EN DEFENSA DA PAZ, OS CORPOS E OS TERRITORIOS

As mulleres da Marcha Mundial, reunidas hoxe en Vigo no marco da IV Acción Internacional, rexeitamos as agresións sufridas e os ataques levados a cabo contra a marcha pola paz organizada polos movementos sociais, feministas e sindicais –especialmente no ámbito da saúde– en Ankara, Turquía.

Rexeitamos as persecucións que sofren os movementos sociais, as minorías étnicas, o pobo kurdo e os movementos feministas por parte do Estado turco. A Caravana Feminista, como parte da IV Acción Internacional en Europa, iniciou o seu camiño no Kurdistán, onde constatamos a situación política e a estratexia do Estado turco de desestabilizar a rexión para eliminar as alternativas ás políticas fascistas e neoliberais de Erdogán e o goberno turco.

Fronte a isto, a Marcha Mundial das Mulleres solidarízase coa loita das mulleres e do pobo kurdo pola paz e a construción dunha sociedade xusta. O ataque sufrido na marcha pola paz é só un exemplo dos masacres promovidos en defensa do neoliberalismo en Turquía e o resto do mundo.

As mulleres da Marcha Mundial condenamos esta agresión, que deixa máis de 100 asasinatos, e todas as que ocorren no mundo, e continuamos comprometidas con construír unha alternativa de paz, xustiza e igualdade para todas e todos.

En sororidade feminista.

Seguimos en marcha até que todas sexamos libres.

Vigo, outubro de 2015

A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego dá a benvida á Caravana Feminista na súa chegada a Galiza

Betanzos web

A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego quere dar a benvida ás compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres que, o pasado 8 de marzo, partiron do Kurdistán coa Caravana Feminista e que hoxe, 5 de outubro, chegan a Galiza.

Dende o Sindicato Labrego Galego colaboramos na organización das actividades que, dende hoxe até o vindeiro 12 de outubro, se desenvolverán na nosa terra ao redor deste evento, e cuxo programa se pode descargar na web da Marcha Mundial das Mulleres de Galiza (www.feminismo.info), que é a organización encargada de coordinar todo. Neste senso, a Secretaría das Mulleres do SLG terá unha especial participación nos actos que se celebrarán ao redor da Caravana Feminista en Betanzos, o 7 de setembro, organizando un mercado de alimentos por labregas da comarca na praza de Betanzos -ou no Liceo, en caso de mal tempo- ás 11:30, e un xantar con produtos cultivados e traídos polas propias esmulleres participantes a partir das 13:30. Aproveitando esa comida, as labregas manterán un diálogo coas mulleres da Caravana Feminista sobre a súa experiencia.

Tamén haberá compañeiras do Sindicato Labrego Galego que participarán directamente en actividades ligadas ao paso da Caravana Feminista na Galiza, como a palestra sobre ecofeminismo que terá lugar no café-teatro do Pazo da Cultura de Narón, o 6 de setembro ás 19:30, na que falará a coordinadora da loita contra a minaría salvaxe no SLG, Margarida Prieto Ledo; ou no coloquio sobre ecofeminismo e soberanía alimentaria que terá lugar en Compostela o 7 de setembro, pola tarde, e que contará coa participación de Pura Seoane, labrega que ten ocupado diversas responsabilidades no SLG, entre as que se atopan a de ter estado á fronte da Secretaría das Mulleres antes do ano 2003, ou ser responsábel da Dirección de Horta entre 2007 e 2011. Tamén, esa mesma tarde en Compostela, haberá unha merenda organizada por labregas do SLG da bisbarra que utilizarán alimentos cultivados por elas mesmas para elaborar os petiscos.

http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=1189

Inscripción para a Caravana Feminista: Galiza e final en Portugal

caravana feminista

Participa da Caravana Feminista en Galiza

A Caravana Feminista chega a Galiza e con ela actividades do 5 ao 11 de outubro en diferentes puntos do país.

Queremos que nos acompañedes nas actividades que realicemos mas tamén no propio percorrido e convivio que vai xerar a Caravana ao seu paso polo noso país. Para isto precisamos que as persoas interesadas en acompañar a Caravana nalgún tramo (ou todo o percorrido) se inscriban a efectos de procurarmos hospedaxes solidarios e dispor dos meios máis adecuados para os desprazamentos.

[ FORMULARIO DE INSCRICIÓN NA CARAVANA FEMINISTA EN GALIZA ]

Participa no encerramento da IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres o 17 de outubro en Lisboa

Logo de cruzar todo europa e pasar por Galiza a Caravana Feminista celebrará o seu final en Lisboa.

Logo de atravesar tantos países, as compañeiras de Portugal queren darlle un gran final e realizan un chamado a participar no encerramento da IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres o 17 de outubro en Lisboa. Por iso, dende Galiza queremos organizar unha delegación potente. Queres acompañarnos?

[ FORMULARIO DE INSCRICIÓN DA VIAXE A LISBOA ]

Saída da viaxe: 17 de outubro (de Ferrol a Vigo con saída a primeira hora da mañá)

Volta: Regresamos o domingo 18 de outubro (tarde-noite)

Prezo: En función do núm de persoas anotadas e da hospedaxe que se consiga (solidaria ou organizada polas compañeiras portuguesas ou hostais) Precisamos que vos anotedes para saber cantas persoas interesadas hai e así indicar os prezos máis axustados.

Puntos de saída: Ferrol, Compostela e Vigo (dende Ourense organizarase colectivamente achegarse ata Vigo)

Prazo de inscripción: 5 de outubro

Contacto para dúbidas nacional@feminismo.info

En Marcha ata que todas sexamos libres!!!

Percorrido da Carvana en Galiza

A Caravana Feminista chegará a Galiza procedente de Euskalherria e permanecerá no noso territorio ata o 12 de Outubro día no que pasará a Portugal onde a IV Acción Internacional remata co acto de encerramento do 17 de Outubro en Lisboa, Día internacional contra a pobreza.

Para a súa estancia entre nós, a Coordinadora Galega da MMM estamos deseñando diversas propostas de actividades:

5 DE OUTUBRO – FERROL

18:30h Chegada da Caravana Feminista a Galiza: Esperaremos á Caravana Feminista no Polígono do Río do Pozo en Narón para saír en Caravana ata Ferrol.

19:00h Recibimento da Caravana Feminista en Ferrol no Cantón de Molíns, donde haberá un acto festivo, lúdico e reivindicativo.

6 DE OUTUBRO – SAN SADURNIÑO e NARÓN

11:00h Recibimento da Caravana Feminista na Casa da Cultura de San Sadurniño.

11:30h Encontro e intercambio de experiencias entre as mulleres da Caravana e as mulleres que viven e traballan no rural.

14:30h Xantar e posterior visita das mulleres da Caravana á plantación de froiteiras do país promovida polo Concello de San Sadurniño

19:00h Recibimento da Caravana Feminista no Pazo da Cultura de Narón.

19:30h No Café-Teatro do Pazo da Cultura, Palestra sobre Ecofeminismo e realidade medioambiental da comarca.

7 DE OUTUBRO – BETANZOS e SANTIAGO DE COMPOSTELA

11:00h Recibimento da Caravana na Ribeira, faremos un percorrido pola zona vella de Betanzos acompañadas de pasarrúas ata chegar a Praza de Betanzos (García Hermanos)

11:30h Mercado Local con productos labregos da zona na Praza de Betanzos e se o tempo o impide será no Edificio Liceo, tamén situado na mesma praza.

13:30h Xantar de convivio coas mulleres labregas e exposicón de fotos no Edificio Matadoiro en Betanzos. O xantar será compartido por tódalas mulleres que participen na xornada. Teremos un tempiño de conversa coas mulleres da Caravana

17.30h Benvida á Caravana Feminista da MMM en San Lázaro. Pasarrúas con Batucada: San Lázaro, Fontiñas, Concheiros, Rúa de San Pedro, Porta do Camiño .. Primeira parada: Libraría de Mulleres Lila de Lilith, a continuación Praza de Cervantes, Preguntoiro, Orfas, Praza de Toural, Porta Faxeira e Alameda .. Segunda parada: As Marías, As dúas en punto, é o nome co que se coñece en Santiago de Compostela a parella formada polas irmás Maruxa (morta no 1983) e Coralia Fandiño Ricart (falecida no 1980), representadas dende hai anos nunha célebre escultura situada no parque da Alameda. Falará: Encarna Otero, profesora de historia e gran coñecedora da historia da cidade.

Unha vez rematada a visita a Alameda, voltamos a Porta Faxeira e dirixímonos á Galería Sargadelos, espazo onde desenvolveremos distintas actividades:

  • Actuación dun grupo de voces de mulleres a capela.

  • Actuación de Mónica de Nút

  • COLOQUIO

    • Muller e Arte, coa intervención de Encarna Otero

    • Ecofeminismo e soberanía alimentaria, coa intervención de Pura Seoane e Rebeca Raso.

    • Muller e Corpo, coa intervención de Mai – Lésbicas Creando

  • Actuación de Alba María

8 DE OUTUBRO – VILAR DE BARRIO e ALLARIZ

11.00h Visita a As Corcerizas en Vilar de Barrio, un proxecto xestionado por Amigas da Terra – aliada internacional da Marcha Mundial das Mulleres- de vida sustentábel no que coñeceremos os diversos proxectos que permiten facer da instalación unha construción autosustentábel.

12.00h Solta dun ave rapaz recuperada no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Alto do Rodicio

14.00h Xantar colaborativo as Corcerizas, coa colaboración do Centro Social A Cambalhota de Allariz.

18.00h Encontro coas mulleres de Allariz no Fogar do Maior. Organizado coa colaboraci´ñon do Concello de Allariz haberá un intercambio entre as experiencias das mulleres da Caravana Feminista e do rural. Ao remate haberá unha cea partillada en Allariz.

9 DE OUTUBRO – OURENSE

11.00h Benvida da Caravana Feminista na Praza Maior a través dun acto festivo, lúdico e reivindicativo cunha alfombra de sementes e actuación musical.

12.00h Encontro das Mulleres da Caravana que explicarán aos meios esta IV Acción Internacional.

14.00h Xantar colectivo na Praza de San Marcial

17.00h Encontro de Intercambio de Sementes na zona do Rianxo da Praza de Abastos nº1 de Ourense. Feira de intercambio de sementes autóctonas con produtoras e labregas locais. Ademáis haberá unha exposición da Marcha Mundial das Mulleres sobre a Soberanía Alimentaria e unha presentación do traballo das organizacións Marcha Mundial das Mulleres, Amigas da Terra e Grupo de Consumo Semente/Xurumelxs xunto con produtoras locais e veciñas que venden no Rianxo da praza.

20.00h Concerto de despedida da Caravana de Ourense no Café Cultural El Pueblo, nel participarán solidariamente con seu apoio e asistencia As da Chispa, The Tetas’Van e Transxenéricas.

10 DE OUTUBRO – VIGO

Todos os actos terán lugar no Parque de Castrelos

12:00h Concentración Praza dos Cabalos . Caravana a Castrelos

12:45h Acto de benvida en Castrelos coa actuación de Aureas

13:30h Palestra: Experiencias da Caravana

14:30 Xantar

16:30h Obradoiro : Violencia de xénero

18:30h Obradoiro de Batucada

20:00h Participación na manifestación contra o TTIP

21:00h SERÁN

11 DE OUTUBRO – VIGO

Todos os actos terán lugar no Parque de Castrelos

11:30h Proxección “Un mar de mulleres”

12:30h Palestra: Mulleres do Mar

14:00h Xantar

16:30h Obradoiro “As mulleres nas letras”

18:00h Obradoiro Corpo e expresión corporal

20:00h Acto de despecida con benvida ás compañeiras portuguesas que collen o relevo da caravana. CONCERTO: Presenta Arantxa Treus e participan coa súa actuación solidaria Mónica de Nut, Punkiereteiras e Habelas Hainas.

12 DE OUTUBRO – de GALIZA a PORTUGAL parada en TOMIÑO

11.00h Benvida á caravana Feminista no mercado de Tomiño.

  • Actuación de Acevedos Delgados

  • Intercambio de Experiencias da Caravana

  • Petiscos

  • Performance das Ghatas Salvaxes

  • Exposición itinerante da Caravana durante a xornada.

 

16.00h Saída da Caravana cara Porto.

Chamada á participación na recta final da caravana feminista da MMM en Europa

caravanapeninsula.jpg

caravanapeninsula.jpg

Como xa saberedes, a Caravana da Marcha Mundial das Mulleres leva meses, desde a súa partida en marzo desde o Curdistán, cruzando diferentes pobos de Europa. En todo este tempo realizou un amplo percorrido, compartindo e vivindo experiencias e accións por toda Europa, e agora chega á súa recta final.

O 24 de setembro, a Caravana entrará en Catalunya e, así mesmo, percorrerá diferentes pobos e nacións da Península até chegar á súa fin a Lisboa o17 de outubro. No seu percorrido, o 28 de setembro entrará en Euskal Herria e o 5 de outubro en Galiza..

É por iso que queremos facer un chamamento a todos os colectivos e grupos de mulleres para participar de xeito solidario e activo nesta última fase da Caravana. Enviámosvos este mapa do percorrido e paradas previstas, para que, quen así o quixer, se adhira, tendo presenza e apoiando esta Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

A participación pódese realizar de diferentes maneiras; nós propoñémosvos realizar marchas aos puntos do percorrido que vos sexan máis acaídos,e apoiala en vivo. Por iso, deixámosvos os contactos das Coordinadoras organizadoras deste último tramo, para que vos poñades en contacto e construamos conxuntamente un final da Caravana potente e diverso.

  • Euskal Herria: info@emakumeenmundumartxa.eus
  • Portugal: mmmulherespt@gmail.com
  • Catalunya: marxamundialdedones@gmail.com
  • Galiza: nacional@feminismo.info

 

Animádevos a participar,

[ Descarga o Dossier en cinco CAT | PT | ES | EUS | GAL ]

A Caravana Feminista na fábrica ocupada Vio.ME en Grecia

Do 17 ao 21 de marzo a Caravana Feminista foi acollida por parte de activistas da Casa da Solidariedade das Mulleres en Tesalónica, parte da coordenación grega a Marcha Mundial das Mulleres.

Este espacio único foi creado para axudar ás mulleres en situación vulnerábel e para afortalar a solidariedade a nivel local. Organizouse unha marcha feminista na cidade e unha asemblea xeral cos movimentos sociais os primeiros días.

Logo a Caravana Feminista atopouse en Edessa cos movementos feministas locais para unha reunión e unha marcha na cidade. En Tesalónica paso os días a Caravana ata o 28 de marzo e tivo a oportunidade de coñecer grupos e alternativas locais de resistencia, como a fábrica Vio.ME onde as traballadoras asumiron o control da fábrica e decidiron producir productos de limpeza ecolóxicos. Nesta ligazón podedes coñecer máis sobre a súa loita: Caravana Feminista en Vio.Me

En Tesalónica a Caravana Feminista tamén estivo uns días na casa ocupada IFANET onde se realizou unha presentación da IV Acción Internacional.

Boletín da IV Acción Internacional: 3 meses de Caravana Feminista

caravana feminista

Xa tedes ao voso dispor o boletín dos tres primeiros meses de Caravana Feminista, todo comezou no Kurdistán e Turquía, despóis pasamos por Grecia, Rumanía, Bulgaria, Kosovo, Serbia, Bósnia-Herzegovina, Croacia, Austria, Suiza e Francia.

Podedes ler os boletíns da caravana feminista no seguinte enderezo: Boletíns Caravana Feminista

A Caravana Feminista ao lado das e dos superviventes do xenocidio de Srebrenica

A Caravana Feminista ao lado das e dos superviventes do xenocidio de Srebrenica
condenan o ascenso do fascismo en Europa

Fai 20 anos, o 11 de Xullo 1995, máis de 8000 homes e rapaces da cidade de Srebrenica e os pobos de arredor foron masacrados polas forzas militares serbias de Bosnia. Os seus restos foron enterrados en foxas comúns e algúns corpos foron esparexidos para non ser encontrados nunca máis. O mesmo día, as mulleres foron separadas dos homes, levadas a campos de concentración e violadas sistematicamente por soldados serbios.

Dende o 2004, cada ano organízase unha marcha pola paz en apoio das vítimas do xenocidio de Srebrenica e para recordar de forma colectiva os horribles crimes de odio cometidos en Europa fai non moito tempo. Para a conmemoración dos 20 anos, a caravana feminista  asistiu a  homenaxe e participou neste encontro internacional pola paz.

O acontecido en Srebrenica foi o resultado dun fallo profundo das forzas internacionais de “mantemento da paz” das Nacións Unidas, os que non cumpriron a súa misión – a de protexer ao pobo de Srebrenica, entre outras cousas. Os nosos estados poderosos e ricos e os seus exércitos sacrificaron o pobo de Srebrenica, supostamente para alcanzar a paz co estado serbio. Pero preguntámonos que tipo de paz é esa, cando un número considerable de responsables desta masacre e doutras que aconteceron durante a guerra seguiron e seguen ocupando altos cargos no goberno serbio. Este é o caso do actual primeiro ministro Aleksandar Vucic, que asistiu ao evento de conmemoración. Cando se perpetraron estes crimes contra o pobo musulmán de Bosnia, este home fixo declaracións públicas para fomentar os crimes, como por exemplo “por cada serbio asasinado masacraremos 100 musulmáns”.

O que está a pasar en torno a esta homenaxe dos 20 anos da masacre é aterrador. O estado serbio foi apoiado por Rusia para non permitir que se aprobase no Consello de Seguridade da ONU unha resolución que conmemora o xenocidio. Todas as protestas de conmemoración organizadas estes últimos días en Belgrado foron prohibidas e algúns/algunhas activistas que portaban velas foron atacadas .

A presenza de Vucic no acto conmemorativo foi unha clara provocación. Expresamos nosa solidariedade coas nosas compañeiras, os que lle berraron eslóganes ao pasar como ” Responsabilidade! ” ou ” Recoñece o xenocidio!

Non sabemos quen lle tirou un proxectil e o condenamos, pero sabemos sen dúbida que este acto perturbou a forte mensaxe de paz que as e os participantes quixeron mostrar. Cremos que estes altercados en torno ao acto conmemorativo é o resultado das políticas agresivas cara ás e os superviventes do xenocidio e do pobo musulmán da rexión.”.

Cremos que os responsables dos crimes de odio non son soamente os que cometeron os ataques fisicamente, senón tamén todos os “intelectuais”, humoristas ou responsables políticos que incitaron constantemente ao odio.

Somos conscientes de que Europa está nun momento de ascenso do fascismo e do odio racista e antisemita, onde a responsabilidade se divide entre os grupos de extrema dereita e as personalidades mediáticas que incitan ao discurso do odio.

Visitamos Srebrenica. Falamos coas mulleres de aquí e vimos as condicións en que vive a xente nesta parte de Europa, 20 anos despois deste xenocidio e chócanos moito. A estrada principal que une Srebrenica co resto do país está medio destruída. Dado que as cidades de arredor forman parte da República Serbska (de Bosnia), non hai ningún indicio da estrada que leva a Srebrenica. Os efectos do xenocidio aínda son visibles e a poboación de Srebrenica aínda está moi illada. As chamadas ao “perdón” neste contexto soan a abandono da dignidade humana.

Hoxe, 20 anos máis tarde, estamos aquí para recordar e non esqueceremos todas as atrocidades cometidas en Bosnia durante a guerra de 1992 -1995.
O aumento do fascismo nos Balcáns está profundamente ligado co aumento do fascismo que tomou moitas formas en toda Europa, polo que debemos ser conscientes de que o aumento de os gobernos fascistas non é algo afastado ás realidades de Europa Occidental. Evitar que se instalen as políticas fascistas e as guerras é unha loita diaria.

Recordar o xenocidio de Srebrenica para non permitir que a historia se repita!


Caravana Feminista – Sarajevo – 14 de Julio 2015
femvan@marchemondiale.org

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram