Manifesto das novas feministas da Europa

novasfeministas.jpg

Este texto é un documento de traballo creado no Campamento de novas feministas da europa organizado en 2011 polo grupo de novas da Coordenadora de París da Marcha Mundial das Mulleres.

Durante os sete días que durou o campamento tiveron lugar numerosos talleres, obradoiros e debates en torno a diversos temas que cristalizaron no presente documento de traballo conxunto realizado por mozas de Francia, Galiza, Bélxica, Euskal Herria, Suiza, Portugal, Armenia, Rumanía, Polonia e Macedonia.

novasfeministas.jpg

[ Premer na imaxe para descargar ou ver ]

O obxetivo do presente documento é analizar conxuntamente as loitas compartidas e traballar na elaboración de respostas e estratexias comúns para afrontalas no futuro.

 

Tribunal de acusación

tribunal_acusacion.jpg

O domingo 17 de Outubro de 2010 tivo lugar o Peche da 3ª Acción Internacional da Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres con actividades-espello en todas as partes do mundo do acto central que aconteceu en Sud Kivu na República Democrática do Congo.

Na Galiza ocupamos a Praza da Princesa de Vigo como símbolo da visibilización pública que queriamos facer da situación de guerra, opresión e violencia que sofren as nosas irmás congolesas, así como todas as irmás do mundo que viven en zonas de conflito armado.

O Tribunal de Acusación contra as violacións dos dereitos das mulleres na RD do Congo levou ao público á traxectoria de violencia, horror e inxustiza que viven os diferentes sectores da sociedade congolesa ao mesmo tempo que foi identificando as causas dos conflitos armados e pobreza nun país con unha grande riqueza en materias primas e incuestionábel potencial humano. Neste conflito como en moitos outros que están a ocorrer en outros lugares, os responsábeis ten cara e nome e deben ser acusados, xulgados e condenados: o capitalismo, o machismo, o racismo, os gobernos corruptos, as multinacionais, os gobernos e institucións occidentais e internacionais que ollan para outro lado por conseguir manter un estilo de vida consumista e neoliberal onde o pobo fica desprovisto de toda capacidade de acción, todos foron xulgados e condenados neste Tribunal de Mulleres, onde a xustiza fíxose realidade.

A continuación o texto completo deste acto:

tribunal_acusacion.jpg

[ Preme na imaxe para descargar o texto do tribunal ]

Ante un novo asasinato machista

A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración para este MARTES 13 de DECEMBRO ás 20h diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) en repulsa polo asasinato dunha muller da localidade coruñesa de Carral, a mans da súa exparella.

Agradeceríamos a súa máxima difusión nos medios e a sensibilización e concienciación da sociedade coa participación na mesma, xa que é intolerábel que siga habendo vítimas de violencia de xénero en pleno século XXI, só polo feito de sermos mulleres. Cordenadora Local de Vigo.

Concentracións no país:

Compostela: 13-12 às 20:30. Na Porta Do Caminho.
Ferrol: 13-12 às 20h diante da Câmara municipal.
Vigo: 13-12 ás 20h diante do Marco

Crónica do 25N en Compostela

teatroforum.jpg

O luns 21 de Nov. Charla con Mª Xosé Porteiro sobre o tratamento da violencia machista nos medios. Destacada xornalista nos anos 80-90,pioneira en exixiren servizos públicos para as mulleres,como A Casa de Acollida.Traballou na prensa,na radio e foi diputada na Galiza e tamén en España.Loitadora polos dereitos das mulleres. Da súa man coñecimos a lexislación que fai que cada comunidade autónoma se autorregule,tendo carta branca á hora de informar,pasando do código ético do xornalismo. Conversamos sobre cómo se transmiten as novas sobre violencia machista,a falla de moral en describiren ás que sofren malostratos,as aberracións cometidas cando se contan feitos desta natureza.Ademais tratouse o tema do dano que está a causar a TV, na publicidade sexista e nas películas que reproducen roles que xa debían estar superados hoxe en día .Outra idea fundamental é a de introduciren nas facultades de Xornalismo perspectiva de xénero para que @s futur@s estudantes saiban coidar os contidos que manexan sobre o tema da muller.Quedounos bo sabor de boca e gañas de seguiren afondando.

teatroforum.jpg

O martes 22 de Novembro, o Teatro da Oprimida fixo a súa aparición nas Xornadas de Loita contra o Patriarcado, un teatro fórum que non só representa, tamén insta ao público a participar na obra. Neste caso, amosouse unha situación bastante común: unha muller maltratada polo seu home. Fixéronse varias actuacións, representando diversos contextos. Por unha banda, unha muller anulada por completo pola súa parella durante unha conversa con amigos e amigas. Por outra, unha conversa entre a víctima e unha amiga, que nota algo extraño no seu comportamento pese aos reiterados intentos de rehuir a conversa. Por último, un marido enfurecido humillando e denigrando á súa muller, que durante a agresión cavila nos seus desexos de liberdade. Despois da representación, abriuse un debate que intentaba chegar a unha forma de deter esta situación. Varias persoas do público fixeron propostas sobre en qué momento dun determinado contexto se podía conseguir, e saíron ao escenario no papel da personaxe que consideraban clave. Algunhas e algúns optaron polo encaramento co opresor, alguén optou pola búsqueda dunha man amiga que nos preste axuda. Pero, en ningún caso se conseguiu, o cal fixo que chegaramos a unha conclusión en común: poder parar esta situación, non só é traballo da muller maltratada, anulada psicolóxicamente e que dificilmente reunirá forzas para encararse coa súa realidade, nin do seu círculo máis cercano, que pouco pode conseguir sen a vontade da víctima. É unha labor social e inminente, no que todas e todos temos que traballar a prol dunha muller autónoma que non ceda ante a ofensiva patriarcal.

curtascompos.jpg

O mércores proxectáronse dúas curtas, “Nasija” e “Desenfocada”, que mostran as distintas caras da violencia machista a través de dúas historias ben distintas: unha na África subsahariana e outra na sociedade occidental. As curtas facilitaron un debate posterior sobre os tipos de violencia e as solucións a esta; afloraron tamén distintas críticas ás curtas, aos estereotipos e á imaxe da muller que moitas veces ten a sociedade á hora de falar da “violencia de xénero” nas súas formas e no seu sentido máis xenérico, amosando a necesidade de transmitir unha mensaxe de empoderamento das mulleres.

charocompos.jpg

O xoves 24 tivemos a sorte de contar coa presencia de Lola Ferreiro para falarnos da violencia institucional. A Catedrática, que se define a si mesma como feminista de clase; mostrounos como a violencia de xénero é un problema estrutural, que vai máis aló do maltrato físico. Con todas as súas achegas, Lola mostrounos como a finalidade da violencia institucional é manter a situación de opresión. Para rematar Lola Ferreiro falounos da Lei de Familia, deixando ao descuberto a concepción baixo a cal está feita, e cales son as súas pretensións.

compos06.jpg

VENRES 25 de Nov, Concentración no Toural:

Este ano a novidade foi que temos un novo punto de encontro:a libraría Lila deLilith,dende onde saimos para a praza co megáfono e a pancarta,ilusionadas,á vez que cansas polo esforzo realizado.Unha vez no Toural,nos esperaban as mozas de Galiza Nova,as dos comités abertos de facultade,a Rede Feminista de Compostela e tamén nos tiñan pedido colaborar @s indignad@s e Implicadas no Desenvolvemento. Coreamos e cantamos as coñecidas consignas para a ocasión.Logo dúas mozas da Marcha,que convocou o acto,leron o noso manifesto,facendo un epílogo dicindo que ogallá non tiveramos que xuntarnos cada 25 de Novembro endexamáis,polo tanto non hai NADA que celebrar,como non sexa seguir xunguidas facendo forza.

[ Ver Álbum fotos ]

[ Ver fragmento video ]

Crónica do 25N en Ourense

ourense25n02.jpg

En Ourense a Marcha Mundial das Mulleres realizou este ano dúas actividades en torno ao 25 de novembro.

ourense25n02.jpg

Na primeira, o Venres 25 ás 20.30h realizaronse unha serie de pequenas pezas teatralizadas en 4 prazas da cidade para tentar visibilizar diferentes tipos de violencia machista que padecen as mulleres.

ourense25n03.jpg

A primeira ‘estatua’ realizouse no Parque San Lázaro, espazo no que comezou a actividade, e foi unha denuncia do modelo de beleza imposto polo sistema e os estereotipos sexistas que as mulleres padecen como agresión á diversidade corporal.

ourense25n06.jpg

A segunda ‘estatua’, na Praza do Ferro, visibilizou a indiferencia que gran parte da sociedade mostra fronte aos traballos domésticos, a crianza e os coidados. Traballos que recaen maioritariamente nas mulleres.

ourense25n07.jpg

Nunha terceira ‘estatua’, xunto á Praza dos Suavez, a coordenadora local de Ourense realizou unha teatralización dos conflictos armados e como son as mulleres as principais víctimas tanto en época de conflicto como de paz, tanto pola perda das súas vidas, os abusos aos que son sometidas ou o entorno social no que viven nestes conflitos.

ourense25n08.jpg

A derradeira ‘estatua’ tivo lugar nas escaleiras da igrexa de Santa Eufemia e denunciou todo o que supón para as mulleres a escola machista e a sociedade debedora da tradición relixiosa que nega os dereitos das mulleres a decidir sobre a vida, a maternidade, o corpo e a sexualidade.

ourense25n04.jpg

O Sábado 26N ás 19.30h  tivo lugar a proxección do documental ‘As Silenciadas’ que contou coa presenza do director, Pablo Ces, e da guionista e investigadora Aurora Marco. Durante a proxección deste documental se puido escoitar a Pilo Sierra interpretar algúns dos temas que compuxo para este documental.

ourense25n01.jpg

‘As Silenciadas’ é un documental no que se recupera historias de vida de mulleres galegas que andaron na clandestinidade ou apoiaron dende a chaira ao movemento guerrilleiro e os custes desa defensa e apoio: cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio…

ourense25n05.jpg

A proxección tivo lugar no Museo Municipal de Ourense e coincidiu coa exposición do Outono Fotográfico ‘Lesbianas e moito máis’ de Hanna Jarzabek motivo polo cal na rolda de prensa de apresentación a Coordenadora de Ourense de Marcha Mundial aproveitou para denunciar o trato ao que o goberno Polaco somete ás lesbianas.

[ Ver álbum de fotos ]

Crónica do 25N en Vigo

manivigo.jpg

manivigo.jpg

Manifestámonos na tarde-noite do venres 25 de novembro de 2011 percorrendo o centro da cidade para reclamarmos cambiar o mundo o mundo acabando coa violencia machista.

Instalamos o Museo interactivo contra a violencia de machista:

museovigo1.jpg

Este museo-exposición consistiu na visualización de diferentes obxectos vinculados coa vida das mulleres. Obxectos que teñen a peculiaridade de desempeñar diferentes significados en relación coa violencia machista, ben por ser considerados elementos xustificativos desta violencia, ou tamén, por seren empregados,polas mulleres, para paliar este drama.

museovigo2.jpg

Con esta actividade, tentamos imaxinar un futuro no que a violencia desapareza da sociedade e quede así reflectido nos museos como símbolo dun pasado xa superado.

museovigo3.jpg

[ Ver Álbum de fotos ]

Crónica do 25N en Ferrolterra

25 novembro 2011 fene 058.jpg

25 novembro 2011 fene 058.jpg

Na concentración á que acudiron unhas 170 persoas, realizouse un acto reivindicativo co obxectivo de facernos reflexionar sobre as diferentes formas de violencia contra a muller. Non só é violencia a agresión física, os insultos, as ameazas… senón que hai outras formas de exercer violencia e que se diron a coñecer a través de frases que foron lídas en voz alta, expostas en diferentes paneis para logo, de xeito simbólico, ser destruídas:

-O que nos agrede

-O que nos recorta dereitos

-O que nos invisibiliza

-O que nos discrimina

-O que nos asasina

O sexto panel era o listado das mulleres asasinadas no estado español no que vai deste 2011.

Unha vez destruidos os paneis con todo o que significa violencia contra as mulleres, fixemos aparecer unha gran flor con frases en positivo para darnos conta que “xuntas podemos, queremos e o faremos”.

[ Ver Álbum fotos ]

As actividades do 25N da Marcha Mundial das Mulleres na prensa

img_4841 rolda.jpg

img_4841 rolda.jpg

http://www.20minutos.es/noticia/1232798/0/

http://www.europapress.es/galicia/noticia-violencia-genero-motivo-ano-mas-1110-ordenes-proteccion-galicia-donde-ya-causado-dos-muertes-20111124182933.html

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/11/24/0003_201111F24C7993.htm

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/11/26/0003_201111O26C10991.htm

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/11/26/5000-personas-enlazan-vigo-denunciar-violencia-genero/600864.html

http://www.laregion.es/noticia/183376/voces/femeninas/defiende/papel/mujer/musica/

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/11/25/0003_201111O25C9994.htm

http://www.laregion.es/noticia/183611/rebelion/contra/violencia/genero/politicos/ciudadanos/

http://www.tempodelecerourense.com/Novas/RUA/MMM2011.dwt

 

Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

O pasado 21 de novembro, comezou o Encontro Internacional da MMM, na cidade de Quezon, Filipinas.

No primeiro día chegaron a Filipinas 80 mulleres procedentes de 34 países que se reunirán durante estes días para pór en común o traballo desenvolvido en cada un dos países e as estratexias de futuro.

O primeiro dos debates conxuntos configurou a análise política da situación actual en 4 eixos:

1 – Somos un movimento arraigado nas loitas locais e con relacións e estratexias internacionais.
2 – Articulamos os puntos comúns das loitas nos catro eixos de acción definidos en 2010.
3 – Creamos, de forma colectiva, experiencias democráticas de autoxestión donde todas podamos contribuir.
4 – Construimos alianzas que podan afortalar a loita feminista en todas as áreas.

A continuación podedes ver as fotos da chegada das delegadas galegas e das primeiras xornadas do Encontro Internacional.

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram