O Segundo Sexo, Simone de Beauvoir

Un 9 de xaneiro nacía Simone de Beauvoir. Hoxe entendemos a súa obra “O Segundo Sexo” (1949) como un dos nosos textos fundamentais. Neste día partillamos con vos os dous volumes na nosa lingua 👇👇👇

📖👉 O segundo sexo. vol I http://www.afoiceeomartelo.com.br/posfsa/Autores/Beauvoir,%20Simone%20de/O%20Segundo%20Sexo%20-%20I.pdf

📖👉 O segundo sexo. vol II http://www.afoiceeomartelo.com.br/posfsa/autores/Beauvoir,%20Simone%20de/O%20Segundo%20Sexo%20-%20II.pdf

Boletíns de Nyeleni, a voz da Soberanía Alimentaria

O Boletín internacional Nyéléni é a voz do movemento internacional pola Soberanía Alimentaria. O seu obxectivo principal é reforzar as bases do movemento, proporcionando material accesíbel sobre temas chave e creando un espazo para que as persoas e as organizacións que participan na loita intercambien experiencias e partillen información

Web onde se pode acceder aos boletíns en diferentes linguas: https://nyeleni.org/

Recomendamos especialmente o boletín sobre Mulleres e Soberanía alimentar

25N Feminismos para vivir, en Radio LiVerdade

O pasado mes de novembro activistas da Marcha participaron dun especial de radio para falar de feminismo galego. Deixámosvos aqui o enlace para que desfrutedes do programa:

Alba Pazos e Manuela Iglesias moderan un faladoiro no que contamos coa presenza de  Belem Andrade, muller, poeta, nai, cociñeira e activista do colectivo As do 8, Antía Pousa e Lucía Cedrón, da Marcha Mundial das Mulleres, Georgina Olivera, activista feminista e LGTB, Laura Camino,  investigadora na Facultade de Filoloxía da USC e Sabela Mallo, investigadora na facultade de psicoloxía da USC, as dúas toman parte da Asemblea de Investigadoras de Compostela.  Tamén contamos coas opinións en audio de Berta Vega, terapeuta do reencontro e sexóloga, Paz Filgueira, xuíza do xulgado de Violencia de xénero de Vigo, Alba Nogueira, catedrática de dereito administrativo da USC e integrante da Rede Armela, Daniela Fernández, presidenta de Amizando, e Laura Bugallo, feminista e acivista LGTB.

Coñece a MMM no Brasil

Temos a fortuna de compartir unha lingua con compañeiras feministas dos cinco continentes, nesta ocasión recomendamos a páxina web da Marcha Mundial das Mulleres no Brasil.

Na súa páxina coñecerás a filosofía da Batucada feminista, os Butecos feministas que son espazos de diálogo e convivio e terás acceso aos pronunciamentos das compañeiras en relación ás loitas que libran no país e en toda América Latina.

A III Acción Internacional de 2010

A Marcha Mundial das Mulheres (MMM) é um movimento feminista internacional enraizado em organizaçoes de base. Acreditamos que é possível enfrentar as causas da nossa pobreza e da nossa opressao por meio da construçao de uma solidariedade activa entre mulheres e homens. O ano de 2010 foi marcado pela nossa Terceira açao Internacional. Milhares de mulheres em todo o mundo marcharam sob o lema ‘Seguiremos em marcha até que todas sejamos livres!’

Os seis textos aqui apresentados documentam nossa açao de 2010.

Caderno de formación da MMM do Brasil

O objetivo dos Cadernos Marcha Mundial das Mulheres é ser um material de apoio ás  formas e reïtos da militáncia da Marcha. Como esse deve ser um processo permanente, a proposta é dar início a uma série de Cadernos.

Contido:

A Marcha Mundial das Mulheres: mulheres em movimento mudam o mundo

Critica Feminista à Sociedade de Mercado

O Trabalho das Mulheres

Tráfi co de Mulheres e Prostituição

Desafi os para a Soberania Alimentar desde as mulheres

Mulheres por uma vida sem violência!

Manifesto das mozas feministas na Europa

Este texto é un documento de traballo creado no Campamento de novas feministas da europa organizado en 2011 polo grupo de novas da Coordenadora de París da Marcha Mundial das Mulleres. Durante os sete días que durou o campamento tiveron lugar numerosos talleres, obradoiros e debates en torno a diversos temas que cristalizaron no presente documento de traballo conxunto realizado por mozas de Francia, Galiza, Bélxica, Euskal Herria, Suiza, Portugal, Armenia, Rumanía, Polonia e Macedonia.

O obxetivo do presente documento é analizar conxuntamente as loitas compartidas e traballar na elaboración de respostas e estratexias comúns para afrontalas no futuro.

Marcha Mundial das Mulleres · Galiza

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram