Mesa Redonda: Alianzas do movemento feminista e LGTB

29xunhocharlammm.jpg

Mércores 29 xuño – 20.30h
Xunto ao Museo Arqueolóxico
Praza Maior (escaleira Santa María Nai)

Con motivo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTB, a Marcha Mundial das Mulleres e AGLET (asociación de gais, lesbianas e transexuais de ourense) organizamos unha mesa redonda para falar das necesarias alianzas estratéxicas do movemento LGTB e o movemento feminista na nosa cidade e no noso país para combatermos xunt@s o patriarcado  e todo o que supón para as nosas vidas.

Na mesa redonda participarán a Marcha Mundial das Mulleres, que quere colaborar na reivindicación deste día do Orgullo como un día tamén de reivindicación feminista, Jorque Quintela presidente de AGLET, Alfredo Domínguez ,membro de AGLET e Laura Bugallo compañeira feminista.

Organizan: Marcha Mundial das Mulleres e AGLET Ourense

29xunhocharlammm.jpg

Non queremos ao Papa na Galiza

O pasado 25 de Xullo a Coordenadora de Ourense de Marcha Mundial das Mulleres despregou unha faixa na Praza da Quintana e repartiu autocolantes co lema “non tragamos “Zumo” pontífice” para visibilizar a oposición á visita do Papa o 6 de novembro a Compostela.

Aproveitando o “día do Apóstol” e a visita dos Reis do Estado Español a Compostela a Coordenadora de Ourense realizou este pequeno acto simbólico de protesta por unha visita que non só vai custas as galegas e galegos máis de 3 millóns de euros senón que ven a reforzar o discurso da xerarquía eclesiástica no noso país., discurso que atenta de xeito permanente contra a liberdade das mulleres.

{gallery}2010_25xullo{/gallery}

Viacrucis Reivindicativo en Ourense

Dentro dos actos da Marcha Mundial das Mulleres na campaña EN DEFENSA DO DIREITO AO ABORTO, NA SANIDADE PÚBLICA. EU DECIDO, a Coordenadora Comarcal de Ourense levou a cabo un VIA CRUCIS REIVINDICATIVO con parada en distintos organismos como a Delegación territorial da Xunta, a Policía Nacional, a Subdelegación do Governo, o Bispado e a Catedral, entre outros. Con altofalantes nas mans, as manifestantes, acompañadas pol@s músic@s, a ritmo de procesión, cantaron distintos lemas ante a mirada curiosa e sorprendida d@s viandantes, asemade ían pegando unha silueta en cada parada cun lema reivindicativo: “1ª falta: non me ven a regla, 2ª falta: fago o test, 3ª falta: vou ao médico, 4ª Falta: se me pasou o prazo…”,… Haivos que lembrar que aqui non goberna a Conferencia Episcopal!”,… ” As nosas cousas como votantes tamén son importantes!”, … A festa reivindicativa cargada de simboloxía feminista e cun marcado tono lila rematou coa Resurrección na praza de San Marcial e a pegada da derradeira silueta EU DECIDO“. O acto coincidíu coa saída de campaña do Partido Popular, nós non nos metimos con eles, pero segundo contan as boas línguas a comitiva tivo que andar mudando o itinerario previsto para non cruzarse coas mulleres da Marcha Mundial.

Eis unha selección de imaxes do acto:

{gallery}2009_viacrucis{/gallery}

Crónica da palestra en defensa do dereito ao aborto en Ourense

O pasado día 18 de maio tivo lugar na Casa da Xuventude de Ourense a palestra-coloquio “Co aborto, eu decido” na que participou connosco Celsa Perdiz (asistenta social do Centro de Orientación Familiar de Ourense).

Nun primeiro lugar proxectouse o documental “Mai por escolla, non por obriga”, de Dorothy Fadiman, que, ainda que narra a historia da loita polos dereitos reprodutivos nos Estados Unidos, reflicte dun xeito bastante claro diversos aspectos que estamos a traballar na nosa campaña nacional. A continuación, Celsa Perdiz fixo un percorrido da situación do aborto na Galiza -dende a legalización da pílula ata a actualidade-, que axudou a ter unha perspectiva bastante clara da evolución acontecida neste tema.  Seguidamente presentamos a publicación e compartimos coas persoas que asistiron ao acto as nosas impresións ao respecto e o contido deste material.

No coloquio falouse dalgúns dos puntos que constan no anteproxecto de lei, como son o período de reflexión de 72 horas para a muller que decide abortar e a obxeción de conciencia; tamén houbo oportunidade de debater sobre as implicacións que conleva a modificación da lei de aborto e o noso posicionamento dende a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza.

Foi moi interesante e positivo escoita-las opinións e dúbidas das asistentes e contar coa experiencia profesional de Celsa Perdiz no ámbito do planeamento familiar posto que mostrou a necesidade que existe de continuar traballando pola consecución das nosas reivindicacións.

EU DECIDO! Semana de Actividades da Campaña en Ourense

A Coordenadora Local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza inicia unha serie de actividades enmarcadas na campaña nacional EU DECIDO! En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública!

As actividades serán as seguintes:

LUNS 18 Maio: ´Co aborto EU DECIDO’ Palestra-coloquio en Ourense.  Dentro do marco da campaña nacional en defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública, a Marcha Mundial das Mulleres en Ourense organiza unha palestra-coloquio na que participará Celsa Perdiz, asistenta social do COF (Centro de Orientación Familiar) de Ourense. Proxectarase o documental ‘Mai por escolla, non por obriga’ de Dorothy Fadiman sobre a historia da luita polos dereitos reprodutivos nos Estados Unidos, e se presentará a publicación ‘O dereito a decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto’ editada pola coordenadora comarcal da Coruña. O acto terá lugar o luns 18 de Maio na Casa da Xuventude (rúa Celso Emilio Ferreiro, 27) ás 20:00

MÉRCORES 20 Maio: No Ateneo, ás 11.00 horas para anunciar o Viacrucis e facer un chamamento á participación da comarca no Maio Nacional do 31 de Maio, ás 11.00 horas na Praza da Quintana.

VENRES 22 Maio: Acción de rúa: Viacrucis pola cidade con saída da Casa da Xuventude ás 19:00 h. Esta actividade consistirá nun percorrido pola cidade facendo parada en 15 puntos estratéxicos nos que se farán diversas actividades e actos simbólicos reivindicando eos eixos básicos da campañan e denunciando os organismos ou institucións que pretenden impedir os dereitos das mulleres.

PERCORRIDO DO VIACRUCIS:

  1. Casa da Xuventude,
  2. Sede do Superdelegado (Casa de Chocolate),
  3. Policía Nacional
  4. Delegación Servizos Sociais,
  5. Pazo de Xustiza
  6. Consellería de Educación (r/ Concello),
  7. Delegación do SERGAS,
  8. Colexio Médico
  9. COF
  10. Subdelegación do Goberno
  11. Antiga sede do B. España
  12. Bispado
  13. Concello
  14. Catedral
  15. A RESURRECCIÓN (Grândola, Praza San Marcial)
YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram