Neste pasado mes aparecía o corpo de Olivia, secuestrada xunto á súa irmá por un maltratador que acabou coas suas vidas para danar á nai das crianzas. Asistimos novamente a un caso de Violencia Vicaria empregada contra as mulleres, co final máis terribel.
As leis de igualdade e contra a violencia machista definen un marco legal de protección ás mulleres e ás crianzas que non se esta facendo efectivo na súa aplicación. Prométeselles apoio e protección, que non se ven na práctica e incluso se reproducen as violencias. Vemos necesario colocar o foco sobre a violencia xudicial que se reproduce cada día no noso país.
Dende o feminismo temos a obriga de denunciar estas situacións e as consecuencias que están a ter para a vida das mulleres e con este motivo convocamos concentracións todos os xoves do mes de xullo ás 12h no xulgado para continuar coas accións reivindicativas para visibilizar todas estas violencias que se dan ó longo dos procesos xudiciais.
Estivemos diante dos xulgados para reiniciar a nosa campaña de denuncia das violencias que a xustiza reproduce contra nós cando denunciamos violencia machista.
Desde a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres queremos chamar a apoiar as mobilizacións do SAF en Chantada e Ourense de cara ao 22 e 29 de maio para denunciar os despedimentos, a precarización do servizo, o maltrato asistencial e o encarecemento do servizo en prol da súa privatización.
Con apoio da Plataforma Saf Galiza as compañeiras do SAF de Chantada e Ourense mobilízanse na defensa do servizo e das usuarias. Como feministas reivindicamos os coidados na centralidade da vida e non podemos ficar alleas aos intentos de privatización que precarizan ás traballadoras e perxudican ás usuarias empeorando a súa atención.
Desde a Marcha Mundial das Mulleres sumámonos a esta convocatoria e chamamos a secundar estas mobilizacións todas as que se convoquen dende o sector dos coidados para reforzar a loita das traballadoras asi como reivindicamos un Sistema Público de Coidados que garanta atención adecuada e empregos dignos para unha labor esencial para a reprodución e o coidado da vida.
Non podemos consentir que as corporacións e empresas capitalistas parasiten o sistema de coidados colocando o lucro por cima da vida das persoas que precisan atención. Estaremos en Chantada e Ourense man con man coas compañeiras construíndo unha vida máis vivíbel para todas.
Non á precaridade nos coidados! Por un sistema público de coidados! SEN COIDADOS NON HAI VIDA!
Estamos de maios! E estamos de maios rebeldes porque o Concello de Ourense non os convoca maiss o pobo autoorganízase e toma as rúas!
As coplas feministas que non faltan á cita desde 2013
Nunha cara o feminismo, para vivir, para resistir, para construír, noutra o amarelo de #EmerxencialCulturaOurense para crear, para reivindicar, e na outra o negro do que imos saír mas nos que habitamos cun goberno que goberna contra todas. Porque os maios son festa, tradición e cultura mais tamén loita e reivindicación!
As compañeiras de Ourense recuperaron os cafés feministas tras o levantamento das restriccións máis duras na cidade e este xoves 10 de decembro falaron no MUR Marxinal sobre se o feminismo é unha cuestión de expertas.
A formación e o debate son imprescindíbeis para afortalar o movemento feminista, aprendermos xuntas.
Este 25N saímos ás rúas contra a violencia machista e contra a invisibilidade que esta loita esta vivindo durante a crise sanitaria. A vida postérgase, para, confínase, pero a violencia continúa!
Coa crise sanitaria da covid-19 chegou a escusa que moitas institucións e sectores estaban agardando para devolver á esfera íntima e doméstica ás mulleres. Para voltar responsabilizarnos da reproducciónda da vida e dos coidados individuais e colectivos.
A decisión de pechar os centros de ensino, escolas infantís, centros de día e centros de atención á diversidade, sen adoptar medidas de carácter público dirixidas a garantir os coidados de menores e persoas dependentes, supuxo que as mulleres asalariadas optasen por reducir as súas xornadas (mesmo na súa totalidade) para poder ficar a cargo da familia, ficando sen ingresos durante meses.
Pese a que as actividades esenciais resultaron ser maioritariamente as feminizadas (ámbito sanitario, comercio de alimentación, servizos de atención ás persoas, no fogar, na limpeza), non houbo unha reposta dos poderes públicos dirixida a revalorizar económica e socialmente estes oficios, senón que foron sometidas a unha sobreexplotación, en moitos casos, sen garantir a protección da saúde das traballadoras.
O confinamento obrigou a moitas mulleres a convivir co seu agresor, sobreexpoñéndoas a unha violencia extrema. Ademáis sumou en moitos fogares xornadas de teletraballo con tempos de coidado e coa necesaria organización para manter as redes afectivas e sociais sostendo ás persoas máis vulnerábeis durante os peores momentos de confinamento e distanciamento social.
Durante os meses da crise sanitaria as institucións paralizaron a maior parte dos servizos de prevención e atención a mulleres que sofren de violencia machista, os xulgados pararon procedementos de custodias, conflitos e todo tipo de procedementos se viron aprazados. Suprimíronse programas e servizos de atención e acompañamento e ficaron escasos recursos de emerxencia que xa antes da crise sanitaria non eran quen de dar resposta ás
necesidades das mulleres. En ningún momento se considerou a prevención e atención a mulleres que sofren violencia machista unha actividade “esencial” que non pode parar cando se pretende parar a vida nin cando se decide confinar á poboación e paralizar todo tipo de actividades.
Durante os meses da crise sanitaria as institucións paralizaron a maior parte da atención médica como consultas ordinarias, a preparación ao parto ou a atención a procesos de saúde en marcha. O contexto da Covid-19 está a servir de excusa para realizar ecografías e partos sen acompañante, separacións da díada nai/bebé, interferencias na lactación materna, parto coa colocación de mascarilla e sen posibilidade de mobilidade, incrementando a violencia obstétrica contra nós… Actuacións todas elas, contrarias aos dereitos das mulleres e as crianzas.
Cos protocolos da covid19 multiplicáronse os retrasaos na aplicación de sentenzas e se mantiveron actitudes previas nos procesos de denuncia nos que as mulleres continuamos a ser cuestionadas e agredidas polo sistema xudicial.
A crise sanitaria trae consigo unha crise económica que bate nas máis vulnerábeis e que precariza a quen peor estaba. Neste contexto as mulleres voltamos ser as máis agredidas pois en moitos casos a carga de coidados obrigou a abandonar os empregos remunerados e en moitas outras estes empregos viron reducidas as súas xornadas cun empeoramento das condicións económicas, a paralización do traballo informal polo confinamento ou os despedimentos dos empregos domésticos ou de coidados recaeron sobre todo sobre nós.
Neste contexto de violencias cara as mulleres as nosas compañeiras trans estan a sufrir ademáis ataques dende dentro e fóra do feminismo que se suman ás xa numerosas violencias que enfrentan día a día con altísimos porcentaxes de desemprego, acoso e agresións e discriminación. A crise sanitaria tamén veu a empeorar as súas condicións de vida.
E fronte a isto o que tivemos nos momentos máis duros da crise sanitaria foron ás veciñas, ás compañeiras, ás nosas irmás e amigas, redes de apoio mútuo e de coidados que nos sostiveron nos peores momentos, que sairon ao rescate das que máis sufriron estas violencias e que fixeron o que estado non foi capaz de facer: soster a vida.
Traballadoras dos servizos esenciais que teñen empregos precarios, salarios de miseria e condicións miserábeis foron as que sosteron a vida das máis vulnerábeis, as que se mantiveron firmes mentres todo afundía ao redor. As nosas iguais, as nosas amigas, veciñas, compañeiras, que priorizaron a vida fronte a todo e que renunciaron a que nos roubaran os afectos e a comunidade en medio do estado de excepción, apodado de alarma.
E tivemos, temos e teremos sempre a organización e o feminismo como ferramenta colectiva para denunciar as violencias que sufrimos, aquelas para as que o sistema e a sociedade xa miran como a sexual ou física e aquela que aínda hoxe non se vé como violencia pero que nos agrede constantemente na dura tarefa de vivir nun sistema que odia a vida e por iso lle quita valor.
Feminismo para afrontar a violencia económica, xudicial, institucional, a simbólica e a física e sexual, a que existe na educación, nos medios de comunicación, na sociedade que non tolera nen que a visibilicemos e por iso arranca as nosas pancartas, os nosos lazos pretendendo así apagar a nosa protesta.
Feminismo para combater a crise sanitaria que o capital enfronta deitando sobre nós toda a responsabilidade e toda a carga de traballo que nos ailla e nos empobrece, que nos entristece e pretende roubarnos o futuro e a alegría.
O 25-N participa desta reclamación conxunta esixindo un decálogo de medidas para eliminar a violencia obstétrica garantindo os máis altos coidados nos procesos de embarazo, parto e posparto.
Se non posúes certificado dixital nin chave365, podes facelo como achega. Lembra que podes facer por vía telefónica no 012 ou de xeito presencial cubrindo os modelos normalizados.Axúdanos e difunde.
Grazas pola túa colaboración.
Aos responsables da ÁREA SANITARIA DE OURENSE, VERÍN E O BARCO DE VALDEORRAS que competa, ESIXO:
1. Promoción e protección da lactación materna. Seguimos recibindo información falsa e contraditoria, baseada en mitos e opinións persoais, non respaldada pola evidencia científica e as guías clínicas propias do Ministerio de Sanidade e a OMS.Neste punto esiximos a publicación inmediata da Guía de Apoio á Lactación Materna para Profesionais, redactada polos profesionais da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras en 2019.
2. Acompañamento para probas diagnósticas e partos. O contexto da Covid-19 está a servir de excusa para realizar ecografías e partos sen acompañante, separacións da díada nai/bebé, interferencias na lactación materna, parto coa colocación de mascarilla e sen posibilidade de mobilidade… Actuacións todas elas, contrarias á evidencia actual. Solicitamos a reapertura da Sala de Parto Natural para tódalas nais, ata o de agora en uso só para nais con PCR positiva.
3. Acompañamento e pel con pel coa nai nas cesáreas. Salvo situacións moi graves, o pel con pel coa nai é unha práctica posible e beneficiosa para ambos. O pel con pel co outro proxenitor/ proxenitora, debería usarse como última opción.
4. Información e consentimento expreso para a realización de manobras ou intervencións, como tactos vaxinais, canalizacións de vías venosas, administración de medicamentos, etc.
5. Cese inmediato da realización de prácticas desaconselladas pola OMS e o propio Ministerio de Sanidade, como a manobra Kristeller ou a manobra Hamilton, episiotomías de forma rutinaria, puntos do canal do parto innecesarios e non consentidos, etc.
6. Revertir o proceso de “acortamento” dos embarazos deixando por protocolo como mínimo ata a semana 42 e priorizar sempre o manexo expectante ante as intervencións innecesarias en embarazos saudables.
7. Que se priorice a alimentación de prematuros co leite materno e se deixe de obstaculizar ás nais e familias estar cas súas crianzas e realizar o método nai-canguro, que isto non “dependa do turno que che toca”.
8. Que se cumpla cos protocolos da IHAN e que a Unidade de Neonatos sexa realmente aberto asá 24 horas, que se ingrese às nais cos seus fillos e se permita a lactación materna a libre demanda, sen que todo isto, de novo, “dependa do turno que che toca”.
9. Que se pare o desmantelamento da Unidade de Lactantes que leva meses pechado e convivindo en camas supletorias creando habitacións triples, onde ubican bebés de 2 meses con nenas de 14 anos.
10. A inclusión dun sistema de cribado e seguimento que asegure e sosteña a saúde mental e emocional nos procesos de embarazo/ parto/ posparto/ aborto/ perda xestacional.