Denunciamos a discriminación do uso da lingua galega na denuncia pola desprotección de Isabel Fuentes

img-20151104-wa0001.jpg

Denunciamos a discriminación do uso da lingua galega na denuncia pola desprotección de Isabel Fuentes

Este mércores 4 de novembro tivo lugar en Ourense unha rolda de prensa na que participaron a Coordenadora Local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres, A Mesa pola Normalización Lingüística, Carme Adán deputada do BNG no Parlamento Galego, Carmen Iglesias deputada do Grupo Mixto e Victoria Diéguez avogada.

 

img-20151104-wa0001.jpg


Nesta rolda de prensa denunciamos dende a Marcha Mundial das Mulleres que recibimos unha resposta para colocar o texto en castelán obviando a cuestión de fondo da nosa reclamación. Lucía Cedrón integrante da coordenadora local sinalou que “é evidente que para o sistema as mulleres non valemos nada cando nós denunciamos un asasinato e eles responden falando da lingua na que se realiza o escrito” por iso denunciamos conb esta convocatoria o nulo valor que se dá ás mulleres e a discriminación que sufrimos como galegas por non poder realizar esta denuncia de desproteción de Isabel Fuentes na nosa propia lingua obrigándonos a entregala noutra lingua e retrasando o proceso de investigación das causas que levaron a que non se protexera a Isabel Fuentes malia existir unha petición expresa por parte da Guardia Civil alertando polas sospeitas sobre o seu marido.

Mónica Pazos da Mesa pola Normalización lembrou o compromiso do Estado Español coa Carta Europea dos dereitos das linguas e que tanto a Constitución Española, como a Lei de Normalización Lingüística como o Estatuto de Autonomía amparan o uso da nosa lingua cando as reclamacións se presentan no noso territorio indicando que “máis se falamos dun caso deste tipo dunha gravidade tal o que as institucións deben facer é ser sensíbeis e facilitar a labor non entorpecer como neste caso”, “que sexa legal non significa que sexa xusto” engadiu dándolle paso ás deputadas que falaron das accións que se levarán adiante no Parlamento das próximas semanas.

Como anunciaron Carme Adán e Carmen Iglesias BNG e Grupo Mixto realizarán nos próximos días levarán ao Parlamento a devolución desta denuncia reclamando que o goberno galega poña todo o seu interese en facilitar que se siga o proceso da reclamación evitando máis retrasos o atrancos como a recente devolución do texto. Ambas deputadas manifestaron o seu apoio ao traballo de denuncia da desproteción de Isabel Fuentes levada a cabo pola Marcha Mundial das Mulleres e denunciaron “o feminicidio permanente no que vivimos” en palabras de Carme Adán, e “que non se dé valor á vida das mulleres” en palabras de Carmen Iglesias.

Pese aos atrancos postos polo Ministerio Fiscal para o procedemento de denuncia dende a coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres explicouse que continuaremos adiante coa reclamación mesmo que teñamos que redixila noutra lingua e continuaremos a denunciar que no caso de Isabel Fuentes houbo desproteción e que isto non pode volver a suceder. Victoria Diéguez, avogada, fixo unha análise da recente resposta recibida pola familia co arquivo da causa de investigación do procedemento desenvolto pola xuíza lembrando que non cabo nunha denuncia de violencia machista reclamar testemuñas exteriores ou episodios anteriores e que isto é “unha mostra do descoñecemento do que é a violencia machista por parque de quen realiza os procedementos” que non se pode tolerar e que esta a xerar numerosos casos nos que non se colocan medidas contra os agresores e son as mulleres as que fican cos movementos reducidos para evitar sufrir máis violencias.

A coordenadora local da Marcha Mundial das Mulleres volverá a rexistrar a reclamación nos próximos días para que continúe o procedemento e reclamar das institucións o esclarecemento do que fallou para que ante un caso de agresión no que a Garda Civil advirte dunha posíbel nova agresión esto non se teña en conta e non se protexa á agredida.

Por Isabel Fuentes, por todas.

 

http://feminismo.info/feminicidio

Rexistrada a reclamación pola desprotección de Isabel Fuentes asasinada en Ourense

cpfrolkwuaahw3v.jpg

Hoxe ás 10.30h tivo lugar a entrega no rexistro da Subdelegación do goberno das 1200 sinaturas individuais e as 30 colectivas que apoiaron a presentación da reclamación presentada ante o CXPX onde denunciamos a desprotección sufrida por Isabel Fuentes e que tivo como consecuencia o seu asasinato.

Aqui podedes coñecer o texto da reclamación: http://feminismo.info/feminicidio/denuncia-ao-estado/

Aqui as sinaturas colectivas http://feminismo.info/feminicidio/organizacions-que-apoian-esta-campana/

cpfrolkwuaahw3v.jpg

O obxetivo desta acción é denuncia a unha xustiza que non acredita no relato das agredidas, neste caso nen sequera atendeu o da Garda Civil que falaba por Isabel Fuentes cando ela non podia, e que non coloca as medidas necesarias para protexelas cando hai ameazas para a súa vida.

O mecanismo empregado para a reclamación ten o formato de reclamación patrimonial co incalculábel valor da vida de Isabel Fuentes simbolizado no euro que colocamos no texto obrigadas pola xustiza a encauzar a nosa denuncia mediante esta vía administrativa. Unha xustiza que nos nega o dereito a reclamarnos tamén nós agredidas polo asasinato dunha muller e da que agardamos reflexión e explicacións sobre o que se fixo mal para non se protexera a Isabel Fuentes.

Non sabemos se a xustiza non soubo iniciar os protocolos de protección da vida de Isabel Fuentes ou non o entendeu necesario. Se foi un acto reflexionado -e equivocado- ou outro procedemento rutineiro nunha cuestión como a violencia machista que nunca debe ser tratada de forma rutineira ou lixeira pois as vidas de moitas mulleres están en perigo.

Agardamos un informe do Consello Xeral do Poder Xudicial en relación ao relato dos feitos e as tráxicas consecuencias para Isabel Fuentes, que son igualmente tráxicas para todas.

Seguiremos desenvolvendo esta campaña de denuncia con queixas e actos nos xulgados nos próximos meses decididas a que non se esqueza e a que isto non volte pasar nunca máis.

Agradecer a todas as compañeiras que deron o seu apoio para levar adiante esta campaña, a quen asina respaldando este paso que vimos de dar e a quen seguirá acompañendo no camiño a loita por unha vida libre de violencias.

En sororidade feminista.
Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

Fotos da actividade de hoxe https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

Web da campaña http://feminismo.info/feminicidio/

Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

por isabel fuentes - por todas.jpg

A campaña de denuncia “Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas” do asasinato de Isabel Fuentes o 8 de maio no CHUOU dará un novo paso nas próximas semanas cando faremos efectiva a reclamación perante o CXPX que dá inicio ao proceso de demanda da xustiza e do estado pola desprotección sufrida por Isabel Fuentes que deron como tráxica consecuencia o seu asasinato.

Estamos a punto de atinxir as MIL sinaturas para o que vos pedimos colaboración. Tamén a todas aquelas persoas que fagades parte de colectivos para dar o voso apoio á presentación desta reclamación e posterior denuncia.

Sinaturas individuais: http://feminismo.info/feminicidio/
Sinaturas colectivas: http://feminismo.info/…/organizacions-que-apoian-esta-camp…/

Pregamos tamén que nestes días partilledes coas vosas coñecidas tanto o cartaz como o enderezo web para darlle forza á campaña neste novo paso que damos.

En sororidade feminista

Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

por isabel fuentes - por todas.jpg

Ourense prepárase para a chegada da Caravana Feminista

A Coordenadora Local de Ourense preparou dentro do ciclo de actividades VeránEarte impulsado polos colectivos culturais de base da cidade unha actividade en torno á Caravana Feminista.

Con xogos de palabras encrucilladas, cambios de rodas, sementes autóctonas, adiviñar os países polos que pasa e pasará a caravana ou mesmo cunha caravana “fabricada” para a ocasión as veciñas e veciños de Ourense tiveron ocasión de achegarse á esta IV acción internacional da Marcha Mundial das Mulleres que xa prepara novas actividades en Ourense de cara á chegada do 9 de Outubro.

 

Pelo fim da invisibilizaçom de agressons machistas nos movimentos sociais.

Difundimos comunicado elaborado por diferentes mulleres feministas de Compostela, enviouse a diferentes medios nos que non foi publicado: Abordaxe, A Kalimera, Diario Liberdade, Galicia Confidencial, Galiza Contrainfo, Novas da Galiza, Praza Pública, Sermos Galiza. Todos os debates sobre violencia son igual de importantes, tamén aqueles que afectan ao seo dos movementos nos que as activistas participamos.

“Pelo fim da invisibilizaçom de agressons machistas nos movimentos sociais.

Nom há nada mais parecido a um machista de direitas que um machista de esquerdas. Enquanto a divisom do público e do privado nom se resolve -e a sua resoluçom implica uma revoluçom que o transformaria todo-, e a esquerda nom assume a luta diaria, difícil e imprescindível de integrar o feminismo como um prisma para focar qualquer militancia ou ativismo, seguimos a reproduzir o patriarcado. E nom nos vale aguardar a depois; nom vamos manter o silencio por nom prejudicar a sua “revoluçom”, enquanto se perpetuam os seus privilégios da divisom sexual de dominaçom.

Um grupo de feministas de Compostela animamo-nos há semanas atrás a dar um passo á frente, denunciando a agressom que sofreu no mes de maio uma companheira por parte de Suso Sanmartim, ativista compostelano. Este homem agrediu-a invadindo o seu espaço e burlando-se dela. Quando a moça denunciou esta agressom decidiu-se, desde mulheres feministas de Compostela, escrever um comunicado apoiando-a e exigindo aos espaços dos que faz parte o agressor e que se dizem de “esquerda”, que se posicionassem publicamente. De igual jeito, enviou-se o comunicado aos meios de comunicaçom afins para que fizessem pública também a denúncia.

A resposta foi a esperável; já antes de se espalhar o comunicado, ele reagiu ameaçando-nos com uma denúncia nos julgados por supostas calúnias, negando a agressom e dando “uma adverténcia” de que o nosso passo provocaria “o pior para todo o mundo”. Tras este primeiro momento, o que recebemos foi: Nenhuma difusom por parte dos meios de comunicaçom os que lhe foi enviado o comunicado. Dos coletivos que faz parte o individuo em questom: Por parte de Compostela Aberta, um e-mail onde davam a entender que o que acontece no eido privado nom é objeto do seu debate. A Gentalha do Pichel e o Novas da Galiza enviarom cadanseu e-mail onde refletiam ter debatido internamente sobre o tema e amosavam a sua disposiçom a seguir abordando-o sempre e quando se rompesse o anonimato. Por parte de AGAL nenhuma resposta nem mençom a respeito.

Em definitiva, praticamente todos os coletivos sociais responderam de forma escassa e evasiva. Porque o comunicado era anónimo, porque haveria que ouvir as duas partes, porque a agressom nom aconteceu numa assembleia, porque era uma “microagressom”, ou com argumento de que esta campanha de visibilizaçom nom era mais que um intento de dinamitar a imagem de uma pessoa pública. Por se isto fosse pouco com que lidar, tivemos que suportar de muitos companheiros o questionamento constante da agressom e da pessoa agredida por nom saber quem era ela; com a desculpa de que ao ser um comunicado anónimo nom era posivel um posicionamento. Ao final de ter o lombo maçado parece que os paus já nom som tam graves.

Para nós, todo isto é um símbolo da falta de reflexom feminista nas organizaçons sociais e políticas, e evidencia a caréncia de protocolos de actuaçom vista este tipo de situaçons que estam assumidas, incluso na esquerda, como comportamentos normais.

Nom é Suso Sanmartín em particular, som todas as pessoas que fazem uso dos seus privilégios e as que de algum jeito ou de outro permitem que isto se perpetue.

Jé abonda. Pensamos que o nosso melhor contributo á transformaçom social é atravessar quantas pedras seja possível áss rodas do carro de machirulos, supostamente dissidentes, independentistas, comunistas, anarquistas e guerreiros de qualquer causa justa. Nom há justiça se pretendem acabar com uma dominaçom alimentando-se de outra que os privilegia. E nom é questom de matizes, nom vamos deixar que sejam outros quem julguem quando uma agressom é suficientemente grave. Nom vamos consentir babosadas, nem faltas de respeito, nem humilhaçons, nem silenciamentos, nem insultos, nem palizas.

Hoje sai o nome de Suso Sanmartim, mas amanhá pode ser o de qualquer outro. Se nom és parte da soluçom és parte do problema.

Por isso vemo-nos na obriga de fazer este novo comunicado que jé nom é anónimo, e com que queremos advertir que nom vamos deixar que se invisibilize nenhuma agressom, e que nós as mulheres, sim vamos responder. Porque nom existe transformaçom possível nem esquerda real, se nom é feminista.

As mulheres que assinamos a continuaçom vamos dar a cara ante as agressons, denunciando com nomes e apelidos aos falsos companheiros. E nom nos enganamos de inimigo. Mas nom pretendamos predicar fora, se ainda nom temos a casa varrida.”

