Xornadas Feministas Estatais de Granada

Do 5 ao 7 de decembro tiveron lugar as Xornadas Feministas Estatais en Granada onde mais de 3.000 feministas de todo o Estado, e mesmo de fóra do mesmo, tiveron a oportunidade de se encontrar e reencontrar despois de moitos anos de loita pola defensa dos dereitos das mulleres.
Mais de 100 palestras compuxeron a grande diversidade de perspectivas que conforman os feminismos de hoxe en día, desde as temáticas mais coñecidas aínda que con moito camiño que andar sobre a violencia de xénero, a migración, os dereitos laborais, o dereito a decidir das mulleres, a prostitución, pasando polo uso do feminismo como ferramenta política de transformación radical da sociedade e dos poderes políticos, mais tamén de autocoñecemento, empoderamento e fortalecemento do corpo e mente das mulleres e a súa relación coa terra, até chegar a mais recentes debates sobre a integración ao movemento das novas feministas, a procura de alternativas para afrontar o estado de sitio ao que o capitalismo ten sometida a nosa sociedade e especialmente as mulleres, as iniciativas de transformación socio-política e económica que supón por exemplo a Soberanía alimentar e a transversalidade das accións feministas, e tamén moi importante a significativa participación do movemento trans, queer, lésbico-feminista…que enriqueceu o debate alén dos nosos corpos e identidades, ofrecendo novas oportunidades de pensamento, reflexión e acción contra o machismo.
Imposíbel seria elaborar unha serie de conclusións sobre estas xornadas, debido a súa diversidade e grandiosidade, mais se algunha se pode destacar seria a da necesidade de construír redes dentro do movemento feminista, de establecer lazos fortes de entendemento e afectividade, criando relacións feministas e rexeitando as xerarquías machistas, superando así o isolamento nas loitas comúns que é a nosa grande debilidade e non beneficia mais que aos poderes patriarcais e capitalistas.
Terminamos o ano con moito camiño andando e con moito camiño por andar, mais coa certeza de que a loita feminista continúa.

Actos da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza o 25 novembro de 2009

“Todas as ferramentas contra as raíces da violencia”
25 Novembro – Día Internacional contra a violencia de xénero

Desde a Marcha Mundial das Mulleres, este 25 de Novembro, reivindicamos a posta en marcha de todas as ferramentas necesarias nos ámbitos da educación, a cultura, o ensino, a sanidade, a xustiza, as institucións políticas, as relixiosas, os medios de comunicación, a sociedade, etc…así como a optimización e a utilización de todas as ferramentas xa existentes, que faciliten que toda a sociedade sexa quen de arrincar as raíces que sustentan a violencia machista e parar xa e dunha vez por todas as agresións de todo tipo que sofren as mulleres e as nenas. Non podemos seguir asistindo aos asasinatos de mulleres como algo que pertence á rutina informativa ou ao espectáculo mediático.

Así foron as actividades das distintas coordenadoras:

Coruña

Este ano na Corunha figemos um roteiro reivindicativo polo centro da cidade em que recordámos as cinco mulheres assassinadas na Galiza. Começámos na Praça de Ponte Vedra ao pédo IES Eusébio da Guarda, antigo “Feminino” onde se fijo umha dinâmica sobre a história dos diferentes sistemas educativos desde que os homens eram os únicos com acesso à educaçom até ao actual sistema “lilás”, ainda em construçom, em que as mulheres e homens podemos desenvolver e compartilhar as nossas habilidades e interesses individuais em igualdade, e onde a violência de género se transformará em cultura de paz. À vista do Paço da Justiça representou-se umha pequena peça teatral intitulada “A justiça que queremos”. Reivindicámos melhoras dos recursos do Estado com respeito à linha de atendimento que segue umha mulher vítima da violência machista: sanidade, polícia, justiça, profissionais, centros de alojamento, assistência integral e um acesso real aos recursos de todas as mulheres sem discriminaçom geográfica nem de nacionalidade. Na Praça de Ourense improvisámos um estendal de roupa multicor onde fôrom penduradas as recomendações incluídas no decálogo de tratamento jornalístico contra a violência de género, até o momento assumido por mui poucos meios. Nos jardins de Mendes Nunes, ao pé da estátua de Concepción Arenal, festejámos todas as mulheres que no percurso da história rompérom e continuam a romper barreiras em prol da liberdade e igualdade de todas as mulheres, criando espaços que começam dentro de cada umha de nós e acabam na igualdade e justiça para todas.

O feche do roteiro realizou-se em frente da Subdelegaçom do Governo e aqui fijo-se questom na importância dos orçamentos para igualdade, verdadeiro indicador do compromisso real das administrações para acabar com a lacra da violência de género.

A participaçom das mulheres e homens que nos acompanhárom neste caminho de reflexom e reivindicaçom foi extraordinária e mui activa, e a todas agradecemos a sua presença e solidariedade.

{gallery}2009_25novembro/corunha{/gallery}

Compostela

Este 25 de Novembro 2009 a coordenadora de Compostela da Marcha Mundial das Mulleres convocou a toda a cidadania a unha concentración que se celebrou na Praza do Toural às 20.30 horas con un enorme suceso canto á participación e apoio cidadán.

Neste ano a coordenadora de Compostela quixo facer fincapé na corresponsabilidade do sector da hostelaria, convidando á súa implicación a través dunha campaña articulada a través da creación dun autocolante co lema “Aquí non entra a violencia machista”, lema que acompaña un deseño realizado pola pintora luguesa Sabela Arias e que pretende accionar os resortes sociais de condea da violencia machista na cidade de Compostela e que é a demostración de que o sector da hosteleria, de tanta presenza e incidencia na cidade, mostra o seu compromiso para a construción dunha sociedade libre da violencia contra as mulleres. O concello de Santiago de Compostela ampara esta campaña a través do subsídio da mesma.

{gallery}2009_25novembro/compostela{/gallery}

Ferrol

Na concentración de Ferrolterra comezamos facendo unha lembranza da nosa compañeira Anita, finada nun tráxico accidente apenas hai un mes, e colocando unha flor no pé do micro para simbolizar a súa presenza entre nós durante todo o acto.

A concentración estivo centrada no papel que xogan os medios de comunicación ante a violencia machista, e por iso convidamos á  xornalista María Xesús Arias, quen fixo unha intervención na que reivindicou a  boa práctica xornalística no tratamento da violencia contra as mulleres.

Despois de dar lectura a algunhas das recomendacións que o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia fai ao respecto da información de xénero, animouse ao público a participar valorando, por medio dunha votación simbólica, varias noticias que persoas voluntarias foron lendo, o cal permitiu visibilizar as malas e boas prácticas dos medios de comunicación. Foron cerca de trinta novas as que se expuxeron, a maior parte contribuídas pola xornalista Belén Puñal e o grupo de investigación CIDACOM, ao que ela pertence.

Para rematar o acto, deuse lectura ao manifesto da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza para este 25 de Novembro

{gallery}2009_25novembro/ferrol{/gallery}

Fotos do arquivo de Fuco Buxán (alí podedes atopar máis fotos)

Podedes ver un video sobre esta actividade disponibilizado polo Colectivo Ártabra 21 AQUÍ

Vigo

{gallery}2009_25novembro/vigo{/gallery}

Pontevedra

En Pontevedra ás 12 da mañá colocamos a pancarta na Prza” 8 de marzo”, despois ás 5 da tarde comezamos coas actividades: puxemos no xardin globos cos nomes das mulleres asasinadas este ano no Estado Español, realizamos unha enquisa ás persoas que pasaban pola praza, fixemos 200 enquisas, a xente en xeral mostrábase con moi boa disposición para responder ás preguntas, os resultados mandaremolos esta semana á prensa. E ás 20.30 fixemos a concentración, concentración na que se leu o manifesto, antes da leitura do manifesto comezamos unha dinámica que consistía en facer uha rede entre todas as persoas que estabamos alí, a mado de símbolo de MMM como rede de asociacións e mulleres que unidas traballamos para erradicar a violencia machista. Mentras estabamos facendo e sostendo esa rede deuse leitura ao manifesto, unha vez lido o manifesto e de maneira simbólica tamén, botamos a rede sobre as causas da violencia machista, para podelas destruir.

{gallery}2009_25novembro/pontevedra{/gallery}

Jornadas Feministas Estatais – Granada 5, 6 e 7 de Dezembro

A Marcha Mundial das Mulheres na Galiza vai participar nas Jornadas Feministas Estatais que teram lugar em Granada no 5, 6 e 7 de Dezembro.

Estaremos tanto no acto de abertura na sexta-feira, 4 de dezembro, como tamém interviremos  na mesa “Umha experiência solidária feminista internacional” junto com as companheiras da coordenadora nacional da Catalunha.

Mais informações em http://www.feministas.org/jornadas.html

 

Activistas detidas en Turquía van esperar o seu proceso en liberdade!!

Despois de cinco meses e 20 días de detención, a corte penal turca decidiu liberar ás 22 activistas (10 mulleres e 12 homes) arrestadas a finais de maio. O próximo paso do proceso xudicial, que investiga a suposta involucración das acusadas cunha organización ilegal, vai ter lugar no 2 de marzo de 2010. Nesta primeira etapa recen terminada, que durou dous días e que terminou na madrugada do sábado, 21, foron tomadas as declaracións de todas as detidas. Por falta de tempo, non se tomaron as declaracións de outras nove persoas, que xa esperan a continuación do proceso en liberdade.
 
O xuízo foi seguido, todo o tempo, por aproximadamente 150 persoas, incluso por unha delegación internacional de mais de 40 persoas, ademais das familias das detidas – fillas adolescentes, mais anciáns – amigas, compañeiras de activismo político. Fora, estaban activistas de KESK – Confederación de sindicatos de empregados públicos de Turquía, que levaban afiches  con as consignas “saquen as súas mans de KESK”, facendo turno con grupos de estudantes da secundaria e organizacións de dereitos humanos.
Todas as acusadas presentáronse diante do xurado como feministas. Todas foron ou aínda son responsábeis de comités de mulleres en distintos niveis (local, rexional, nacional) de organizacións sindicais do sector público relacionados con KESK. Unha das dez mulleres acusadas iniciou a súa declaración denunciando o informe da acusación como unha calumnia patriarcal. 
 
As supostas probas do presunto crime que figura no proceso son accións do cotiá da organización sindical e de mulleres. O suposto crime é que as acusadas usarían a estrutura de KESK para construír unha organización ilegal ligada ao PKK, Partido dos Traballadores Curdos, ilegal en Turquía. Baseados neste argumento, accións tales como chamadas telefónicas para convidar a persoas a participar en reunións ou obradoiros de formación eran considerados recrutamento de persoas para unha organización ilegal. As charlas telefónicas entre mulleres intercambiando consellos e apoios no traballo sindical foron consideradas  como ordes dadas ou executadas nunha organización militar ilegal. Isto inclúe a organización das manifestacións do 8 de marzo xunto con grupos feministas e de mulleres de partidos políticos. 
 
A política de acción afirmativa tamén foi descrita como crime. KESK e as súas organizacións sindicais teñen secretarías de mulleres moi activas. Estas secretarías sempre foron activas e centrais nas actividades da Marcha Mundial das Mulleres en Turquía. No entanto, como non están nos estatutos da organización e non existen noutras centrais sindicais, as súas actividades tamén foron descritas pola acusación como ilegais. A política de cotas do 30% para mulleres foi descrita como un tipo de ocupación de KESK por unha organización ilegal.
 
Á criminalización da actividade sindical e feminista engádeselle a discriminación en relación ao pobo Curdo: case todas as acusadas son de orixe Curda. Sobre unha das mulleres que non ten orixe Curda, mais que é a compañeira dun Curdo, dicían que ela seguía as ordes do seu marido. Foi presentado como proba o facto de que unha das acusadas foi ao cine a ver a película Bahoz (Storm) con subtítulos en Curdo, e tamén a organización dunha rolda de prensa sobre o dereito á educación en lingua materna.
 
As probas presentadas incluían gravacións obtidas sen autorización formal, que foron mal interpretadas, e emails. Avogadas e avogados teñen refutado as supostas evidencias construídas para criminalizar o activismo sindical e feminista. 
 
A decisión de que as presas esperen o proceso en liberdade foi considerada como o suceso da expresiva mobilización nacional e internacional, que foi levada a termo en diversas protestas en todo o mundo xunto aos gobernos turcos e as súas representacións diplomáticas.  A través dunha carta, KESK afirma que a operación que arrestou arbitrariamente ás activistas demostra unha vez mais “que existen riscos e custos en levar a loita polo traballo e pola democracia en Turquía”. Agradecen toda a solidariedade recibida e comprométense a seguir informando sobre as futuras audiencias.
 
Para mais informacións:
 
*Comeza o xuízo das activistas detidas arbitrariamente en Turquía
http://www.marchemondiale.org/news/mmfnewsitem.2009-11-19.9114620607/es
 
*Solidariedade con activistas sindicais en Turquía en vésperas do seu xuízo(19 – 20 novembro de 2009)
http://www.worldmarchofwomen.org/structure/cn-groupes/europe/turquie/declaration11122009/es
 
*Protestas mundiais contra o arresto arbitrario de activistas en Turquía, publicado na edición de Xulio do Boletín de Enlace da MMM
http://www.marchemondiale.org/bulletin_liaison/2009/200902/200902-html/es
 
*Mais informacións enviadas en maio e xuño polas compañeiras  de Turquía
http://www.marchemondiale.org/structure/cn-groupes/europe/turquie/solidarity053009/es

SOLIDARIEDADE CON ACTIVISTAS SINDICAIS NA TURQUÍA EN VÉSPERAS DO SEU XUIZO (19 – 20 NOVEMBRO DE 2009

31 sindicalistas van a xuízo na cidade de Izmir, Turquía, no 19 e 20 de novembro,  e a Confederación, Federación e Sindicatos involucrados denuncian isto como unha represión dos dereitos sindicais para o funcionariado (mestras e mestres, na súa maioría) nunha tentativa para criminalizalos. Destes 31 sindicalistas,  10 mulleres e 12 homes están na cárcere á espera do xuízo.

Catro das mulleres á espera de xuízo son membras da Marcha Mundial das Mulleres: Elif Akgul, ex secretaria de mulleres do Sindicato de Profesorado, e Yuskel Mutlu, profesora xubilada, integrante da Asociación de Dereitos Humanos e da Asemblea Turca pola Paz; Songul Morsumbul, Secretaria de Mulleres da KESK (Confederación dos sindicatos do Funcionariado de Turquía) e Culcin Isbert, membra de Egitim-Sen, o sindicato de mestres. Moitas das outras mulleres detidas son lideresas de secretarías de mulleres, preocupadas especialmente cos dereitos das mulleres. Estes sindicatos estiveron presentes en todos os Foros Sociais Europeos nos últimos 8 anos e pola tanto temos interese en protexer a súa liberdade de actividade coa solidariedade feminista internacional e sindical, especialmente porque o Foro Social Europeo vai acontecer en Istambul, en xullo do 2010.

Este é o primeiro xuízo despois do arresto de 34 sindicalistas no 28 de Maio de 2009, e do detemento de moitas e moitos deles ata agora, en contravención a todas as leis do Estado Turco e das convencións internacionais relevantes ratificadas por Turquía. No 9 de Xuño, a Marcha Mundial das Mulleres sacou unha declaración de solidariedade, mentres os sindicatos e movementos sociais fixeron o mesmo. 

Na reunión da Coordinadora Europea que tivo lugar do 23 ao 25 de Outubro en Thessaloniki, Grecia, nós as delegadas tomamos a decisión de aumentar a nosa solidariedade con respecto aos valores da nosa Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade: igualdade, liberdade, solidariedade, xustiza e paz.

Liberdade, Afirmación 2:
Toda persoa goza de liberdades individuais e colectivas que garanten a súa dignidade, particularmente: liberdade de pensamento, de conciencia, de crenza, de relixión, de expresión, de opinión; de asociación, de reunión, de sindicalizarse, de manifestarse…

Xustiza, Afirmación 1:
Todas as persoas, independentemente do seu país de orixe, da súa nacionalidade e do seu lugar de residencia, son consideradas cidadás e cidadáns con pleno goce e exercicio dos seus dereitos humanos (dereitos sociais, económicos, políticos, civís, culturais, sexuais, reprodutivos, medioambientais) dunha maneira igualitaria, equitativa e verdadeiramente democrática.

Xustiza, Afirmación 4:
Instáurase un sistema xudicial accesíbel, igualitario, eficaz e independente.

Solidariedade, Afirmación 2:
Todos os seres humanos son interdependentes e comparten o deber e a vontade de vivir xuntos, de construír unha sociedade xenerosa, xusta e igualitaria, baseada nos dereitos humanos, exenta de opresión, de exclusións, de discriminacións, de intolerancia e de violencias.

Paz, Afirmación 3:
Exclúense todas as formas de dominación, de explotación e de exclusión por parte dunha persoa sobre outra, dun grupo sobre outro, dunha minoría sobre unha maioría, dunha nación sobre outra.

Nesta declaración de apoio e acción esiximos:

  • A liberación inmediata de todas e todos os detidos, a súa absolución e a retirada de todas as acusacións contra elas.
  • O fin da represión dos movementos de oposición, incluíndo o movementos de mulleres, sindicatos e asociacións de dereitos humanos.

¡Mulleres en Marcha ata que todas sexamos libres!

Coordinación Europea
Novembro de 2009

Poden enviar as súas mensaxes de protesta por Fax  a:

  • Primeiro Ministro de Turquía, Recep Tayyip Erdogan: 0090 312 417 04 76
  • Presidente de Turquía: 0090 312 418 4183
  • Ministra de Mulleres, Selma Aliye Kavaf: 0090 312 417 39 87

Todas as ferramentas contra as raíces da violencia

“Todas as ferramentas contra as raíces da violencia”
25 Novembro – Día Internacional contra a violencia de xénero

Desde a Marcha Mundial das Mulleres, este 25 de Novembro, reivindicamos a posta en marcha de todas as ferramentas necesarias nos ámbitos da educación, a cultura, o ensino, a sanidade, a xustiza, as institucións políticas, as relixiosas, os medios de comunicación, a sociedade, etc…así como a optimización e a utilización de todas as ferramentas xa existentes, que faciliten que toda a sociedade sexa quen de arrincar as raíces que sustentan a violencia machista e parar xa e dunha vez por todas as agresións de todo tipo que sofren as mulleres e as nenas. Non podemos seguir asistindo aos asasinatos de mulleres como algo que pertence á rutina informativa ou ao espectáculo mediático.

Convócase a toda a cidadanía a participar nos actos que as diferentes coordenadoras comarcais da MMM van realizar en conmemoración do Día internacional contra a Violencia de Xénero.

Adxúntase cartaz con deseño de Sabela Arias e comunicado completo da Marcha Mundial das Mulleres.

Mais información en www.feminismo.info

ACTOS DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES na GALIZA

Ourense
Martes, 24 de Novembro
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza do Ferro

A Coruña
Mércores, 25 de Novembro
Roteiro reivindicativo ás 18:00 hrs
Saída desde a Praza Pontevedra

Vigo
Mércores, 25 de Novembro
Manifestación ás 20:00 hrs.
Desde a rúa do Príncipe (Diante do MARCO)

Compostela
Mércores, 25 de Novembro
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza do Toural

Ferrolterra
Mércores, 25 de Novembro
Concentración ás 20:00 hrs.
Praza do Ameneiral (Praza Verde) de Perlío-Fene

Pontevedra
Mércores, 25 de Novembro
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza 8 de Marzo

[ Descarga o comunicado ]

Coordenadora Europea da Marcha Mundial das Mulleres – Thessaloniki (Grecia) 23, 24 e 25 de Outubro

O pasado mes de outubro as compañeiras da Coordenadora Nacional Galega, Tereixa Dacosta, representante europea no comité internacional e membra da coordenadora comarcal de Vigo, e Irene Galván, membra da coordenadora comarcal da Coruña,  asistiron á reunión da Coordenadora Europea da Marcha Mundial das Mulleres que tivo lugar en Thessaloniki, Grecia. Nestes tres intensos días mais de 30 representantes europeas falaron sobre a participación da MMM no próximo Foro Social Europeo, a axenda dos movementos sociais para os próximos meses, e a Suíza e a Galiza, presentaron o informe do Comité Internacional que tivo lugar en Quebec o pasado mes de setembro.

Este encontro europeo tivo como tema prinicipal a preparación da Acción do 2010 da MMM que se desenvolverá no período entre o 8 de marzo e 17 de outubro do próximo ano. As diferentes coordenadoras participantes na Europa expuxeron as accións que se están a organizar por volta dos catro campos de acción (Ben común e acceso aos recurso, Muller e traballo, Paz e antimilitarismo e Violencia contra as mulleres) nos seus países. Fixéronse tamén propostas para decidir a cidade ou localidade onde realizar a mobilización europea parte desta acción internacional, e comezouse o proceso de formación dunha delegación europea para participar na acción internacional que terá lugar en Sud Kivu (República Democrática do Congo) o 17 de outubro.

En palabras de Tereixa Dacosta “Para a mobilización internacional do 2010, decidimos traballar no Congo, decisión tomada no VII Encontro Internacional da MMM en Galiza o ano pasado. O eixe desta acción é o de paz e antimilitarismo, por ser o campo de acción que mellor recollía as nosas demandas e tamén, porque consideramos, a guerra, como una situación que favorece e fai duradeiros todos os problemas que sufrimos as mulleres ao longo da historia e ao longo do mundo.
Como nos explicaron as irmás dos grupos de Ruanda, Burundi e República Democrática do Congo da Marcha Mundial das Mulleres, a situación nestes países é desoladora, pola reactivación das guerras e os conflitos armados que persisten na Rexión dos Grandes Lagos.
Para a MMM as súas argumentacións foron suficientes para que este fora o tema central das mobilizacións da MMM dende o 8 de marzo ao 17 de outubro do 2010, na III Acción Internacional da MMM. A acción do 17 de outubro en Sud-Kivu centrarase nun encontro internacional da MMM nesta rexión da RDC, inmersa nunha guerra a que ninguén ten intención de poñerlle fin. Esta acción irá acompañada por outras accións simultáneas no resto do mundo.”

Para mais información sobre a situación nos Grandes Lagos, pódese descargar o dossier ‘Mulleres dos Grandes Lagos: Chamamento para a paz’ no apartado ‘descargas’ da nosa site.

A CNG agradece inmensamente o traballo de Tereixa e Irene nestes encontros internacionais.

 

25 Novembro 2009: Convocatorias

25 Novembro – Día Internacional contra a violencia de xénero
Todas as ferramentas contra as raíces da violencia

ACTOS DA MARCHA MUNDIAL na GALIZA:

Ourense

Martes 24 de Novembro.

Concentración ás 20:30 hrs.

Praza do Ferro.

A Coruña

Mércores, 25 de Novembro

Roteiro reivindicativo ás 18:00 hrs
Saída desde a Praza Pontevedra con lectura de comunicado no Obelisco

Vigo

Mércores 25 de Novembro.

Manifestación ás 20:00 hrs.

Desde a rúa do Príncipe (Diante do MARCO)

Compostela:

Mércores 25 de Novembro.

Concentración ás 20.30h

Praça do Toural

Ferrolterra:

Mércores 25 de Novembro.

Concentración ás 20.00 hrs.

Praza do Ameneiral (Praza Verde) de Perlío-Fene

Pontevedra

Mércores 25 de Novembro.

 Concentración ás 20.30 hrs.

Praza 8 de Marzo

Em defesa do direito ao aborto

Mulheres de diversos pontos da Galiza viajamos o dia 26 de Setembro hacia Madrid para asistir à  concentraçom estatal em defesa do direito ao aborto organizada pola plataforma ‘Mulheres ante o Congreso’ da que a Marcha Mundial das Mulheres é integrante.

Em tom festivo e lúdico desenvolveu-se a concentraçom que reuniu a colectivos feministas de diversas partes do Estado, e no que se pedia uma boa lei da interrupçom voluntária da gravidez. As mulheres da coordenadora comarcal de Ourense participarom mui activamente no festejo coa representaçom dum Via Crucis reivindicativo que fixo cantar a toda a praça ao som do tambor.

Apesar de sermos optimistas co ante-projecto de lei apresentado polo governo do Estado, consideramos que ainda nom está a garantir todos os pontos que tanto para a Marcha Mundial das Mulheres como para as asociações, colectivos e individuas que asinarom o manifesto da campaña de Maio ‘Em defesa do direito ao aborto. Eu decido!’, som irrenunciáveis. Consideramos portanto fraquezas desta projecto de lei:

A estipulaçom dum periodo obrigatório de reflexom de 3 dias, depois de que a mulher já  comunicara a súa decissom de abortar á doutora ou doutor; a falta de garantias e concretizaçom de que todo o processo vaia ser desenvolvido em centros da Sanidade Pública sem discriminaçom geográfica; a non regularizaçom da objecçom de consciência; a ambiguidade e mínima explicaçom do desenvolvemento da educación afectivo-emocional e sexual.

{gallery}abortomadrid{/gallery}

[ Descarga o comunicado en RAG | AGAL ]

CONVITE PARA VISITA GUIADA POR COMPOSTELA PARA ASOCIACIÓNS E VECIÑAS PROCEDENTES DOUTROS PAÍSES

A Marcha Mundial das Mulleres, a través da súa coordenadora local de Santiago de Compostela quere convidar ás veciñas da cidade doutras partes do mundo a desfrutar dunha visita guiada por unha zona verde da cidade de Santiago en compañía dunha guía municipal e das mulleres da Marcha Mundial das Mulleres de Compostela.
Ao final da visita guiada tomaremos unha sabrosa merenda nunha cafetaria da cidade.
Temos previsto xuntarnos na Alameda, a carón da estatua das dúas mulleres paseando, “As dúas Marías” ás 5 da tarde e estaremos de volta non máis alá das 8 da tarde, o vindeiro mércores 28 de outubro.
Os custos da actividade corren por cargo da Marcha Mundial das Mulleres de Compostela.
É de sinalar, que debido a que temos premura de tempo, rogamos que nos comuniquen o interese por participar nesta actividade nos teléfonos 619859052, 981 681321 ou por correo electrónico a charovlh@edu.xunta.es.

Un saúdo atento:
Marcha Mundial das Mulleres
Coordenadora de Santiago de Compostela

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram