Chamamento das mulleres africanas pola paz

Nós, mulleres dos grupos de Ruanda, Burundi e República Democrática do Congo afiliadas á Marcha Mundial das Mulleres, facemos un chamamento pola paz na Rexión dos Grandes Lagos Africanos e no mundo enteiro profundamente preocupadas pola reactivación das guerras e os conflitos armados que persisten na Rexión dos Grandes Lagos.

Declaración das mulleres do sur de África


Declaración das mulleres do sur de África

Violencia, Nunca Máis
HloniphaniImizimba Yethu non Wethu!
Respecto os nosos corpos e a nosa terra!

Nós, mulleres de toda África Austral – rurais e urbanas, novas e vellas, agricultoras e desempregadas – participantes do Cume dos Pobos de 2017, reunímonos para compartir e reflexionar sobre as nosas historias de violencia perpetradas por estados patriarcais capitalistas e colonialistas, corporacións e institucións sociais relixiosas, de educación e a familia. Recoñecemos que, a pesar de nosas moitas diferenzas xeográficas, de idioma, de relixión e de identidade sexual, temos en común a experiencia de vivir en sociedades que ven os nosos corpos como obxectos e á natureza como mercadoría a ser explotada e destruída.

Mulleres agricultoras e pobos indíxenas viven coa natureza, coidando a terra, os recursos hídricos, os océanos e bosques. Son as mulleres que conservan as sementes, o coñecemento da agricultura e o patrimonio das comunidades. E son as mulleres quen coida das súas familias e das comunidades, garantindo que haxa comida, auga potable e enerxía. Son as mulleres quen coida á mocidade e persoas enfermas. Mulleres agricultoras e pobos indíxenas viven preto da natureza. Cando as corporacións e estados transnacionales conquistan as terras, rouban a auga e destrúen os bosques, Exércese violencia contra a natureza e violencia contra as mulleres e o seu  importante papel dentro das  familias e comunidades.

As mulleres son vistas como inferiores, como axudantes dos homes, como fontes de traballo barato e non remunerado, e como obxectos para explotación sexual. Esta é a fonte de opresión das mulleres nun sistema de poder que beneficia aos homes (patriarcado) e un sistema económico orientado ao lucro (capitalismo). A natureza é reducida a unha mercadoría para ser comprada, vendida e explotada en beneficio duns poucos. Dicimos que ese sistema é violento contra a natureza e violento para as mulleres, traballadoras, indíxenas e homes da clase traballadora. A violencia contra a natureza é  violencia contra nós como mulleres!

Os nosos gobernos están ao lado das empresas. Non actúan a favor dos intereses da maioría das persoas. Os nosos gobernos privilexian os negocios coas grandes empresas mineiras e agrícolas, non regulan as actividades contaminantes destas empresas, e moitas veces utilizan a policía e as forzas armadas contra nós para manternos caladas. Iso é violencia contra nós mulleres e contra as nosas comunidades!


Nós, mulleres do África Austral aquí reunidas, reivindicamos:
  • O noso dereito á terra, auga potable e enerxía segura para nós e tamén para o noso medio ambiente
  • O noso dereito para cultivar e comer alimentos de pequenas agricultoras e agricultores, sen pesticidas nin produtos químicos que prexudiquen a saúde e a natureza.
  • O noso dereito á subsistencia e ao traballo seguro e decente que teña como centro ás persoas e non ao lucro.
  • O noso dereito de vivir libres de violencia perpetrada por gobernos, corporacións e homes nas nosas casas, as nosas rúas, as nosas aldeas, as nosas escolas, as nosas igrexas e mesquitas e os nosos espazos de traballo.
  • O noso dereito para decidir sobre os nosos corpos, escollendo cando, se queremos e con quen teño sexo, polo dereito para amar aos nosos corpos, a respectarnos a nós mesmas e obter pracer como seres sexuais.
  • O noso dereito para liderar organizacións, movementos e sindicatos e organizar libremente sen ser menosprezadas, ameazas e asediadas polos nosos camaradas masculinos.
Dos nosos gobernos, reunidos na reunión de Xefes de Estado de SADC (todos homes) esiximos:
  • Que a seguridade cidadá e das mulleres en particular sexa priorizada por encima do que chaman seguridade nacional: a protección das fronteiras dos países
  • Que os nosos gobernos colóquense ao lado das maiorías das persoas e as súas necesidades de desenvolvemento, opoñéndose aos intereses e lucro corporativos.
  • Que os nosos gobernos invistan os orzamentos militares e policiais en educación, coidados da saúde, apoio á agricultura, obras públicas e seguridade das mulleres e outros cidadáns.
  • Que os nosos gobernos respecten os dereitos a terra, auga, flora, océano e sementes das mulleres e as súas comunidades
  • Que os nosos gobernos recoñezan e respecten que as persoas non poden ser reducidas a homes e mulleres, senón que existen identidades e opcións sexuais diversas

Amandla!
Estaremos en marcha ata que todas sexamos libres!

Nota da Marcha Mundial das Mulleres de Brasil en solidariedade co pobo venezolano

Nota da Marcha Mundial das Mulleres de Brasil en solidariedade co pobo venezolano

A Marcha Mundial das Mulleres manifesta o seu apoio e solidariedade co pobo de Venezuela, en especial coas mulleres e organizacións populares de mulleres e do movemento social.

A crise en Venezuela non é nova, é parte dunha disputa intensificada desde a primeira elección de Hugo Chávez, en 1998. Hugo Chávez destacouse pola súa política antiimperialista e enfocada na resolución dos problemas básicos da poboación, como a fame, a falta de acceso a vivenda e ingresos. A súa política foi a máis incisiva contra o imperialismo, o que espertou o odio ao mesmo tempo que fortaleceu as loitas antiimperialistas dos movementos sociais na rexión e alcanzou relevancia coa elección de presidentes en América Latina que non se aliñaron aos Estados Unidos.

A ascensión de gobernantes como Luiz Inácio Lula dá Silva e Dilma Rousseff en Brasil, Nestor e Cristina Kirchner en Arxentina, Evo Morales en Bolivia, Rafael Correa en Ecuador, Fernando Lugo en Paraguai, Tabaré Vázquez e José “Pepe” Mujica en Uruguai, creou un terreo máis fértil para bloquear as políticas neoliberais e tratados como o ALCA, que significarían a subordinación total de América Latina a Estados Unidos. O diálogo e a integración en América Latina intensificáronse, en procesos como Unasur, a CELAC, a reorientación e fortalecemento do Mercosur, é dicir, unha nova xeopolítica foi debuxada en América Latina.

Con todo, 500 anos de capitalismo, imperialismo e colonialismo machista e racista non se vencen facilmente. Os pobos latinoamericanos viviron golpes sucesivos, como en Honduras, Paraguai e Brasil. Mesmo en Venezuela houbo intentos de golpe que foron sufocados pola resposta do pobo.

Os golpes en América Latina comparten a contribución estadounidense, a articulación da burguesía, empresas e parlamentarios corruptos e dos medios de comunicación, e no caso de Brasil, o elemento da misoxinia e a destacada implicación do poder xudicial.

Quen comanda e provoca a crise en Venezuela son os mesmos actores, articulados cos medios golpistas como aliados internacionais, por exemplo, a Rede Globo en Brasil, que todos os días mantén o noticiero inundado con noticias contrarias ao goberno de Maduro.

En 2014, os movementos sociais brasileiros organizaron un Plebiscito Nacional por unha Constituínte Exclusiva e Soberana para realizar a reforma política no país. Foi un proceso de case un ano de mobilización e un plebiscito popular con case oito millóns de votos. A Rede Globo e os medios golpistas non deron nin sequera unha noticia sobre o plebiscito. Pero cando os opositores de Maduro organizaron un plebiscito contra a Asemblea Constituínte en xullo de 2017, o mesmo canle mostrou reportaxes en vivo durante todo o día. Os medios golpistas articúlanse en todo o continente para xerar odio e definir as relacións de poder na sociedade en favor das elites e das empresas transnacionales.

O que está en xogo en Venezuela é un proceso de golpe para recuperar o mando estadounidense da burguesía e das grandes transnacionales sobre a riqueza do país. Non ten nada que ver coa fame do pobo ou coa democracia. Venezuela ten as máis grandes reservas de petróleo do mundo, ademais da auga e da diversidade ambiental, e é isto o que estes sectores tentan recuperar.

Os golpes son contra o pobo, contra as mulleres e a poboación negra, como ocorre en Brasil, cuxa democracia foi interrompida, todos os dereitos das mulleres e da clase obreira están a ser destruídos, as terras usurpadas  dos pobos indíxenas, de comunidades tradicionais afrobrasileñas (quilombolas) e de campesiños usurpadas, ademais de que os servizos, as empresas públicas e a nosa  biodiversidade están a ser entregadas ás empresas transnacionales. Brasil, que xa estaba entre os países máis violentos de América Latina, vive un incremento   da violencia contra as mulleres e contra a poboación negra. A criminalización dos movementos sociais e os asasinatos de líderes do campo intensificáronse. Os golpes en América Latina son para recuperar o proxecto neoliberal e a usurpación dos nosos bens comúns, así como para reafirmar a subordinación a Estados Unidos.

Para nós, as mulleres e os pobos, quédanos a loita e a resistencia. Por iso a Marcha Mundial das Mulleres denuncia este intento de golpe en Venezuela que intensifica a violencia contra a poboación máis pobre, negra e nova.

Venezuela é soberana, para que xunto ao seu pobo e clase obreira busque a saída á paz con participación e decisión popular.

Toda a nosa solidariedade ao pobo de Venezuela!

Trump fascista e todos os golpistas: saquen as súas mans de Venezuela!

Represión ás mulleres na Turquía

RECENTE REPRESIÓN ÁS MULLERES NA TURQUÍA E TJA
(MOVEMENTO  MULLERES LIBRES)
(Febreiro 2017)

Dereitos das mulleres e a lei

 

A República Turca, establecida a principios do último século, rexistrou un gran número de tratados internacionais sobre os dereitos das mulleres, incluíndo CEDAW, a Istambul Convention, empoderando ás mulleres máis aló da súa lexislación interna. Malia isto, segue a ser un país que non aprobou leis de harmonnización e ten serios problemas á hora de aplicalos. O tradicional sistema sexista, que non respecta os seus propios valores, está baseado no rexeitamento das diferentes identidades e crenzas, e ademáis de non ser xusto, colocou a Turquía nas filas máis baixas no referente ás violacións humanas.

O goberno asinou os tratados locais e internacionais que defenden os dereitos das mulleres e penalizan os crimes contra estas para parecer democrático, pero non se cumplen. Un bo exemplo desta hipócrita política é a Istambul Convention, que o Consello Europeo puxo en funcionamento o 1 de agosto de 2014. Turquía foi a primeira en firmar a Convención, que inclúe disposicións explicativas sobre a prevención e sancións en violenciasexual, acoso, violación e todo tipo de violencia sobre a muller, pero que non foi aplicada.

A responsabilidade do goberno na violencia contra a muller e feminicidio

Declaracións e informes de fontes independentes e organizacións de mulleres que se ocupan dos dereitos e da liberdade das mulleres sinalan que o AKP (Partido da Xustiza e do desenvolvemento) colocou ás mulleres en peores condicións que as prácticas anteriores.

AKP chegou ao poder cos seus argumentos liberais e pacifistas, pero coma outros exemplos no mundo, converteuse na cara máis escura do capitalismo moderno e o máis opresor do sistema estatal. Non houbo na historia de Turquía outro goberno que intentara con máis ganas apoderarse de tódalas veas do país (lexislación, poder xudicial e executivo), escravizar á sociedade e ás mulleres social, cultural e económicamente, e potenciar o sistema de dominación masculina que o goberno do AKP, que entrou no poder co proxecto do Islam moderado. Esta audacia deu pé a unha fase que avanza cara unha ditadura centrista e fascista. A partires do 2002, AKP sostivo a súa política de desviación mantendo que podería solucionar a cuestión Kurda pacíficamente. Sen embargo, no 2015, levou o seu réxime opresivo ao máis alto nivel, derrubando a paz e a mesa de negociación. A través das súas políticas machistas, monistas e hexemónicas, o goberno do AKP está ignorando tódolos dereitos gañados polas mulleres. Este enfoque sexista vai dirixido á liberdade e organización das mulleres. Cada vez, o goberno amosa máis a súa cara reaccionaria e escura contra as mulleres.

A repercusión máis concreta do achegamento do AKP ao feminicidio pódese ver no crecente número de asasinatos. Segundo os rexistros oficiais do Ministerio de Xustiza, en 2002, 66 mulleres foron asasinadas por homes. Esta cifra convírtese en 83 (2003), 128 (2004), 317 (2005), 663 (2006), 1011 (2007), 806 (2008) e 953 durante os sete primeiros meses de 2009.

Con todo, cuestiónase a credibilidade destes datos oficiais. Houbo grandes diferenzas entre os datos oficiais e os recollidos por organizacións de mulleres e compañías de investigación sobre violencia contra as mulleres no 2009. Isto é unha proba dos intentos do goberno por encubrir as súas políticas hexemónicas masculinas. Ademáis, estas políticas hipócritas e sexistas foron confirmadas polo propio goberno a través da resposta do ex ministro de Xustiza, Sadullah Ergin, nunha investigación parlamentaria en 2009, que mostrou que entre 2002 e os primeiros sete meses de 2009, os asasinatos estatísticamente rexistrados coma feminicidio aumentaron 1,400%. Esta cifra non inclúe ás mulleres desaparecidas, conducidas ao suicidio ou declarándose suicidas. Dende esa data, o goberno non publica os datos oficiais sobre asasinatos a mulleres. As cifras que circulan entre o público son as cifras que as organizacións de mulleres e as periodistas tratan de recoller das noticias en prensa.

O feito de que as cifras sobre os crimes cometidos contra as mulleres, coma resultado das políticas machistas actuais do goberno, non se reflictan correctamente nos informes e non sexan compartidas polos funcionarios do goberno é outra proba de que os perpetradores son protexidos e alentados pola mentalidade do home dominador.
En 2016, 328 asasinatos e 71 casos de violación a mulleres, e 368 casos de acoso sexual a rapazas foron denunciados polos medios de comunicación. Segundo os medios de comunicación, entre o 1 de xaneiro e o 20 de novembro de 2016, o 55% das nenas foron acosadas sexualmente polos seus mestres, o 7% dos perpetradores eran traballadores na escola (traballadores da cafetaría, servizo da limpeza, electricistas, condutores de transporte privado, etc), 6% eran familiares (pai, padrastro, irmáns, primos, e parientes varóns), 3.5% eran donos ou traballadores das tendas ou supermercados nos arredores da escola. Polo menos o 13% das nenas foron violadas, o 4% obxecto de acoso dixital a través de fotografías e/ou mensaxes con contido sexual. O 3% das nenas sometidas a acoso sexual foron discapacitadas.

Só 126 dos cómplices foron arrestados por 368 incidentes de acoso sexual ás rapazas. 18 homes foron postos en liberdade para ser xulgados sen arresto, 3 mestres foron despedidos e 1 mestre da escola pública Islámica foi trasladado a outra escola. O caso de acoso dun vicedirector non foi nin reportado ás autoridades pola dirección da escola.

O 59% dos casos de acoso sexual ocurren nas escolas. Ademáis disto, as nenas foron obxecto de acoso sexual nas rúas, nas casas onde foron collidas pola forza ou por engano, nos vehículos onde as collían pola forza, en cursos complementarios, en buses e en parques.

Segundo as noticias de JINHA de decembro do 2016, 28 mulleres foron asasinadas por homes en novembro, acosaron sexualmente a 100 nenas e someteron a 19 mulleres a violencia. Durante o mesmo período, 11 nenas morreron nun incendio. No mes de novembro, cando a lexislación que lexitimaba o acoso sexual estaba á orde do día, o acoso sexual e violencia contra os e as nenas creceu un 450% comparado co mes de outubro.

A medida que o asasinato e a violencia sexual contra os nenos e nenas, apoiados polo goberno, xordiron en toda Turquía, informes publicados por organizacións independentes amosaron cifras alarmantes no Kurdistan, onde a violencia aumentou por razóns políticas.

Segundo os informes de violacións de dereitos humanos da Asociación de Dereitos Humanos (IHD), Diyarbakir Branch, durante os 9 primeiros meses de 2016, 42 mulleres foron asasinadas ou conducidas ao suicidio coma resultado da violencia doméstica ou estatal. O mesmo informe indica que 34 mulleres perderon a vida coma resultado da violencia doméstica ou estatal, e 8 mulleres se suicidaron.

27 das mulleres asasinadas en 2015 estaban baixo protección estatal ou reportaran ás forzas do estado o perigo de ser asasinadas. A información sobre se o 90% destas asasinadas estaban baixo protección estatal non é compartida co público. 24 mulleres foron asasinadas mentres trataban de previr a violencia contra outras mulleres, xa que o estado non cumpriu coa súa obriga de protexer, coma indica na Lei de Protección Nº 6284, non implementada correctamente, coma demostran os feitos. Que o goberno se negue a revelar calquera información sobre a aplicación da lei e as prácticas de protección, formula serias dúbidas entre os movementos de mulleres, que desempeñaron un papel clave na adopción da lei nun primeiro lugar.


CONCLUSIÓN

Enfrentámonos aos brutais ataques da mentalidade machista contra os logros das mulleres en Turquía. O goberno do AKP ten coma obxectivo previr tódalas formas de actividades femininas mediante o feche das asociacións de mulleres e centros de solidariedade, mediante a designación dos fideicomisarios aos municipios. É unha guerra total contra as mulleres, cos arrestos de políticas e representantes e a introdución de leis e regulamentos quitando ás mulleres os seus dereitos. O goberno do AKP con despidos masivos, empurra ás mulleres fóra da esfera pública. Cun estreito control sobre a prensa e os medios de comunicación, toda a sociedade está tiranizada. Difúndese a particular mensaxe de manter ás mulleres na súa casa.

O obxectivo principal da crecente agresión da mentalidade machista cara as mulleres en mans do estado e do AKP é previr a paz social e a democracia. Sen a liberdade das mulleres, a sociedade non pode ser libre. O medo das forzas hexemónicas é a capacidade das mullleres e o principio de vida baseado na cooperación e solidariedade. Con todo, as mulleres de Turquía e Kurdistán seguerán loitando ombro con ombro contra o sistema patriarcal.

As mulleres kurdas están a escribir unha páxina na historia da loita das mulleres, que non poderá ser borrada con ningún ataque. Malia toda a opresión, TJA continuará traballando para un sistema democrático confederal, no que as mulleres e persoas con diferentes crenzas e etnias poidan convivir nun sistema igualitario e libre, contra o militarista, racista, relixioso lucrativo e sexista estado-nación.

TJA é un movementoque loitou contra tódalas formas de violencia (sexual, física, psicolóxica, económica) na familia e na sociedade, e deu grades pasos para rompela na esfera pública e privada. TJA loita contra a mentalidade machista en tódalas esferas da vida co principio de organización a mobilización de mulleres que traballan para expoñer o papel das institucións públicas, especialmente os tribunais policiais e xudiciais de desempeñan un papel significativo en ocultar a violencia na esfera privada. Traballaron malia tódalas ameazas de tortura e morte para documentar a tortura sexual baixo custodia, que era unha práctica común das forzas do estado nos anos 90, e a levou ante tribunais internacionais.

O TJA introduciu e integrou o Contrato Social das Mulleres a todo programa e código de condutas/estatutos de partidos políticos, gobernos locais e sindicatos cos que está relacionada, co obxectivo de previr tódolos xeitos de violencia contra as mulleres e o seu empoderamento en tódalas esferas. O sistema de copresidencias adoptado e posto en práctica por tódolos partidos políticos asociados, os gobernos locais e as institucións para a representación equitativa das mulleres en tódolos niveis dos procesos de toma de decisións converteuse nun sistema de precedencia mundial. Os métodos de intimidación e arresto do goberno do AKP para previr a práctica do sistema de copresidencias non nos pode disuadir.

A sociedade libre que estamos a construír mediante a loita e posta en práctica na vida é tamén un grande golpe ao mundo das ideoloxías machistas e das ciencias positivistas. Mentres estamos construíndo as bases dunha sociedade ecolóxica democrática baseada na liberdade das mulleres a través da xineoloxía, estamos rescribindo o mundo de pensamento e ciencias patriarcal. A nosa comprensión é que calquera escola de ciencias sociais sen un adecuado tratamento da realidade das mulleres será limitada en proveer unha comprensión completa das contradiccións sociais e as súas solucións. Así, a xineoloxía coma sistema de pensamento non só busca fortalecer o estatus da muller no mundo do pensamento e as ciencias, senón que tamén busca a transformación social.

TJA continuará loitando até que cada muller esté organizada. A organización independente das mulleres e a competencia nas esferas política, social e cultural, considérase parte integrante da autodefensa das mulleres. As mulleres empoderadas a través da súa organización en tódalas esferas, dende a economía á política, dende a ecoloxía ata os gobernos locais, é a pedra angular da transformación social.

TJA continuará loitando e resistindo os ataques reaccionarios da mentalidade machista e a súa extensión política, o AKP en Turquía, mediante a organización das mulleres en tódalas esferas da vida. A tendencia crecente do reaccionismo, o racismo e a violencia contra as mulleres só pode ser derrotada pola loita unida e común das mulleres en todo o mundo.

Declaración da MMM no Foro Social Mundial 2016 en Montréal

Declaración da MMM no Foro Social Mundial 2016 en Montréal

O Foro Social Mundial realizouse do 9 ao 14 de agosto do 2016 en Montréal, Québec, territorio que nós recoñecemos como territorio indíxena non cedido do pobo Mohawk. Este recoñecemento quere facer visible a colonización dos territorios nos cales estamos e a tomar a responsabilidade como persoa non indíxena, colectivamente, dos desafíos que afectan a estes pobos.

Nós, mulleres da MMM, denunciamos o rexeitamento de visado para militantes que proviñan maioritariamente de países do sur. Denunciamos as políticas migratorias restritivas dos nosos gobernos que contribúen a criminalizar aos militantes e ás militantes dos movementos sociais. Esta situación impediu a presenza de líderes que levan a cabo as loitas de resistencia contra o capitalismo, o patriarcado, o colonialismo, nos seus países respectivos.

 

O encontro das militantes da MMM permitiu constatar unha vez máis hasta que punto as loitas no local  inscríbense nas loitas no contexto global para a defensa dos nosos corpos, da Terra e dos territorios.

As mulleres da MMM denunciamos o golpe de Estado en Brasil e a toma de poder dun goberno de dereita, sexista, racista, autoritario (liberticida) que goza da complicidade dos medios de comunicación que se negan a falar de golpe de Estado (“ impeachment”) e que contribúen á criminalización dos movementos sociais.

 

As mulleres de Brasil resisten, cunha presenza importante de mozas militantes, que se mobilizan desenvolvendo a formación política feminista, por exemplo a través de ocupacións de escolas secundarias que permitiron unha toma de conciencia e de resistencia. Ademais, en Brasil, como en varios países de América latina e de Europa, as feministas loitan para reivindicar o dereito de acceso ao aborto para todas as mulleres e o dereito fundamental a dispor dos seus corpos.

En Brasil, e resto das Américas, despois de 10 años de debate sobre a Zona de Libre Comercio de Américas (ALCA), algúns movementos de esquerda organízanse para instaurar un Día continental pola democracia e contra o neoliberalismo, é unha etapa importante para desenvolver a solidariedade internacional anticapitalista e antipatriarcal co fin de articular os movementos sociais entre os países. Esta xornada terminarase cunha gran mobilización o 4 de novembro co lema

” Nin un paso atrás! “.

Nos Estados Unidos, as militantes da MMM, mobilízanse contra as políticas do seu país que afectan ás mulleres e ás poboacións marxinadas nos Estados Unidos, e en calquera parte do mundo, nunha perspectiva antiimperialista. Traballan para o fortalecemento do liderazgo das mulleres e dos homes que son máis marxinalizados e as persoas directamente afectadas polos diferentes sistemas de opresión. Elas, igualmente traballan desenvolvendo os coñecementos dos desafíos que concirnen as persoas Queer-LGBTQ para favorecer unha maior inclusión destas preocupacións no seo do movemento das mulleres e da MMM.

Nós, as mulleres da MMM somos solidarias coas mulleres palestinas nas súas loitas contra a colonización e pola liberación do seu territorio ocupado. Denunciamos a represión violenta exercida contra o pobo palestino e particularmente contra as mulleres que están no corazón da resistencia polo seu dereito á autodeterminación.

Nós, somos igualmente solidarias coa loita realizada polas mulleres Saharauís pola recuperación do seu territorio.

Nos outros países do mundo árabe, as mulleres están no corazón dos movementos populares que defenden a democracia reivindicando o acceso para todas elas á educación, á saúde, á participación política e á cidadanía. As feministas destes países traballan para que as leis garanten unha igualdade efectiva para todas as mulleres. Con elas, denunciamos o aumento dos fundamentalismos relixiosos e os efectos devastadores das políticas imperialistas.

As militantes da MMM en Québec están extremadamente orgullosas de acoller a compañeiros e compañeiras de todos lados do mundo no espazo onde naceu a MMM no 1998 e de poder compartir con elas os desafíos actuais para as mulleres do Québec.

Nun contexto do ascenso da dereita conservadora, as feministas mobilízanse para oporse ás medidas de austeridade e á privatización dos servizos públicos que empobrecen aínda máis ás mulleres e ás persoas marxinadas. Ademais, elas resisten particularmente para preservar a agua, a fonte de vida, e denuncian esta explotación.

No seo da MMM en Québec, as mulleres indíxenas e non indíxenas, desenvolven lazos de confianza e de solidariedade traballando a descolonización das relacións entre os nosos pobos. Apoiamos as loitas das mulleres indíxenas polo dereito á autodeterminación e esiximos unha verdadeira investigación do asasinato e desaparición das mulleres indíxenas para que se poña en evidencia o impacto do sexismo e do racismo na vida das mulleres e das comunidades.

Nós, mulleres da MMM, participamos nos diferentes talleres e das accións organizadas no marco do FSM para denunciar o cambio climático, a violencia hacia as mulleres, as políticas de privatización e as medidas de austeridade, o aumento dos fundamentalismos, o control e a militarización dos territorios para fins capitalistas, os efectos das migracións forzadas e o peche das fronteiras por parte dos países occidentais.

Saíndo do fracaso da COP21, os nosos gobernos continúan autorizando a Terra a arder, é importante que continuemos a levar as voces e as solucións das mulleres das comunidades as máis tocadas polos impactos climáticos das decisións desastrosas dos nosos gobernos. O ascenso da dereita reaccionaria e dos fundamentalismos non está illado en cada país porque están ligados á crise mundial impulsada polo capitalismo que crea e alimenta as violencias racistas e sexistas en todo o mundo.

Nós, as mulleres da MMM, participamos nas accións de resistencia contra a industria extractiva e a impunidade da que gozan as multinacionais e entre elas un grande número de empresas canadenses que explotan os recursos naturais, destrúen a vida, expropian ás comunidades e criminalizan ás defensoras e aos defensores da Terra e dos dereitos humanos.

Sinalamos o papel de liderazgo xogado polas mulleres en todas estas loitas nos diferentes países no mundo, de Honduras a Filipinas pasando pola República democrática do Congo, para resistir ás compañías mineiras e aos gobernos responsables do asasinato e da desaparición de numerosas militantes.

Rendemos homenaxe a nosa compañeira Berta Cáceres, feminista indíxena que se opuxo á construción dunha presa no seu país, en Honduras, foi salvaxemente asasinada así como varios dos seus compañeiros de loita o mes de marzo pasado. Dúas das súas fillas, Bertita e Laura, están presentes no FSM en Montreal, para levar a voz da súa nai. Afirmamos con elas que a loita continúa: ” ¡Berta non morreu, somos todas Berta! ¡Berta vive, a loita segue! “

As mulleres da MMF  atoparanse o mes de outubro en Maputo en Mozambique para o 10º Encontro Internacional da MMM. Continuaremos alí a construción das nosas alternativas feministas e o fortalecemento das nosas solidariedades feministas.

¡Estaremos en marcha hasta que todas as mulleres sexamos libres!

A MMM no FSM 2016 de Montréal

 

DECLARACION FINAL DO ENCONTRO EUROPEO DA MMM en VIGO os 27, 28 e 29 de Maio 2016

eu_2016.jpg

Nós, mulleres militantes da MMM en Europa, reunidas en Galiza despóis de varias xornadas de reflexión, débates e intercambio e fronte á situación internacional alarmante que vivimos, de guerras, ataques das dereitas cos golpes de estado, represión dos movementos sociais, criminalización das loitas, asasinato de mulleres activistas, banalización das violencias, recortes de liberdades, militarización do espazo público, estratexias do medo, precariedade laboral, mercantilización dos bens comúns e dos corpos, queremos expresar:

  • A nosa solidariedade coas mulleres kurdas e o seu pobo que resisten aos ataques criminais tanto do Daesh como do Estado turco. Lembramos especialmente a Seve Demir e as compañeiras asasinadas dá MMM pola súa loita e a todas as presas políticas.

  • A nosa denuncia da complicidade da UE, que a través dos seus estados membros venden armas, financian a desestabilización da zona e aprovéitanse dos recursos naturais.

  • A nosa repulsa á política europea en relación coa crise de refuxiadas e esiximos que se poña fin á guerra, que se abran as fronteiras, que se garanta o pase seguro, que se eliminen as cotas e que se acollan todas as refuxiadas polticas e economicas.

  • A nosa preocupación e rexeitamento da crise ambiental provocada polo capitalismo depredador e o espolio de recuros naturais ao longo do planeta levado a cabo polas empresas transnacionais.

  • A nosa denuncia do avance da extrema dereita que pon en perigo as democracias no mundo, como acabamos de comprobar no Brasil co golpe de estado capitalista, machista e racista.

  • A nosa raiba fronte ás violencias, a persecución, a deportación, a criminalización e os asasinatos que sufrimos as mulleres activistas na defensa dos nosos dereitos e a sustentabilidade da vida.

  • A nosa denuncia da chantaxe que o Banco Central Europeo, o FMI e a Comisión Europea exercen cara aos diferentes países, especialmente Grecia, Portugal e o Estado Español, en nome da austeridade promovendo políticas que degradan a vida das mulleres e os seus pobos.

Agradecemos ás compañeiras da Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres o seu acollemento e traballo para facer este encontro posíbel e mostramos a nosa solidariedade coas mulleres galegas, en especial con Laura Bulgalho compañeira procesada polo seu inquebrantábel defensa das persoas migrantes e o colectivo Nós mesmas, vítima de ataques violencios polo seu activismo lésbico.

Este non é o mundo que queremos construír, queremos un mundo de paz, desmilitarizado, un mundo sen muros de separación, un mundo onde a vida dos seres humanos teña máis valor que o diñeiro. Queremos construír un mundo onde as nenas poidan xogar sen temer a violación, o asasinato ou a desaparición, onde as mulleres non sexan vítimas de violencias sexistas, de comportamentos machistas.

O noso futuro é a solidariedade internacional, seguimos en marcha ata que todas sexamos libres.

eu_2016.jpg

Vigo, maio de 2016

A importância das mulheres ocuparem os espaços de comunicação: por uma comunicação feminista e popular

Achegamos un interesante texto das companheiras Brasileñas

* Por Dalila Santos e Emille Cordeiro

Os meios de comunicação no Brasil são comandados por grupos de famílias, ligados a cargos políticos. Todos são homens, burgueses e brancos. Apesar de serem uma concessão pública, e ter o dever de levar educação e cidadania à população, os canais de comunicação trazem a representação de uma minoria que não reflete a realidade da população brasileira, em especial as mulheres.

Nós, mulheres, não estamos no comando dos veículos de comunicação e não temos espaço de destaque nestas ferramentas. Algumas são apresentadoras de telejornais, mas não conseguem chegar a chefe de redação ou ser editora do caderno de política e economia de jornais impressos e revistas. Sabemos que isso é fruto do sistema patriarcal, que divide e hierarquiza, excluindo as mulheres dos setores que regem a nossa sociedade. Além disso, as pautas referentes às mulheres quase nunca são abordadas pelos veículos de comunicação. E quando são pautadas, muitas vezes só reforça a imagem da mulher naturalizada com a função do espaço privado e de reprodução do viver.

Por isso é de suma importância que as mulheres ocupem os espaços da comunicação, para que possam levar as demandas da maioria da sociedade para os espaços públicos. Queremos mais mulheres no poder, das chefias dos veículos de comunicação ao congresso nacional, via Constituinte Exclusiva e Soberana como defendia Florestan Fernandes á época da assembléia constituinte de 88.

Mas não nos basta ocupar espaço nas ferramentas de comunicação já existentes, queremos mais! Queremos instrumentos de comunicação que estejam a serviços das nossas mulheres trabalhadoras, que retratem a nossa realidade, que paute as nossas demandas. Queremos construir uma comunicação feminista e popular como a experiência do Jornal Brasil de Fato, com as matérias nacionais de divulgação virtual e as tiragens de tabloides estaduais, e a irreverência das redes sociais que tem se tornado uma ferramenta aliada para a disseminação de reflexões e tornar pública as ações das mulheres pelo Brasil.

Para isso é fundamental que nós, mulheres, sejamos empoderadas sobre o uso da escrita e das tecnologias de comunicação. Precisamos reforçar que a comunicação é um direito de toda cidadã e um dos pilares de uma sociedade democrática. E essa conquista só será possível entrelaçada com a democratização dos meios de comunicação, tirando o monopólio dos grupos de comunicação das mãos das famílias que hoje o concentram.

Precisamos fazer ecoar a voz das mulheres para que possamos denunciar a sociedade patriarcal que nos oprime diariamente e anunciar uma outra sociedade que almejamos construir de mãos dadas.

* Dalila Santos e Emille Cordeiro são militantes da Marcha Mundial das Mulheres do Sertão, Pernambuco.

Declaración política do Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

Nós, as membras do Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, reunidas no Quebec, Canadá, do 12 ao 15 de setembro de 2015, manifestamos:

A nosa solidariedade coas mulleres do territorio do Quebec, lugar de nacemento da Marcha Mundial das Mulleres, e o noso recoñecemento ás súas loitas e resistencia.

Recoñecemos o valor da formación política feminista como a estratexia para construírmonos nós mesmas como suxeitos políticos en resistencia ao sistema que nos oprime. Reunidas aquí, traballamos no entendemento común da nosa realidade, loitando por defender o dereito a crear a nosa propia epistemoloxía feminista.

Estamos traballando na construción das nosas propias alternativas feministas, baseadas na reconstrución do noso propio coñecemento e as nosas prácticas diarias, ambas suprimidas de forma intencionada do discurso dominante co fin de deixar as mulleres de lado.

Estamos comprometidas con liberarnos do patriarcado, do neocolonialismo e do capitalismo, que son a orixe do sistema opresor no que vivimos. Xuntas, neste espazo de traballo, chegamos á conclusión de que a pobreza, a violencia, a inmigración forzada e o terrorismo tamén son expresións da violencia que sofren as mulleres, nenos e comunidades marxinadas, como as consecuencias das crueis estratexias como a militarización, o extremismo e as medidas de austeridade que apoia a actual clase dirixente.

Neste sentido, condenamos a actitude da Comunidade Internacional, especialmente a da Unión Europea, pola súa resposta na crise das refuxiadas que está acontecendo estes días. Unha vez máis, presenciamos horrorizadas como a vida humana non vale nada, como as persoas están fuxindo do seu país, tentando escapar do fundamentalismo, do terrorismo e das guerras –alentadas por estados como os Estados Unidos e países aliados, así como pola industria das armas– para toparse cun forte inalcanzábel en Europa. Denunciamos a resposta oficial que está dando a Unión Europea, unha resposta baseada no militarismo, no peche das fronteiras e nas cotas, resposta que vai en contra da vontade de milleiros de cidadás europeas que estes días están tomando as rúas para abrirlle as portas ás persoas que foxen de Palestina, Siria, Libia, Iraq, Kurdistán e outros territorios da zona. Seguimos demandando a solidariedade das persoas de todo o mundo, e volvemos declarar que as refuxiadas non son o noso inimigo, senón as nosas irmás e irmáns que escapan de situacións de violencia extrema provocadas por un sistema inxusto. O racismo estase espallando amplamente en moitos territorios. Seguimos recibindo novas de desprazamentos forzados e violacións dos dereitos humanos de comunidades e pobos indíxenas no Brasil, en América do Norte e outros territorios. Os gobernos e os grupos de extrema dereita empregan o medo como estratexia para controlar a opinión pública e para xustificar as políticas xenófobas. O aumento dos asasinatos de persoas negras nos Estados Unidos está a producir axitación social e conflitos, mais os medios de comunicación e as redes sociais seguen culpando as mesma persoas: as que están a ser oprimidas tamén son criminalizadas cando toman medidas e reclaman xustiza.

Estas son as graves expresións da ideoloxía neoliberal e neocolonialista que cada día se fan máis fortes e que afectan á vida das persoas de todo o mundo. Empresas e estados están aplicando novas formas de colonización nos países do Sur. En África podemos ver como as multinacionais provocan o desprazamento de comunidades e poboacións indíxenas, as compañías están ocupando os territorios e saqueando os recursos naturais e a colonización cultural vaise dando a través do mercado capitalista e as tendencias de consumo, transmitidas a través dos medios de comunicación.

Defendemos as mulleres que son criminalizadas na súa loita por reclamar autonomía sobre os seus corpos e territorios. Enviamos a nosa solidariedade feminista a Sara Kaya, que foi elixida o ano pasado como co-alcaldesa de Nusaybin co 91% de votos do pobo. Nesta cidade kurda iniciamos a Caravana Feminista Europea o pasado 6 de marzo de 2015, e ela demostrou estar realmente comprometida coa nosa causa e o noso movemento. Por desgraza, informáronnos de que foi arrestada e destituída pola súa declaración sobre a autodeterminación hai dúas semanas. Condenamos a guerra e a opresión levada a cabo polo goberno turco contra as comunidades kurdas e mantemos a nosa solidariedade con Sara Kaya e calquera muller que fora criminalizada pola súa loita por un mundo mellor. Destacamos a Maxima, unha muller indíxena peruana que foi perseguida debido á súa resistencia na defensa da terra e da vida. Apoiamos a todas as persoas que resisten en todo o mundo.

Non queremos este mundo inhumano. Dicimos non, abonda! E para iso, ratificamos de novo o noso compromiso coa construción dun mundo novo no que a vida estea no centro de todo, no que todos os seres humanos gocen de novas relacións baseadas na xustiza, na liberdade, no respecto e no recoñecemento da diversidade, non só entre eles, senón tamén coa natureza.

Saudamos os esforzos de todos as coordinadoras nacionais que están traballando moi duro dende o comezo da nosa Acción Internacional o 8 de marzo, e que fan posible a acción a un nivel básico en moitas rexións e territorios, elaboran resistencias e alternativas e melloran a defensa do nosos territorios, corpos e da terra.

Saudamos as nosas irmás que conseguen vitorias no eido da política, nomeadamente a nosa camarada Sandra Morán de Guatemala, que acaba de ser elixida no Parlamento Nacional en representación dunha coalición de movementos sociais.

Estamos comprometidas con fortalecer a nosa relación con outros movementos sociais e aliados estratéxicos na crenza de que esta alianza fará o noso proxecto político máis forte e coherente. Por iso, seguiremos ocupando espazos políticos no ámbito local e internacional, para influír nos procesos de decisión e de deseño de políticas.

O vindeiro mes de decembro, mobilizaremos as mulleres de todo o mundo para que se unan ás accións internacionais sobre o COP21. Xuntas pronunciarémonos para protexer a Nai Natura e o medio e para demandar un cambio real no sistema e deter a devastación que está causando o cambio climático.

Coa esperanza de acadar esta sociedade guiada polos principios feministas, chamamos á loita e seguimos camiñando cara ao noso 10.º Encontro Internacional, en outubro de 2016, no que militantes de todo o mundo, de todos os territorios do planeta, reuniranse en Mozambique para dicir alto e claro: As mulleres na resistencia construímos un mundo novo!

Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

Quebec, 15 de setembro de 2015

Boletín Internacional outubro 2011

Xa está disponíbel o noso Boletín internacional número 3 (vol 13), de septembro de 2011, cos seguintes textos:

– Comunicación: un debate estratéxico para as mulleres
– Outubro: mes de movilización internacional
– Cuba: “O mundo mellor ao que vamos ten que ser cada vez máis feminista” (entrevista con Tamara Columbié)
– En Sudamérica, mulleres en movemento na formación e nas rúas!
– Pakistán: sociedade civil únese contra o terrorismo
– Campamento de xóvenes feministas: un éxito!

Faga clic para descargar o boletín en PDF (con fotos) en: castellano; inglés; francés

Ou clic para ler o boletín en html.

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram