Turquía quítalle ás mulleres e aos pobos os dereitos que gañaran con esforzo

Turquía quítalle ás mulleres e aos pobos os dereitos que gañaran con esforzo

Represión xeneralizada de todas as disidencias

Logo do falido intento de golpe de estado do 15 de xullo de 2016, en Turquía estase sufrindo unha represión xeneralizada. A purga posterior ao golpe prodúcese nun momento en que o ataque de Turquía contra as liberdades de expresión, de asociación e de asemblea xa estaban en marcha.

Pecháronse medios de comunicación e casas editoriais, incluíndo a primeira axencia de noticias sobre mulleres e dirixida por mulleres, JINHA, con moitas canles de televisión, estacións de radio e xornais. Dende o falido intento de golpe de estado de xullo pecháronse máis de 160 medios de comunicación e máis de 130 xornalistas están na actualidade en prisión preventiva.

A detención, nos últimos días, de 12 deputad@s do HDP (Partido Democrático dos Pobos), da esquerda kurda, amosa a recente intensificación da masacre de disidentes no medio do estado de excepción turco.

Detención de alcaldes e alcaldesas kurdas, substituídos por administradores non electos

O 11 de setembro, arrestaron 37 alcaldes de municipios kurdos e designáronse administradores non electos en 35 municipios. O primeiro que fixeron os administradores nestes municipios foi pechar os departamentos policiais de mulleres e os centros de mulleres. Os xefes dos departamentos de mulleres estiveron baixo custodia durante 26 días e interrogáronos sobre actividades de igualdade de xénero.

Purga dos servizos públicos de sanidade e educación

As purgas que comezaron primeiro cos medios de comunicación, xornalistas e académicos estendéronse aos funcionarios públicos que traballan principalmente nos servizos de educación e sanidade.

Máis de 100.000 traballadores dos servizos públicos foron despedidos ou suspendidos, principalmente nos departamentos de sanidade, educación e xustiza. Os traballadores rasos están sendo sancionados simplemente en base a súa orixe étnica e ás súas opinións políticas. Estase destruíndo o sustento de centos de milleiros de traballadores e das súas familias sen ningunha proba.

Esta purga masiva no sector público ten un impacto directo na vida das mulleres de dúas maneiras:

  1. As mulleres vense afectadas de forma directa polos despedimentos e suspensións, xa que traballan principalmente nos sectores de sanidade e educación, onde se están facendo purgas agora.

  2. As mulleres vense afectadas de forma indirecta, xa que fan uso das prestacións dos servizos que prestan os traballadores de sanidade e de educación.

Suspensión arbitraria das actividades das ONG

O 11 de novembro, o Ministerio do Interior anunciou a suspensión de 370 actividades de varias ONG en 39 provincias, de acordo coa Lei de estado de emerxencia. Dende o anuncio, pecháronse sen previo aviso as oficinas das asociacións de mulleres, que loitan contra todo tipo de violencia contra as mulleres e contra os matrimonios infantís.

Pecháronse as oficinas da Asociación de Avogados Progresistas (ÇHD) e da Asociación de Avogados pola Liberdade (ÖHD), que representan as vítimas da tortura e da discriminación. Ao mesmo tempo, a tortura e os malos tratos nas prisións intensifícase.

As mulleres e as súas organizacións son o principal obxectivo

Entre as ONG pechadas atópanse o KJA (Congreso de Mulleres Libres) e a Rainbow Women’s Association, grupos que participan activamente na MMM. VAKAD (Van Women’s Association), Selis Women’s Association, Mu? Women’s Roof, Bursa Panay?r Women’s Solidarity Association, Ad?yaman Women’s Life Association e Ceren Women’s Associations son organizacións feministas coñecidas e comprometidas coa loita contra a discriminación de xénero e contra a violencia sexual.

A suspensión das actividades das organizacións de mulleres é un ataque directo ás loitas das mulleres contra a violencia e amosa a vontade de destruír a organización do poder das mulleres./p>

Todas estas suspensións arbitrarias violan os dereitos á liberdade de expresión e de asociación, garantidos polas convencións internacionais ratificadas por Turquía. O estado de emerxencia anula as obrigas de Turquía con respecto ao dereito internacional e anula a liberdade e os dereitos que as mulleres obtiveron a través de duras loitas.

Como MMM facemos un chamamento a todas as mulleres para que amosen a maior solidariedade e sororidade posible, contra este réxime turco masculino, coercitivo, opresivo e horrible.

Pedímoslle ás mulleres da MMM que se mobilicen para:

  • Organizar mulleres e homes nas súas organizacións e coordinadoras locais.

  • Activar grupos de presión internacionais a través de instrumentos internacionais como Mulleres da ONU, o Comité para a Eliminación da Discriminación contra a Muller (CEDAW), o Lobby Europeo de Mulleres etc., así como os nosos movementos aliados e centros sindicais.

  • Organizar delegacións internacionais para visitar mulleres presas e organizacións de mulleres pechadas de forma ilegal.

  • Organizar calquera acción de rúa ou virtual empregando todas as ferramentas de comunicación dispoñibles.

  • Inventar calquera acción posible para visibilizar a inxustiza e as accións criminais do goberno turco, así como a ameaza do desenvolvemento da extrema dereita en Europa.

  • Amosar as resistencias e alternativas que as mulleres kurdas e turcas están organizando.

  • Facer presión nos nosos propios gobernos en Europa para que actúen política e economicamente contra as políticas de Erdogan.

Apelamos ao goberno turco a que:

  • Libere e reincorpore os alcades electos de forma democrática e a todos os presos políticos detidos de forma ilegal debido ás súas opinións.

  • Levante as suspensións arbitrarias impostas ás actividades das ONG.

  • Respecte os valores democráticos e a liberdade sindical establecidos nos convenios da OIT, así como noutras cartas europeas e internacionais.

  • Respecte e protexa os dereitos e liberdades, e poña fin de forma inmediata ao estado de emerxencia e aos decretos executivos empregados como ferramenta de represión dos movementos.

Facemos un chamamento urxente á vosa solidariedade!

Seguiremos marchando ata que todas as mulleres sexamos libres!

25N: A violencia machista non ten idade: erradiquémola

Traballamos durante todo o ano para visibilizar e denunciar as violencias machistas e transformar a sociedade para erradicalas. Este 25N queremos lanzar unha mensaxe en tempos duros nos que as violencias se multiplican: A violencia machista non ten idade: erradiquémola. E queremos lembrar tamén que a violencia machista é contra todas e que as solucións son coletivas. Este 25N, como o resto do ano, saimos ás rúas reclamar unha vida sen violencia #enMarcha#QuerémonosVivas #menunhamenos #nenunhamáis

Un 25 de novembro máis de loita contra a violencia machista. Contra a violencia que sufrimos as mulleres polo feito de sermos mulleres. Van 17 anos desde que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designase o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e non nos cansamos, non esmorecemos ante os ataques daqueles que se senten ofendidos. Daqueles que deslixitimando o discurso feminista son cómplices de cada asasinato, de cada agresión, de cada violación. Porque non son feitos illados, noticias breves da sección de sucesos dos informativos, senón a consecuencia do sistema de valores que avala o dominio dun sexo que se afirma sobre outro que lle pertence.

“Cando agriden a unha nos agriden a todas” non é metafórico, xa que coas agresións preténdese que esteamos pasivas, inanes, temerosas, inseguras e coartar a nosa liberdade. Non. Berramos que a cada agresión levantan a nosa ira. O androcentrismo non vai seguir ocultando a nosa voz. Queremos que as regras de xogo non dependan de se nacemos nenas, nenos ou transxénero. Queremos vivir sen medo.

Seguiremos en marcha ata que TODAS sexamos libres!!

INFORME SOBRE A DETENCIÓN DE GULTAN KISANAK E FIRAT ANLI, ALCALDESA E ALCALDE DE DIYARBAKIR

INFORME SOBRE A DETENCIÓN DE GULTAN KISANAK E

FIRAT ANLI, ALCALDESA E ALCALDE DE DIYARBAKIR

Diyarbakir, cunha poboación de 1,8 millóns de habitantes, política e culturalmente a cidade máis importante da rexión Kurda de Turquía, está enfrontando unha nova ameaza logo de meses de conflito armado no centro da cidade que finalizou en marzo de 2016. A alcaldesa e o alcalde de Diyarbakir, Gultan Kisanak e Firat Anli foron detidas pola policía turca o 25 de outubro de 2016 sobre as 9 da noite. Xusto despois da detención cortouse a conexión de internet en toda a rexión kurda. No día 27 de outubro, millóns de persoas permanecen aínda sen conexión a internet. Esta tentativa de bloqueo tenta silenciar a voz da poboación da rexión, así como evitar que exerza o seu dereito a ser informada sobre estes feitos.

A detención do alcalde e a alcaldesa tivo lugar unhas horas despois de rematar a última inspección oficial do Tribunal de Contas, que tivo lugar durante tres semanas nas oficinas municipais de Diyarbakir. Aínda que na inspección non se atoparon fundamentos para estas detencións, unhas denuncias de abuso de autoridade e infracción das normas, o goberno detívoos igual. Como expresou o Xefe do Ministerio Fiscal nun comunicado de prensa, foron detidas polas declaracións que fixeran, sobre todo porque o goberno opina que a súa detención podería beneficiar aos seus intereses políticos. As declaracións feitas polo alcalde e a alcaldesa refírense ao exercicio do dereito á liberdade de expresión.

Logo da detención da alcaldesa e mailo alcalde, un número de altas/os funcionarias/os municipais foron detidas/os, como o secretario xeral Zülküf Karatekin (o 26/10/16), a subsecretaria xeral Rojda Balkas (27/10/16), o subsecretario Necati Pirinççioglu e o xefe do Departamento de Servizos Sociais U. Siyar Nezan (27/10/16), ademais de ducias doutras persoas de varios departamentos.

  1. DECLARACIÓN DA UNIÓN DE MUNICIPIOS DA REXIÓN SUR LESTE DE ANATOLIA (GABB) LOGO DA DETENCIÓN DA ALCALDESA E O ALCALDE
  2. Urxente: O goberno turco detivo ao alcalde e a alcaldesa de cidade kurda de Diyarbakir!

    A detención das autoridades de Diyarbakir pódese considerar como a fase final dun proceso dun ano levado a cabo polo goberno para abolir a democracia local en Turquía paso a paso. Polo tanto, esta é tamén unha ocasión para salvar a democracia local esixindo a súa posta en liberdade e para deter o nomeamento de cargos afectos ao réxime para substituír ás persoas democraticamente elixidas.

    A policía turca detivo a Gultan Kisanak e Firat Anli, alcaldesa e alcalde de Diyarbakir sobre as 9 da noite o día 25 de outubro de 2016. A señora Kisanak foi detida no aeroporto de Diyarbakir cando regresaba da súa viaxe a Ankara, mentres que o señor Anli foi detido na súa casa no centro de Diyarbakir. A policía irrompeu nas súas residencias ás 21:00 e permaneceu alí durante 2 horas e media. A sede do Municipio Metropolitano de Diyarbakir está tomada pola policía, o rexistro comezou ás 21:00 e aínda continúa ás 23:30, mentres se lle prohibe a entrada a todo o persoal municipal.

    Diyarbakir é a capital cultural da rexión kurda de Turquía, e o municipio metropolitano de Diyarbakir está considerado como a institución de goberno local máis significativa e vangardista da rexión. Gultan Kisanak tamén é co presidenta da Unión de Municipios da Rexión sur leste de Anatolia (GABB), que é unha organización oficial de cooperación que abrangue 117 municipios.

    A día de hoxe, 27 cargos municipais electos kurdos están presos en Turquía, mentres que 43 foron relevados dos seus cargos. O 11 de setembro de 2016, o goberno central nomeou gobernadores da súa confianza para substituílos nas alcaldías kurdas, o que foi o golpe máis destrutivo da recente historia da democracia local en Turquía.

    Como Municipio Municipal de Diyarbakir, facemos unha chamada urxente á comunidade internacional para que actúe axiña e se opoña con forza á detención da nosa alcaldesa e o noso alcalde, e que faga presión contra o goberno turco para que os poña en liberdade de xeito inmediato.

    25 de outubro de 2016

  3. INFORME SOBRE AS INSPECCIÓNS OFICIAIS NAS OFICINAS DO MUNICIPIO METROPOLITANO DE DIYARBAKIR
  4. Están tendo lugar de xeito regular en Diyarbakir inspeccións e investigacións por parte do Tribunal de Contas e dos Servizos de Administración Civil do Ministerio do Interior, o mesmo que sucede noutros municipios. As inspeccións do Tribunal de Contas son de carácter económico, mentres que a dos Servizos de Administración Civil tratan de asuntos administrativos.

    Previamente no Municipio Metropolitano de Diyarbakir e noutro municipios, as inspeccións non adoitaban producirse máis dunha vez cada tres anos e abranguían un período de tempo de entre un e tres meses. As inspeccións destas dúas institucións estatais non coinciden polo xeral ao mesmo tempo, fanse en períodos diferentes. Sen embargo, durante os últimos dous anos, as inspeccións no Municipio Metropolitano de Diyarbakir foron continuas e case sempre de xeito simultáneo.

    Cando nesas inspeccións se detecta algunha deficiencia ou falta de datos, os inspectores piden a rectificación inmediata ou abrirán o caso perante o Tribunal de Contas. Se se atopa unha infracción grave das norma, comeza inmediatamente unha investigación na fiscalía pública. Nos dous últimos anos non se ten detectado infracción ningunha das normas nin nas inspeccións do Tribunal de Contas nin nas dos Servizos de Administración Civil, e non hai investigacións en marcha por parte da fiscalía pública referentes a esas inspeccións. Non se abriu caso ningún pola fiscalía sobre o traballo municipal en temas económicos ou administrativos.

    Como nota á marxe, os inspectores compartiron co funcionariado que o Municipio Metropolitano de Diyarbakir levou a cabo o seu traballo e servizo con maior meticulosidade e menores deficiencias ca noutros municipios que levan investigado ata o de agora e por iso danlles as grazas.

  5. ALEGACIÓNS
  6. As alegacións sobre Gultan Kisanak e Firat Anli feitas polo xefe da fiscalía, dentro do contexto da investigación conducen ao delito de pertenza ao grupo terrorista do PKK/KCK, como consta no arquivo nº 2015/45832.
    Os fundamentos para a detención de Gultan Kisanak (recollidas no comunicado de prensa do xefe da fiscalía pública o día 25 de outubro de 2016):
    1. Participar no Congreso da Sociedade Democrática e facer alí un discurso apoiando á organización, na súa función de membra integrante.
    2. Pedir a autonomía durante as súas declaracións no festival Newroz organizado en Diyarbakir.
    3. Permitir o uso de vehículos oficiais, rexistrados no Municipio Metropolitano de Diyarbakir, para funerais de persoas pertencentes ao PKK.
    4. No curso de varias manifestacións, participou, con declaracións e con actos que lexitiman a violencia a favor da organización.
    5. Os fundamentos para a detención de Firat Anli (recollidas no comunicado de prensa do xefe da fiscalía pública o día 25 de outubro de 2016):
    6. Destinar vehículos e equipos pertencentes ás instalacións do Municipio Metropolitano de Diyarbakir para cavar tumbas para membros do PKK, así como a protección e apoio do chamado “martirio” con recursos públicos.
    7. No curso de varias manifestacións, participou, con declaracións e con actos que lexitiman a violencia a favor da organización.

  7. PETICIÓNS DO MUNCIPIO METROPOLITANO DE DIYARBAKIR Á COMUNIDADE INTERNACIONAL
  8. Considerando que esta pode ser a derradeira oportunidade de salvar a democracia local en Turquía, demandamos:

    1. Apoio á nosa petición de retirar a partir do 27 de outubro o bloqueo ao redor da sede do Municipio Metropolitano de Diyarbakir, que continúa ininterrompidamente dende o 25 de outubro de 2016.
    2. Que as institucións nacionais e internacionais fagan unha protesta contra a detención do alcalde e a alcaldesa de Diyarbakir e envíen ese documento ás institucións oficiais da República de Turquía (consulados, embaixadas, Unión de Municipios Turcos, oficina do primeiro ministro e oficina do presidente da República de Turquía: disiliskiler@tbb.gov.tr, contact@tccb.gov.tr, cumhurbaskanligi@tccb.gov.tr).
    3. As institucións internacionais de goberno (como a Unión Europea) e as institucións europeas (Consello de Europa, Parlamento Europeo, Congreso de Poderes Locais e Rexionais, etc.) que consideren este asunto como un tema de urxencia extrema e reúnan aos seus órganos respectivos axiña para iniciar accións dentro das súas xurisdicións.
    4. Que se constitúan delegacións para visitar o Municipio Metropolitano de Diyarbakir o máis axiña posible para amosar a súa solidariedade coa alcaldesa e o alcalde e á súa poboación.
    5. O goberno turco substituíu a 27 alcaldes e alcaldesas con persoas da súa confianza dende xullo de 2015. É moi probable que leve a cabo o mesmo no municipio de Diyarbakir. Todas as voces se erguen para que a liberación do alcalde e a alcaldesa vaian acompañados por unha forte oposición contra a maior destrución da democracia local en Turquía.

  9. FOTOGRAFÍAS DO ASEDIO E AS MANIFESTACIÓNS CONTRA A DETENCIÓN DA ALCALDESA E O ALCALDE.
    • Foto 1:A sede do Municipio Metropolitano de Diyarbakir cercada pola policía turca dende o 25/10/16
    • Foto 2:Vehículo armado da policía utilizado para o cerco diante da sede do Municipio Metropolitano de Diyarbakir (26/10/16)
    • Foto 3:Entrada principal da sede do Municipio Metropolitano de Diyarbakir bloqueada pola policía (26/10/16)
    • Foto 4:Diante da sede do Municipio Metropolitano de Diyarbakir (25/10/16)
    • Foto 5:A portavoz do Partido Democrático dos Pobos (HDP) Besime Konca tenta impedir que a policía cargue contra as persoas que se manifestan polas detencións (26/10/16)
    • Foto 6:Momentos posteriores ao ataque da policía contra a poboación que se manifestaba contra a detención das autoridades (26/10/16)
    • Foto 7:A policía trata de arrestar a Cevahir Sadak Duzgun, xefa do Departamento de Cultura e Artes do Municipio Metropolitano de Diyarbakir (26/10/16)
    • Foto 8:Feleknas Uca, do Partido Democrático dos Pobos tenta defender a unha manifestante da brutalidade policial (26/10/16)
    • Foto 9:A policía turca actúa con brutalidade contra un ancián que se manifestaba polas detencións (26/10/16)
    • Foto 10:A policía arresta a Ceylan Bagriyanik, que participou nas negociacións de Imrala como representante das asociacións de mulleres (26/10/16)

     

     

     

     

     

     

     

     

Mulleres en resistencia, construíndo alternativas para un mundo mellor.

Declaración da Marcha Mundial das Mulleres-
10ª reunión internacional en Maputo (Mozambique)
do 11 ao 15 de outubro de 2016

Mulleres en resistencia, construíndo alternativas para un mundo mellor.

Nós, as mulleres da Marcha Mundial, loitamos contra o hetero-patriarcado, o capitalismo e o colonialismo e contra todas as formas de desigualdades e de discriminacións. Reivindicamos os nosos dereitos para recobrar o control dos nosos corpos, da nosa terra e dos nosos territorios.

Desde este mundo caótico, cremos que outro mundo é posible. Xuntas, traballamos construíndo as nosas alternativas feministas reforzando así o noso movemento.

As mulleres vivimos nun contexto no que os fundamentalismos relixiosos e políticos, a represión e a criminalización das activistas, a persecución, os asasinatos, a violencia doméstica e sexual, os conflitos militares, afectan as nosas vidas e impídennos vivir nun mundo de paz, de igualdade e de xustiza.

Denunciamos o tráfico sexual, a utilización dos nosos corpos desde a infancia, e loitamos para reivindicar o dereito de todas as mulleres a acceder ao aborto.

Opoñémonos ás multinacionais que destrúen a natureza, explotan os nosos corpos e ameazan a nosa saúde. Estas multinacionais acaparan a natureza, os nosos territorios e son as responsables do cambio climático e das crises políticas, económicas e ambientais.

Estamos preocupadas pola destrución da terra, a explotación dos recursos naturais e denunciamos o monocultivo, que empobrece ás mulleres. Construímos o eco-feminismo, a agroecoloxía e a soberanía alimentaria como alternativas do bo vivir.

Rendemos homenaxe ás mulleres que foron brutalmente asasinadas en todo o mundo polo seu compromiso feminista, ecoloxista e/ou político. Solidarizámonos con todas as mulleres que loitan polo seu territorio, pola súa autodeterminación, pola súa liberdade.

Incluímos a todas as defensoras da terra que arriscando a súa vida loitan polo acceso aos recursos naturais e contra as extraccións mineiras e petrolíferas. Construímos un eco-feminismo no que os recursos da terra non sexan acaparados e onde a vida das mulleres estea protexida.

O capital financeiro, as medidas de austeridade e a privatización provocan a pobreza e as violencias cara ás mulleres. Na MMM, traballamos para ampliar o poder e a autonomía económica das mulleres. Cremos na redistribución da riqueza e na economía solidaria.

Denunciamos o avance dos fundamentalismos relixiosos e as políticas imperialistas e desexamos un mundo xusto, sen opresión, sen ningunha forza militar, onde as mulleres e os pobos teñan dereito á autodeterminación e onde os dereitos humanos respéctense.

As 100 delegadas, vidas de 40 países, reunidas en Maputo, Mozambique, compartimos nosas diferentes realidades, os nosos distintos contextos económicos e políticos e grazas ás nosas compañeiras mozambiqueñas, que nos narraron as situacións nas que loitan, comprendemos que a súa realidade era en efecto a das mulleres de moitos outros países.

Condenamos a represión violenta exercida contra os pobos e as mulleres kurdas, saharauís e palestinas e solidarizámonos con todas as mulleres que loitan contra a colonización.

Solidarizámonos con todas as mulleres que sofren a prisión, a tortura, que soportan violencias atroces e que nos conflitos armados son vendidas, violadas e asasinadas.

O movemento da Marcha Mundial das Mulleres é forte grazas á súa diversidade. E comprométese a unha maior inclusión das minorías así como das mulleres con diversidade funcional ou outras mulleres marxinadas.

A nosa vontade de traballar de forma interxeracional tradúcese pola nosa aposta comprometida, decidida a integrar ás mulleres novas en todas as nosas instancias.

Reunidas en Maputo, as mulleres da MMM, afirman a súa solidariedade coas mulleres lesbianas e bisexuais e deciden incluír, nas súas formacións, na súa reflexión e nas súas accións, as experiencias e análises destas mulleres. Márcanse o obxectivo de favorecer a visibilidade lesbiana.

As guerras, a fame negra e a pobreza abocan aos camiños do exilio ás refuxiadas que sofren as peores violencias. A Marcha Mundial das Mulleres solidarízase con todas as mulleres refuxiadas. Denuncia o racismo dos países chamados de acollida e esixe a destrución dos muros que se alzan por todas as partes.

A situación económica catastrófica, o avance da dereita, as violencias políticas, os gobernos represivos, producen un mundo violento, inxusto e sen futuro.

A situación que viven as mulleres é resultado dos efectos do sistema capitalista, patriarcal e colonialista. Neste contexto hostil, respondemos coas nosas alternativas.

Resistimos á represión e nos auto-organizamos para pasar á acción e establecer lazos cos movementos sociais. Resistimos por un mundo mellor baseado nos valores da MMM, que son a igualdade, a xustiza, a paz, a solidariedade e a liberdade.

As nosas alternativas desenvolven o empoderamiento e a autodefensa das mulleres e dos pobos por un bo vivir e pola sustentabilidade da vida. Para iso, a nosa ferramenta privilexiada é a formación política feminista.

As mulleres unidas en resistencias levan a cabo loitas contra o capitalismo, o hetero-patriarcado, o racismo e o colonialismo e constrúen alternativas para un mundo mellor.

Estaremos en marcha ata que todas sexamos libres.

 

Nota da Marcha Mundial das Mulleres sobre a Detención de Mulleres en Diyarbakir, Turquía

Nota da Marcha Mundial das Mulleres sobre a Detención de Mulleres en Diyarbakir, Turquía

Queridas compañeiras:

Despois de deter o día 25 de outubro de 2016 aos Co-Alcaldes da Municipalidade Metropolitana de Diyarbakir, a Sra. Gültan KÇanak y el Sr. Firat Anli, ambos os dous membros do Partido Demócrata Popular, nos edificios próximos á municipalidade, acusados de ter vínculos co terrorismo, onte, 26 de outubro, a policía atacou aos manifestantes que protestaban contra as detencións ilegais e antidemocráticas de persoas elixidas democraticamente, usando de canóns de auga e gas lacrimóxeno contra a multitude.

Como consecuencia deste brutal ataque da policía fronte ao Municipio de Diyarbakir, tamén se detiveron a moitas mulleres. Entre elas estaba Sultan Safak, activista Kurda e miembra do Secretariado Europeo da Marcha Mundial das Mulleres.

Chamamos a toda a solidariedade internacional para elevar a voz e tomar medidas urxentes contra estas detencións ilegais e esixir a liberación inmediata da nosa irmá e de todas as mulleres que foron detidas na protesta.

Seguiremos en marcha ata que todas as mulleres sexamos libres!

En solidariedade,

Marcha Mundial das Mulleres

Campaña de alerta diante da inminente abordaxe da flotilla de Mulleres Rumbo a Gaza

Mulleres representantes de diversas organizacións que participan na campaña “Rompamos o bloqueo. Mulleres Rumbo a Gaza” compareceron este luns 3 de outubro en rolda de prensa para manifestar a súa solidariedade e pedir protección ao estado español e a UE para a flotilla de mulleres que partiron rumbo a Gaza o pasado mércores día 27 de setembro. Xunto a isto anunciaron que, diante da inminente abordaxe do barco, lánzase unha campaña de alerta para chamar á mobilización cando iso ocorra.

Na rolda de prensa participaron Marisela González, portavoz de BDS e Mulleres Rumbo a Gaza; Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa e extripulante da flotilla 2015; María Ferreiro, secretaria das mulleres do SLG e Margarida Corral, secretaria das mulleres da CIG. Todas en calidade de representantes da campaña galega “Rompamos o bloqueo. Mulleres Rumbo a Gaza” coordinada por BDS Galiza en colaboración coa Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres, que conta ademais co apoio de diversos organizacións como Mar de Lumes, Pallasos en Rebeldía, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, Conas Ceives, Lésbicas Creando e MNG.

Segundo explicou Marisela González a campaña de alerta lánzase diante do anuncio deste domingo, do estado de Israel que “xa dixo oficialmente que o exército ten mandato de abordar o barco” cando se achegue á costa de Gaza.

Unha alerta que se activará nas redes sociais, a través das que se fará un chamamento á mobilización ás 19:00 horas no día en que sexa abordado o barco con concentracións xa confirmadas nas cidades de Ourense, Compostela, A Coruña, Vigo, Lugo, Pontevedra e Ferrol, ás que poderían sumarse outras nos vindeiros días.

Protección do estado español e da UE

Pola súa banda Ana Miranda, que falou en calidade de extripulante e persoa secuestrada e deportada por Israel, alertou de que a flotilla pode ser interceptada en calquera momento e pediu “que se protexa a vida” das mulleres de diferentes nacionalidades que van na flotilla. Unha protección que exixiu tanto por parte do estado español como da Unión Europea “para estas mulleres que están xogándose a vida nestes momentos nun barco por romper o bloqueo e por denunciar unha situación que é ilegal”.

Miranda lembrou que tamén se pedira a protección do estado español para a flotilla de mulleres que partiu o ano pasado e da que ela formaba parte e que denunciou que “non se deu e fomos abordadas ilegalmente en augas internacionais”.

No mesmo sentido se manifestou a secretaria das mulleres do SLG, María Ferreiro, quen alén de sumarse a esa causa sinalou a triple opresión que sofren as mulleres palestinas: a xerada pola ocupación e invasión do seu territorio polo goberno israelí; a causada polo patriarcado “que todas sufrimos e nesa zona non é menos” e a provocada pola mirada occidental, coa que “relegamos a estas mulleres a un papel doméstico e totalmente pasivo e que cando as imos coñecendo está moi lonxe da realidade que sofren estas mulleres que intentan levantar o seu territorio e volvelo a ocupar, algo que no seu día a día non é de todo sinxelo”.

Marisela González concluíu facendo un chamamento aos medios para que visibilicen esta campaña, a abordaxe do barco e poñan no foco de atención tanto a situación das mulleres en Palestina como a das compañeiras que van agora mesmo no barco.

Reclamo o meu liderado, a miña terra e a miña liberdade

Reclamo o meu liderado, a miña terra e a miña liberdade

En agosto de 2016,intentouse un golpe de estado militar en Turquía. Ás poucas horas, tanques de armamento pesado e avións de ataque mataron ao redor de 260 persoas e feriron por centos. As forzas do Estado bombardearon moitas institucións públicas, incluído o Parlamento, e abriron fogo desde helicóptero sobre persoas civís. Este caos experimentado, de feito, séguese repetindo en Turquía desde a formación da Estado-nación ao longo dos últimos 200 anos.

A negación das verdades da sociedade e a política de aniquilación executadas por quen ten o poder presentan as causas fundamentais do seu caos. A política de negación e aniquilación experiméntanse como guerras, mortes, torturas, empobrecimiento, golpes de estado e fascismo na sociedade. Cando a posibilidade dunha vida en liberdade e dignidade diminúe, culminarán as resistencias, conflitos e guerras, onde as persoas que resisten teñen a última palabra na historia.

  Durante os últimos 40 anos, o líder do pobo Kurdo, Mr. Abdullah Öcalan, estivo librando unha loita pola nosa xente con tremenda lealdade e esforzo. A insistencia en non comprender o Proxecto República Democrática, a proposta actual desta loita, é a principal razón detrás do caos actual ao que está sometida Turquía. A pesar diso, por desgraza, tanto o Goberno como o Presidente, seguen mantendo un discurso baseado na aniquilación da loita do pobo Kurdo pola liberdade. Esta eclipse da razón mantén o escenario político no limiar dun proceso perpetuo de “mecánica do golpe”.

Mr. Abdullah Ocalan está cativo na prisión da illa de Imrali desde o 15 de febreiro de 1999. A partir do 5 de abril de 2015, reunións do Sr. Öcalan cos seus avogados, membros da familia ou cos membros da delegación que levan a cabo as negociacións de paz, non foron permitidas. O que pasou na illa de Imrali a noite do golpe, e a razón detrás da prohibición das visitas non se fixeron públicas.

  Declaracións do autogoberno democrático nas provincias e distritos de maioría Kurda recibiron resposta con crueldade. Miles de persoas perderon a vida, persoas civís desarmadas foron queimadas vivas, mesmo cadáveres foron torturados. Centos de miles de KurdXs foron desplazadxs unha vez máis e quedáronse sen fogar. Miles de hectáreas de bosques, xardíns e plantacións foron queimadas polas operacións militares. Incluso os rexistros oficiais non podían ocultar o simple feito de que ao redor dun millón e medio de persoas víronse afectadas polos toques de queda.

  Os 67 toques de queda que se lanzaron ata agora nos 23 distritos de 8 provincias sumaron 1631 días en total. As políticas de guerra especiais implementados polo Goberno do AKP entre as datas 5 de xuño o ano 2015 e 13 de agosto de 2016, cobráronse a vida de 1.539 persoas, incluíndo 117 nenos e 113 mulleres. Esta cifra alcanza as 1799 cando se inclúen aquellxs que perderon a vida durante o golpe.

  Miles de persoas, incluíndo aos políticos e alcaldes electos, foron tomados baixo custodia, detidos ou despedidos dos seus cargos. Eles trataron de silenciar á prensa libre a través da represión e a censura; discursos do odio fixéronse explícitos e públicos. As prisións seguiron sendo espazos controlados polo estado onde violacións dos dereitos humanos vívense no máis alto nivel. En resumo, a través do uso de inimizade cara aos KurdXs, o terreo foi preparado para o florecemento de poderes escuros e señores da guerra.

  Por estas razóns, chamamos a nosa campaña, ”EU RECLAMO O meu LIDERADO, A miña TERRA E A miña LIBERDADE ” para identificar a nosa loita neste momento particular da historia. A única verdade que todas as persoas oprimidas necesitan, incluíndo ás mulleres, KurdXs, TurcXs, Persoas de Laz, AsiriXs, ArmeniXs, persoas de diferentes crenzas e culturas, é a vida democrática e a liberdade. O noso chamado é a todas as organizacións de mulleres e individuais, en particular en Turquía: ” Imos construír e florecer unha fronte democrática por un sistema libre xuntas! ”

  Nós, como mulleres, facemos un chamamento e cremos que:

  • As negociacións co líder do pobo Kurdo, Mr. Abdullah Öcalan, deben reiniciarse baixo as condicións de liberdade, non na illa de Imrali. Non hai que esquecer que os enfrontamentos e resolucións entre os sistemas de liberdade e escravitude están representados na persoa de líderes. Calquera ameaza ou agravio dirixido contra a saúde e a seguridade do Sr. Ocalan diríxese fundamentalmente contra da relación entre o pobo Kurdo e Turco. Na persoa do Sr. Abdullah Öcalan, estamos na última curva e o último punto histórico para declarar publicamente as decisións relacionadas co futuro dos nosos respectivos pobos.

      Esiximos o envío inmediato dunha delegación á illa de Imrali. E mediante medidas e métodos para unha resolución democrática, nós incrementamos a nosa loita pola ” Liberdade de Ocalan ” como a condición principal para a resolución de todas as cuestións.

  • Saudamos á resistencia sen precedentes das mulleres Kurdas, que grito, ”Nunca imos deixar esta terra de novo”, en contra da política de desprazamento, o refugallo e o despoboamento nas provincias e cidades destruídas polo Goberno do AKP

      Co noso lema, ” A súa Warek Welatek ”, convidamos a todas as mulleres á solidariedade para a reconstrución das nosas cidades destruídas e poñer a nosa vida en común. Nós somos as que reconstruímos as nosas casas, rúas, pobos e cidades.

  No marco da nosa campaña, imos organizar reunións de vecinxs, paneis, concentracións, sentadas de protesta para as campañas de paz e de axuda, ademais de participar directamente nos traballos de reconstrución.

Todas somos Laura Bugalho

Todas somos Laura Bugalho

Laura Bugalho é activista transfeminista, muller comprometida coas causas xustas, incansábel defensora e loitadora polos dereitos das persoas migrantes, símbolo de loitas sociais, defensora dos dereitos das traballadoras. Laura Bugalho é compañeira feminista.

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres queremos amosar todo o noso apoio e sororidade con Laura Bugalho e denunciar a súa persecución xudicial. Partillamos con ela a defensa de que ningún ser humano no planeta é ilegal e que os dereitos son para tod@s ou non son, ese compromiso inquebrantábel coa loita por un mundo xusto sen capitalismo e patriarcado no que sermos libres e felices.

Defender ás persoas migrantes non é delito, non pode selo ademáis nun mundo no que todas somas migrantes nun sistema de dominación e explotación que nos exilia dos nosos corpos e das nosas vidas.

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reclamamos a absolución de Laura Bugalho e a súa liberdade sen cargos.

O movemento feminista galego en toda a súa diversidade é espazo de encontro e Laura Bugalho foi sempre compañeira de encontros e loitas para todas nós. Hoxe ela pasa por un momento complicado e nós queremos acompañala. Porque se ser feminista, obreira, migrante ou muller é delito, terán que vir por todas nós. Porque todas somos Laura Bugalho.

 

Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres
xuño de 2016

 

Seguiremos en Marcha, ata que Laura e todas, sexamos libres!!!

DECLARACION FINAL DO ENCONTRO EUROPEO DA MMM en VIGO os 27, 28 e 29 de Maio 2016

eu_2016.jpg

Nós, mulleres militantes da MMM en Europa, reunidas en Galiza despóis de varias xornadas de reflexión, débates e intercambio e fronte á situación internacional alarmante que vivimos, de guerras, ataques das dereitas cos golpes de estado, represión dos movementos sociais, criminalización das loitas, asasinato de mulleres activistas, banalización das violencias, recortes de liberdades, militarización do espazo público, estratexias do medo, precariedade laboral, mercantilización dos bens comúns e dos corpos, queremos expresar:

  • A nosa solidariedade coas mulleres kurdas e o seu pobo que resisten aos ataques criminais tanto do Daesh como do Estado turco. Lembramos especialmente a Seve Demir e as compañeiras asasinadas dá MMM pola súa loita e a todas as presas políticas.

  • A nosa denuncia da complicidade da UE, que a través dos seus estados membros venden armas, financian a desestabilización da zona e aprovéitanse dos recursos naturais.

  • A nosa repulsa á política europea en relación coa crise de refuxiadas e esiximos que se poña fin á guerra, que se abran as fronteiras, que se garanta o pase seguro, que se eliminen as cotas e que se acollan todas as refuxiadas polticas e economicas.

  • A nosa preocupación e rexeitamento da crise ambiental provocada polo capitalismo depredador e o espolio de recuros naturais ao longo do planeta levado a cabo polas empresas transnacionais.

  • A nosa denuncia do avance da extrema dereita que pon en perigo as democracias no mundo, como acabamos de comprobar no Brasil co golpe de estado capitalista, machista e racista.

  • A nosa raiba fronte ás violencias, a persecución, a deportación, a criminalización e os asasinatos que sufrimos as mulleres activistas na defensa dos nosos dereitos e a sustentabilidade da vida.

  • A nosa denuncia da chantaxe que o Banco Central Europeo, o FMI e a Comisión Europea exercen cara aos diferentes países, especialmente Grecia, Portugal e o Estado Español, en nome da austeridade promovendo políticas que degradan a vida das mulleres e os seus pobos.

Agradecemos ás compañeiras da Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres o seu acollemento e traballo para facer este encontro posíbel e mostramos a nosa solidariedade coas mulleres galegas, en especial con Laura Bulgalho compañeira procesada polo seu inquebrantábel defensa das persoas migrantes e o colectivo Nós mesmas, vítima de ataques violencios polo seu activismo lésbico.

Este non é o mundo que queremos construír, queremos un mundo de paz, desmilitarizado, un mundo sen muros de separación, un mundo onde a vida dos seres humanos teña máis valor que o diñeiro. Queremos construír un mundo onde as nenas poidan xogar sen temer a violación, o asasinato ou a desaparición, onde as mulleres non sexan vítimas de violencias sexistas, de comportamentos machistas.

O noso futuro é a solidariedade internacional, seguimos en marcha ata que todas sexamos libres.

eu_2016.jpg

Vigo, maio de 2016

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram