25 de Novembro, Dia Internacional contra a Violencia Machista

O martes 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, a Marcha Mundial das Mulleres convoca, un ano máis, concentracións e manifestacións xunto a diferentes actos reivindicativos para rematar con esta lacra que provoca a morte e maltrato fisico e psicolóxico de mulleres en todo o mundo.

Estas convocatorias son:

  • Vigo: manifestación con saída da Rúa Principe ás 20 h
  • Compostela: concentración ás 20,30 h na Praza do Toural
  • Pontevedra: concentración ás 20,30 h na Praza 8 de Marzo
  • A Coruña: concentración as 20,30 h no Obelisco
  • Ourense: concentración as 12 h na Praza Maior
  • Ferrol: concentración as 20 h na Praza 8 de Marzo
Baixo un lema común, “Sementando un futuro sen violencia machista”, sairemos á rúa berrando que outro mundo é posible se sementamos nas nosas vidas valores que fagan desaparecer o sistema patriarcal que alimenta a violencia machista.

A Marcha Mundial das Mulleres elaborou, nesta ocasión, un manifesto para esixir o fin da violencia contra as mulleres e reclamar de toda a cidadanía a súa implicación na construcción dunha sociedade educada en igualdade.

Coma se dunha horta se tratase, queremos sementar todos os valores que conseguirán rematar coas desigualdades que xeneran a violencia machista: autoestima, respecto, diversidade, tolerancia, coeducación, paridade, solidariedade, xustiza, paz… e rematar coas malas herbas que invaden a nosa horta impedindo o crecemento das nosas froitas: menosprecio, prepotencia, desigualdade, opresión…

O próximo martes, 25 de novembro, estaremos na rúa sementando un futuro sen violencia machista e repartindo sementes entre todas e todos os asistentes para garantir e continuar co coidado da nosa horta e do noso futuro.

Vémonos o 25 N!

Descarga o PDF con o Cartaz e o Manifesto.

A Marcha Mundial das Mulheres únese a outros movimentos sociais em apoio a Bolívia

Com mais de 300 atividades, prossegue na Cidade da Guatemala, o III Fórum Social das Américas. Entre debates que abordam as mais variadas questões sociais, o encontro, mais uma vez, vai ditando o empoderamento dos povos da região. Hoje, dia 9 de outubro, acompanhando todo o contexto político, está marcada a Jornada Continental de Solidariedade com Bolívia e co presidente Evo Morales, coa presença do mesmo.

O ato político está sendo convocado pola Assembléia dos Movimentos Sociais das Américas, Marcha Mundial das Mulheres, Coordenadoria Andina de Organizações Indígenas, Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Teito e Minga Informativa dos Movimentos Sociais. A concentração será na Praça dos Mártires, na Universidade de San Carlos, a partir das 14h. Na seqüência, haverá um ato cultural de celebração polos 50 anos de Socialismo em Cuba.
A terceira edição do Fórum das Américas comezou o dia 7 com umha celebração indígena, inspirada num ritual maia. Segundo a organização do evento, mais de 10 mil pessoas participam das atividades, que vão até o dia 12 de outubro.

“A realização do III FSA na Guatemala se apóia na convergência de seus movimentos sociais, povos originários, entidades acadêmicas e múltiplos setores comprometidos nesse país e na Meso-américa. Ao mesmo tempo, sabemos que esta presença continental estimulará e enriquecerá tais alianças”, afirma o comunicado do Fórum.

A primeira edição do FSA aconteceu em Quito, Equador (2004) e a segunda, em Caracas, na Venezuela (2006).

Mais informações no site do evento www.forosocialamericas.org

Mobilización mundial “Por un Traballo Decente” 7 de outubro.

Comunicado da Marcha Mundial das Mulleres ante a directiva europea das 65 horas e a xornada de mobilización mundial “Por un Traballo Decente” do 7 de outubro.-

A directiva europea que vai ser posta a votación no parlamento europeo, conforme vai poder ampliarse a xornada laboral até as 65 horas semanais, está sendo contestada desde distintos sectores sociais, e as condicións laborais de precariedade, falta de dereitos sindicais, siniestralidade… que se dan nos cinco continentes, motivan a mobilización que o próximo 7 de Outubro, unha parte do movemento sindical mundial, ten convocada baixo o lema “Por un traballo decente”. Esta directiva europea, non supón mais que engadir un pouco de pementa a un preparado que pretende purgar todos os avances conseguidos ao longo do século XX polos movementos socias, moitos deles da man do feminismo. Ao berro de que ven o coco!!!, utilizando a chantaxe, a intimidación e o medo, a minoría capitalista que amasou e amasa grandes beneficios coa especulación financeira, pretende agora que paguemos os seus pratos rotos e amañemos, baleirando as arcas públicas, as pingueiras e desperfeitos dos seus corruptos negocios. Nesta situación de alarma social, ao redor da crise financeira, como se de unha catástrofe natural de enormes e incontrolábeis consecuencias se tratase, lánzanse salvavidas coa etiqueta de abaratamento do despido, aumento da xornada laboral, aumento da idade de xubilación… e outras receitas que se venhem aplicando en maior ou menor medida nos últimos tempos, receitas que para as mulleres son vellas coñecidas, pois van parellas ao aumento da economía somerxida e a precariedade, onde temos unha representación maioritaria, e o recorte de servizos sociais. A ameaza do “Lado Escuro” onde se situan o patriarcado e o capitalismo, non só non desaparece senón que mostra un repunte virulento.

Non hai outra saída? É necesario que a actividade financeira ocupe unha parte tan importante da actividade económica? Podería existir unha economía onde a actividade de mercar e vender activos financeiros se puidera regular por unhas normas estritas que non permitisen a especulación?

Desde a Marcha Mundial das Mulleres pensamos que si. Que é hora de democratizar a economía. Que é hora de que a economía estea ao servizo da sociedade. Que é hora de pór límites á riqueza, porque xa é tempo de eliminar a pobreza. Porque somos conscientes que a perda de dereitos laborais, a acumulación de beneficios en poucas mans, o recorte do gasto público en saúde, educación, vivenda, preservación da terra e da auga, supón pór freo á igualdade, e camiñar de fronte para o deterioro ambiental e social. Non podemos entregar a nosa vida ao control do mercado. Para o capitalismo, son imprescindíbeis a produción e o consumo sen límites. Para as persoas son imprescindíbeis os coidados, a terra, o ar e a auga. Busquemos, esixamos e apliquemos fórmulas políticas que invistan e afortalen o sector público, redes asistenciais e servizos que axuden a conciliar a vida laboral e familiar. Construamos modelos económicos e sociais (educacionais, espirituais, afectivos, sexuais, políticos…) inspirados nos valores da democracia e da igualdade, non nos da cobiza e a opresión. A Marcha Mundial das Mulleres valora que o planeta está nunha encrucillada onde só se poden seguir dúas direccións, a do cambio económico e social que permita acabar coa pobreza e compartir o traballo (o laboral e o doméstico), que sustenta a existencia da Humanidade, ou o camiño da acumulación das riquezas por parte dunha minoría, coa perpetuación da discriminación das mulleres, onde a violencia e a pobreza coexisten co gasto sen medida, a ostentación e a depredación do planeta.

Acudamos ás mobilizacións convocadas nas cidades galegas por un Traballo Decente, contra a directiva europea das 65 horas!

A Ruta Pacífica das Mulleres, denuncia o asasinato dunha das suas integrantes en Medellín


En circunstancias que evidencian a ignominia da violencia e a degradación da sociedade, foi asasinada en Medellín a integrante da Ruta Pacífica das Mulleres, Olga Mariña Vergara.

Esta líder feminista e pacifista, de ampla traxectoria na capital antioqueña polo seu traballo en favor das mulleres, foi masacrada xunto co seu fillo, nora e neto na súa propia casa no sector de Prado Centro este mércores 24 de Setembro de 2008.

“Estas mortes e esta masacre son inadmisibles. É así como a Ruta Pacífica das Mulleres -proposta política feminista que traballa pola visibilización dos efectos da guerra na vida das mulleres-, rexeita categoricamente estes feitos, que demostran unha vez máis a degradación da guerra e da sociedade, pois as condicións e as circunstancias nas que ocorreron, son de suma gravidade. É así como instamos ás autoridades a investigar e determinar os móbiles do sucedido”, sinalou Mariña Gallego Zapata, coordinadora Nacional da Ruta Pacífica das Mulleres.

Así mesmo, a Coordinadora do movemento salientou que a Ruta Pacífica das Mulleres continúa e persiste na procura para que o tema das violencias contra as mulleres non quede en axendas públicas de quenda e como noticias circunstanciais. “O noso interese é establecer un compromiso ético e político para terminar coa impunidade e a permisividad social acerca das violencias que se exerce contra as mulleres e máis na situación de conflito que enfronta o noso país”.

A este rexeitamento polo asasinato de Olga Mariña Vergara e tres membros da súa familia únense as organizacións sociais feministas do país que converxen na Ruta Pacífica das Mulleres, as cales traballan conxuntamente pola tramitación negociada do conflito armado en Colombia e pola visibilización dos efectos da guerra na vida das mulleres.

Estas mesmas organizacións expresan a súa solidariedade e acompañamento á familia de Olga Mariña Vergara.

Venres, 26 de Setembro de 2008

Por un fogar, un país, un planeta libre de medos, guerras e violencias.

RUTA PACIFICA DE LAS MUJERES:

  • Telf’s: ANTIOQUIA – (4)2844079, BOGOTA (1)2229172/76, BOLIVAR – (5)6663992, CAUCA – (2)8317939, CHOCO – (4)6713804, PUTUMAYO – (8)4274058, RISARALDA – (6)3332042, SANTANDER – (7)6477559, VALLE DEL CAUCA – (2)8854656, COORDINACION EJECUTIVA NACIONAL (1) 2229145 / 46
  • Fax: (1)2229170
  • Web: www.rutapacifica.org.co
  • Correo-e: comunicaciones@rutapacifica.org.co

_______________

Enlaces relacionados:

Colombia.indymedia.org/archives/archive_by_id.php?id=1197&category_id=7
Colombia.indymedia.org/news/2008/09/93232.php

A activista norte-americana, Marcella Sali Grace, foi violada e morta em Oaxaca-México

Oaxaca de Juárez, Oaxaca.
Quinta-feira 25 de setembro 2008
Justiça para nossa irmã Marcella Sali Grace!

Irmãos e irmãs

Nossos corações estão cheios de tristeza e raiva porque nossa irmã Sali foi estuprada e assassinada brutalmente a 20 minutos de San José del Pacífico e até o momento a procuradoria de Oaxaca, como é de costume, não está fazendo nada apesar de existirem testemunhas que fornecem indícios para identificar os responsáveis.

Marcella Sali Grace naceu nos Estados Unidos, com um coração grande e solidário com as causas justas; tinha muitas amigas e amigos porque sempre estava disposta a ajudar, assim como com seus dotes de artista pintava uma manta ou uma parede, ou dançava sua dança árabe para conseguir fundos para a luta, ou fazia seus shows com bandas punks, ou dava seus cursos de defesa pessoal para mulheres pois conhecia muito bem como os homens as assediam. Essa era uma de suas lutas: para que as mulheres fossem livres e respeitadas. Sali estava tão comprometida com a luta que foi observadora internacional de irmãos e irmãs que estão sendo hosilizadas pelo mal governo de Ulises Ruiz Ortiz.

Desgraçadamente nesse 24 de setembro foi encontrado o corpo de uma mulher com as características físicas de Sali, em uma cabana desabitada a vinte minutos do povoado de San José del Pacífico, quando um habitante foi alimentar alguns cachorros que viviam ali, e lhe impressionou um odor fétido que provinha de tal cabana. Foi quando avisou às autoridades municipais. Foi feita a busca do corpo, que se encontrava já em decomposição; depois de tal empreitada, nenhuma informação mais foi dada à população.

No dia anterior foi dado um aviso à companheira Julieta Cruz (que tinha conhecimento que Sali se dirigia para tal lugar), que uma jovem estrageira se encontrava no anfiteatro de Miahuatlán, para aonde ela se dirigiu e reconheceu o corpo de Sali devido a suas tatuagens, já que seu rosto estava irreconhecívei. A companheira supõe que devido a queimaduras (pois não se explica por que o resto do corpo tem danos visivelmente menores). Quanto pedimos o número do processo nos foi negado, assim como os resultados da necrópsia, argumentando que por não sermos familiares da pessoa não poderíamos ter acesso a nenhuma informação.

Devido ao trabalho solidário com a luta popular do povo de Oaxaca, de outras lutas do mundo e contra o racismo na fronteira do México com os Estados Unidos, em diversas ocasiões e a diferentes pessoas, Sali comentou que em Oaxaca, datas recentes sofreu perseguição política e vigilância. Isto nos faz pensar que seu covarde assassinato tenha relação com a repressão generalizada aos movimentos socias e dirigida particularmente a observadores/as internacionais. Por isso mesmo não descartamos que os mentores do crime sejam os mesmos que ordenam a repressão contra o povo de Oaxaca que luta por justiça e liberdade.

Frente a estes atos sangrentos, e pela brutal crueldade que fizeram à companheira Sali, não deixamos de lado que pode ser uma clara mensagem dirigida a todo o povo de Oaxaca, assim como aos companheiros solidários de diferentes partes do mundo; isto dizemos baseado nas recentes notícias que estão circulando a nível nacional e internacional, que ‘os appistas que mataram o jornalista norte-americano Bradley Roland Will’ e como não existe justiça em Oaxaca, nos preocupa a distorção da informação que poderia interferir na busca de uma verdadeira justiça para nossa companheira e a já evidente lentidão burocrática com que estão tratando o caso as autoridades atualmente implicadas na investigação.

Ante estes lamentáveis fatos EXIGIMOS:

  • Agilização imediata das investigações.
  • O esclarecimento imediato dos fatos.
  • Castigo a assassinos e mentores intelectuais.
  • Justiça para nossa irmã Marcella Sali Grace!
  • Basta de assassinatos, violência e ódio contra as mulheres que lutam por justiça!
  • Pedimos sua adesão (no endereço eletrônimo indicado) a essa exigência de justiça e para integrar as atividades urgentes para exigir o esclarecimento de tais covardes fatos.

Correo-e: rebeldiasentrelazadas@yahoo.com
Información: (01 951) 5178190 CIPO

Assinam:

  • Encuentro de Mujeres Oaxaqueñas “Compartiendo Voces de Esperanza”
  • Colectivo Mujer Nueva
  • Consejo Indígena Popular de Oaxaca Ricardo Flores Magón
  • Voces Oaxaqueñas Construyendo Autonomía y Libertad
  • Colectivo Tod@s Somos Pres@s
  • Encuentro de Jóvenes en el Movimiento Social Oaxaqueño

Recebemos a sua mensagem. Se necessário, responderemos em breve!

Web: www.sof.org.br
Tel: (11) 3819-3876
_______________

Enlace relacionado:

Mexico.indymedia.org/spip.php?article91

A Marcha Mundial das Mulleres co-organiza eventos nos Foros Sociais Europeo e das Américas

Foro Social Europeo

Foro Social Europeo

O Secretariado Internacional da MMM informou das actividades que co-organiza ou nas que participa em Suecia e Guatemala, dentro do Foro Social Europeo que se celebra en Malmö, Suecia, os próximos 17 e 21 de setembro, e o Foro Social das Américas, que se realiza do 7 ao 12 de outubro na capital de Guatemala.

As activistas que participarán representando à MMM nestes eventos son  Nadia De Monde de Italia, Nelly Martin de Francia  e Isabel Vilalba da  Galiza.

Foro Social Europeo (FSE) Data/Hora Lugar
Asemblea de Mulleres 17 Setembro.
2:00-5:00 pm
Tangopalatset
Amiralsg. 47
Feministas en acción por outra Europa, por outro mundo 18 Setembro.
6:00-9:00 pm
Chokladfabriken, Ölhallen
Asemblea sobre soberanía alimentaria: ¿Qué podemos fazer para implementala en Europa? 19 Setembro.
2:00-5:00 pm
Amiralen
Asemblea dos movimentos contra a guerra, a militarización, as bases militares, a industria de armas 20 Setembro.
9:30-12:30 am
Chokladfabriken, Ölhallen
Asemblea-Carta – Outra Europa é posibel: dereitos sociais e democráticos para tod@s 20 Setembro.
9:30-12:30 am
Rosengårds sporthall

Foro Social Américas
Marcha Mundial das Mulleres: Rumbo á acción de 2010
Alternativas feministas para unha integración xeradora de igualdade
Pola Paz e a Desmilitarización coa dignidade dos Povos e das Mulleres
Mulleres en loita pola Soberania Alimentaria

Marcha Mundial das Mulheres e Mulheres da Via Campesina realizam encontro em Brasil

A resistência ao modelo neoliberal tem sido um componente central nas lutas das mulheres na América Latina. Nossos posicionamentos e mobilizações partem da análise de que as relações de gênero estão no coração do modelo econômico, e que por isso é necessário mudar o mundo e mudar a vida das mulheres em um só movimento.

Na atual conjuntura, estão em curso na América Latina processos de Integração Regional que podem acumular no sentido da construção de alternativas ao neoliberalismo. São estratégicos neste momento temas que construam as bases para a soberania dos povos, como é o caso do debate sobre a matriz energética e a soberania alimentar.

É nesse contexto que a Marcha Mundial das Mulheres e as mulheres da Via Campesina estão organizando o Encontro Nacional Mulheres em Luta por Soberania Alimentar e Energética. O Encontro reunirá 400 mulheres de todo o Brasil entre os dias 28 e 31 de agosto, em Belo Horizonte, Minas Gerais.

Os debates no Encontro serão organizados de modo a aprofundar a discussão sobre o modelo agrícola, alimentar e energético, e ampliar as reflexões em torno do debate de alternativas, articulando Integração Regional, soberania alimentar e energética. Outro componente importante do Encontro será os espaços para conhecer as experiências alternativas de produção e uso de energia, especialmente as protagonizadas por mulheres.

As delegações estão sendo organizadas nos estados pelas entidades organizadoras do encontro.

MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES E MULHERES DA VIA CAMPESINA

Entidades participantes:
Rede de Economia e Feminismo, Rede Brasileira de Justiça Ambiental, Articulação Nacional de Agroecologia, Articulação no Semi-Árido , Terra de Direitos, Amigos da Terra Brasil, FASE, Movimento dos Trabalhadores Desempregados, Fórum de Reforma Urbana, OMIR, Contag, CUT

Fotos Concentración 18 de Agosto de 2008 en Ferrol

Concentraçom realizada en Ferrol, o luns 18 de agosto en repulsa polo asesinato de Aelica Da Costa.

“… Mais que nunca, a violencia machista é un problema de TODAS e de TODOS, por iso, apoiar políticas, expresións relixiosas ou culturais que impliquen discriminacións, ou deixar de actuar, de denunciar, de rechazar ou intervir contra as expresións e actos machistas, pode significar alimentar a espiral da violencia e máis vidas de mulheres tráxicamente interrumpidas”.

A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA PARA HOXE CONCENTRACIÓNS DE REPULSA POLO ASESINATO DE AELICA

Aelica Dacosta tiña só 25 anos, ainda asi, a súa vida estaba chea de responsabilidades, dous nenos de 4 e 3 anos e unha vida laboral como empregada doméstica, que apunta un dia a dia cargado de dificultades.O machismo sesgou a súa vida e deixa unha ferida incurábel nas súas crianzas e na súa familia.Nen as leis, nen a acción da Xustiza, nen os servizos sociais de apoio foron útiles nesta ocasión, para salvar a súa vida, porque a violéncia machista,que se cobra vidas de mulleres en todo o planeta, xustificada polas leis en moitos estados e até hai pouco, non penalizada no noso país, necesita moito máis para ser erradicada.Precisa de profundizar no modelo social inspirado nos valores da igualdade e o respeto, que faga desaparecer das estruturas políticas, económicas, relixiosas e culturais todo o que signifique discriminación, desigualdade e opresión.Pode soar a utopía mais, para as feministas, é o camiño irrenunciábel.O sangue das 45 mulleres asesinadas no que vai de ano no estado español, e o sangue de Aelica, unha nova vítima mortal da violencia machista en Galiza,nos están indicando que non é suficiente coas políticas que se están aplicando, que non é suficiente a conciencia e o compromiso que está tendo a sociedade na loita contra o machismo, por máis que hai uns días tivesemos un ejemplo notábel, ainda que con tráxico resultado, na persoa de Jesús Neira, o ferrolán que se debate agora entre a vida e a morte por intervir para parar unha agresión.Mais que nunca, a violencia machista é un problema de TODAS e de TODOS, por iso, apoiar políticas, expresións relixiosas ou culturais que impliquen discriminacións, ou deixar de actuar, de denunciar, de rechazar ou intervir contra as expresións e actos machistas, pode significar alimentar a espiral da violencia e máis vidas de mulheres tráxicamente interrumpidas.

A Marcha Mundial das Mulleres, convoca concentracións de repulsa ante esta nova morte, expresando asi o noso rechazo a esta acción criminal e reclamando á sociedade galega un compromiso máis firme e sen tregua na loita contra o machismo.

Concentracións
Ás 20hs na Praza do Concello de Ferrol.
Ás 20hs diante do MARCO en Vigo.
Ás 20hs no Obelisco en A Coruña.

‘Mai por escolla, non por obriga’ de Dorothy Fadiman

O documental ‘Mai por escolla, non por obriga’ de Dorothy Fadiman, está dispoñible para colectivos, asociacións ou individuas que precisen de material para xenerar debate sobre a despenalización do Aborto no Estado Español, ou simplemente para o seu visionamento interno..

O filme de 27 minutos foi proxectado o pasado 28 de Maio nas xornadas da MMM da Corunha ‘O Dereito a Decidir: Situación Actual e Alternativas á Despenalización’.

Por petición da propia directora ofrecemos este documental que narra a historia dos dereitos das mulleres a decidir sobre o seu corpo e o dereito à saúde, nos EEUU.

Para mais información e para pedir o DVD podedes contactar coa Marcha Mundial das Mulleres da Corunha no marchacorunha@gmail.com, ou descargar o documental directamente en http://ia360921.us.archive.org/2/items/motherhood_by_choice_fadiman_2004_spanish/, onde o poderedes atopar en diferentes formatos (DVD, MPG, mp4…)

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram