CONCENTRACIÓN, LUNS, 21 DE XUÑO, ÁS 20:00 HRS. EN PRINCIPE, DIANTE DO MARCO

ATAQUE NO PARLAMENTO GALEGO CONTRA O DEREITO DAS MULLERES A DECIDIR SOBRE A SÚA MATERNIDADE (ou como crear unha nova sección feminina de axitación e propaganda en contra do aborto).

O próximo martes, 22 de xuño, vaise debater no parlamento galego unha iniciativa lexislativa popular, promovida polos grupos antiabortistas, e apoiada desde a Secretaria de Igualdade, coa que se pretende iniciar un camiño sen retorno, un retroceso lexislativo gravísimo, similar ao emprendido polos grupos máis reaccionarios e ultraconservadores en Estados Unidos, tentando dotar de personalidade xurídica ao feto, a través de subterfuxios e escondendo as súas perversas intencións baixo a bandeira da defensa das mulleres embarazadas. Despois deste primeiro paso virá a contraposición de intereses entre o feto e a muller, e a culminación será a prevalencia dos dereitos do nonnato frente aos dereitos da muller.
Para dar esta batalla pretenden a traveés desta lei que as institucións públicas promovan de xeito activo a maternidade -especialmente entre xoves e inmigrantes- fronte a posibilidade de escoller, e crear ao mesmo tempo unha estructura de axitación e propaganda antiabortista -financiada polas institucións-
Unha nova sección feminina do século XXI que teña como obxectivo promover a maternidade como destino da muller, ou como dician os nazis: Kinder, Kirche und Küche (NENOS, IGREXA, COCIÑA).
Evidentemente a MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES non cuestiona a libre decisión das mulleres que queren ser nais: Os poderes públicos teñen a obriga de garantir ese dereito e de apoiar a través dos servizos públicos o exercicio dese dereito. Pero tampouco cuestionamos as mulleres que deciden non ser nais ou interrumpir o embarazo. Son os poderes públicos os que teñen que garantir tamén ese dereito.
Pero a iniciativa lexislativa non fala de servizos públicos, nen de promover a educación sexual e afectiva para evitar os embarazos non desexados, nen da creación de prazas en escolas infantís, nen da creación de servizos públicos de atención a persoas dependentes, etc. etc.
NON SE PODE FALAR DE APOIO AS MULLERES EMBARAZADAS E SEGUIR DEIXANDO DE LADO A CREACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS QUE PERMITAN COMPATIBILIZAR O TRABALLO REMUNERADO COA MATERNIDADE, AGARDANDO QUE AS MULLERES SIGAMOS CUMPRINDO O NOSO PAPEL DE COIDADORAS.
POR ULTIMO, NON PODEMOS CONSENTIR QUE A SECRETARIA DA IGUALDADE, QUE TEN COMO FIN PRINCIPAL A LOITA POLA IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES, E QUE NACEU DA LOITA FEMINISTA POLOS DEREITOS DAS MULLERES, SE CONVIRTA NO BRAZO INSTITUCIONAL DOS SECTORES ULTRACONSERVADORES E CONTRARIOS AOS DEREITOS DAS MULLERES

declaración DAS MULLERES CRISTIÁS GALEGAS SOBRE O DEREITO AO ABORTO

O aborto como interrupción voluntaria do embarazo

O aborto é un tema que non nos deixa indiferentes. O pasado ano 2009 xuntámonos un grupo de mulleres da Asociación Mulleres Cristiás Galegas – Exeria para elaborar, entre todas, a nosa palabra de mulleres sobre esta cuestión. O documento qeu segue é o froito desas reflexións, e foi aprobado na XXVII Asemblea de Mulleres Cristiás Galegas, celebrada en Santiago de Compostela o 22 de Novembro de 2009.

Partimos de que:

  • Neste momento da historia do patriarcado, as mulleres como colectivo podemos expresarnos publicamente. A nosa palabra de mulleres é unha palabra diferente e nosoutras decidimos afrontar o reto de dicila
  • Ó longo da historia do patriarcado, as mulleres como colectivo padecemos un dominio e un control  sobre do noso corpo, sobre da nosa sexualidade, sobre os nosos embarazos e partos. Recen agora estamos a entender que somos o noso corpo e que este -teña as condicións que teña- non é indigno nin motivo de vergonza
  • Ó longo da historia, as mulleres como colectivo dedicamos o noso tempo e as nosas enerxías a parir, a alimentar e a criar vida. Por iso, partimos dunha confianza e dun respecto básicos nas decisións das mulleres como colectivo fronte a todo o relacionado coa vida
  • Sabemos que o aborto sempre supón dor, sufrimento e traxedia. E por iso entendemos que, basicamente, é un mal. Ó longo da historia do patriarcado e ata a actualidade, sempre se realizaron abortos: unhas veces para dominar uns pobos sobre outros, outras por decisións políticas; algunhas veces por decisión de homes para evitar escándalos públicos, e outras tamén por decisión das mulleres embarazadas debido a múltiples motivos
  • Nós, mulleres, cristiás e galegas, queremos vivir e facer reflexión desde a nosa fe nun Deus que integra masculino e feminino nun respecto fondo pola diversidade dinámica da vida en continuo movemento e transformación. Queremos vivir e facer reflexión desde a escoita das palabras e da vida do noso irmán Xesús, amigo e defensor dos dereitos das mulleres por riba das normas sociais e relixiosas do seu tempo. Queremos vivir e facer reflexión inspiradas polo Materno Espírito que o impregna e vitaliza todo. Queremos vivir e facer reflexión seguindo os pasos doutras mulleres crentes que nos antecederon e que recoñecemos como nosas irmás maiores: María a nai de Xesús, María a Magdalena e as demais discípulas e seguidoras activas da Boa Nova do Evanxeo

Polo tanto, e como consecuencia de todo o anterior, consideramos deslexitimada e non vinculante a palabra oficial da xerarquía católica en relación á cuestión do aborto

E entendemos que nosoutras temos o dereito de existir e vivir en liberdade e de decidir sobre as nosas vidas

tendo en conta todo isto:

  1. Entendemos que a cuestión do aborto é unha cuestión complexa, que toca moitas dimensións (relacional, sexual, social, legal, moral…) e que ten que ver coa vida e polo tanto é unha cuestión fronteira
  1. Queremos que as institucións públicas e a sociedade civil en xeral tomen medidas e utilicen recursos para acompañar, asesorar e apoiar a calquera muller embarazada que pense na posibilidade dunha interrupción do seu embarazo
  1. Non  queremos xulgar a ningunha muller que tome a decisión de interromper o seu embarazo. De principio cremos no dereito de calquera muller para decidir por si mesma sobre unha cuestión tan vital
  1. Queremos que calquera muller -de calquera condición social ou económica- que decida a  interrupción do seu embarazo estea amparada por unhas prácticas seguras desde a sanidade pública
  1. Queremos que non se penalice de ningún xeito ás mulleres que, nun momento da súa vida, deciden ou se ven abocadas a abortar
  1. Defendemos unha educación afectivo-sexual integral desde instancias públicas para evitar chegar a situacións non desexadas inicialmente
  1. Traballamos por unha sociedade que nos recoñeza a nós, mulleres, como cidadás de pleno dereito desde a nosa orixinalidade e diversidade
  1. Traballamos por unha Igrexa democrática e horizontal que deixe de actuar con dobre moral; unha Igrexa que recoñeza a nosa palabra e as nosas decisións e que respecte o noso proceder

Asociación Mulleres Cristiás Galegas – Exeria
Documento aprobado en Asemblea
en Santiago de Compostela, a 22 de novembro do 2009

Mulleres de Europa, sublevádevos !

Comunicado de prensa das mulleres do CADTM (Comité para a Anulaciónn da Débeda do Terceiro Mundo).

Nós, mulleres reunidas no seminario de CADTM, titulado « Do norte ao sur do planeta: Claves para comprender a débeda pública », reunidas o 22, 23, 24 de maio 2010 en Bélxica, protestamos contra as medidas de austeridade impostas polo goberno grego, o FMI e a Unión Europea á poboación grega baixo o pretexto da débeda pública grega.

Estas medidas representan un fito histórico na historia da Europa contemporánea: Rómpese de súpeto, o que era impensable ata o día de onte, dereitos e conquistas sociais de millóns de gregas e gregos e especialmente as mulleres. Son o preludio da sorte de todas nós en Europa no futuro. As súas consecuencias serán unha vida na pobreza absoluta, o desemprego, a violencia e a angustia constante pola supervivencia de toda Europa.

Felicitamos ás mulleres da rede grega da Marcha Mundial das Mulleres que romperon o tabú e iniciaron unha marcha de protesta contra os gastos militares do Gobierno grego diante do Ministerio de Defensa o 9 de maio 2010 Atenas.

Grecia gaña un triste récord: Ocupa o 5 º lugar no mundo e o  primeiro en Europa como cliente dos traficantes de armas. Compra fragatas francesas, submarinos alemáns, avións de combate, tanques, sacrificando no altar da industria militar occidental as necesidades vitais dos seus ciudadáns: O emprego, a saúde, a educación, a alegría de vivir. ¡Qué hipocresía! ¡Por un lado, as potencias occidentais prestan diñeiro a Grecia, supostamente “para salvala” polo contrario, obrígana a mercar ás súas armas!

A razón debería dictarnos, no momento en que Grecia se atopa nun momento crítico, que esta política sin sentido de almacenar armas sexa abandoada para atender ás necesidades sociais básicas das persoas pensionistas pobres, as desempregadas, as familias monomarentais das cales a grande maioría son as mulleres.

¡Nosoutras, as mulleres do CADTM, esiximos a suspensión inmediata do pago da débeda pública grega! 
¡Esiximos unha auditoría da débeda co fin de determinar a parte de débedas ilexítimas que terán que abolir pura e llanamente !

Esiximos o cese dos gastos en armamento e a inversión en gasto social de utilidade: As necesidades sociais e a loita contra a violencia contra a muller.

Facemos un chamamento á rebelión contra a austeridade que nos impoñen os capitalistas. ¡Non imos a pagar o pato! Instamos á Marcha Mundial das Mulleres e a todos os movimentos sociais que se reunirán en Estambul do 30 xuño ao 4 de xullo 2010, con motivo do Foro Social Europeo, para apoiar a nosa chamada á rebelión.

Hoxe en día, estes ataques contra os dereitos da cidadanía grega no nome da débeda é unha proba da nosa resistencia. Estes ataques contra os nosos dereitos agravarán as nosas condicións de vidas, xa en Letonia, Islandia, Rumanía, hoxe en Grecia e pronto en Europa enteira.

¡Mulleres de Europa, sublevádeos !

As mulleres do CADTM

Lançamento da III Acçom Internacional da Marcha Mundial das Mulheres em Compostela

Este sábado 13 de março teve lugar o lançamento da III Acçom Internacional da Marcha Mundial das Mulheres em Compostela. De todas as comarcas da Galiza vinherom mulheres individuais e de diferentes organizações com as suas marchantas com as que quiserom visibilizar uma vez mais a luita pola liberdade e direitos de todas as mulheres em todo o mundo. Juntarom-se na estaçom de comboios de Compostela e desde ali iniciou-se uma marcha colorida e musicada até a Praça de Cervantes, onde esperava uma merenda popular e uma exposiçom sobre o 8 de março que viajará polas diferentes localidades desde agora até o 17 de outubro.

Maite, activista de Mulleres Cristiás Galegas foi a encarregada de apresentar o acto e introduzir ao público ali congregado sobre o significado que para nós, mulheres da Marcha, tem esta acçom 2010, com a que queremos reivindicar o protagonismo das mulheres nos diferentes âmbitos de acçom social e política e que estará especialmente dedicada ao fundamental papel das mulheres como agentes activas de paz naqueles lugares do mundo onde existe conflito armado.

Forom apresentadas 14 bonecas mui diversas em forma e em contidos e que desde diferentes perspectivas materializavam os sentimentos e desejos cara um mundo sem pobreza e sem violência polo que todas luitamos. Estas bonecas som parte duma acçom mundial na que mulheres de todas as regiões do mundo construirom bonecas similares que viajaram a Sud Kivu, na RD do Congo, e se uniram á marcha de mulheres dos cinco continentes que fechará a III Acçom Internacional no 17 de outubro.

O grupo “Churra e Merina Supervedettes” fecharom o acto com uma actuaçom que fez dançar, rir e pensar, e sobretudo desfrutar a todas as que ali estavamos. Ficou assim inaugurada a Acçom internacional da Marcha Mundial das Mulheres na Galiza.

Mulheres em marcha até  que todas sejamos livres!!!

Galería de fotos:

{gallery}2010_iiiaccion{/gallery}

Podes ver todas as fotos nesta ligazón: Album III acción internacional 13-03-2010

Para mais informaçom e participar nas actividades nacionais e das diferentes localidades, contactar com marchagaliza@gmail.com

CEN ANOS LOITANDO, CEN ANOS CREANDO – 8 de Marzo Día Internacional das Mulleres

Durante a II Conferencia Internacional das Mulleres Socialistas, celebrada en Copenhague, en agosto do ano 1910, Clara Zetkin conseguiu que se aprobase a Celebración do Día Internacional da Muller, data que se consolidou posteriormente no día 8 de marzo.

Durante estes cen anos, o 8 de marzo serviu para visibilizar as loitas e as demandas feministas, loitas pacíficas que significaron importantes avances na vida de millóns de mulleres, creando novas formas de pensamento e acción, propoñendo e construíndo un novo modelo de relacións sociais.

Mais, cen anos despois, as mulleres seguimos tendo que reivindicar o evidente.

No ano do centenario do 8 de marzo, as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres dos cinco continentes, facemos un chamamento a “marchar” para demostrar a nosa perseveranza e a nosa forza colectiva, con distintas experiencias, culturas políticas e orixes étnicas, pero compartindo sempre un obxectivo común: o desexo de superar a inxusta orde actual que provoca a violencia e pobreza, e constituír o mundo que queremos baseado na paz, a xustiza, a liberdade, a igualdade e a solidariedade.

Convócase a toda a cidadanía a participar nos actos que as diferentes coordinadoras comarcais da MMM van realizar en celebración do Día Internacional das Mulleres

Adxúntase cartaz da convocatoria e comunicado completo da Marcha Mundial das Mulleres.
Máis información en www.feminismo.info

ACTOS DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES na GALIZA

Ourense
Luns, 8 de Marzo
Obradoiro ás 17:30 hrs.
Praza Maior

A Coruña
Luns, 8 de Marzo
Festa de celebración do movemento feminista

de 12:00hrs ás 20:30hrs
Praza das Conchiñas

Vigo
Luns, 8 de Marzo
Manifestación ás 20:00 hrs.
Desde a Praza de Portugal

Compostela
Luns, 8 de Marzo
Manifestación ás 20:30 hrs.
Desde a Praza do Toural

Ferrolterra
Luns, 8 de Marzo

Concentración ás 20:00 hrs.
Cantón de Molíns (Ferrol)

Pontevedra
Luns, 8 de Marzo
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza 8 de Marzo

[ Descarga aquí o MANIFESTO 8Marzo ]

Convocatorias 8 Marzo de 2010

Convocatorias da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza para este 8 de Marzo de 2010
100 anos loitando, 100 anos creando

Vigo
Luns 8, 20.00 Horas
Manifestación desde a Praza Portugal

Pontevedra
Luns 8, 20.30 Horas
Concentración na Praza 8 de Marzo

Compostela
Luns 8, 20.30 Horas
Manifestación desde a Praza do Toural

Ferrolterra
Luns 8, 20.00 Horas
Concentración no Cantón de Molins

Ourense
Luns 8, 17.30 Horas
Obradoiro na Praza Maior

A Coruña
Luns, 8 de Marzo
Festa reivindicativa do movemento feminista
de 12:00hrs ás 20:00hrs Praza das Conchiñas

As accións internacionais da Marcha Mundial das Mulleres…

… son momentos para fortalecer a nosa identidade como movemento. Estar en marcha expresa a idea de seguir libremente, sen coaccións ou impedimentos, para expresar a forza das mulleres organizadas de forma colectiva, en asociacións, grupos, movementos, con experiencias, culturas políticas e etnias diferentes, mais que teñen unha identidade común: superar a actual orde inxusta, que provoca a violencia e a pobreza. Tamén expresa a nosa solidariedade internacional e o facto de que estamos alertas ao que pasa ás nossas compañeiras noutras partes do mundo.

No 2010, faremos as nosas voces seren ouvidas aínda con mais forza entre os dias 8 de marzo e 17 de outubro en todo o mundo. As nosas accións mundiais serán organizadas en dous momentos de maior énfase:

  • periodo entre o 8 e 18 de marzo, con marchas de diferentes tipos, formas, cores e ritmos, nas rexións, que marcarán tamén o centenario da Declaración do Dia Internacional das Mulleres;
  • marchas e accións simultaneas no dia 17 de outubro con un punto de encontro internacional en Sud Kivu, Congo, como forma de fortalecer o protagonismo das mulleres na resolución de conflictos.

Cómo participar?

Ao longo do 2010, están previstas diversas accións locais, nacionais e europeas como parte da construcción global da mobilización da Marcha Mundial das Mulleres. Algunhas das actividades previstas na Galiza son:

  • Marchas reivindicativas nas diferentes localidades da Galiza do 8 ao 18 de marzo.
  • Accións ao redor dos campos de acción da MMM: Ben común, violencia contra as mulleres, paz e antimilitarismo e/ou muller e traballo.
  • Mobilización europea pola paz e antimilitarismo
  • Apoio e difusión da acción internacional da MMM na República Democrática do Congo en Outubro

[ Descarga a volantina en RAG ou AGAL ]

As organizacións, colectivos ou mulleres individuais que se queiran unir á preparación da Acción 2010 poden entrar en contacto connosco en [link do contacto da MMM] ou

marchagaliza@gmail.com

+ 34 671 695 968

www.feminismo.info

MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

Outra muller asasinada na Galiza: A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa.

A Coruña, 30 de agosto de 2009

Outra muller asasinada na Galiza: A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa.

A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en distintas cidades galegas para denunciar un novo ataque contra os dereitos, a dignidade e a vida das mulleres.

Sexa cal sexa a idade, situación económica, formación, crenzas relixiosas ou estrato social, as mulleres seguimos a ser vítimas dunha sociedade machista que nos quere sumisas, obedientes, caladas e dependentes. Somos vítimas de individuos que nos ven como seres que deben ser dominados e controlados ata chegar á morte.

É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista

Na cidade da Coruña concentración o luns 31 de agosto ás 20:30 no Obelisco

Desexando que sexa a derradeira…

I Bandeira de Traíñas da Marcha Mundial das Mulleres

No domingo 16 de agosto tivo lugar a I Bandeira de Traíñas da Marcha Mundial das Mulleres en Perillo (Oleiros), a segunda regata da Liga Feminina de Traíñas, constituída neste ano e que supón un paso histórico no remo do noso país.

As mulleres do Club de Remo Meco fixéronse coa bandeira con un resultado final de 11:28:15 e volverán a competir coa embarcación Artábria, formada por remeiras de Salgado, Perillo e A Cabana o próximo sábado 22 en Ferrol.

Desde que as mulleres do remo participaran coa Marcha Mundial das Mulleres na Segunda Acción Mundial do 2005, traendo desde Portugal para á Galiza a Manta da Solidariedade en traiñeiriña, a nosa relación tense fortalecido enormemente. Hoxe, despois de 3 bandeiras de traiñeiriñas énchenos de orgullo e alegría ser parte da Liga Feminina de Traíñas coa I Bandeira de Traíñas da MMM.

É evidente que o traballo de todas e o crecente interese das institucións e organismos deportivos ten producido avances no eido do deporte feminino, mais non debemos esquecer que aínda hai moito camiño por andar. Para nós é fundamental a coeducación en igualdade para eliminar os estereotipos de xénero e a segregación por sexo nas escolas, onde aínda en moitos casos se están a potenciar diferentes actividades para nenas e para nenos. Isto non pode facer mais que perpetuar a sociedade patriarcal que oprime tanto a mulleres como a homes.

En termos dos medios de comunicación a desigualdade de xénero está plenamente vixente. Só temos que ollar para a prensa deportiva e analizar o espazo e relevancia que se lle dá ao deporte practicado por mulleres en relación ao dos homes, as diferenzas son escandalosamente significativas. A prensa ten de tomar conta da súa responsabilidade na construción dunha sociedade mais xusta e equitativa e criar e facilitar praxes e análises que potencialicen e reflictan a realidade das mulleres no deporte.

Precísanse de accións positivas nas que incluímos alén de leis e apoio institucional, o apoio social e non gobernamental ás prácticas deportivas das mulleres, esixindo o cumprimento das leis vixentes e novas accións en prol da igualdade efectiva para que as mulleres non se vexan obrigadas a abandonar as prácticas deportivas e se poda consolidar o deporte feminino profesional.

Desexámoslle o mellor a todas as mulleres remeiras nesta Liga e esperamos continuar a colaborar con elas no futuro.

‘queremos un futuro con mais mulleres que desfruten do deporte e dos beneficios que este comporta, así como un maior número de mulleres envolvidas en todos os aspectos da actividade física e o deporte: a dirección e a xestión, o treino, a arbitraxe, o xornalismo, a formación, a investigación e a práctica deportiva’ fuxindo así ‘dos  preconceitos e estereotipos que impiden as mulleres e os homes de se desenvolveren segundo as súas expectativas persoais e o seu potencial individual.‘ – Manifesto pola Igualdade e Participación da Muller no Deporte

Próximas regatas da Liga Feminina de Traíñas:

Sábado 22  de agosto en Ferrol

Domingo 30 de agosto en Vigo

Damos os nosos parabéns aos éxitos da embarcación galega feminina na liga ACT

Eis vos amosamos algunhas das imaxes dese día:

{gallery}Trainhas{/gallery}

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram