A Marcha Mundial das Mulleres co-organiza eventos nos Foros Sociais Europeo e das Américas

Foro Social Europeo

Foro Social Europeo

O Secretariado Internacional da MMM informou das actividades que co-organiza ou nas que participa em Suecia e Guatemala, dentro do Foro Social Europeo que se celebra en Malmö, Suecia, os próximos 17 e 21 de setembro, e o Foro Social das Américas, que se realiza do 7 ao 12 de outubro na capital de Guatemala.

As activistas que participarán representando à MMM nestes eventos son  Nadia De Monde de Italia, Nelly Martin de Francia  e Isabel Vilalba da  Galiza.

Foro Social Europeo (FSE) Data/Hora Lugar
Asemblea de Mulleres 17 Setembro.
2:00-5:00 pm
Tangopalatset
Amiralsg. 47
Feministas en acción por outra Europa, por outro mundo 18 Setembro.
6:00-9:00 pm
Chokladfabriken, Ölhallen
Asemblea sobre soberanía alimentaria: ¿Qué podemos fazer para implementala en Europa? 19 Setembro.
2:00-5:00 pm
Amiralen
Asemblea dos movimentos contra a guerra, a militarización, as bases militares, a industria de armas 20 Setembro.
9:30-12:30 am
Chokladfabriken, Ölhallen
Asemblea-Carta – Outra Europa é posibel: dereitos sociais e democráticos para tod@s 20 Setembro.
9:30-12:30 am
Rosengårds sporthall

Foro Social Américas
Marcha Mundial das Mulleres: Rumbo á acción de 2010
Alternativas feministas para unha integración xeradora de igualdade
Pola Paz e a Desmilitarización coa dignidade dos Povos e das Mulleres
Mulleres en loita pola Soberania Alimentaria

Marcha Mundial das Mulheres e Mulheres da Via Campesina realizam encontro em Brasil

A resistência ao modelo neoliberal tem sido um componente central nas lutas das mulheres na América Latina. Nossos posicionamentos e mobilizações partem da análise de que as relações de gênero estão no coração do modelo econômico, e que por isso é necessário mudar o mundo e mudar a vida das mulheres em um só movimento.

Na atual conjuntura, estão em curso na América Latina processos de Integração Regional que podem acumular no sentido da construção de alternativas ao neoliberalismo. São estratégicos neste momento temas que construam as bases para a soberania dos povos, como é o caso do debate sobre a matriz energética e a soberania alimentar.

É nesse contexto que a Marcha Mundial das Mulheres e as mulheres da Via Campesina estão organizando o Encontro Nacional Mulheres em Luta por Soberania Alimentar e Energética. O Encontro reunirá 400 mulheres de todo o Brasil entre os dias 28 e 31 de agosto, em Belo Horizonte, Minas Gerais.

Os debates no Encontro serão organizados de modo a aprofundar a discussão sobre o modelo agrícola, alimentar e energético, e ampliar as reflexões em torno do debate de alternativas, articulando Integração Regional, soberania alimentar e energética. Outro componente importante do Encontro será os espaços para conhecer as experiências alternativas de produção e uso de energia, especialmente as protagonizadas por mulheres.

As delegações estão sendo organizadas nos estados pelas entidades organizadoras do encontro.

MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES E MULHERES DA VIA CAMPESINA

Entidades participantes:
Rede de Economia e Feminismo, Rede Brasileira de Justiça Ambiental, Articulação Nacional de Agroecologia, Articulação no Semi-Árido , Terra de Direitos, Amigos da Terra Brasil, FASE, Movimento dos Trabalhadores Desempregados, Fórum de Reforma Urbana, OMIR, Contag, CUT

Fotos Concentración 18 de Agosto de 2008 en Ferrol

Concentraçom realizada en Ferrol, o luns 18 de agosto en repulsa polo asesinato de Aelica Da Costa.

“… Mais que nunca, a violencia machista é un problema de TODAS e de TODOS, por iso, apoiar políticas, expresións relixiosas ou culturais que impliquen discriminacións, ou deixar de actuar, de denunciar, de rechazar ou intervir contra as expresións e actos machistas, pode significar alimentar a espiral da violencia e máis vidas de mulheres tráxicamente interrumpidas”.

A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA PARA HOXE CONCENTRACIÓNS DE REPULSA POLO ASESINATO DE AELICA

Aelica Dacosta tiña só 25 anos, ainda asi, a súa vida estaba chea de responsabilidades, dous nenos de 4 e 3 anos e unha vida laboral como empregada doméstica, que apunta un dia a dia cargado de dificultades.O machismo sesgou a súa vida e deixa unha ferida incurábel nas súas crianzas e na súa familia.Nen as leis, nen a acción da Xustiza, nen os servizos sociais de apoio foron útiles nesta ocasión, para salvar a súa vida, porque a violéncia machista,que se cobra vidas de mulleres en todo o planeta, xustificada polas leis en moitos estados e até hai pouco, non penalizada no noso país, necesita moito máis para ser erradicada.Precisa de profundizar no modelo social inspirado nos valores da igualdade e o respeto, que faga desaparecer das estruturas políticas, económicas, relixiosas e culturais todo o que signifique discriminación, desigualdade e opresión.Pode soar a utopía mais, para as feministas, é o camiño irrenunciábel.O sangue das 45 mulleres asesinadas no que vai de ano no estado español, e o sangue de Aelica, unha nova vítima mortal da violencia machista en Galiza,nos están indicando que non é suficiente coas políticas que se están aplicando, que non é suficiente a conciencia e o compromiso que está tendo a sociedade na loita contra o machismo, por máis que hai uns días tivesemos un ejemplo notábel, ainda que con tráxico resultado, na persoa de Jesús Neira, o ferrolán que se debate agora entre a vida e a morte por intervir para parar unha agresión.Mais que nunca, a violencia machista é un problema de TODAS e de TODOS, por iso, apoiar políticas, expresións relixiosas ou culturais que impliquen discriminacións, ou deixar de actuar, de denunciar, de rechazar ou intervir contra as expresións e actos machistas, pode significar alimentar a espiral da violencia e máis vidas de mulheres tráxicamente interrumpidas.

A Marcha Mundial das Mulleres, convoca concentracións de repulsa ante esta nova morte, expresando asi o noso rechazo a esta acción criminal e reclamando á sociedade galega un compromiso máis firme e sen tregua na loita contra o machismo.

Concentracións
Ás 20hs na Praza do Concello de Ferrol.
Ás 20hs diante do MARCO en Vigo.
Ás 20hs no Obelisco en A Coruña.

‘Mai por escolla, non por obriga’ de Dorothy Fadiman

O documental ‘Mai por escolla, non por obriga’ de Dorothy Fadiman, está dispoñible para colectivos, asociacións ou individuas que precisen de material para xenerar debate sobre a despenalización do Aborto no Estado Español, ou simplemente para o seu visionamento interno..

O filme de 27 minutos foi proxectado o pasado 28 de Maio nas xornadas da MMM da Corunha ‘O Dereito a Decidir: Situación Actual e Alternativas á Despenalización’.

Por petición da propia directora ofrecemos este documental que narra a historia dos dereitos das mulleres a decidir sobre o seu corpo e o dereito à saúde, nos EEUU.

Para mais información e para pedir o DVD podedes contactar coa Marcha Mundial das Mulleres da Corunha no marchacorunha@gmail.com, ou descargar o documental directamente en http://ia360921.us.archive.org/2/items/motherhood_by_choice_fadiman_2004_spanish/, onde o poderedes atopar en diferentes formatos (DVD, MPG, mp4…)

Comité Internacional da MMM en Sâo Paulo

 Entre os días 1 e 5 de maio tivo lugar en Sâo Paulo (Brasil) a última xuntanza do Comité Internacional da MMM. Ao mesmo acudiu unha delegada da Coordenadora Galega, convidada especialmente para informar e debatir sobre o VII Encontro Internacional que se realizará no mes de outubro en Vigo, e no que participarán representantes de aproximadamente 40 países de todo o mundo. 

Ao Comité Internacional acudiron delegadas representantes de todas as rexións e leváronse a cabo debates e postas en común nos catro campos de acción do Plano Estratéxico da MMM: violencia contra as mulleres, paz e desmilitarización, traballo das mulleres e ben común e acceso aos recursos. Ademáis serviu para perfilar o que será a nosa acción mundial do 2010.

No Comité Internacional de Sâo Paulo foi aprobado o programa e as actividades a realizar no marco do VII Encontro Internacional que podedes consultar nesta mesma páxina web.

 

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram