No domingo 16 de agosto tivo lugar a I Bandeira de TraÃñas da Marcha Mundial das Mulleres en Perillo (Oleiros), a segunda regata da Liga Feminina de TraÃñas, constituÃda neste ano e que supón un paso histórico no remo do noso paÃs.

As mulleres do Club de Remo Meco fixéronse coa bandeira con un resultado final de 11:28:15 e volverán a competir coa embarcación Artábria, formada por remeiras de Salgado, Perillo e A Cabana o próximo sábado 22 en Ferrol.
Desde que as mulleres do remo participaran coa Marcha Mundial das Mulleres na Segunda Acción Mundial do 2005, traendo desde Portugal para á Galiza a Manta da Solidariedade en traiñeiriña, a nosa relación tense fortalecido enormemente. Hoxe, despois de 3 bandeiras de traiñeiriñas énchenos de orgullo e alegrÃa ser parte da Liga Feminina de TraÃñas coa I Bandeira de TraÃñas da MMM.
É evidente que o traballo de todas e o crecente interese das institucións e organismos deportivos ten producido avances no eido do deporte feminino, mais non debemos esquecer que aÃnda hai moito camiño por andar. Para nós é fundamental a coeducación en igualdade para eliminar os estereotipos de xénero e a segregación por sexo nas escolas, onde aÃnda en moitos casos se están a potenciar diferentes actividades para nenas e para nenos. Isto non pode facer mais que perpetuar a sociedade patriarcal que oprime tanto a mulleres como a homes.
En termos dos medios de comunicación a desigualdade de xénero está plenamente vixente. Só temos que ollar para a prensa deportiva e analizar o espazo e relevancia que se lle dá ao deporte practicado por mulleres en relación ao dos homes, as diferenzas son escandalosamente significativas. A prensa ten de tomar conta da súa responsabilidade na construción dunha sociedade mais xusta e equitativa e criar e facilitar praxes e análises que potencialicen e reflictan a realidade das mulleres no deporte.
PrecÃsanse de accións positivas nas que incluÃmos alén de leis e apoio institucional, o apoio social e non gobernamental ás prácticas deportivas das mulleres, esixindo o cumprimento das leis vixentes e novas accións en prol da igualdade efectiva para que as mulleres non se vexan obrigadas a abandonar as prácticas deportivas e se poda consolidar o deporte feminino profesional.
Desexámoslle o mellor a todas as mulleres remeiras nesta Liga e esperamos continuar a colaborar con elas no futuro.
‘queremos un futuro con mais mulleres que desfruten do deporte e dos beneficios que este comporta, asà como un maior número de mulleres envolvidas en todos os aspectos da actividade fÃsica e o deporte: a dirección e a xestión, o treino, a arbitraxe, o xornalismo, a formación, a investigación e a práctica deportiva’ fuxindo asà ‘dos preconceitos e estereotipos que impiden as mulleres e os homes de se desenvolveren segundo as súas expectativas persoais e o seu potencial individual.‘ – Manifesto pola Igualdade e Participación da Muller no Deporte
Próximas regatas da Liga Feminina de TraÃñas:
Sábado 22 de agosto en Ferrol
Domingo 30 de agosto en Vigo
Damos os nosos parabéns aos éxitos da embarcación galega feminina na liga ACT
Eis vos amosamos algunhas das imaxes dese dÃa:
{gallery}Trainhas{/gallery}