APELIDOS E NOME

Alba Hernaiz, Lara

Alcaraz Ladrero, Fedra

Alonso Barandela, Pilar

Alonso Pinheiro, Lorena

Álvarez Costas, Alba

Álvarez Vázquez, Paula

Álvarez, Marta

Alvim Bastos, Clara

Amigo de Pascual, Uxía

Antúnez Álvarez, María

Arís Couso, Andrea

Balboa Díaz, Rosalía

Barca Varela, Doris

Barcellona, Giada Maria

Barciela Varela, Isaura

Barral Camba, Pilar

Bértolo Sanjuan, Nadina

Blanco Fernández, Xandra

Blanco Monteiro, Begoña Cristina

Botana Vilaverde, María Pilar

Briones, Pilar

Cabido Pérez, Puri

Calo Iglesias, Charo

Cambeiro Insua, Maite

Campos Ferro, Natalia

Carril Rivadulla,Miriam

Castro Torres, Leticia

Castro Zaera, Marta

Cedrón Barreiro, Lucía

Cendón, Mar

Cividanes Portela, Eva

Collins, Else

Comesaña Cruz, Yaiza

Conde Seoane, Olalla

Cortés Vázquez, Soraya

Cortiço Francho, Rute

De la Montaña Iglesias, Anabel Natividad

Delgado Fernández, Olaia

Delgado Núñez, Ma dos Anxos

Delgado Núñez, Mª Xesús

Dáaz Gándara, Adela

Díaz Novo, Faia

Diz Neira, Andrea

Domínguez Serán, Araceli

Domínguez Tourinño, Guillermina

Doval Carregal, Raquel

Embate Pita, Helena

Enríquez Noya, Rosa

Fariñas Garrote, Beatriz

Fernández Soto, Laura

Fernández Souto, Raquel

Fernández, Laura

Ferreiro Díaz, Lola

Ferreirós Sánchez, Cristina

Gago Portas, Ana Isabel

García Cid, Eire

García, Vero?nica

Garel Ventureira, Lorena

Garrido Fernández, Sandra

Gil Rodríguez, Eva

Gonçalves Devesa, Mónica

Gonçalves Devesa, Natalia

González Ataide, Ximena

González Briones, Fernanda

González Jove, Ana

Iglesias Fernández, Sara

Iglesias Gómez, Verónica

Laia Pereiro, Inma

Lamas Taboada, Andrea

Leirós Comesanha, Luzia

Lopes Barros, Olalha

López Sánchez, Charo

López Varela, Mariña

López, Lucía

Lorenzo Sueiro, Lara

Losade Pérez, Ana María

Loureiro Faro, Marta

Luna Magariños, Araceli

Maroto Romero, Violeta

Martínez-Sayanes de Saa, Beatriz

Martins Dominguez, Clara

Medina Navarro, Lucía

Meixide Portos, Teresa

Míguez González, Aldara

Montes Dopazo, Edurne

Moreno Bodelón, Sara

Mourelo, Mariola

Mouriño López, Eva

Mouriz Barja, Sabela

Noguerol Sánchez, Raquel

Nóvoa Gomez, Montse

Nunes Brións, Andrea

Orajovac Camba, Rosario Salome?

Osorio López, María

Pahino Dasilva, Nuria

Paz Vilar, Ana

Pazos Huete, Teresa de Jesu?s

Pereira Gómez, Sara

Pérez Alonso, Marta

Pérez Fernández, Beatriz

Pérez Millán, María

Pérez Villanueva, Adriana

Pinha González, Silvia

Porto Paderne, Carolina

Porto Paderne, Patricia

Prieto Bermúdez, Teresa

Puga Fidalgo, María

Rei Branco, Raquel

Rei Vázquez, Alexandra

Reimondez, María

Reza Álvarez, Rut

Rios Bergantinhos, Noa

Rios Curbeiro, Paula

Rivas Fernández, Alba

Roca Agra, Inés

Roca Agra, Sara

Rodil Fernandes, Xiana

Rodríguez Dopazo, Reis

Rodríguez López, Mari?a Isabel

Rodríguez Vázquez, Sabela

Rodríguez Vega, Rexina

Rodríguez Villar, Inma

Romaní Blanco, Ana

Romero Diéguez, Alba

Rosendo Priego, María

Royo Díaz, María

Rubianes de la Cruz, Elvira

Sánchez Díaz, Lucía

Sánchez Mancebo, Monserrat

Sánchez Peña, Aira

Santiago Soutullo, Merchi

Santorum Paz, Rosa

Santos Franco, Mónica

Sousa Sánchez, Laura

Soutelo Vázquez, María Neves

Suárez Briones, Beatriz

Táboas Martínez, Xandra

Torres García-Oubiña, Patricia

Trillo Guerra, Inés

Trindade, Carla

Urizarbarrena González, Irati

Vázquez Conde, Luisa

Vázquez Lameiro, Nerea

Vázquez Vazquez, Ester

Viceiro, Isabel

Vizcaíno Cabodevila, Paula

Zapata Rubio, Irene

Zas Rei, Iria Zeltia

Zúñiga, Yolanda

Podedes asinar enviando o voso nome ao mail bastadeagressonsmachistas@gmail.com

Denuncia dun artigo machista no xornal La Region

artigo_machista_la_region.jpg

As mulleres estamos fartas de que nos agredan, esiximos de Pepe Ruiéperez e La región unha disculpa

Hoxe o xornal La Region publica unha columna de opinión dun señor chamado Pepe Ruipérez no que este se permite o luxo de facer unha ‘quiniela’ sobre as mulleres. Este xornal, que xa en outras ocasións ten demostrado pouco ou nulo tacto con cuestións sobre os estereotipos sexistas volta permitir que nas súas páxinas as mulleres aparezamos como meros obxetos, convertidas en ‘cousas’, ao servizo e á atención masculina.

No seu infame artigo o señor Ruipérez xoga coa metáfora das quinielas para confrontar o que él entende como diferentes tipos de mulleres para indicarnos o seus gustos persoais en relación a estes estereotipos, e non se limita aos tópicos habituais do loiras-morenas senón que engade cuestións como a feminidade, o aspecto físico, os estados de ánimo, o cánon de beleza social ou a condición social en relación ás parellas.

As mulleres estamos fartas de que a sociedade patriarcal nos agreda, de que infunda sobre nós unha competencia baseada en cumprir os criterios que esa sociedade considera que debemos cumplir para ser do seu agrado. As mulleres sentimos e somos en cada momento do xeito e maneira que nos apetece, non pertencemos a ningunha categoría heterosexista definida pola cultura dominante e negámonos a que se nos convirta en obxetos e se nos poña a competir.

Artigos como o do señor Pepe Ruipérez só contribúe a seguir creando un imaxinario social no que as mulleres seguimos encorsetadas nas etiquetas que nos poñen, no que somos sometidas ao escrutinio social en relación á nosa forma de estar e ser no mundo para avaliar se agradamos ou non o suficiente aos homes. E nós, mulleres libres e decididas a mudar o mundo negámonos a ser cómplices desa imaxinario e desa sociedade que normaliza que un señor escriba nun xornal as súas preferencias entre liberales e casadeiras, entre agraciadas e desfavorecidas ou entre varoniles e femeninas.

Reclamamos o noso dereito a ser todo o que desexemos ser e non estar baixo as lupas do patriarcado, disposto sempre a clasificarnos como os obxetos que pretende que sexamos. Reclamamos que rematen as agresións machistas, tamén as que en forma de artigos e publicacións nos degradan e desprecian.

Reclamamos todos os corpos, todas as actitudes e todas os estados de ánimo como propios, que todas somos, independentemente da forma dos nosos corpos, únicas, fortes e lindas, que temos dereito a vestirnos -ou espirnos- como nos veña en gana e que non imos consetir que ningún home nen ningún meio veña a facer ‘quinielas’ nen apreciacións sobre as nosas vidas nen sobre a de ninguén.

 

Esiximos respeito, e unha disculpa pública do articulista e o meio que o publicou.
Seguiremos en marcha ata que todas sexamos libres, e ata acabar coas actitudes machistas e os seus cómplices.

 

artigo_machista_la_region.jpg

Este sábado 28 reivindicamos e celebramos o Orgullo en Ourense!

Este sábado, accións polo Día Internacional do Orgullo LGBT

A partir das 19.00h na Praza das Mercedes celebramos e reivindicamos os nosos desexos e os nosos corpos libres de imposicións e libres de agresións.

Reivindicamos a visibilidade das nosas loitas e o 28 de xuño como unha data importante no calendario feminista. Por iso convidámosvos a partillar con nós unha tarde-noite de debate, reflexión, reivindicación e festa!

A partir das 19.00h teremos xogos para as máis peques e dende ás 20.00h e ata que comece a música ao vivo falamos da figura máis grande da literatura da cidade, Eduardo Blanco Amor, e de como foi perseguido pola súa condición sexual. Tamén falaremos de parte do movemento LGBT en Ourense coas accións das Lerchas -cunha exposición dalgunhas desas accións- e sobre a situación actual do movemento.

Teremos ademáis petiscos veganos para que non teñades que movervos da praza ata ás 22.00h cando comezará a música en directo!!!

Fagamos do sábado 28 un día de reivindicación e visibilidade da nosa diversidade!

Esperámosvos na Praza das Mercedes e correde a voz que cant@s máis sexamos, máis visibilidade teremos!

Xornadas de Autodefensa Feminista en Ourense

xornadas_autodefensa_ou.png

xornadas_autodefensa_ou.png

Dende a coordenadora local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres retomamos as Xornadas de Autodefensa Feminista que tivemos que cancelar a finais do pasado ano con data de 7 e 8 de xuño para a súa celebración.

Como da vez anterior procuraremos hospedaxe solidaria para quen a precise e as xornadas terán un custe simbólico de 5€ para contrubuír aos gastos das compas que se desprazarán dende Euskal Herria. As xornadas terían lugar o sábado de mañá e tarde e o domingo en horario de mañá.

Para anotarse: ourense@feminismo.info

Unha aperta feminista e agardamos que sexades moitas as que podades participar.

Apuntádevos canto antes!!!

Acción contra os asasinatos machistas

asasinatomachista_30abril.jpg

Dende a coordenadora local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres achegámonos unha vez máis ata a Castañeira, xunto á Subdelegación do goberno, para que a súa figura sexa o altofalante da nosa raiba contra este novo asasinato e invitamos a toda a cidadanía a ocupar espazos públicos contra a violencia machista.

Reclamamos o noso dereito a, a partir de agora, cada vez que unha muller sexa asasinada no noso país achegarnos a esta estatua para facer visíbel a nosa repulsa, o noso rexeitamento a unha violencia que non é individual e non é illada senón que fai parte das bases da organización desta sociedade patriarcal.

Reclamamos a esta sociedade que deixe de tratar os casos de violencia machista, nomeadamente os asasinatos, como unha cuestión individual ou a consecuencia do comportamento de individuos que perden a razón, teñen problemas nas súas relacións, son ciumentos ou teñen comportamentos violentos. Trátase dunha cuestión estructural que ten a ver con como se organiza a sociedade en que vivimos e é dende aí dende donde hai que mudar as cousas. Xa basta de violencia machista, nen un asasinato machista máis sen resposta.

Falan as estatuas e falarán os muros, sairemos á rúa reivindicar que non queremos máis actos de homenaxe ás nosas mortas e que temos dereito a vivir sen violencia!

asasinatomachista_30abril.jpg

 

Concentración en Ourense contra o asasinato de Maria Elena Rodriguez Quiroga

Para moitos somos números, somos para eles no día a día dunha vida que vai depresa pouco máis que números… somos un 34 sobre un 2014… un problema que encontra acubillo un día nunha sección de sucesos, unha mera información puntual que nen sempre se dá completa… moitas non temos nome, outras non se sabe onde pasamos o último día das nosas vidas, de algunhas ninguén conta cómo nos arrancaron a vida, de outras apenas o desgarrador momento en que pasamos a facer parte dese número…

Mas somos mulleres, somos mulleres e asasinannos polo mero feito de selo, porque todas as violencias que se exercen contra nós cada día acumulanse de tal xeito que chega un momento en que resulta extrema, un momento en que o único xeito de control é aplicar a peor, a máis intensa, a definitiva: o asasinato.

Non somos casos aillados, somos víctimas dunha estructura social na que as múltiples violencias que sufrimos atopan cada día aliados e cohartadas que as convirten en invisíbeis. Alianzas que as xustifican, situacións nas que se minimizan e cohartas que as desculpan.

Non somos casos aillados, somos víctimas dunha estructura social na que as relacións non se dan entre iguais senón a través de xerarquías, de posicións desiguais nas que polo mero feito de ser mulleres estamos situadas do lado de quen sufre a violencia, de quen a padece e de a quen finalmente segan a vida no acto de maior brutalidade machista que é o asasinato.

Non somos casos aillados, somos víctimas dunha estructura social na se pretende controlar a nosa forma de vivir, os nosos corpos, os nosos desexos, as nosas relacións… as nosas vidas.

Non somos casos aillados, somos víctimas dunha estructura social que non reacciona, que non reacciona ante 34 asasinatos en 4 meses, que non é capaz de mirarse ao espello e ver que mentres se dé menos valor ao traballo que realizamos, se nos negue a identidade e a liberdade para vivirmos como queremos, se nos eduque diferente en función do noso xénero, se nos asigne un papel social determinado en función do noso xénero ou se constrúan as relacións afectivas dende o poder do masculino sobre o femenino non acabarán os asasinatos machistas.

Somos Nuria, Adela, María, Patricia, Silvia, Aránzazu, Mercedes, Ana, Eugenia, Josefa. Fátima, Marisa e fumos degoladas, estranguladas, asasinadas dun disparo, dun golpe na cabeza, calcinadas, acoiteladas… Somos MARÍA ELENA RODRIGUEZ QUIROGA, veciña de Foz (Lugo) á que amordazaron, taparon a cabeza e dispararon este 24 de abril de 2014, foi o seu home, foi unha estructura social que durante toda a súa vida exerceu todo tipo de violencias contra ella… Somos todas as mulleres ás que cada día discriminan, desvalorizan, presionan, agreden, abusan e asasinan… non permitas que sexamos tamén silenciadas.

Ourense, 28 de abril de 2014

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram