Declaración da MMM no Foro Social Mundial 2016 en Montréal

Declaración da MMM no Foro Social Mundial 2016 en Montréal

O Foro Social Mundial realizouse do 9 ao 14 de agosto do 2016 en Montréal, Québec, territorio que nós recoñecemos como territorio indíxena non cedido do pobo Mohawk. Este recoñecemento quere facer visible a colonización dos territorios nos cales estamos e a tomar a responsabilidade como persoa non indíxena, colectivamente, dos desafíos que afectan a estes pobos.

Nós, mulleres da MMM, denunciamos o rexeitamento de visado para militantes que proviñan maioritariamente de países do sur. Denunciamos as políticas migratorias restritivas dos nosos gobernos que contribúen a criminalizar aos militantes e ás militantes dos movementos sociais. Esta situación impediu a presenza de líderes que levan a cabo as loitas de resistencia contra o capitalismo, o patriarcado, o colonialismo, nos seus países respectivos.

 

O encontro das militantes da MMM permitiu constatar unha vez máis hasta que punto as loitas no local  inscríbense nas loitas no contexto global para a defensa dos nosos corpos, da Terra e dos territorios.

As mulleres da MMM denunciamos o golpe de Estado en Brasil e a toma de poder dun goberno de dereita, sexista, racista, autoritario (liberticida) que goza da complicidade dos medios de comunicación que se negan a falar de golpe de Estado (“ impeachment”) e que contribúen á criminalización dos movementos sociais.

 

As mulleres de Brasil resisten, cunha presenza importante de mozas militantes, que se mobilizan desenvolvendo a formación política feminista, por exemplo a través de ocupacións de escolas secundarias que permitiron unha toma de conciencia e de resistencia. Ademais, en Brasil, como en varios países de América latina e de Europa, as feministas loitan para reivindicar o dereito de acceso ao aborto para todas as mulleres e o dereito fundamental a dispor dos seus corpos.

En Brasil, e resto das Américas, despois de 10 años de debate sobre a Zona de Libre Comercio de Américas (ALCA), algúns movementos de esquerda organízanse para instaurar un Día continental pola democracia e contra o neoliberalismo, é unha etapa importante para desenvolver a solidariedade internacional anticapitalista e antipatriarcal co fin de articular os movementos sociais entre os países. Esta xornada terminarase cunha gran mobilización o 4 de novembro co lema

” Nin un paso atrás! “.

Nos Estados Unidos, as militantes da MMM, mobilízanse contra as políticas do seu país que afectan ás mulleres e ás poboacións marxinadas nos Estados Unidos, e en calquera parte do mundo, nunha perspectiva antiimperialista. Traballan para o fortalecemento do liderazgo das mulleres e dos homes que son máis marxinalizados e as persoas directamente afectadas polos diferentes sistemas de opresión. Elas, igualmente traballan desenvolvendo os coñecementos dos desafíos que concirnen as persoas Queer-LGBTQ para favorecer unha maior inclusión destas preocupacións no seo do movemento das mulleres e da MMM.

Nós, as mulleres da MMM somos solidarias coas mulleres palestinas nas súas loitas contra a colonización e pola liberación do seu territorio ocupado. Denunciamos a represión violenta exercida contra o pobo palestino e particularmente contra as mulleres que están no corazón da resistencia polo seu dereito á autodeterminación.

Nós, somos igualmente solidarias coa loita realizada polas mulleres Saharauís pola recuperación do seu territorio.

Nos outros países do mundo árabe, as mulleres están no corazón dos movementos populares que defenden a democracia reivindicando o acceso para todas elas á educación, á saúde, á participación política e á cidadanía. As feministas destes países traballan para que as leis garanten unha igualdade efectiva para todas as mulleres. Con elas, denunciamos o aumento dos fundamentalismos relixiosos e os efectos devastadores das políticas imperialistas.

As militantes da MMM en Québec están extremadamente orgullosas de acoller a compañeiros e compañeiras de todos lados do mundo no espazo onde naceu a MMM no 1998 e de poder compartir con elas os desafíos actuais para as mulleres do Québec.

Nun contexto do ascenso da dereita conservadora, as feministas mobilízanse para oporse ás medidas de austeridade e á privatización dos servizos públicos que empobrecen aínda máis ás mulleres e ás persoas marxinadas. Ademais, elas resisten particularmente para preservar a agua, a fonte de vida, e denuncian esta explotación.

No seo da MMM en Québec, as mulleres indíxenas e non indíxenas, desenvolven lazos de confianza e de solidariedade traballando a descolonización das relacións entre os nosos pobos. Apoiamos as loitas das mulleres indíxenas polo dereito á autodeterminación e esiximos unha verdadeira investigación do asasinato e desaparición das mulleres indíxenas para que se poña en evidencia o impacto do sexismo e do racismo na vida das mulleres e das comunidades.

Nós, mulleres da MMM, participamos nos diferentes talleres e das accións organizadas no marco do FSM para denunciar o cambio climático, a violencia hacia as mulleres, as políticas de privatización e as medidas de austeridade, o aumento dos fundamentalismos, o control e a militarización dos territorios para fins capitalistas, os efectos das migracións forzadas e o peche das fronteiras por parte dos países occidentais.

Saíndo do fracaso da COP21, os nosos gobernos continúan autorizando a Terra a arder, é importante que continuemos a levar as voces e as solucións das mulleres das comunidades as máis tocadas polos impactos climáticos das decisións desastrosas dos nosos gobernos. O ascenso da dereita reaccionaria e dos fundamentalismos non está illado en cada país porque están ligados á crise mundial impulsada polo capitalismo que crea e alimenta as violencias racistas e sexistas en todo o mundo.

Nós, as mulleres da MMM, participamos nas accións de resistencia contra a industria extractiva e a impunidade da que gozan as multinacionais e entre elas un grande número de empresas canadenses que explotan os recursos naturais, destrúen a vida, expropian ás comunidades e criminalizan ás defensoras e aos defensores da Terra e dos dereitos humanos.

Sinalamos o papel de liderazgo xogado polas mulleres en todas estas loitas nos diferentes países no mundo, de Honduras a Filipinas pasando pola República democrática do Congo, para resistir ás compañías mineiras e aos gobernos responsables do asasinato e da desaparición de numerosas militantes.

Rendemos homenaxe a nosa compañeira Berta Cáceres, feminista indíxena que se opuxo á construción dunha presa no seu país, en Honduras, foi salvaxemente asasinada así como varios dos seus compañeiros de loita o mes de marzo pasado. Dúas das súas fillas, Bertita e Laura, están presentes no FSM en Montreal, para levar a voz da súa nai. Afirmamos con elas que a loita continúa: ” ¡Berta non morreu, somos todas Berta! ¡Berta vive, a loita segue! “

As mulleres da MMF  atoparanse o mes de outubro en Maputo en Mozambique para o 10º Encontro Internacional da MMM. Continuaremos alí a construción das nosas alternativas feministas e o fortalecemento das nosas solidariedades feministas.

¡Estaremos en marcha hasta que todas as mulleres sexamos libres!

A MMM no FSM 2016 de Montréal

 

Declaração de solidariedade da Marcha Mundial das Mulheres da Europa com as mulheres curdas em luta

Nós, 60 mulheres de 18 países europeus, reunidas em Donostia, País Basco, no encontro da Coordenação Européia da Marcha Mundial das Mulheres, saudamos a resistência das mulheres curdas de Kobane (Rojava) – na fronteira entre a Turquia e a Síria, onde se desenvolvem entre curdos, sírios, armênios, árabes, yezidies e tchechenos alternativas concretas ao capitalismo, ao colonialismo e ao sistema patriarcal, baseadas na coexistência pacífica entre diferentes religiões e na liderança partilhada democraticamente a todos os níveis. Este modelo alternativo é defendido pela valente resistência do YPG (Unidade de Proteção Popular) e YPJ (integrada pelas mulheres).

Condenamos a violação dos direitos das mulheres e dos direitos humanos fundamentais, assim como todos os tipos de fundamentalismo religioso, étnico e político. Denunciamos o aumento das alianças com os sectores ultra conservadores, incluindo o fundamentalismo religioso, como uma estratégia para reforçar o modelo capitalista e patriarcal como ‘solução’ para a crise.

Continuamos com a nossa luta nas regiões em conflito para acabar com a violação e a escravidão de mulheres como arma de guerra e para construir um outro mundo onde sejam excluídas todas as formas de dominação, exploração e exclusão de uma pessoa sobre outra, de um grupo sobre outro, de uma maioria sobre uma minoria, de uma nação sobre outra.

Frente aos recentes ataques contra as alternativas e direitos das mulheres, decidimos lançar a nossa 4a Acção Internacional no Curdistão, no dia 8 de março de 2015, com o objectivo de apoiar as mulheres curdas na sua luta pela autonomia e auto-determinação sobre os seus corpos e territórios. Convocamos todas as mulheres do mundo a participar e apoiar a Caravana Feminista Européia para reforçar e tornar visível a resistência e as alternativas desenvolvidas pelas mulheres.

Seguiremos em marcha até que todas sejamos livres!

Donostia, País Basco, 12 de outubro de 2014.

 

Comunicado do Sindicato de Comités de Mulleres Palestinas (UPWC) Viva Palestina! liberdade para o noso pobo!

O exército de ocupación sionista, liderado polo Goberno dos Colonos, continúa cometendo crimes de guerra contra a nosa xente. Cometendo crime tras crime, masacre tras masacre. Ferindo a mulleres e criaturas, persoas anciás e familias, atacando as nosas terras, montes, edificios, violando o dereito do noso pobo a vivir con seguridade. Usan os medios máis poderosos para matar: avións, tanques e misiles avanzados.

O número de mártires xa case chega a douscentos, a metade son mulleres e criaturas, e máis de mil persoas están feridas. E aínda, o exército de ocupación continúa matando, atacando a franxa sitiada de Gaza e destruíndo os fogares de familias, deixándoas sen teito e chorando aos seus mortos. Non só se destrúen os fogares das persoas, tamén as institucións que proporcionan atención ás persoas con deficiencias.

En Cisxordania e no corazón de Xerusalén, continua a campaña de opresión, asasinatos e tortura contra o noso pobo: invaden as nosas vivendas, institucións e nos arrestan. Agora os seus crimes sionistas chegaron a un nivel máis elevado co rapto do neno Mohammed Abu Khudair que acabou coa súa cremación en vivo. Aínda, o número de persoas mártires, feridas, prisioneiras e desprazadas sigue en aumento.

Todos estes acontecementos ocorren co apoio dos gobernos do imperialismo occidental. Estes gobernos ven a liberdade, independencia e liberación do noso pobo e da nosa terra, como unha ameaza para os seus intereses na rexión. Permítese que os crimes de ocupación continúen, todo co sospeitoso silencio dos réximes árabes.

Nós, o Sindicato de Comités de mulleres palestinas (UPWC) estamos comprometidas nunha batalla de constancia e confrontación. Continuamos denunciando os crimes cometidos contra o noso pobo e a nosa terra, e condenamos o apoio occidental e a cobertura política que se dá para estes crimes de ocupación, tanto si ese apoio é directo e claro, como si está velado. Reafirmamos o dereito á resistencia do noso pobo ante o asentamento colonialista en Palestina, e insistimos no dereito ao retorno d@s palestin@s refuxiad@s a os fogares dos que foron desprazad@s. Reafirmamos ademais, o dereito de auto-determinación e do establecemento dun estado independente de Palestina con total soberanía e con Xerusalén como a súa capital.

Mentres a nosa inevitable vitoria se acerca, pedimos á comunidade internacional que asuma as súas responsabilidades hacia o noso pobo, a través de mecanismos de reivindicación clara dos nosos dereitos sobre a nosa terra. Tamén solicitamos forzas de protección internacional para o noso pobo y xuízos aos criminais da guerra sionista.

É hora de que a comunidade internacional pare de reivindicar a existencia dun proceso de paz que só beneficiou a ocupación, permitíndolle fortalecer o control sobre a nosa terra e a institucionalización de políticas racistas a través do máis horrible sistema de apartheid na historia da humanidade.

Aplaudimos a resistencia do noso pobo en tódalas súas formas e espectros e eloxiamos @s moz@s rebeldes, en tódolos campos en tódalas partes de Palestina. Tamén respectamos a tódalas persoas árabes, e de todo o mundo, que mostraron solidariedade con nós.

Tamén apelamos:

  • Ás lideranzas palestinas para afrontar a tarefa de unir a nosa xente, protexendo a nosa causa. Queremos unha lideranza que traballe para desenvolver unha estratexia nacional para a loita e que ademais, pare as negociacións e a coordinación en materia de seguridade coa Ocupación, que supón unha lousa no lado da nosa xente e a súa loita.

  • Chamamos ás masas do noso pobo para unha maior participación na loita e a unha confrontación directa coa ocupación hasta que se consiga a vitoria para o noso pobo e a nosa causa e se realicen os desexos d@s nos@s mártires e os seus seres máis próximos, e tamén das persoas feridas, prisioneiras, orfas e sen fogar.

  • Chamamos ás mulleres palestinas a pór máis iniciativa nos eventos nacionais, aumentar a súa militancia, e ser un rol modelo para outras mulleres e pobos de todo o mundo.

  • A todas as persoas do mundo libre e árabe, pedimos reforzar as mostras de solidariedade a través de eventos, e aumentar a presión nos seus gobernos para que apoien de forma real a loita do noso pobo e a inculpación dos criminais da guerra sionista.

  • Chamamos á expansión da campaña de boicot ao estado Sionista de Israel, e á imposición de sancións a nivel global, do mundo árabe e nacional. Facemos un chamamento para una campaña masiva para boicotear ?Israel?.

Larga vida para nosa xente, en lugar de todos os crimes cometidos contra o noso pobo!

Gloria, eternidade e lealdade @s nos@s mártires!

Saúde para @s nos@s ferid@s e liberdade para @s nos@s pres@s!

 

Sindicato de Comités de Mulleres Palestinas

13/07/2014

 

Nós Mesmas: contra a lei de (in)visibilidade LGTBI

PRESENTACIÓN, PROCESADO PARLAMENTARIO E RESULTADO:

Hai meses, o PSdG presentou no Parlamento de Galicia unha “Proposición de Lei pola visibilización e non discriminación das persoas LGTB en Galicia. Esta lei foi debatida e emendada polos diferentes Grupos Parlamentarios, incluído o Grupo Parlamentario do Partido Popular, con maioría no Parlamento.

Tras a creba parlamentaria á que se someteu esta proposta, na que o PP colaborou con emendas de SUPRESIÓN na súa maioría, o resultado é unha LEI BALEIRADA DE CONTIDOS cun nome que induce a engano que se converterá nun documento propagandístico para o PP. A modificación parlamentaria transforma o proxecto inicial que avanzaba na protección e garantías non discriminatorias para o colectivo e que foi feito desde o diálogo coas asociacións LGTBI nunha lei “cortina” que non implica ningún avance real nos dereitos das persoas LGTBI. Unha lei esperada e esixida polos colectivos LTGBI moi específica nun principio déixanos, tras as emendas aprobadas, un horizonte carente garantías, de protección, de medidas específicas para visibilizar a diversidade afectivo-sexual, etc.

Pode resultar rechamante que hoxe non apoiemos esta proposta de lei, pero queremos denunciar que este articulado É UNHA FARSA, un completo engano no que nos quere meter o PP co seu dobre xogo: votando a favor dunha lei aparentemente igualitaria á que previamente privaron de calquera efectividade real/práctica introducindo modificacións como as seguintes:

  • Suprímese o art. 3 de definición das categorías que son obxecto da proposta de lei (orientación sexual, identidade de xénero, sexo, xénero, lesbiana…).

  • Elimínase o art. 6 sobre inversión da carga da proba, que obriga a quen discrimina a probar que non discrimina.

  • Desaparece o art. 14 de creación de protocolos de actuación ante agresións.

  • Óbviase o Título III sobre o réxime sancionador, con esta eliminación aínda que se dean agresións ou actitudes LGTBIfóbicas non serán sancionadas.

  • Elimínase o art. 11 no que se establecen medidas específicas para o tratamento nos Centros Penitenciarios, fundamentais no tratamento das persoas transexuais.

  • Evítanse referencias explícitas a articular pola igualdade de diversidade afectivo-sexual ou LGTBI, diluíndose a especificidade LGTBI no ámbito da igualdade xeral e invisibilizando ao colectivo dentro da súa propia lei.

  • Omítese deliberadamente calquera tipo de compromiso que obrigue á Xunta de Galicia a establecer medidas concretas como a creación de servizos de información, a creación dun observatorio, realización de protocolos, etc, quedando todo o articulado nunha simple e non comprometedora declaracións de intencións e recomendacións pola igualdade.

En pleno século XXI, en Galicia as persoas LGTBI son vítimas de discriminación, crimes de odio, de invisbilización sistemática en educación, sanidade, emprego ou nas diferentes administracións públicas (policía, rexistro civíl, centros penitenciarios…) acentuándose isto en contornos rurais.

As obrigas legais que os Estados teñen para protexer as persoas LGTBI fronte a estas situacións, non son diferentes das que poidan ter outros colectivos. Débese garantir o cumprimento dos Dereitos Humanos para todas as persoas procurándolles protección nos casos de discriminación, abuso ou violencia. Para chegar a este cumprimento ten que haber leis concretas para colectivos específicos, debe existir unha lei de visibilidade e non discriminación que aborde as necesidades dun colectivo como é o LGTBI, ata o de agora desprotexido.

Organismos, asociacións e activistas pola defensa dos Dereitos das persoas LGTBI:

Queremos DENUNCIAR PÚBLICAMENTE a violencia institucional á que as persoas LGTBI nos vemos sometidas co que agora se chama “Proposición de Lei pola Igualdade de Trato e Non Discriminación de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais en Galicia”. Unha proposta de lei cun nome enganoso que invisibiliza e desprotexe os dereitos do colectivo LGTBI con unhas falsas medidas políticas, lexislativas ou xudiciais, que pretenden empregar os partidos políticos como moeda de cambio para captar votos e “abandeirarse” na loita pola igualdadeaprobando unha proposta BALEIRA DE CONTIDOS que deixaría as persoas LGTBI nun limbo legal cunha lexislación que nada lexisla.

ESIXIMOS a implicación de toda a sociedade, e en especial dos partidos políticos galegos, cun COMPROMISO REAL E EFECTIVO COS VALORES DE IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN ante a aprobación desta FALSA LEXISLACIÓN POLA VISIBILIDADE E NON DISCRIMINACIÓN LGTBI recordándolles que votar a favor da súa aprobación é contribuír a pexar o AVANCE REAL EN MATERIA DOS NOSOS DEREITOS. INSTAMOSa que os partidos políticos da oposición NON SEXAN CÓMPLICES DESTA PANTOMIMA.

POR TODO O EXPOSTO ATA O MOMENTO,

 

AS ORGANIZACIÓNS E PERSOAS ABAIXO FIRMANTES consideramos imprescindible mostrar a nosa unión e posicionamento en contra da manipulación á que o colectivo LGTBI se ve sometido coa aprobación desta proposta de lei por parte do Goberno e dos partidos políticos que pretendan apoiala.

ESIXIMOS un compromiso real ante a loita contra a LGTBIfobia e pola igualdade social que se traduza en medidas lexislativas, políticas e administrativas con repercusións REAIS na sociedade.

REIVINDICAMOS o dereito de sermos escoitadas e escoitados e tidos en conta á hora de lexislar CO pobo e non só PARA o pobo.

E EXHORTAMOS aos grupos da oposición do Parlamento de Galicia, que NON VOTEN a favor desta “proposta de lei pantasma” da que o Partido Popular se apropiou e transformou en mero papel mollado.

Só o Partido Popular podería invisibilizar cunha lei de visibilidade.”

http://leidevisibilidade.blogspot.com.es/

Encontro con compañeiras de CEIBA e La Cuerda de Guatemala

Para as mulleres da Cordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, a exposición, que onte, 3 de maio de 2013 deron as irmás de Guatemala, Natalia e Paula, sobre o que está a acontecer no seu territorio, (+info: http://www.feminismo.info/webgalego/) significou un novo encontro onde revivir experiencias pasadas, un coñecemento máis profundo do que significa a súa – nosa loita e unha estratexia esperanzadora de futuro.

De Encontro con activistas de Guatemala

 

As mulleres galegas da Marcha Mundial das Mulleres estamos acostumadas a interrelacionar os conflictos armados, a expoliación dos recursos naturais e a falta total e absoluta de dereitos para os seres humanos e non humanos, coa impunidade coa que actúan as transnacionais, que ademais contan co apoio dos nosos e seus gobernos, xunto co seu soporte financieiro. Tamén sabemos da hipocresía da máscara dos “dereitos humanos” enraizada nos nosos países, englobados no mal chamado mundo rico ou primeiro mundo, e de como os Tratados de Paz, non poden ser chamados así, cando non contan coa presenza e demandas das-os “derrotadas-os” e dentro do bando das-os “vencedoras-es” non se conta coa presenza e demandas das mulleres e poboacións indíxenas, como é o que acontece cos pobos maias de Guatemala, ata tal punto, que aínda hoxe, teñen que mercar as súas terras ao estado, porque contan con terras comunitarias e non con escrituras de propiedade.

Para nós, é moi importante que elas estean traballando nun proceso de confluencia entre os movementos campesiños ecoloxistas, movementos indíxenas e movemento feminista, algo impesable polo de agora na Galiza, onde salvo escasísimas excepcións, se apuntalan as demandas das mulleres como algo universal, prioritario e beneficioso para toda a humanidade. Coñecemos a outras Paulas e Natalias de Guatemala, da República Democrática do Congo, de Malí, de Bangladesh, do Sahara e moitos lugares máis, onde as consecuencias que teñen para elas e o seu territorio o noso modelo de vida, comezamos a sufrilas na nosa propia Terra.

Hidralia Energía, viola e asasina

Imaxes correspondentes ás accións de denuncia realizadas na mañá de hoxe na cidade da Coruña, no marco da xira europea que as lideresas guatemaltecas Natalia Atz SunucAsociación CEIBA- e Paula Irene del Cid Vargas -asociación feministaLa Cuerda– están a realizar nestas semanas coma representantes da Confluencia Nuevo Baqtun -na que se atopan representadas máis de 50 organizacións guatemaltecas-, e que mesmo as levou a entrevistarse co Servicio Europeo de Acción Exterior da Unión Europea en Bruxelas.

Na concentración convocada ás 12.00hrs. na Praza da Palloza, ademais de faixas cos lemas Unha mesma situación, unha mesma resistencia. Galiza-Guatemala e Hidralia Energía: cantas mulleres precisan violar para producir luz?, visualizouse a través de varias siluetas de militares a ocupación militar baixo a que vive a poboación de Santa Cruz Barillas, expuxéronse fotografías correspondentes ás mobilizacións contra Hidralia Energía que están a facer as e os habitantes desta rexión, e repartíronse panfletos informativos sobre a vulneración de dereitos humanos por parte desta transnacional galega -propiedade dos irmáns Castro Valdivia- en Guatemala.

Posteriormente acudiuse en manifestación ata a sede que Hidralia Energía ten na Coruña, onde as convocantes lembraron que dende as mobilizacións realizadas na cidade o ano pasado a empresa retirou a placa identificativa que figuraba á entrada do edificio. Alí permaneceuse por espacio de máis de media hora identificando a localización da sede matriz desta transnacional, cantando consignas como “Galiza e Guatemala, esta loita non se cala”, “Mulleres unidas, contra as presas, contra as minas” ou “Patriarcado e Capital, alianza criminal”.

Nas súas intervencións Natalia Atz e Paula Irene del Cid, ademais de lembrar que mañá, un de maio, cúmprese un ano do asasinato do líder indíxena Andrés Francisco –opositor á central eléctrica que os irmáns Castro Valdivia queren construír en Santa Cruz Barillas-, denunciaron que a violencia segue a día de hoxe igual de forte na rexión, xa que o pasado 7 de abril o líder indíxena Daniel Pedro Mateo foi secuestrado e tamén asasinado e, a día de hoxe, un terceiro líder, Rubén Herrera -detido durante o Estado de Sitio decretado en maio de 2012-, segue no cárcere.

Ámbalas dúas lideresas chamaron tamén a atención sobre o feito de que Hidralia Enería estea a violar os dereitos dos pobos indíxenas recollidos no Convenio 169 da Organización Internacional do Traballo (OIT), pese a tratarse dun acordo internacional ratificado tanto polo Goberno español coma polo de Guatemala.

 

 

No coloquio celebrado na tarde do martes 30 de abril na Casa Museo Casares Quiroga, que contou cas intervencións das guatemaltecas Natalia Atz Sunuc -coordinadora daAsociación para la Promoción y el Desarrollo de la Comunidad CEIBA-, Paula Irene del Cid Vargas -asociación feminista La Cuerda– e a galega Isabel Vilalba -Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego-.

Baixo o lema “Unha mesma situación, unha mesma resistencia. Guatemala e Galiza” as lideresas contextualizaron o ataque das transnacionais enerxéticas, tanto na rexión guatemalteca de Barillas como na galega Corcoesto, destacando a consciencia e coordenación da sociedade civil para opoñerse a este tipo de proxectos.

En ámbolos dous casos, transnacionais de capital estranxeiro, ca connivencia e apoio dos distintos gobernos, decidiron instalarse en zonas de grande valor ecolóxico e produtivo, ofertando a cambio desta destrución a posibilidade duns poucos postos de traballo ou, no caso de Barillas, unha ínfima cuantía económica ca que pretenden soterrar a oposición social ao proxecto.

Novamente as compañeiras guatemaltecas destacaron a violencia á que se vén sometidas as persoas que participan nas mobilizacións contra Hidralia Energía, lembrando o asasinato de varios líderes indíxenas e as reiteradas agresións sexuais ás mulleres que se opoñen ao proxecto hidráulico desta transnacional galega.

Isabel Vilalba, pola súa parte, fixo fincapé na manipulación dos datos que se están publicitando sobre o impacto que tería a mina de ouro que a transnacional Edgewater quere explotar en Corcoesto, minimizados ata o extremo dende o Goberno da Xunta de Galicia. Ademais, salientou que sería moi importante contar co dereito á consulta dos pobos afectados por estes proxectos, ferramenta ca que si contan as compañeiras guatemaltecas a través do Convenio 169 da Organización Internacional do Traballo (OIT), que garante o dereito á consulta para os pobos indíxenas. Neste senso, para Vilalba a iniciativa máis similar sería a Declaración de Dereitos das Labregas e Labregos que está a impulsar internacionalmente La Vía Campesina.

No coloquio participaron un cento de persoas, contando tamén ca presencia de varias organizacións sociais da Coruña.

*Texto da Coordenadora de loitas da Coruña*

Mulleres indíxenas de Guatemala denuncian na Galiza a violación de dereitos humanos perpetrada por trasnacionais

barillas2.jpg

ACCIÓNS PROGRAMADAS NA GALiZA

Martes 30 de abril (A Coruña)

12:00h Praza da Palloza: baixo o lema “Hidralia: Cantas mulleres precisan violar para producir luz?”, acto de denuncia da vulneración dos dereitos humanos que está a practicar Hidralia Energía en Guatemala.

12:45h Concentración rolda de prensa na sede administrativa de Hidralia Energía (Av. del Ejército, nº10).

19:30hrs Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras, s/n): coloquio con Natalia Atz Sunuc e Paula Irene del Cid Vargas (Guatemala) e afectadas pola mina de ouro que a transnacional canadiense Edgewater quere explotar en Corcoesto: “Unha mesma situación, unha mesma resistencia. Guatemala e Galiza

Mércores 1 de maio (Santiago de Compostela)

Participarán na convocatoria sindical do 1º de Maio en Compostela

Xoves 2 de maio (Santiago de Compostela)

Visita ao parlamento galego, reunión cos grupos políticos

20.00h Palestra : Estado de sitio e violencia patriarcal en Barillas – en As Dúas Ruela da Oliveira, 3 (Praza da Oliveira) Compostela

Venres 3 de maio (Vigo)

12:00h Roda de Prensa: Amigas da Terra e Marcha Mundial das Mulleres

19.30h Encontro cos movementos sociais, palestra na que falarán Natalia Atz Sunuc -coordinadora da Asociación para la Promoción y el Desarrollo de la Comunidad CEIBA- e Paula Irene del Cid Vargas -asociación feminista La Cuerda- /// Federación Veciñal “Eduardo Chao”, Praza da Princesa ás 19:30 hrs

barillas2.jpg

Coorganizan e convocan: Amigos da Terra, A Coruña en Loita, Comité de Solidariedade con América Latina (COSAL), Coordinación por los Derechos de los Pueblos Indígenas (CODPI), Feminismos Corunha, Feministas de Compostela e Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres.

 

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres queremos amosar toda a nosa sororiedade coas compañeiras de Guatemala e sumámonos a todos os movementos que, na Galiza, traballarán durante estes días para visibilizar a problemática que sufren as comunidades indíxenas pola acción depredadora das transnacionais e acompañaremos a Paula e Natalia na súa xira galega mobilizándonos e contribuíndo, como o resto de organizacións e movementos coorganizadoras, a que a súa demanda sexa coñecida e a denunciar a situación que as políticas neoliberais ao servizo do capitalismo producen na vida das mulleres.

Sororiedade feminista, en marcha ata que todas sexamos libres!

Texto difundido pola Coordenadora de Loitas da comarca de A CoruñaNo marco dunha intensa xira de denuncia que as está a levar por distintos países europeos, as compañeiras de Guatemala Natalia Atz Sunuc -coordinadora da Asociación para la Promoción y el Desarrollo de la Comunidad CEIBA– e Paula Irene del Cid Vargas -asociación feminista La Cuerda– permanecerán na Galiza dende o vindeiro martes 30 ata o venres 3 de maio, onde manterán reunións con colectivos, organizacións sociais e partidos políticos, co obxectivo de dar a coñecer os abusos e violacións dos dereitos humanos que están tendo lugar en Guatemala por mor dunha presa hidroeléctrica que a empresaHidro Santa Cruz -tamén coñecida como Hidralia Energía ou Ecoener-, propiedade do empresario coruñés Luis Castro Valdivia, quere construír nunha área de histórico valor sagrado e cultural pertencente a comunidades indíxenas guatemaltecas.

Dito proxecto conta ca clara oposición das comunidades afectadas, quenes logo dun minucioso proceso de consultas comunitarias iniciadas no ano 2007 -no que participaron case cincuenta mil persoas-, ditaminaron a súa total negativa á construción da presa a través do documento Actas de las comunidades 2012”, trasladado tanto á empresa, como a representantes políticos e opinión pública.

O dono de Hidralia Energía, Luis Castro Valdivia, bem coñecido pola prensa latinoamericana, saltou aos medios de comunicación galegos cando no ano 2007 tanto el coma o seu cuñado, o ex director xeral de Industria da Xunta (1999-2005), o popular Ramón Ordás Badía, foron imputados pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) por un delito de tráfico de influencias relacionado ca concesión de parques eólicos e minicentrais hidroeléctricas, negocio no que Castro Valdivia, en alianza ca familia do ex-alcalde Francisco Vázquez e o ex-presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, conta cunha espectacular presencia.

A visita destas dúas lideresas ten lugar nunha data especialmente significativa, xa que coincide co aniversario do Estado de Sitio decretado en Santa Cruz Barillas en maio do ano pasado, logo de que o día 1 dese mes persoas vinculadas a Hidro Santa Cruz -un dos detidos foi o seu Xefe de Seguridade- atacaran a tres líderes comunitarios que se opoñían ao proxecto, asasinando a un deles e deixando gravemente feridos aos outros dous.

A controvertida decisión do presidente guatemalteco Otto Pérez de afrontar a conflitividade derivada deste asasinato a través da suspensión de dereitos e liberdades que supón o Estado de Sitio para, deste xeito, protexer e favorecer o abuso da transnacional galega, vén motivada en grande parte pola situación estratéxica na que se atopa Hidralia Energía ao pertencer á Cámara Oficial Española de Comercio de Guatemala, entidade financiada polo Ministerio de Industria, Energía y Turismo de España. Ademais, o presidente Otto Pérez, aliado fundamental de Castro Valdivia nos seus negocios en Guatemala, conta cunha denuncia realizada no ano 2011 ante o Relator Especial da ONU Contra a Tortura e foi tamén acusado de ser un dos instigadores do asasinato en 1997 de Juan Gerardi, bispo e coordinador da Oficina de Derechos Humanos del Arzobispado de Guatemala.

A violencia despregada en Santa Cruz Barillas por Luís Castro Valdivia en connivencia co goberno guatemalteco, inda a día de hoxe mantén a rexión nunha situación de tensión constante, intensificada pola militarización e paramilitarización da zona. A poboación vive o seu día a día facendo fronte ás agresións continuadas da empresa, rexistrándose non só os mencionados atentados contra líderes e lideresas, senón tamén numerosos casos de violacións sexuais a mulleres e innumerables casos de intimidación, ataques e ameazas.

Neste momento, no que tamén grande parte da poboación galega estase a mobilizar na contra da destrución do noso territorio por parte de empresas transnacionais que, tamén aquí ca colaboración dos gobernos, pretenden aproveitar o estancamento económico para expoliar os nosos recursos naturais -véxase por exemplo a transnacional canadienseEdgewater en Corcoesto-, Natalia Atz e Paula Irene del Cid aproveitarán esta viaxe á Galiza non só para denunciar a vulneración dos dereitos humanos que está a ter lugar en Barillas, senón tamén para dar a coñecer e intercambiar estratexias de loita e, deste xeito, tanto dende Galiza como dende Guatemala, facer fronte á ameaza globalizada da explotación de recursos naturais e enerxéticos por parte de empresas privadas transnacionais que pulan polo modeloneoliberalista de enriquecemento a través da capitalización total da Natureza, da Vida.

 

 

No nome de Elena Dumitro

Foi-me dificil atopar nos jornais, nas televisons, nas redes sociais… o seu nome. Ela , Elena Dumitro, fria, sem vida, depois de parir quatro para o mundo, desfazia-se em sangue e frio de baldosa, numha rua da Milagrosa, na cidade de Lugo. A vida roubada a golpe de machada. Ela, Elena Dumitro, dim que é a número 13. Com seguridade ergueu-se esse dia preocupada polo que comer, e querendo que todo fora bem. Nom sabia que ia pagar coa vida essa batalha. Dera moitas. Sabia como começavam e algo nela impedia-a calar e outorgar. Arriscava-se em cada umha delas, às vezes nom moi consciente, de até onde podia ou nom porfiar sem correr muito perigo. Esta última batalha perdeu-na definitivamente. As mans das vizinhas, arrastrando-a longe do campo de batalha nom conseguiram salva-la, tam só coloca-la no espaço público como umha combatente mais, umha combatente abatida.

Hai semanas aparecia nos médios de comunicaçom um inquérito onde se refletia que umha parte da povoaçom opina que a violência machista nom tem soluçom, que é algo inevitável, que sempre existiu. Também opina que as leis aprovadas resultam ineficaces para rematar coa violência machista. Hai algo de sabia intuiçom nestas opinións que vam em aumento, porque as leis, as políticas de igualdade, mesmo a mobilizaçom cidadá que segue a cada assassinato, nom fai albiscar o fim desta violência. Mais ao contrario, parece recrudescer e mostra-se imparável e cruel. É certo que na memória colectiva sempre existiu, mas as altas tasas de suicídio entre os agressores; o assassinato de filhas e filhos menores para infringir a morte em vida, e o incremento do número de moças assassinadas, falam dum fenómeno social com expresons novidosas que quando menos, precisa dum fondo análise ou doutras leituras para a sua comprensom e a sua erradicaçom.

Em todo caso, estamos ante umha batalha cruenta que gera sofrimento, destruçom, feridas e morte. Um guiom que se perpetua e se reproduze em múltiples escenários e na transversalidade social e generacional. Eu afirmo, como o afirmara já hai mais dumha década a feminista galega Begonha Caamanho, que é umha guerra.

Esta guerra, coma todas as guerras, mata. É umha guerra de dominaçom. É a guerra que o Patriarcado livra contra as mulheres do mundo. Umha guerra da que nom se dam partes nem nas grelhas informativas nem nas análises políticas. Esta é umha guerra nom reconhecida, oculta. Nom porque nom se nos informe das mais encarnecidas batalhas, aquelas que incluem soldado-suicida por exemplo, ou porque desde as organizaçons sociais e políticas nom se condenem os feitos e se reivindiquem medidas para luitar contra o que se considera umha “lacra”, senom porque ao nom reconhecer a existência desta guerra, como tal guerra, fai-se umha análise errada em quanto aos mecanismos e recursos que deveram por-se em marcha para conseguir a paz. Umha paz que traia a justiça e a liberdade para as mulheres.

O Patriarcado faz a guerra às mulheres do mundo cum exercito ingente de homens, algumhas mulheres e instituiçons e recursos. Trata-se dumha guerra de dominaçom moi prolongada no tempo. Leva vantaje na guerra psicológica e de propaganda, utilizando médios e centros criadores de opiom e ideológicos. Leva vantaje porque governos, instituiçons religiosas e educativas mostram essa dominaçom como natural ou de orde divina todos os dias. O Patriarcado tem vantaje também nos enfrontamentos corpo a corpo, pois estes campos de batalha som milhons em todo o planeta, mas ao entrarem no terreio do privado fam-se invisibeis, e as mulheres devem dar em solitário essa batalha fronte a um soldado bem armado ideologicamente e às vezes mesmo programado para matar.

As mulheres loitam, rebelam-se contra os péons do Patriarcado. Dam a batalha pola liberdade, contra a injustiça da opressom. A discriminaçom, a escravitude, a submissom, esmaga-as coma umha lousa nas cousas cotiás e nas extraordinárias, em cada minuto cos seus segundos das suas vidas. A sua resposta provoca a violência machista. A chama da liberdade que arde nelas provoca a reacçom da mente machista, do soldado do Patriarcado, para imponher a submissom. Mas essas batalhas dam-nas na mais absoluta soidade. Aí atuam o medo, o sentimento de culpa e a presom social que destroem a autoestima. O Patriarcado vence as mais das vezes nom só porque tem tecidas alianças cos poderosos cos que se retroalimenta para perpetuar-se, senom porque se enfronta a um exército de mulheres desorganizado e dividido em milhons de células de resistência, mas sem a suficiente conexom. Um exército que apenas conta com organizaçons próprias que conformam um inusual movimento social, o feminismo, moi atomizado, que nunca conseguiu a hegemonia social e que nestes momentos a nível planetário conta com poucas alianças e muitos inimigos. Inimigos com tanto poder que mesmo bombardeiam e destroem países inteiros e borram da categoria de cidadania ao 50% da populaçom, mediante leis sharias, leis de família e outras ordenaçons políticas e sociais tam gorentosas para o Patriarcado e tam uteis para o Império agonizante. Inimigos com tanta influência que logram centrar a esperanza dum mundo melhor na eleiçom dum Papa numha das instituiçons mais misogenas da história da Humanidade.

É preciso reformular a estratégia. Som tempos de cambio. Fala-se do fim dum ciclo histórico. Desde o feminismo temos que reflexionar sobre que papel nos toca jogar neste momento de cámbios. Que caminho tomar se queremos que o fim desta guerra chegue quanto antes, e sobre todo, que a sinatura da paz conleve a desapariçom do Patriarcado, que nom à desapariçom dos homens e mulheres que servem nas suas filas. Todo aponta a que essa nova estrategia aponta a dous frontes de luita: a guerra de propaganda ideológica, e a batalha pola deserçom massiva dos homens que servem ao Patriarcado.

  • Arrincar do discurso feminista a vitimizaçom. Som combatentes, luitadoras pola liberdade, nom som vítimas. Enfrontam-se ao opressor, desafiando a autoridade patriarcal, as normas do poder. Exercem a liberdade de amar, de desamar, de decidir, de opinar, do sem permisso … som activistas da igualdade, mas som activistas sem consciência de se-lo e sem organizar.
  • Incluir aos homens no compromisso e no activismo feminista, impulsando desde as organizaçons e movimentos transformadores mistos a sua participaçom e visualizaçom nas políticas de igualdade e na elaboraçom de alternativas ao patriarcado. Impulsar a horizontalidade nesta luita, ampliar ao colectivo masculino a falta de hierarquias que sempre praticou o movimento feminista. Criar e fomentar liderazgos masculinos neste campo, impulsando o liderazgo feminino noutros campos de luita muito masculinizados.
  • Reformular o discurso feminista para romper a barreira que separa as activistas das até agora chamadas vítimas. Nem som vítimas, nem todas somos vítimas. Deveremos conformar umha grande irmandade em rebeldia. Criar redes e alianças que visibilizem as resistências. As pequenas e ailhadas, e as mais grandes e colectivas. Animar a que essa resistência nom se faga em ilhamento, senom unindo-se, organizando-se, participando, para estar mais seguras, para medrar, para aprender das resistências das outras.
  • Fortalecer o movimento feminista, impulsando alianças entre os distintos colectivos e participando com voz própria na construçom dos novos sujeitos políticos transformadores que estam a agromar tanto na Europa coma no norte de Africa. Feminismo é democracia, ou se preferimos, nom hai democracia sem o reconhecimento dos direitos do 50%.

Lupe Ces http://lupeces.blogspot.com.es/

Comunicado Internacional da MMM ante o asasinato de tres compañeiras activistas curdas

Apenas comezamos o ano de 2013 e xa nos enfrontamos a máis dun caso de violación da loita das mulleres e dos seus pobos. No mesmo momento no que escriviamos esta mensaxe, estase a realizar o funeral de tres mulleres kurdas: Sakine Cansiz, co-fundadora do PKK (Partido das Traballadoras do Kurdistán), Fidan Dogan, representante do KNK (Congreso Nacional del Kurdistán) e a activista Leyla Soylemez, que o 9 de xaneiro foron atopadas executadas cun disparo na cabeza, na sede da Oficina de Información Curda, en París, Francia, onde vivían exiliadas. Estas tres mulleres poñen cara e nome a todas as mulleres anónimas que loitan pola independencia do pueblo curdo.

A execución de forma moi profesional das tres mulleres acontece no momento no que o estado Turco e Abdullah Ocalan, líder do PKK encarcelado dende 1999, retoman as conversas para iniciar un proceso de paz e rematar cunha guerra non oficialmente declarada, onde máis de 40 mil curdos xa fueron exterminados dende 1984. Como primeros pasos dese proceso, o PKK demanda que o estado turco recoñeza os dereitos políticos e culturais do pobo curdo e unha mellora substancial nas condicións nas que se atopa Abdullah Ocalan, mantido en completo illamento fai máis de ano e medio.

Temos mop claro que o exterminio de mulleres que loitan polos dereitos de seu pobo só beneficia ao estado opresor e aos seus aliados. Nosas compañeiras curdas cóntannos que o gobierno Turco abertamente afirma que “as dúas, as operacións de seguridade e as negociacións continuarán”. E denuncian que este atentado non ocorre sen a complicidade do partido no poder – Xustiza e Desenvolvemento (AKP no acrónimo orixinal), e dos estados francés e os da UE.

Mentras se fai o discurso de negociar a paz, o goberno Turco implementa na realidade cotiá unha política de eliminación física de liderazgos da resistencia – como Sakine Cansiz, coñecida pola súa loita en contra da tortura na prisión en Diyarbakir durante a dictadura militar – e de apresamento sen probas de sindicalistas, parlamentares, defensoras dos dereitos humanos e xornalistas como é o caso de Pinak Selek e das compañeiras do KESK (Confederación de Sindicatos da Función Pública de Turquía), coas que mantemos alianzas nos últimos anos.

Nós, as mulleres da MMM condenamos con todas as nosas forzas este crime, denunciámolo como un atentado contra a paz e a loita pola liberdade e nos solidarizamos coas mujeres e co pobo curdo. O 12 de xaneiro, xuntámonos a manifestantes curdos de diversas partes de Europa nunha gran manifestación en París para demandar ás autoridades francesas unha profunda investigación e a búsqueda dos responsables destes exterminios.

dscf1924.jpg

Estamos presentes tamén nas rúas de Turquía, onde nos sumamos ás nosas compañeiras curdas que afirman que a experiencia e a memoria das mártires continuaránnos a guiar na resistencia hacia a liberdade: “a pena e a dor non nós deterán, polo contrario, fortalecerase a nosa vontade e a determinación que nos levará á vitoria”.

Compartimos con vós as declaracións das nosas compañeiras do Movimento Democrático de Mulleres Libres (DOKH) – grupo de mulleres curdas que integran a MMM en Turquía; unha brevísima biografía das nosas compañeiras asasinadas, o comunicado das mulleres da Marcha Mundial das Mulleres de Francia e o artigo escrito pola compañeira Ximena da MMM de Galiza.

En solidariedade e loita feministas,

….

Secretariado Internacional da MMM

Déclaration du Mouvement Démocratique de Femmes Libres (DÖKH)

January, 11th, 2013

World history continues to host and bear witness to the massacre of Kurdish people. Comrade Sakine Cans?z, the unprecedented representative of the women’s resistance and leadership in the Kurdish Freedom Movement and the women’s struggle for freedom, and a symbol of insurgence and rebellion in the Kurdistan’s history, alongside comrades Fidan Do?an and Leyla Söylemez, were murdered in a vicious attack in Paris. First of all, we offer our condolences to Kurdish people’s leader Honorable Abdullah Öcalan, to Kurdish Freedom Movement, the Kurdish women and the Kurdish people as a whole. As Kurdish women, we are fully conscious of the forces behind this massacre and the reasons for it. Responsibility of this assassination belongs to the approach of the government which openly states that “Both security operations and negotiations will continue.” This conspiracy has not been developed independent of the wills of the Justice and Development Party (AKP), Europe and the French state. If there are claims to the contrary, the perpetrators behind this execution should promptly be exposed and held accountable to the Kurdish people.

We would like to underline that the kind of settlement that the Turkish state and the international forces are willing to impose on Kurdish people in the resolution process of Turkey’s Kurdish Question stands plain and obvious to us. The assassination against Cansiz, Do?an and Söylemez is at once an assassination against Kurdish people and Kurdish women, as well as against peace and the struggle for freedom. We, as the Kurdish Women’s Movement (The Democratic Free Women’s Movement – DOKH) make the promise that the martyrdom of comrade Sakine Cans?z and her nurturing practice of resistance shall be our guide towards freedom, along with the memories of Fidan Do?an and Leyla Söylemez that will be kept alive in our struggle. We are in endless grief, yet this grief and pain will not deter us, on the contrary, it will strengthen the will and determination that shall carry us to victory. By this account, as Kurdish women and Kurdish people, we call out that: “We have no tolerance any more!” No one may ever have the right to attack the national will and values of the Kurdish people. Kurdish people and Kurdish women, with their righteous struggle, play a crucial role in the world history of social movements. This fact should duly be recognized and respected.

We bow with respect before the memories of the comrades, Sakine Cans?z, Fidan Do?an and Leyla Söylemez, and call on to condemn this assassination by transforming every venue into a site of action until the perpetrators behind the assassination are exposed. On this basis, we invite all the women across the world and the supporters of women’s struggle for freedom to condemn this vicious attack and to join us in solidarity in our sites of action.

Democratic Freewomen Movement (DÖKH)

Curta biografia das activistas:

SAKINE CANSIZ, co-fundadora do PKK, Partido Kurdistan de Traballadores, é unha das tres activistas curdas asasinadas en París, naceu na provincia de Dersim en 1957. Comezou o seu activismo no movemento de xóvenes estudantes en Elaz??. Cans?z uniuse ao movemento revolucionario kurdo en 1976.

Cans?z, unha líder na loita contra os círculos fascistas en Elaz??, era moi activa nos vecindarios de Fevzi Çakmak e Y?ld?zba?lar?. A través do traballo político en Dersim e arredores en 1978, Cans?z vinculouse completamente co movemento revolucionario posteriormente.

Despois de participar no Congreso do PKK no 27 de novembro de 1978, Cans?z foi arrestada en Elaz?? e encarcelada xunto cun grupo de amigos. Foi sometida a duras torturas durante o periodo do golpe militar do 12 de septiembre de 1980. Foi liberada en 1991.

Tan pronto estivo libre volveu tomar parte activa en actividades revolucionarias no Oestee Sur do Kurdistán.

Despois de varios anos de loita nas montañas do Kurdistán, Cans?z viaxoua Europa, onde comezou a liderar unha organización de mulleres kurdas. Foi unha destacada fonte de inspiración que confluíu amplamente coas asociaciones e a organización do pueblo kurdo na diáspora.

F?DAN DO?AN

Do?an, outra das mulleres kurdas asasinadas en París, naceu no distrito de Elbistan (Mara?) o 17 de xaneiro de 1982. Como filla dunha familia kurda inmigrante, medrou en París.

Do?an, quen se interesou vivamente pola loita Kurda pola Liberdade dende nena, comezou a tomar parte activa en traballos revolucionarios en Europa dende 1999. Ademáis do seu traballo, polo xeral centrado nas mulleres e nas mozas, Do?an tamén tomou parte en actividades diplomáticas en Europa dende 2002. Foi membra do Congreso Nacional Kurdoe a súa representante en París.

LEYLA ?AYLEMEZ

Leyla ?aylemez, filla dunha familia Ezîdi do distrito de Diyarbak?r, naceu en 1988 nunha provincia do sur de Mersin. Alí pasou a súa infancia hasta que a súa familia emigrou a Alemania nos anos 90.

Estudou arquitectura durante un ano e despois alí se uniu á loita Kurda pola Liberdade. Despois do 2006, comezou a tomar parte activa en varias cidades europeas, particularment en Berlin, Köln, Hannnover, Frankfurt e na cidade suiza de Basilea.

 

Despois de pasar ano e medio en Kurdistán no 2010 regresou a París onde traballaba dende entón.
ANF / PARIS

 

Appel à l´action de la MMF France

 

MANIFESTATION
Samedi 12 janvier 2013 – 12h
RDV devant la Gare de l’Est à Paris
La Marche Mondiale des Femmes soutient cet appel

 

Trois femmes, militantes kurdes, Sakine Cansiz, Fidan Dogan et Leyla Soylemez, ont été froidement assassinées à Paris il y a deux jours. Vivant à Paris, elles étaient aussi des femmes libres se battant pour leurs engagements politiques, et pour la construction d’une société égalitaire entre les femmes et les hommes, une société qui respecte les droits fondamentaux de tous les êtres humains. Comme de nombreuses femmes militantes de par le monde, elles travaillaient à la libération de leur peuple.

La Marche Mondiale des Femmes s’indigne de ces assassinats, et de la répression du peuple kurde en lutte pour sa libération et son émancipation. Nous exigeons que toute la lumière soit faite sur ces meurtres.

L’une de ces femmes était réfugiée politique en France et aurait dû être protégée par les autorités françaises. Nous exigeons que les militantes et militants étranger-es vivant en France soient protégé-es des violences dont ils et elles sont menacées dans leurs pays.

Nous appelons les féministes à Paris à rejoindre, en solidarité, la manifestation appelée par la communauté kurde.

Concentracións denuncia polo asasinato de Matilde Herrero Barcia

Texto que lido en Ferrolterra de onde era veciña Mati:

Vivimos nunha comarca sen demasiados problemas de violencia, somos unha das comarcas co índice de delitos máis baixa do estado. Máis este ano, converteuse esta terra nun lugar de morte, pero non de calquera tipo, neste ano, houbo tres veciñas, tres mulleres asasinadas polos seus compañeiros, maridos ou exparellas.

Este é o caso de Matilde Herrero Barcia, Mati, así se chamaba esta veciña nosa, moitos e moitas das que estades hoxe aquí coñeciádela ben, unha muller traballadora que, a pesar das dificultades, sempre foi quen de sacar adiante á súa familia. Ela puxera denuncias por malos tratos no 2006, estivo separada do seu asasino dous anos, pero volveu con el, intentouno, pensou que o podería cambiar. Máis a realidade é teimuda, non se pode volver co maltratador, lembrádeo todas, non é posible, non se pode ceder.

A denuncia desafortunadamente tampouco garante a seguridade das vítimas. A policía, a xustiza, as institucións, non son quen de poñer todos os recursos necesarios para facilitarlle a saída desa situación de violencia ás mulleres que a están sufrindo. Pero hai responsabilidades por un lado políticas, neste caso do Partido Popular, que está a recortar todos os dereitos e recursos dos que dispoñiamos as mulleres, así como as campañas de sensibilización da sociedade contra a violencia machista e por outra banda a sociedade en si mesma, porque non nos engañemos. Nin as leis nin os tribunais poden solucionalo todo. Non dariamos abasto para denunciar, xulgar e castigar nos tribunais tantas pequenas e grandes agresións. A xustiza non pode xulgar todos os comportamentos, as predisposicións, os valores e as actitudes machistas, pero a sociedade si. Tamén a sociedade ten que comprometerse nesta loita contra a violencia machista. Non vale só con conmoverse ante os asasinatos e quedar impasible o resto do ano.

Todas as persoas que estamos aquí hoxe, e moitas que non están, condenamos este acto pola súa brutalidade e fatal desenlace; pero temos que ser conscientes de que a este tipo de accións sempre lle acompañan condutas que igualmente teñen que ser condenadas dun xeito unánime e sen fisuras por toda a sociedade.

Hoxe só quedan lamentos, pero tamén hoxe é un día para a esperanza de que MATI sexa a última asasinada por ser muller. É traballo de todas e todos que así sexa, e así debemos camiñar na nosa vida privada e pública, condenando as condutas machistas e esixindo ás administracións a súa responsabilidade social e xurídica, non só para garantir a cobertura necesaria as vítimas de maltrato e así, asegurar o fin dos asasinatos, senón tamén para poñer todos os medios necesarios para avanzar cara unha sociedade libre de machismo.

Debémoslle a Mati, e a cada unha das mulleres que foron asasinadas,así como as que a diario somos agredidas, violadas, humilladas, o noso compromiso firme e decidido contra a violencia machista.

A nosa compañeira Bárbara, que non pode estar hoxe aquí, coñecía a Mati, traballaron xuntas hai moitos anos… Ela pediunos que lésemos estes versos, adaptados a partir dun poema que lle pediu prestado a Mario Benedetti, por Mati e por todas as mulleres asasinadas polo terror machista:

Así estamos,
consternadas,
aínda que esta morte sexa
un dos absurdos previsibles

Dá vergoña mirar os cadros, os sillóns, as alfombras,
sacar unha botella do frigorífico,
teclear as letras do teu nome, Mati
na ríxida computadora,
que nunca estivo tan pálida

Vergoña ter frío
e arrimarse á estufa coma sempre.

Ter fame e comer,
esa cousa tan simple…

Dá vergoña o confort
cando ti caíches, Mati.

Ti es a nosa conciencia acribillada.
Así estamos,
consternadas,
rabiosas…

Claro que co tempo, a abafante consternación
irásenos pasando…

Pero a rabia quedará,
farase máis limpa,
e xuntarémola a todas as rabias que nos moven, e que mantemos acesas por cada muller asasinada polo machismo.

Manterémola acesa por ti, Mati.

 

ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA TEN QUE SER UN COMPROMISO DE TODAS E DE TODOS O MACHISMO MATA, NON SEXAMOS CÓMPLICES!!!

Estivemos en Ferrolterra

E estivemos tamén nas rúas de Vigo

Video da concentración de Vigo

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram