Reclamemos os Campos: Campamento Europeo para Cultivar Alternativas,

Coordinadora Europea Vía Campesina

Reclamemos os Campos

Campamento Europeo para Cultivar Alternativas,

30 de Setembro- 4 de Outubro 2009, en Minerve (Franza)

Nós, a mocidade da Coordinación Europea da Vía Campesiña estamos a organizar un campamento Europeo para xuntar á mocidade que se quixer establecer no campo, quer sexan labregas e labregos novos, labregas e labregos sen terra e/ou que quixeren recuperar a soberanía alimentar.

A crise global na agricultura, no clima, na enerxía, na biodiversidade e na sociedade en xeral está a ter un grande impacto sobre miles de millóns de vidas. Esta crise está estreitamente relacionada coa substitución da pequena agricultura por formas industriais de produción e consumo. Así como moitos miles de millóns foron dados aos bancos durante o ano pasado, o apoio dos gobernos para políticas neoliberais continúa a aniquilar á pequena agricultura e aos e ás labregas en todo o mundo. Estas políticas destrúen as formas de vivir que ten demostrado un enlace harmonioso entre seres humanos e o seu medio ambiente. Na Europa estas forzas están a levar á pequena agricultura e aos e ás labregas aos limites da extinción, facendo difícil que o campesiñado e que a mocidade poda comezar a traballar a terra como labregas e labregos.

Queremos ser labregas e labregos para volver a controlar as nosas vidas e practicar os nosos valores. Cultivando, demostramos o noso compromiso coa nosa terra, o noso medio ambiente e coa xente-sexa no noso bairro ou for en outros países afastados, cos que compartimos a vida neste planeta. De esta forma estamos a axudar a garantir un futuro  para as próximas xeracións. Podemos poñer fin a este proceso devastador se reforzamos a posición da mocidade labrega, relocalizando a economía e sendo creativas para criar un campo Europeo forte e sustentábel. O futuro da Europa é só posíbel se temos unha mocidade labrega numerosa!

Hai moitas loitas que temos de fortalecer: o aceso á terra, prezos xustos na agricultura, o recoñecemento social das labregas e labregos, políticas agrícolas xustas, e as loitas contra a dominación do modelo de agricultura industrial. Querémonos xuntar para nos fortalecer e facer posíbel que as persoas que queiran ser labregas o podan ser.

O campamento está  aberto á mocidade labrega e a todas as persoas interesadas en selo. Están benvidas a vir e intercambiar as súas experiencias e inspirarse polas das demais. Haberá unha grande variedade de obradoiros prácticos, políticos e teóricos sobre o aceso á terra, hortalizas urbanas, políticas agrícolas, agroecoloxía, alianzas entre consumidoras e produtoras e mais. Tamén poden contribuír con un tema para o seu propio obradoiro! Por favor comuníquenos o tema se ten unha proposta para un obradoiro, preenchendo o sitio web e enviándonolo antes do 15 de setembro.

O campamento terá  lugar nunha granxa colectiva no sul da Franza. Será organizado coa axuda de toda a xente que participar. Haberá unha asemblea diaria para organizar a vida na comunidade do campamento-desde a cociña colectiva e a limpeza até a organización de actividades e noticias. Pedirémoslles unha pequena contribución para as comidas e o aloxamento.

Para mais información por favor visiten a nosa páxina web: www.reclaimthefields.org

Se precisaren de mais información ou se quixeren involucrar mais, por favor contáctenos: camp2009@reclaimthefields.org

I Bandeira Marcha Mundial das Mulleres de Traiñas

I BANDEIRA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE TRAIÑAS
16 AGOSTO – PRAIA DE SANTA CRISTINA -NIRVANA -OLEIROS

AS 11:20hrs

Traiñas pola igualdade

O Concello de Oleriso acolle a segunda regata da Liga Galega Feminina de Traiñas, que reivindica a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no mundo do remo.

O deporte é un ámbito onde a muller a penas tivo cabida ao longo da súa historia. Os estereotipos adxudicados á muller de dozura, docilidade, fraxilidade, e aos homes como seres fortes, bruscos, dinámicos… seguen dalgún xeito estando vixentes e son a base de que, durante moitos anos a actividade deportiva das mulleres teña estado limitada e minusvalorada.

O exercicio físico e o deporte son actividades humanas estreitamente relacionadas coa saúde, a adaptación ao medio, o desenvolvemento corporal, os aspectos lúdicos, a comunicación e o control do propio corpo. Unha sociedade na que se respecten os dereitos de todas as persoas e se promovan as acciones necesarias para avanzar na igualdade de oportunidades non pode aceptar a actividade deportiva como un espazo exclusivamente masculino.

Porén, a presenza das mulleres no mundo do deporte é, na actualidade, un feito innegábel, trátase máis que dun problema de participación, de consideración social e de verdadeira igualdade de oportunidades para chegar ás esferas máis altas do deporte.

No deporte do remo, como noutras especialidades deportivas podemos ver a desigualdade entre homes e mulleres:

РMenor n̼mero de mulleres remeiras

– A presenza de mulleres na dirección, organización e xestión é practicamente nula.

– Os postos de responsabilidade dentro da federación están desempeñados por homes.

– As modalidades femininas son menos difundidas nos medios de comunicación.

– A ” non consideración” dos deportes femininos como profesionais

Esta desigualdade resultaba evidente nas categorías femininas de banco fixo : Falla de recoñecemento oficial dalgunhas categorías femininas, distintos campionatos, distintos premios, etc e coa loita das propias remeiras e dalgúns dirixentes e clubs de remo e co apoio da Marcha Mundial das Mulleres, do Servizo Galego de Igualdade e da Dirección Xeral de Deportes da Xunta de Galicia temos conseguido o recoñecemento oficial das categorías femininas de bateis, traiñeiriñas e traiñeiras a nivel estatal e a realización dos campionatos galegos de bateis e traiñeiriñas, no que as mulleres poden participar en pé de igualdade.

O 13 de febero a asamblea da Liga Noroeste aprobou a Liga Galega de Traiñeiras Femenina, no que será a súa primeira edición. A Liga Galega feminina de traiñas comenzou en Cabo de Cruz no mes de xullo coas tripulacións de A Cabana, Perillo, Mecos-Bueu e da Sociedade Deportivas Rias Baixas, onde se agrupan remeiras de Cabo de Cruz, Meira e Chapela.

Este 16 de Agosto terá lugar unha das súas probas en Perillo-Oleiros, onde se vai disputar a I Bandeira de Traiñas da Marcha Mundial das Mulleres. Outras serán o 22 de Agosto en A Cabana e o 30 de Agosto a final en Vigo.

A Marcha Mundial das Mulleres está implicada na co-organización desta I Bandeira de Traiñas co firme compromiso de apoiar a prenza de mulleres no deporte. Compre, por tanto, seguir estimulando a participación das mulleres no deporte a través de:

Levar a cabo accións de sensibilización dirixidas á comunidade educativa, así como a profesionais do deporte, co fin de promover unha elección non sexista das actividades deportivas.

Sensibilizar ás persoas responsables das federacións deportivas sobre a importancia do seu papel na promoción das actividades deportivas realizadas por mulleres.

Establecer como criterio prioritario na adxudicación de subvencións a creación e a promoción de equipos de mulleres e de actividades deportivas, cunha participación equilibrada de mulleres e homes.

Fomentar a incorporación das mulleres a aqueles ámbitos da práctica deportiva na que están infrarrepresentadas.

Analizar as causas que orixinan o abandono da práctica deportiva por parte das rapazas na etapa da adolescencia, utilizando os resultados desa análise para anima-las rapazas a que continúen coa práctica deportiva.

Instar aos organismos competentes para que se aumente na programación estable dos medios de comunicación públicos o número de retransmisións de deportes con participación feminina.

E nese compromiso traballa a Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres a través da organización desta I Bandeira de Traiñas da Marcha Mundial das Mulleres.

 

Outra muller asasinada na Galiza: A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa

A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración ante o asesinato de Ubaldina Pazos López

Nin a idade, nin a confesión relixiosa, nin os condicionantes xeográficos, nin a estración económica ou social, son freos para que o machismo exprese o seu ódio e as súas ansias de dominación.

Ubaldina, despois de parir 11 fill@s e estar imigrada en Francia, aos seus 74 anos estava soa ante o inimigo, un inimigo ao que temían todos, mais ao que ela parecía encadeada sin escapatoria posíbel. E asi encontrou a morte, unha morte cargada de simbolismo, para que non esquecera nin no último momento, a quen se debía, de quen era a escrava. Unhas chaves da casa metidas na boca e a cabeza reventada. Porque os machistas non soportan que as mulleres opinen, decidan, critiquen, mesmo falen. Os machistas mandan calar, “e ti que vas saber!”, “calada estas mais guapa”. Porque os machistas non soportan que as mulleres teñan o control, teñan poder, teñan as chaves.

Para os machistas a palabra das mulleres non vale nada. Para os machistas, as mulleres somos impuras, por iso non podemos ser ministras de Deus. Para os machistas, se non hai máis mulleres nos gobernos ou nas institucións é porque non valemos. Para os machistas, as mulleres podemos ser nais aos 16 anos, mesmo aos 14 ou aos 15. Para os machistas as mulleres vimos ao mundo para parir con dolor. Para os machistas, hai que separar aos nenos das nenas nas escolas, porque as nenas son un obstáculo para o seu desenvolvemento. Para os machistas, as mulleres non dan espectáculo no deporte. Para os machistas, as lesbianas o son porque non probaron do seu. Para os machistas unha muller na fábrica, no asteleiro ou no taller é unha usurpadora. Para os machistas, as mulleres non somos iguais, somos superiores para o amor, o sacrificio, a tenrura, a comprensión e a abnegación. Para os machistas, un home sen machismo non é un home.

Combatamos o machismo, todas e todos! Fora os machistas da nosa sociedade, das nosas institucións, das nosas crencias, do noso deporte e da nosa cultura … Fora o machismo das nosas vidas! Nin unha morta máis!

 

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa

A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en distintas cidades galegas para denunciar un novo ataque contra os dereitos, a dignidade e a vida das mulleres.

Non importa a idade, crenzas relixiosas, situación económica, formación ou estrato social. As mulleres seguimos a ser vítimas dos que se din “os nosos compañeiros” mais que non ven en nós a unhas iguais senon a seres que deben ser dominados e controlados ata chegar á morte.

Todas e todos temos que lembrar que debemos implicarnos na loita contra a violencia sobre as mulleres

É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista

 

Luns 10 de Agosto ás 20:30 en Coristanco, diante da Casa do Concello.

 

Luns 10 de agosto, ás 20:00, na Praza do Concello de Ferrol

En apoio das Labregas

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza adire á tractorada virtual proposta pola Rede Anticapitalista galega para sumar así á tractorada deste mércores 17 convocada polo SLG baixo a demanda de prezos mínimos para o leite e a modificación das políticas agrarias.

Máis información sobre a tractorada na web do Sindicato Labrego Galego.

Máis información sobre a tractorada virtual na web da Rede Anticapitalista.

Catro activistas da Marcha Mundial das Mulleres detidas en Turquía.

No medio dunha operación policial que se saldou coa detención de 35 sindicalistas do KESK – Confederación de Sindicatos de Empregados Públicos e EGITIAM-SEN – Sindicato do Ensino, catro activistas da Marcha Mundial das Mulleres vinculadas a estes sindicatos, viron como na mañá do día 28 foron asaltadas as súas vivendas e confiscados os seus ordenadores e documentación. Desde esse mesmo momento os seus representantes sindicais e advogados non puideron ter notícia nengunha sobre a súa situación.

Trátase de Yuksel Mutlu (Asociación de Dereitos Humanos – Human Rights Association); Songul Morsumbul, Secretaria de Mulleres da KESK – (Women’s Secretary of the KESK – Confederation of Public Employees Trade Unions); Gulcin Isbert Secretaria de Mujeres de EGITIM-SEN  (Women’s Secretary of the EGITIM-SEN) e Elif Akgul, anterior Secretaria de Mulleres de EGITIM-SEN

A Confederación Sindical Internacional leva denunciando reiteradamente a violación dos direitos sindicais en Turquia, e somos coñecedoras tamén, das dificultades que tiñan que superar as nosas compañeiras, para celebrar datas tan significativas como a do 8 de Marzo “Dia Internacional das Mulleres”, data na que se enfrentan a proibicións gubernativas, represión policial das manifestacions e detencións.

A Marcha Mundial das Mulleres esixe a sua posta inmediata en liberdade xunto ao resto de sindicalistas, no que valora como un ataque directo ao traballo desenvolvido polas nossas activistas na defensa dos dereitos das mulleres, tanto dentro da súa actividade sindical como no movimento social opositor en Turquia.

A Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza enviou ao presidente turco Abdurrahman Gul, unha comunicación onde se lle pide a inmediata liberdade das persoas detidas nesta operación contra o movimento sindical turco e contra as activistas da Marcha Mundial das Mulleres.

A continuación tedes un modelo de carta (individual e colectiva) pedindo a liberdade dos 35 sindicalistas e das nosas compañeiras, que podedes descargar e enviar ao número de fax do presidente turco: 0090 312 418 4183 para amosar a vosa solidariedade.

[ Descargar a carta individual ]
[ Descargar carta colectivos/organizacións ]

Tamén podedes enviar cartas as autoridades Turcas a través dos seguintes enderezos electrónicos:

bimer@basbakanlik.gov.tr (atención ao cidadán)
bphism@egm.gov.tr (ministerio do interior)
ou a calquera dos parlamentarios Turcos do seguinte Listado de correos-e

Agradeceriamos tamén que vos fixerades eco da nova nas vosas webs ou enviarades aos vosos correos esta petición.

[ Máis información WMW ]

En solidariedade.
Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres.

 

,

Domingo 31 Maio: Acto Reivindicativo na Praça da Quintana, Compostela

FLORES, MÚSICA, POESIA E COPLAS…EM DEFESA DO DIREITO AO ABORTO, NA SANIDADE PÚBLICA!!

O próximo domingo 31 de Maio, a Marcha Mundial das Mulheres concluirá a primeira fase da campanha EM DEFESA DO DIREITO AO ABORTO, NA SANIDADE PÚBLICA. EU DECIDO! que leva, ao longo das últimas semanas no nosso país, abrindo espaços de debate e reflexom mediante palestras e performance. Um debate ao redor da necesidade de afiançar o direito aborto, que está recolhendo apoios de organizaçons e colectivos sociais, ademais de sinaturas de todas aquelas pessoas que vem, coma nós, a necessidade de asegurar um direito fundamental das mulheres, o direito ao aborto.

Todo isto num contexto político onde, por umha banda se apresenta um proxecto de lei que pretende ampliar a cobertura legal de mulheres e profesionais que practicam abortos, e por outra banda existe um ataque virulento por parte dos sectores máis patriarcais da sociedade, que apresentam umha forte resistencia a todo o que suponha soberania das mulheres sobre o seu corpo e autonomia para tomar as decisións que lhe atinge, sem pressons, sem tutelas nem paternalismos .

O feche desta campanha consistirá na construçom, na Praça da Quintana de Compostela, dum maio reivindicativo e umha alfombra floral. Elegiu-se esta forma de manifestar as nossas reivindicaçons, conhecedoras da tradiçom arraigada na nossa cultura, de celebrar a efervescencia que supóm a primavera, com vínculos fortemente arraigados á fecundidade dos seres vivos. A festa dos maios ou as alfombras florais, som algumhas destas expressons coas que o nosso povo celebra essa fecundidade.

As feministas da Marcha Mundial das Mulheres, junto a todas as pessoas e colectivos que nos queiram acompanhar o domingo 31 de Maio, construiremos um maio e umha alfombra floral para reivindicar que a fecundidade das mulheres, o poder de dar a vida, numha sociedade justa, solidaria e em igualdade, nom se pode entender sem garantir o direito a decidir.

Convidamos a achegar-se á cidade de Compostela, desde as 11 da mánha do domingo 31 de Maio aportando flores de cor vermelho, rosa, lila e branco, ou felgos e fiunchos cos que encher a alfombra co lema EU DECIDO! e o maio que levará a forma do símbolo feminista.

Desde as once da manhá recibiremos a todas as pessoas e colectivos participantes convidando-as a fazer o trabalho de clasificaçom das flores e prantas, que estarám colocadas nas escaleiras da Praça da Quintana. Iremos colocando as flores clasificadas por cores e separando os pétalos nas zonas que estarám sinalizadas.

Mentres, as companheiras encargadas montarám a estructura do maio e pintarám a base da alfombra.

Umha vez clasificadas e separados os pétalos, procedera-se ao enchido das zonas da alfombra e o maio que se corresponda com cada cor.

Ao tempo que se realiza este trabalho, soará música ambiental, que se parará, para escoitar a todas aquelas mulheres e colectivos que queiram, bem com coplas, bem com cançons ou poesias, expresar as súas reivindicaçons. No nome da Marcha leera-se um comunicado ao remate do acto.

Palestra da Marcha Mundial das Mulleres en Bergantiños

Seguindo coa campaña dos actos  que a Marcha Mundial de Mulleres está a desenvolver en todo o noso país en defensa do dereito ao aborto, tivo lugar onte a charla na Comarca de Bergantiños donde participaron unha treintena de mulleres e homes, a delegada da Asociación de Fibromialxia de Bergantiños (AGAFI) e integrantes do proxecto Rodela e do Banco de Tempo.

Fíxose unha ampla exposición da problemática do aborto abordando a situación actual e a presentación do libro “O Dereito a Decidir” -situación e alternativas á despenalización do aborto- donde se recóllen as conclusións das xornadas que se desenvolveron no ano 2008 na cidade da Coruña.

Con esta publicación e a súa divulgación totalmente gratuíta tanto en papel como en formato electrónico pretendemos aportar diversos puntos de vistas que axuden a entender mellor o contexto histórico, xurídico e sanitario da actual regularización e establecer as bases para a discusión dentro da sociedade galega das alternativas á despenalización.

Rematada a exposición das ponentes abriuse un coloquio donde se tratou de afondar nas diversas alternativas que nel se recollen.

Apoio da MMM a iniciativas estatais em defensa do direito ao aborto

A Marcha Mundial das Mulheres na Galiza apoia as iniciativas estatais http://mujeresantecongreso.blogspot.com/ e www.nosotrasdecidimos.org em defesa do direito a decidir das mulheres. Consideramos fundamental neste momento que o movimento feminista nacional e estatal trabalhe conjuntamente para que as vozes das mulheres sejam escuitadas e integrem toda iniciativa em prol da legalizaçom do aborto e de garantir os direitos sexuais, reprodutivos e de decisom de todas as mulheres sem nenhum tipo de discriminaçom. Nom nos conformaremos com leis ambíguas que deixem à vontade de governos autonómicos, grupos conservadores, funcionariado, etc, a aplicaçom efectiva destes direitos, nem que se questione a capacidade das mulheres para tomarem as suas próprias decisões, obrigando-as a mais três dias de reflexom. As mulheres continuaremos a luita até conserguirmos que o sistema judicial, educativo e sanitário garanta os nossos direitos firmemente e sem condições.

Novas palestras para presentar a Campaña Nacional en defensa do Dereito ao Aborto, na Sanidade Pública

Nesta semana terán lugar dúas palestras en defensa do dereito ao aborto nas que compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres falarán sobre os principios básicos da campaña nacional que se está a desenvolver na Galiza, da situación actual de vulnerabilidade xurídica e precariedade sanitaria e educativa das mulleres e das profesionais, e da necesidade de cohesión da sociedade e do movimento feminista na defensa dos dereitos das mulleres.

En Val Miñor, o mércores 20 ás 19h na Antiga Estación de Tranvías da Ramallosa.

En Carballo, o venres 22 ás 20:30 no Telecentro no Pazo da Cultura.
YouTube
YouTube
Instagram
Telegram