Comité Internacional da MMM en Sâo Paulo

 Entre os días 1 e 5 de maio tivo lugar en Sâo Paulo (Brasil) a última xuntanza do Comité Internacional da MMM. Ao mesmo acudiu unha delegada da Coordenadora Galega, convidada especialmente para informar e debatir sobre o VII Encontro Internacional que se realizará no mes de outubro en Vigo, e no que participarán representantes de aproximadamente 40 países de todo o mundo. 

Ao Comité Internacional acudiron delegadas representantes de todas as rexións e leváronse a cabo debates e postas en común nos catro campos de acción do Plano Estratéxico da MMM: violencia contra as mulleres, paz e desmilitarización, traballo das mulleres e ben común e acceso aos recursos. Ademáis serviu para perfilar o que será a nosa acción mundial do 2010.

No Comité Internacional de Sâo Paulo foi aprobado o programa e as actividades a realizar no marco do VII Encontro Internacional que podedes consultar nesta mesma páxina web.

 

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram