A III Acción Internacional de 2010

A Marcha Mundial das Mulheres (MMM) é um movimento feminista internacional enraizado em organizaçoes de base. Acreditamos que é possível enfrentar as causas da nossa pobreza e da nossa opressao por meio da construçao de uma solidariedade activa entre mulheres e homens. O ano de 2010 foi marcado pela nossa Terceira açao Internacional. Milhares de mulheres em todo o mundo marcharam sob o lema ‘Seguiremos em marcha até que todas sejamos livres!’

Os seis textos aqui apresentados documentam nossa açao de 2010.

Caderno de formación da MMM do Brasil

O objetivo dos Cadernos Marcha Mundial das Mulheres é ser um material de apoio ás  formas e reïtos da militáncia da Marcha. Como esse deve ser um processo permanente, a proposta é dar início a uma série de Cadernos.

Contido:

A Marcha Mundial das Mulheres: mulheres em movimento mudam o mundo

Critica Feminista à Sociedade de Mercado

O Trabalho das Mulheres

Tráfi co de Mulheres e Prostituição

Desafi os para a Soberania Alimentar desde as mulheres

Mulheres por uma vida sem violência!

Manifesto das mozas feministas na Europa

Este texto é un documento de traballo creado no Campamento de novas feministas da europa organizado en 2011 polo grupo de novas da Coordenadora de París da Marcha Mundial das Mulleres. Durante os sete días que durou o campamento tiveron lugar numerosos talleres, obradoiros e debates en torno a diversos temas que cristalizaron no presente documento de traballo conxunto realizado por mozas de Francia, Galiza, Bélxica, Euskal Herria, Suiza, Portugal, Armenia, Rumanía, Polonia e Macedonia.

O obxetivo do presente documento é analizar conxuntamente as loitas compartidas e traballar na elaboración de respostas e estratexias comúns para afrontalas no futuro.

Marcha Mundial das Mulleres · Galiza

Chamamento das mulleres africanas pola paz

Nós, mulleres dos grupos de Ruanda, Burundi e República Democrática do Congo afiliadas á Marcha Mundial das Mulleres, facemos un chamamento pola paz na Rexión dos Grandes Lagos Africanos e no mundo enteiro profundamente preocupadas pola reactivación das guerras e os conflitos armados que persisten na Rexión dos Grandes Lagos.

Tribunal de acusación contra os crimes do Congo

Este texto foi elaborado para o acto realizado en Vigo pola Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres o 17 de outubro de 2010 no marco da III Acción Internacional. Este acto foi un dos numerosos actos celebrados polas coordenadoras nacionais da Marcha Mundial en todo o mundo o día que tiña lugar o feche da III Acción Internacional en Sud Kivu – RDCongo en solidariedade coas nosas compañeiras africanas e as mulleres que sufren, no planeta, os efectos e as consecuencias dos conflictos.

Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres.

Publicación. Dereito a decidir

Conmemorando o 28 de Maio Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres a coordinadora comarcal da Coruña organizamos un ciclo de conferencias, vídeo-forum e coloquios baixo o título ‘O dereito a decidir: Situación actual e alternativas à despenalización do aborto’. Nas xornadas introducíronse temas tais como a loita polos dereitos reprodutivos e sexuais, a situación actual e redes dos COF (Centros de Orientación Familiar), os aspectos legais do dereito a decidir, e coa colaboración de mulleres representantes do asociativismo e activismo da nosa cidade xerouse un debate sobre as alternativas á despenalización do aborto.

Coa publicación destas xornadas e a súa divulgación totalmente gratuíta tanto en papel como en formato electrónico, pretendemos partillar con todas a información, debate e reflexión que xurdiu dentro da dinámica desta actividade. Consideramos que este material pode axudar a entender mellor o contexto histórico, xurídico e sanitario da actual regularización do aborto e estabelecer as bases para a discusión dentro da sociedade galega das alternativas á  despenalización. Para a Marcha Mundial das Mulleres é fundamental deseñar estratexias de presión social e política e encoraxar a participación de toda a sociedade e do activismo galego nestas estratexias.

Até todas as mulleres do mundo conseguirmos a soberanía sobre o propio corpo, nós continuaremos en marcha.

PALESTRA con a compañeira kurda Necîbe Qeredaxî do comité de Jineolojî de Europa

[VIGO][ Feminismo Internacionalista ] Este 9 de xaneiro ás 20h. na Casa Galega da Cultura, a Marcha Mundial das Mulleres reivindica e homenaxea en todo o mundo a loita das mulleres kurdas. No noso país, Vigo acollerá unha palestra e debate coa compañeira kurda Necîbe Qeredaxî do comité de Jineolojî de Europa. Teremos a ocasión de escoitar na propia voz destas mulleres a súa loita feminista e de emancipación do seu pobo.

Agradecer a Mar de Lumes Plataforma Baran Galiza pola súa colaboración neste acto.

Para nós, o 9 de xaneiro, é un día pola memoria e a solidariedade cas activistas, abusadas, encarceradas, violadas e asasinadas. Un día para dicir xuntas que as súas loitas non foron e non son en balde.

Mais tamén, fai seis anos do asasinato das activistas Sakine Cansiz, Fidan Dogan (Rojbîn) et Leyla Saylemez en Paris.

Sen esquecer o asasinto en 2016, de Seve Demir organizadora da posta en marcha da Caravana Feminista para a IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Nusaybin e membra do Partido Democrático das Rexións, Pakize Nayir, vicepresidenta da Asamblea Popular de Silopi, e Fatma Uyar, membra da Unión de Liberación das Mulleres. E moitas máis que non imos a recoller aqui.

Este pobo leva moitos anos loitando polos seus dereitos e polo recoñecemento do seu territorio, fronte a represión e violencia dos estados próximos.

Nestes anos, púxose o foco de atención nas mulleres kurdas como exemplo de autodefensa e de loita pola liberación e organización do seu pobo.

Consideramos que a Unión Europea é cómplice das vulneracións de dereitos do goberno turco.

 

Defensa do dereito de autodeterminación dos pobos


Defensa do dereito de autodeterminación dos pobos


Solidariedade coas mulleres e os homes de Catalunya.

As mulleres e os homes de Catalunya levan anos construindo un proceso democrático para exercer o dereito de autodeterminación ao que ten dereito todo pobo.

Neste proceso as mobilizacións sociais foron masivas nos últimos cinco ou seis anos convertindo esta reclamación lexítima nun proceso soberanista de carácter popular, social e transformador.

Nós, mulleres da Marcha Mundial das Mulleres como movemiento político feminista antipatriarcal, anticapitalista e antirracista, saudamos con simpatía e damos o noso respaldo a todos os pobos que loitan pola sua liberdade e por construír un futuro exercendo o dereito democrático a decidir como hoxe fai o pobo Catalán. Defendemos proxectos progresistas, antipatriarcais que respecten os dereitos das persoas migrantes.

Este proceso densolvese nos últimos anos chegando a situación de maior confrontación co resto do estado español en torno a realización dunha consulta popular -referendo- planteada polo goberno catalán lexitimo emanado das eleccións de 2015. Ante esta proposta democrática o Estado Español , herdeiro da ditadura franquista, responde con militarización, represión y recorte de dereitos: detencións de altos cargos do goberno, rexistros de sedes oficiais, de partidos políticos, de casas particulares, desprazamento de forzas de seguridade do estado para tomar o país e acusacions de sedición as maiores entidades sociais que impulsan o proceso.

Dende a Marcha Mundial das Mulleres condenamos esa resposta represiva dos poderes do estado español dirixida a impedir o dereito da autodeterminación dos pobos e amosamos o noso apoio ás mulleres e homes de Catalunya que saen á rúa e se mobilizan de xeito permanente, democrática e pacifica para reclamar a realización da consulta popular.

Fai un par de anos reivindicamos a través da mobilización mundial a necesidade que os nosos corpos e os nosos territorios se visen libres de agresións e ocupacións, do mesmo xeito que cada dia traballamos para construír un mundo mais xusto no que as mulleres e os pobos sean donas do seu futuro e poidan exercer ese dereito para transformar as vellas e caducas institucións locais, europeas -e mundiais- en novas oportunidades de colocar no centro das preocupacións e ocupacións o dereito a vivir dignamente e libres.

Neste momento difícil para o pobo catalán que defende nas rúas o seu dereito a ser libre reiteramos o nosso compromiso de apoio como fixemos sempre coas nosas irmás de outros pobos reivindicando tamén que este proceso sirva para pór en cuestión tamén as bases do patriarcado e se constitúa cunha nova lóxica en que as mulleres e as nosas loitas sexamos tamén protagonistas.

En sororidade feminista

En apoio do dereito de autodeterminación dos pobos


En marcha, até que todas sexamos libres.

24 DE MAIO- Día Internacional das Mulleres Antimilitaristas

 

Dende a Marcha Mundial das Mulleres, conmemoramos neste 24 de maio, como todos os anos, o día da muller antimilitarista. E denunciamos a violencia e guerras nas que o poder económico amasa beneficios a costa do sufrimento dos nosos pobos.

A industria armamentística, da que os estados son cómplices, move miles de millóns sendo unha das máis rendíbeis do mundo. Como vender todo este arsenal nun mundo en paz? Precisamos conflitos consumidores. Así, aliméntanse guerras como as de Siria, Sudán, Yemen, Congo…onde o beneficio é dobre. Un mundo en paz, enriquece ao pobo. Un mundo en guerra, enriquece ao grande capital. Da guerra e o conflito come a empresa armamentística, máis tamén come a petroleira, e todos os sectores que dispoñen de materias primas a prezo de espolio.

Nos conflitos armados as mulleres sufrimos dobremente. Un mundo en paz, empondera as mulleres. Na guerra, as mulleres somos saqueadas: os nosos fogares, o noso traballo e, o máis terrible, o noso corpo, convértense en botín de guerra. En todos os conflitos armados, miles de mulleres son violadas, escravizadas, prostituídas… sufrindo abusos inimaxinables. Esta violencia goza, porén, de total impunidade, sendo inexistentes os casos nos que os culpables son xulgados ou os seus actos teñen algunha consecuencia.

Denunciamos, así mesmo, que non consideramos que vivimos en paz nun mundo desigual e inxusto. É violencia a explotación laboral, a pobreza. Cando se apoia un réxime corrupto ou autoritario, estase a disparar contra a poboación. Cando se desposúe a un país dos seus recursos, está a ser bombardeando. A fame nun país, é guerra. A falta de liberdade de expresión é guerra. A opresión e falta dos dereitos das mulleres é guerra.

“Nin guerra que nos mate, nin paz que nos oprima”

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram