Víctimas de feminicidio: diferenzas entre a lei galega e a estatal

⁉️ Diferenzas entre a Lei Estatal e a Lei galega // As tres mulleres asasinadas en Valga son Sandra, Alba e María Elena, dúas delas, sobra e cuñada do asasino non aparecerán no reconto estatal de vítimas de violencia machista pois este non recolle a familiares, víctimas indirectas ou mulleres sen relación afectiva co agresor. Dende 2015 si figuran as crianzas como víctimas mas o feminismo leva reclamando que tamén o fagan o resto de víctimas dende hai moito tempo.

⁉️ Diferenzas entre a Lei Estatal e a Lei galega // As tres mulleres asasinadas en Valga son Sandra, Alba e María Elena, dúas delas, sobra e cuñada do asasino non aparecerán no reconto estatal de vítimas de violencia machista pois este non recolle a familiares, víctimas indirectas ou mulleres sen relación afectiva co agresor. Dende 2015 si figuran as crianzas como víctimas mas o feminismo leva reclamando que tamén o fagan o resto de víctimas dende hai moito tempo.

➡️ LEI 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
“””Artigo 1.- Obxecto.
2. Para os efectos desta lei, enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada.”””

➡️Ley Orgánica 1/2004, de 28 de dicembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
“””Artículo 1.
1. La presente Ley tiene por objeto actuar contra la violencia que, como manifestación de la discriminación, la situación de desigualdad y las relaciones de poder de los hombres sobre las mujeres, se ejerce sobre éstas por parte de quienes sean o hayan sido sus cónyuges o de quienes estén o hayan estado ligados a ellas por relaciones similares de afectividad, aun sin convivencia.”””

#QuerémonosVivas #FeminismoParaVivir #NenUNhaMenos #RecursosContraAviolencia #Valga #RespostaSocial #FeminismoGalego

// As tres mulleres asasinadas en Valga son Sandra, Alba e María Elena, dúas delas, sobra e cuñada do asasino non aparecerán no reconto estatal de vítimas de violencia machista pois este non recolle a familiares, víctimas indirectas ou mulleres sen relación afectiva co agresor. Dende 2015 si figuran as crianzas como víctimas mas o feminismo leva reclamando que tamén o fagan o resto de víctimas dende hai moito tempo.

➡️ LEI 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
“””Artigo 1.- Obxecto.
2. Para os efectos desta lei, enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada.”””

➡️Ley Orgánica 1/2004, de 28 de dicembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
“””Artículo 1.
1. La presente Ley tiene por objeto actuar contra la violencia que, como manifestación de la discriminación, la situación de desigualdad y las relaciones de poder de los hombres sobre las mujeres, se ejerce sobre éstas por parte de quienes sean o hayan sido sus cónyuges o de quienes estén o hayan estado ligados a ellas por relaciones similares de afectividad, aun sin convivencia.”””

#QuerémonosVivas #FeminismoParaVivir #NenUNhaMenos #RecursosContraAviolencia #Valga #RespostaSocial #FeminismoGalego

O pacto de Estado destinaba a Valga 1766,48€

[ Feminicidio en Valga ] 📢👎👎Abonda xa de reclamar medidas cosméticas contra a violencia machista, abonda de papeis mollados e promesas de transformación que non aparecen nen nos papeis. Abonda de espectáculo e políticas superficiais fronte á peor das consecuencias da violencia machista: o asasinato. Esta é a cantidade destinada este ano dende o Pacto de Estado a Valga: 🛑1766,48€ 🛑 para facer prevención, sensibilización, asistencia, acompañamento, formación… Sen RECURSOS non se frena a violencia!!!!

#MenosPactoseMáisRecursos #DaFicciónÁrealidade #MachismoMata #BastadeViolencia #Valga #Feminicidio

Propaganda lgbtfóbica nas escolas

Hoxe aparecía na prensa escrita galega este anuncio pagado por un coñecido colectivo do estado adicado a espallar odio e mentiras contra o feminismo e o colectivo LGBT. Denunciamos públicamente este novo ataque á diversidade e ao feminismo e a connivencia da prensa. Denunciamos que se pretenda dar pasos atrás nos -pequenos- avances en materia de educación impulsados pola loita feminista. #Machismo #DelitosDeOdio #EducarEnIgualdade

Non queremos concursos de beleza para crianzas

O Carballiño. Chéganos a información de que se desenvolve no Carballiño un casting” de nenas e que o propio Concello do Carballiño cedeu un espazo público para a súa realización (a biblioteca municipal). Novamente a hipersexualización e cousificación de menores nunha actividade propia de épocas pasadas. Esiximos ás institucións públicas que non colaboren con ese tipo de eventos e aos promotores que o cancelen!.  #machismo#crianzas #MachismoEstrutural #FeminismoEnLoita

Novamente a hipersexualización e cousificación de menores nunha actividade propia de épocas pasadas. Finalmente o Concello non cederá o espazo, agora só falta que os promotores o cancelen!. #machismo#crianzas #MachismoEstrutural #FeminismoEnLoita

Chegan máis novas sobre o “Concurso Mini Raíña” do Carballiño. Nesta páxina de actualidade sobre a vila informan da cancelación. Compartimos a mensaxe aguardando q sexa confirmación definitiva. #machismo #crianzas #MachismoEstrutural #FeminismoEnLoita

C/ News Carba

Cartaz anunciando: https://www.facebook.com/1641187579460996/posts/2493690164210729/

Cartaz informando que non se vai realizar na biblioteca pública: https://www.facebook.com/1641187579460996/posts/2493926757520403/

O movemento LGBT galego denuncia un artigo tránsfobo de La Voz de Galicia

Arelas, Amizando, Avante, Ultreia, Nós Mesmas, ALAS Coruña e o Colectivo Agrocuir da Ulloa presentan na Fiscalías de menores, provincial e Xeral de Galicia, un escrito contra o artigo de opinión tránsfobo firmado por José Francisco Sánchez, director de comunicación da Corporación La Voz de Galicia. Forza compañeiras!

Arelas, asociación de familias de menores transAvante LGBTAmizando Arelas UltreiaUltreia LGTBIAso NosmesmasA.L.A.S. A CoruñaColectivo Agrocuir da Ulloa

https://nostelevision.gal/o-movemento-lgtbi-galego-presen…/…

En apoio de Fátima Pego

Todo o noso apoio a Fatima Pego ante a súa valente denuncia pública de acoso polas redes. “Isto vai para todos os homes que se cren co dereito de falarlle a unha muller como se fose un obxecto: sodes patéticos” , di Fátima “Animo a todas as mulleres a que non se sintan intimidadas e denuncien (…) este tipo de violencia verbal”, Fátima recibiu mensaxes agresivas nas redes que fixo públicas para contribuír a visibilizar este tipo de agresións. Brava!

https://praza.gal/…/unha-cantante-da-orquestra-panorama-den…

Violencia Institucional nos procesos de separación

[ Violencia institucional ] Vivimos tempos duros cunha xustiza patriarcal que revictimiza ás mulleres e segue agrendido ás crianzas. Máis un exemplo contra o que há que combater con toda a forza:

“””El titular del Juzgado de Violencia sobre la Mujer número 1 de Palma de Mallorca, Carlos Alberto Izquierdo Téllez, ha retirado a una madre, con graves problemas de movilidad acreditados médicamente tras sufrir un accidente en 2006, la custodia de sus dos hijos menores de corta edad y se la ha otorgado en exclusiva a su progenitor, condenado en firme por violencia de género, con informes médicos de maltrato de adulto sobre los niños y con dos órdenes de alejamiento.”””

https://diario16.com/un-juez-retira-la-custodia-a-una-mad…/…

Tribunal de acusación contra os crimes do Congo

Este texto foi elaborado para o acto realizado en Vigo pola Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres o 17 de outubro de 2010 no marco da III Acción Internacional. Este acto foi un dos numerosos actos celebrados polas coordenadoras nacionais da Marcha Mundial en todo o mundo o día que tiña lugar o feche da III Acción Internacional en Sud Kivu – RDCongo en solidariedade coas nosas compañeiras africanas e as mulleres que sufren, no planeta, os efectos e as consecuencias dos conflictos.

Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres.

Carta aberta a Stephen Harper

Honorable Primeiro Ministro de Canadá,

A violencia hacia as mulleres e nenas indíxenas é unha violación grave aos dereitos humanos. Os actos de violencia dos que as mulleres indíxenas son víctimas están anclados na discriminación e na marxinalización sistemática provintes da colonización, nos que interveñen a policía, os medios de comunicación, a educación e a xustiza.

O goberno canadiano debe constituir unha comisión para levar a cabo unha investigación pública independente e debe traballar na concertación coas diferentes nacións indíxenas para construír un plan de acción nacional.

Nós, as Mulleres da Marcha Mundial das Mulleres de Galiza, solidarizámonos co chamado internacional feito polas Mulleres Indíxenas do Québec (FAQ) e a Coordinación do Québec da Marcha Mundial de Mulleres. É preciso que os factores sistémicos que favorecen a desaparición e o asasinato de mulleres indíxenas, sexan correctamente identificados e que os individuos, procesos e políticas responsables do mantemento do estatus quo – e dos danos subsecuentes para as mulleres e as nenas indíxenas – sexan desmantelados. As recomendacións e MEDIDAS de cambio son necesarias para mellorar a seguridade das mulleres e das nenas indíxenas de todos os sectores de Canadá.

Unha enquisa pública nacional exhaustiva sobre a violencia hacia as mulleres e nenas indíxenas de Canadá procuraría a certeza aos pobos indíxenas que todas as esferas do goberno recoñecen a gravidade do problema e se comprometen a acabar con este ciclo de violencia. Unha investigación permitiría igualmente sensibilizar aínda máis á poboación sobre esta crisis de violación dos dereitos das persoas en Canadá, a cal moitos e moitas canadenses ignoran. A inclusión de familias indíxenas nos procesos de planificación, de implementación e de post-informe da enquisa pública nacional é primordial para o éxito desta actividade e asegura que as voces das familias sexan escoitadas. É esencial igualmente que a enquisa permita ter en conta ás asociacións de mulleres indíxenas, posto que moitas delas dispoñen de datos e informacións que recolleron no transcurso dos últimos anos.

Respetuosamente,

Solidariedade feminista,

Coordinación Nacional da Marcha Mundial de Mulleres de Galiza marchagaliza@gmail.com www.feminismo.info

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram