tem a característica de ser protagonizado por crianzas que vivem nos campos de refugiados, mantém entre o realismo, a fiçom e mesmo algumha pincelada cómica, o drama da guerra na mais descarnada das súas olhadas, o futuro negado às crianzas. A pequena protagonista do filme queda atrapada e sem saida numha realidade de violencia patriarcal estrema.
Ao remate da proxeçom invitara-se ás pessoas asistentes a compartilhar as suas reflexons. Será o sábado 24 às 19hs no salom de actos do Ateneo Ferrolán.

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram