Fotos Concentración 18 de Agosto de 2008 en Ferrol

Concentraçom realizada en Ferrol, o luns 18 de agosto en repulsa polo asesinato de Aelica Da Costa.

“… Mais que nunca, a violencia machista é un problema de TODAS e de TODOS, por iso, apoiar políticas, expresións relixiosas ou culturais que impliquen discriminacións, ou deixar de actuar, de denunciar, de rechazar ou intervir contra as expresións e actos machistas, pode significar alimentar a espiral da violencia e máis vidas de mulheres tráxicamente interrumpidas”.

A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA PARA HOXE CONCENTRACIÓNS DE REPULSA POLO ASESINATO DE AELICA

Aelica Dacosta tiña só 25 anos, ainda asi, a súa vida estaba chea de responsabilidades, dous nenos de 4 e 3 anos e unha vida laboral como empregada doméstica, que apunta un dia a dia cargado de dificultades.O machismo sesgou a súa vida e deixa unha ferida incurábel nas súas crianzas e na súa familia.Nen as leis, nen a acción da Xustiza, nen os servizos sociais de apoio foron útiles nesta ocasión, para salvar a súa vida, porque a violéncia machista,que se cobra vidas de mulleres en todo o planeta, xustificada polas leis en moitos estados e até hai pouco, non penalizada no noso país, necesita moito máis para ser erradicada.Precisa de profundizar no modelo social inspirado nos valores da igualdade e o respeto, que faga desaparecer das estruturas políticas, económicas, relixiosas e culturais todo o que signifique discriminación, desigualdade e opresión.Pode soar a utopía mais, para as feministas, é o camiño irrenunciábel.O sangue das 45 mulleres asesinadas no que vai de ano no estado español, e o sangue de Aelica, unha nova vítima mortal da violencia machista en Galiza,nos están indicando que non é suficiente coas políticas que se están aplicando, que non é suficiente a conciencia e o compromiso que está tendo a sociedade na loita contra o machismo, por máis que hai uns días tivesemos un ejemplo notábel, ainda que con tráxico resultado, na persoa de Jesús Neira, o ferrolán que se debate agora entre a vida e a morte por intervir para parar unha agresión.Mais que nunca, a violencia machista é un problema de TODAS e de TODOS, por iso, apoiar políticas, expresións relixiosas ou culturais que impliquen discriminacións, ou deixar de actuar, de denunciar, de rechazar ou intervir contra as expresións e actos machistas, pode significar alimentar a espiral da violencia e máis vidas de mulheres tráxicamente interrumpidas.

A Marcha Mundial das Mulleres, convoca concentracións de repulsa ante esta nova morte, expresando asi o noso rechazo a esta acción criminal e reclamando á sociedade galega un compromiso máis firme e sen tregua na loita contra o machismo.

Concentracións
Ás 20hs na Praza do Concello de Ferrol.
Ás 20hs diante do MARCO en Vigo.
Ás 20hs no Obelisco en A Coruña.

‘Mai por escolla, non por obriga’ de Dorothy Fadiman

O documental ‘Mai por escolla, non por obriga’ de Dorothy Fadiman, está dispoñible para colectivos, asociacións ou individuas que precisen de material para xenerar debate sobre a despenalización do Aborto no Estado Español, ou simplemente para o seu visionamento interno..

O filme de 27 minutos foi proxectado o pasado 28 de Maio nas xornadas da MMM da Corunha ‘O Dereito a Decidir: Situación Actual e Alternativas á Despenalización’.

Por petición da propia directora ofrecemos este documental que narra a historia dos dereitos das mulleres a decidir sobre o seu corpo e o dereito à saúde, nos EEUU.

Para mais información e para pedir o DVD podedes contactar coa Marcha Mundial das Mulleres da Corunha no marchacorunha@gmail.com, ou descargar o documental directamente en http://ia360921.us.archive.org/2/items/motherhood_by_choice_fadiman_2004_spanish/, onde o poderedes atopar en diferentes formatos (DVD, MPG, mp4…)

Comité Internacional da MMM en Sâo Paulo

 Entre os días 1 e 5 de maio tivo lugar en Sâo Paulo (Brasil) a última xuntanza do Comité Internacional da MMM. Ao mesmo acudiu unha delegada da Coordenadora Galega, convidada especialmente para informar e debatir sobre o VII Encontro Internacional que se realizará no mes de outubro en Vigo, e no que participarán representantes de aproximadamente 40 países de todo o mundo. 

Ao Comité Internacional acudiron delegadas representantes de todas as rexións e leváronse a cabo debates e postas en común nos catro campos de acción do Plano Estratéxico da MMM: violencia contra as mulleres, paz e desmilitarización, traballo das mulleres e ben común e acceso aos recursos. Ademáis serviu para perfilar o que será a nosa acción mundial do 2010.

No Comité Internacional de Sâo Paulo foi aprobado o programa e as actividades a realizar no marco do VII Encontro Internacional que podedes consultar nesta mesma páxina web.

 

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram