O pasado venres 4 as compañeiras da Coruña fixeron unha performance na que cantaron esta versión da cantiga latinoamericana Nos queremos vivas.
Canta a Bea a de Estrella
Construíndo feminismo anticapitalista dende o 2000
Concentracións de feminicidios
O pasado venres 4 as compañeiras da Coruña fixeron unha performance na que cantaron esta versión da cantiga latinoamericana Nos queremos vivas.
Canta a Bea a de Estrella
Mobilizacións por todo o país reivindicaron hoxe o fin da violencia machista e expresaron a repulsa do feminismo galego ante o feminicidio de Manuela Iglesias Fernández na Pastoriza.
#NenUnhaMenos #NenUnhaMáis #Feminicidio #StopFeminicidio #ViolenciaMachista #AsasinatoMachista #FeminismoGalego #RespostaFeminista.
De Vigo a Ribadeo, de Verín a Cee, miles de persoas participaron esta segunda feira nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para denunciar e rexeitar o último crime machista na Galiza e o primeiro deste ano: o asasinato na Pastoriza de Manuela Iglesias, de 79 anos de idade.
Máis unha vez, desde mozas até mulleres de idade avanzada saíron ás rúas do país para denunciar a continuidade do “terrorismo machista”, máis aínda en tempos nos que formacións negacionistas desta realidade reciben centos de miles de votos no Estado.
“A sociedade segue sen estar á altura da resposta que precisamos para que a vida das mulleres se coloque no centro e un asasinato deixe de ser apenas unha anécdota”
As concentracións de hoxe demostran que o feminismo galgo está en disposición de reclamar medidas reais e tanxíbeis para combater a violencia machista.
#QuerémonosVivas #FeminismoOuBarbarie #NenUnhaMenos #MachismoMata #BastaDeViolencia #RespostemosTodas #GalizaEnPéContraOMachismo
Lugo, Celanova, Moanha,O Porrinho, Monforte… o feminismo galego enche as rúas do país contra os feminicidios e a violência machista no día que sae ás rúas polo asasinato de Vilalba #Feminicidio#MachismoMata#FeminismoGalego#QuerémonosVivas#FeminismoParaVivir#NenUnhaMais#NenUnhaMenos
Se é machista non é xustiza
Máis unha vez as peores consecuencias do machismo golpea en Galiza: o asasinato dunha muller.
Nesta ocasión a veciña de Coruña asasinada tiña 79 anos e era sogra do asasinato que ademáis tentou secuestrar á súa crianza de 21 meses, cando o capturaron tiña billetes para viaxar con ela fóra do estado.
O machismo é a principal causa de morte das mulleres no mundo. Unha violencia que non cesa e que cando consigue continuar na sombra destrúe a vida das mulleres mesmo que non se dé a peor das súas consecuencias, o asasinato.
Por iso, e porque as respostas institucionais son absolutamente insuficientes e non cremos xa nas mentiras dos pactos de estado, voltamos mobilizarnos para reclamar solucións de futuro: unha coeducación que comece na escola e que sirva para criar unha sociedade de iguais coa vida como valor supremo, recursos para atender ás mulleres que sufren violencia, xulgados con profesionais e recursos, xuízos xustos e rápidos, acabar coa presión das custodias compartidas impostas e cunha cultura que segue a ter o machismo como piar básico do relacionamento entre persoas.
Convidámosvos a participar da CONCENTRACIÓNS que terán lugar este mércores 23 ás 20H e a denunciar cada día e en cada espazo a violencia machista.
#NenUnhaMenos
#NenUnhaMáis
#QuerémonosVivas
#BastaDeViolencia
Espertamos cunha muller asasinada polo seu compañeiro en Becerreá, outro brutal crime machista que nos trae a violencia diaria ao primeiro plano golpeando coa forza desgarradora que a violencia bate nas mulleres. Voltamos convocarnos para saír á rúa este sábado a reclamar vidas libres de violencias, de todas as violencias. Porque só así deixaremos de espertar estremecidas cada vez que unha de nós (todas) é asasinada.
Soubemos da detención do marido de Caridad Pérez de 79 anos asasinada en Narón o pasado 29 de decembro. Saímos pois novamente á rúa visibilizar un asasinato machista e reclamar o fin da violencia contra as mulleres. Paremos o feminicidio!! Basta de violencia machista!! Querémonos vivas!! ?#?machismomata? ?#?bastadeviolencia? ?#?stopfeminicidio?
Venres 15 ás 20h
– VIGO, diante do marco, convoca Marcha Mundial das Mulleres
– OURENSE, Castañeira (subdelegación), convoca Marcha Mundial das Mulleres
– FERROL, diante do concello, convoca Marcha Mundial das Mulleres
– PONTEVEDRA, diante da Audiencia Provincial, convocan feministas de pontevedra
– LUGO, praza do concello, convocan feministas de Lugo
– A CORUÑA, Obelisco, convoca acción feminista da Coruña
– COMPOSTELA, na porta do camiño, convoca feminismos Compostela
A COORDENADORA GALEGA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MÓNICA LORENZO en Barro (Pontevedra)
Mónica foi asasinada este mércores. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Mónica e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.
Sumamos a nosa voz á do resto do feminismo galego e convocamos e participaremos nas concentracións que se convoquen estos días no noso país. CONCENTRACIÓNS:
MARTES 26
MÉRCORES 27
BASTA DE VIOLENCIA MACHISTA! EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!
Imaxes das concentracións de denuncia polo sexto asasinato machista na Galiza durante o 2014 que tivo lugar en Pazos de Borbén, Pontevedra.
Estas son as accións realizadas nas concentracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres:
Vigo
Ferrolterra
Ourense