O feminismo protagonista da cultura alternativa

A coordenadora local da Marcha Mundial das Mulleres en Ourense ven traballando activamente nos pasados dous anos cos coletivos culturais da cidade na procura de espazos de ocio e cultura alternativos autoxestionados e participativos. A participación da Marcha nestes espazos quere contribuír á construción dun ocio e unha cultura onde o feminismo sexa parte do cerne das ideas e atividades que se desenvolven.

Este ano a programación do VeráneArte, autoxestionda e colaborativa, con todas as aportacións voluntarias dos coletivos e asociacións (atividades todos os luns e mércores de Xullo e Agosto) organizou o Iº Festival Intercultural do Barbaña, unha atividade de creatividade, artística, pero tamén reivindicativa a comezar polo nome, unha chamada de atención sobre a situación de emerxencia ecolóxica do río Barbaña ao seu paso por Ourense.

A participación da Marcha nesta última atividade do Verán cultural de ESCUA quixo ser a un tempo homenaxe e reivindicación das compañeiras rusas Pussy Riot, a seguir a cantiga apresentada que recibiu o premio do público asistente. Pussy Riot Liberdade!!

Grupo: A Cona Armada
Canción: Recortar, recortarei
Música: A Rianxeira

O noxento do Rajoi
co negocio de Alemaña (bis)
Descalciña deixa á xente
O paro así non se amaña (bis)

Recortes veñen recortes veñen
recortes veñen e van
Non te deixes enganare
porque te están a arruinar

Ensino e astilleros
Xustiza e Sanidade (bis)
A mina, a pesca, o campo
Todo van  desmantelare (bis)

Recortes veñen recortes veñen
recortes veñen e van
Non te deixes enganare
porque te están a arruinar

A xente que leva traxe
eses que non recoñezo
eses que todolos días
se sentan no Parlamento
subiron a Prima o IVE
ímolos mandar ao inferno (bis)

Recortes veñen recortes veñen
recortes veñen e van
Non te deixes enganare
porque te están a arruinar

Para ter tres supostiños
loitamos corenta anos (bis)
e agora dun día pra outro
dinnos que non abortamos. (bis)

Recortes veñen recortes veñen
recortes veñen e van
Non te deixes enganare
porque te están a arruinar

Funcionarias e paradas
non nos pisará ninguén (e) (bis)
marxinadas e excluídas
nunca diremos amén(e) (bis)

Recortes veñen recortes veñen
recortes veñen e van
Non te deixes enganare
porque te están a arruinar

Todas somos combatentes
guerrilleiras cabreadas (bis)
o camiño que nos queda
comeza coa loita armada (bis)

Sacho, machada, faca, guadaña,
fouces , coitelos de pan..
poñanse en fila os fascistas
que as cabezas van rodar…

Roteiro en feminino polas rúas da zona histórica de Ourense

Fonte: Tempo de Lecer

Homenaxear ás mulleres “ás que nunca, ninguén, lles fai unha homenaxe”, segundo sinala Ximena Mariel González, da Marcha Mundial das Mulleres. Este foi o obxectivo fundamental do Roteiro en Feminino, unha actividade organizada polo citado colectivo que se desenvolveu este mércores no Casco Histórico de Ourense dentro da programación Veranearte 2012, dos colectivos EsCuA. Os participantes na iniciativa percorreron distintos espazos da zona histórica lembrando mulleres que contribuíron a construír a historia desta cidade e deste país e das que, segundo os organizadores da iniciativa, “apenas nos ten chegado información”.

O roteiro comezou ás nove da noite nas Burgas e continuou polo Rianxo, a Alameda, a Catedral, o Teatro Principal, a Praza das Mercedes, a Praza do Trigo, a rúa Hernán Cortés e a rúa Liberdade, para rematar na confluencia entre as prazas de Saco e Arce e Manuel Sueiro. Un percorrido con once paradas e no que soaron os nomes e as historias de mulleres como Concepción Arenal, Jesusa Prado López, Milagros Cid Fernández, “A Milo” -coñecida como “A Bruxa do Principal” soamente porque vivía soa e era unha muller sen recursos-, a intérprete de jazz e pedagoga Sally Albaugh, María Paz del Valle -perseguida e asasinada no ano 1937, un ano despois que o seu fillo-, Concepción Ramón e Antonia Ortiz Currais, entre outras. Entre os aspectos interesantes que se explicaron cabe subliñar o feito de que Ourense foi a primeira provincia que levantou unha estatua co nome de muller, a de Concepción Arenal, inicialmente na Alameda.

Ximena Mariel González sinalaba no comezo do roteiro que a iniciativa quería ser “unha homenaxe a todas as mulleres que viviron nestes espazos e das que queremos ser herdeiras”. Con ela coincidía Lucía Cedrón, que subliñaba a importancia e a novidade de organizar en Ourense un roteiro en feminino, “co que queremos visibilizar, por en valor e recoñecer o labor e o traballo que levaron adiante estas mulleres e co que contribuíron a fornecer a identidade da nosa cidade e a nosa propia identidade como ourensáns”.

As fontes de información

Lucía Cedrón comentaba para Tempo de Lecer as enormes dificultades que atoparon dende a organización do roteiro para conseguir documentación sobre estas mulleres. Para iso consultaron a prensa, accederon a fontes bibliográficas e rastrearon no programa de radio “O cronista da cidade”, que dirixía Anselmo López Morais en Radio Ourense. Nesta pescuda atoparon “que a información é moi escasa e mesmo ás veces contradictoria, e isto é así porque a repercusión da actividade da muller na sociedade é moi pequena”.

Por iso, unha das fontes máis importantes que consultaron foron os familiares de moitas destas mulleres, que coñecen ben as súas historias de traballo e de loita e que amosaron a súa disposición a colaborar na iniciativa. Mesmo algúns participaron tamén no roteiro. “Os descendentes e moitas persoas que coñecían a estas mulleres permitíronnos completar as súas biografías con datos novidosos e reais”, explican.

Con todo, as organizadoras deste Roteiro en Feminino recoñecen que quedan aínda moitas mulleres por descubrir, pioneiras que destacaron nas súas profesións e nas súas vidas como exemplos a seguir polas xeracións vindeiras.

FOTOS

Nos Meios:

http://www.tempodelecerourense.com/novas/consultar/365

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/08/23/ruta-feminista-casco-viejo-rinde-homenaje-mujeres-anonimas/676367.html

http://ourensedixital.com/_novas/12/08/22_03.htm

 

Tamén na cultura perspectiva feminista

A coordenadora local de Ourense organiza e participa das seguintes actividades neste mes de agosto:

  • o 22 de agosto ás 21.00h dende As Burgas, Roteiro en Femenino pola zona histórica de Ourense, lembrando e reivindicando as loitas das mulleres da cidade.
  • o 27 de agosto Contacontos da Marcha Mundial en Ourense, ás 22.00h na Praza de San Marcial, un novo microespazo de reivinicación feminista a través dos contacontos.
  • o 29 de agosto, Festival do Barbaña, co grupo A Cona Armada, a Marcha e máis amigas fan unha homenaxe ás Pussy Riot apresentando a concurso unha cantiga tradicional versionada para a ocasión. Este festival é o acto de feche das actividades do verán organizadas no VeráneArte por ESCUA (Espazo Cultural Alternativo) na cidade de Ourense.

Actividades da Coordenadora Local de Ourense no verán

A coordenadora local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres participa por segundo ano das actividades para o verán que se organiza dende ESCUA (Espazo Cultural Alternativo) como outro xeito de achegar a cultura á sociedade ourensana.

Este verán as compañeiras repetirán os contacontos que realizaron o pasado verán con notábel éxito e realizarán un roteiro en femenino por Ourense ademáis de participar e apoiar o resto de actividades culturais e sociais deste conxunto de asociacións que, en Ourense, tecen redes de traballo, creación e convivio.

Contacontos:

16 de xullo ás 21.15h – Praza de San Marcial

27 de agosto ás 21.15h – Praza de San Marcial

Roteiro feminista:

22 de agosto a partir das 21.00h – Saída de As Burgas

Mesa Redonda “As mulleres e os recortes sociais”

Ourense
Martes 28 de Febreiro
20:00hs
Museo Municipal (rúa Lepanto)

No marco da Campaña do 8 de Marzo “Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos!” organizase unha mesa redonda na que dende a perspectiva do ensino, a sanidade e os servizos sociais se analizarán os recortes de dereitos e a situación á que se enfrontan as mulleres como consecuencia dos mesmos.


Intervirán:

Celsa Perdiz
Traballadora Social do COF
Cristina Asenjo
STEG
Juana Mª Tubio Ordoñez
Presidenta do Colexio Oficial de Traballadores/as Sociais de Galiza

Unha aperta feminista.

Crónica do 25N en Ourense

ourense25n02.jpg

En Ourense a Marcha Mundial das Mulleres realizou este ano dúas actividades en torno ao 25 de novembro.

ourense25n02.jpg

Na primeira, o Venres 25 ás 20.30h realizaronse unha serie de pequenas pezas teatralizadas en 4 prazas da cidade para tentar visibilizar diferentes tipos de violencia machista que padecen as mulleres.

ourense25n03.jpg

A primeira ‘estatua’ realizouse no Parque San Lázaro, espazo no que comezou a actividade, e foi unha denuncia do modelo de beleza imposto polo sistema e os estereotipos sexistas que as mulleres padecen como agresión á diversidade corporal.

ourense25n06.jpg

A segunda ‘estatua’, na Praza do Ferro, visibilizou a indiferencia que gran parte da sociedade mostra fronte aos traballos domésticos, a crianza e os coidados. Traballos que recaen maioritariamente nas mulleres.

ourense25n07.jpg

Nunha terceira ‘estatua’, xunto á Praza dos Suavez, a coordenadora local de Ourense realizou unha teatralización dos conflictos armados e como son as mulleres as principais víctimas tanto en época de conflicto como de paz, tanto pola perda das súas vidas, os abusos aos que son sometidas ou o entorno social no que viven nestes conflitos.

ourense25n08.jpg

A derradeira ‘estatua’ tivo lugar nas escaleiras da igrexa de Santa Eufemia e denunciou todo o que supón para as mulleres a escola machista e a sociedade debedora da tradición relixiosa que nega os dereitos das mulleres a decidir sobre a vida, a maternidade, o corpo e a sexualidade.

ourense25n04.jpg

O Sábado 26N ás 19.30h  tivo lugar a proxección do documental ‘As Silenciadas’ que contou coa presenza do director, Pablo Ces, e da guionista e investigadora Aurora Marco. Durante a proxección deste documental se puido escoitar a Pilo Sierra interpretar algúns dos temas que compuxo para este documental.

ourense25n01.jpg

‘As Silenciadas’ é un documental no que se recupera historias de vida de mulleres galegas que andaron na clandestinidade ou apoiaron dende a chaira ao movemento guerrilleiro e os custes desa defensa e apoio: cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio…

ourense25n05.jpg

A proxección tivo lugar no Museo Municipal de Ourense e coincidiu coa exposición do Outono Fotográfico ‘Lesbianas e moito máis’ de Hanna Jarzabek motivo polo cal na rolda de prensa de apresentación a Coordenadora de Ourense de Marcha Mundial aproveitou para denunciar o trato ao que o goberno Polaco somete ás lesbianas.

[ Ver álbum de fotos ]

Mesa Redonda: Alianzas do movemento feminista e LGTB

29xunhocharlammm.jpg

M̩rcores 29 xu̱o Р20.30h
Xunto ao Museo Arqueolóxico
Praza Maior (escaleira Santa María Nai)

Con motivo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTB, a Marcha Mundial das Mulleres e AGLET (asociación de gais, lesbianas e transexuais de ourense) organizamos unha mesa redonda para falar das necesarias alianzas estratéxicas do movemento LGTB e o movemento feminista na nosa cidade e no noso país para combatermos xunt@s o patriarcado  e todo o que supón para as nosas vidas.

Na mesa redonda participarán a Marcha Mundial das Mulleres, que quere colaborar na reivindicación deste día do Orgullo como un día tamén de reivindicación feminista, Jorque Quintela presidente de AGLET, Alfredo Domínguez ,membro de AGLET e Laura Bugallo compañeira feminista.

Organizan: Marcha Mundial das Mulleres e AGLET Ourense

29xunhocharlammm.jpg

Non queremos ao Papa na Galiza

O pasado 25 de Xullo a Coordenadora de Ourense de Marcha Mundial das Mulleres despregou unha faixa na Praza da Quintana e repartiu autocolantes co lema “non tragamos “Zumo” pontífice” para visibilizar a oposición á visita do Papa o 6 de novembro a Compostela.

Aproveitando o “día do Apóstol” e a visita dos Reis do Estado Español a Compostela a Coordenadora de Ourense realizou este pequeno acto simbólico de protesta por unha visita que non só vai custas as galegas e galegos máis de 3 millóns de euros senón que ven a reforzar o discurso da xerarquía eclesiástica no noso país., discurso que atenta de xeito permanente contra a liberdade das mulleres.

{gallery}2010_25xullo{/gallery}

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram