Crónica 25 de Novembro 2010 “Día Internacional contra a Violencia Machista”

No Día Internacional contra a Violencia Machista deste ano quixemos co lema “Recortar Recursos é Atentar contra a Igualdade” poñer de manifesto que non só exerce violencia o asasino de cada unha das mulleres mortas na Galiza e no resto do mundo cada ano, senón tamén quen colabora na perpetuación dunha sociedade patriarcal, fomentando as desigualdades entre mulleres e homes, sexa goberno ou oposición, organización social pública ou privada, igrexa ou estado, todos están pondo os baseamentos para que se siga discriminando e asasinando ás mulleres.

Na Coruña reunímonos no bairro da Agra onde participantes no obradoiro de Teatro da Oprimida que tivo lugar o pasado agosto, criaron unha peza de teatro-imaxe sobre as opresións coas que as mulleres temos de cargar, e convidou ás/os asistentes a cortar as cordas da opresión como mostra de que a loita contra as violencias machistas ten de ser responsabilidade de toda a sociedade.

corunha1.jpg

corunha2.jpg

En Ferrolterra contouse coa colaboración da asociación “O Aturuxo de Melpómene”. A actriz Carmen Louro fixo un monólogo e a cantautora Maite cantou dúas das súas cancións. Rematouse compoñendo un puzzle coa palabra Igualdade sobre as palabras “Violencia Machista”, pretendéndose representar que os recortes económicos atentan contra a igualdade e como entre todas poderemos recompoñela.

25 novembro 2010 ferrolterra1.jpg

25 novembro 2010 ferrolterra2.jpg

As compañeiras de Ourense realizaron unha acción “nocturna” na que colocaron bandas violetas en diferentes estatuas da cidade facéndoas así participes das denuncias contra a violencia machista. Desafortunadamente estas bandas foron retiradas das estatuas o que causou un gran malestar entre as compañeiras de Ourense.

ourense1.jpg

ourense2.jpg

Desde a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza agradecemos a todas as organizacións, colectivos e cidadanía por apoiar as diversas concentracións é accións contra a violencia machista que se estiveron a desenvolver no noso país durante este ano e instamos á aplicación no seu día a día das medidas individuais e colectivas e precisas para a súa erradicación.

Porque “Recortar Recursos é Atentar contra a Igualdade” as mulleres berramos

 “Mulleres en Marcha ata que todas sexamos libres!”

 

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Set Youtube Channel ID
Instagram
Telegram