Declaración da MMM no Foro Social Mundial 2016 en Montréal

Declaración da MMM no Foro Social Mundial 2016 en Montréal

O Foro Social Mundial realizouse do 9 ao 14 de agosto do 2016 en Montréal, Québec, territorio que nós recoñecemos como territorio indíxena non cedido do pobo Mohawk. Este recoñecemento quere facer visible a colonización dos territorios nos cales estamos e a tomar a responsabilidade como persoa non indíxena, colectivamente, dos desafíos que afectan a estes pobos.

Nós, mulleres da MMM, denunciamos o rexeitamento de visado para militantes que proviñan maioritariamente de países do sur. Denunciamos as políticas migratorias restritivas dos nosos gobernos que contribúen a criminalizar aos militantes e ás militantes dos movementos sociais. Esta situación impediu a presenza de líderes que levan a cabo as loitas de resistencia contra o capitalismo, o patriarcado, o colonialismo, nos seus países respectivos.

 

O encontro das militantes da MMM permitiu constatar unha vez máis hasta que punto as loitas no local  inscríbense nas loitas no contexto global para a defensa dos nosos corpos, da Terra e dos territorios.

As mulleres da MMM denunciamos o golpe de Estado en Brasil e a toma de poder dun goberno de dereita, sexista, racista, autoritario (liberticida) que goza da complicidade dos medios de comunicación que se negan a falar de golpe de Estado (“ impeachment”) e que contribúen á criminalización dos movementos sociais.

 

As mulleres de Brasil resisten, cunha presenza importante de mozas militantes, que se mobilizan desenvolvendo a formación política feminista, por exemplo a través de ocupacións de escolas secundarias que permitiron unha toma de conciencia e de resistencia. Ademais, en Brasil, como en varios países de América latina e de Europa, as feministas loitan para reivindicar o dereito de acceso ao aborto para todas as mulleres e o dereito fundamental a dispor dos seus corpos.

En Brasil, e resto das Américas, despois de 10 años de debate sobre a Zona de Libre Comercio de Américas (ALCA), algúns movementos de esquerda organízanse para instaurar un Día continental pola democracia e contra o neoliberalismo, é unha etapa importante para desenvolver a solidariedade internacional anticapitalista e antipatriarcal co fin de articular os movementos sociais entre os países. Esta xornada terminarase cunha gran mobilización o 4 de novembro co lema

” Nin un paso atrás! “.

Nos Estados Unidos, as militantes da MMM, mobilízanse contra as políticas do seu país que afectan ás mulleres e ás poboacións marxinadas nos Estados Unidos, e en calquera parte do mundo, nunha perspectiva antiimperialista. Traballan para o fortalecemento do liderazgo das mulleres e dos homes que son máis marxinalizados e as persoas directamente afectadas polos diferentes sistemas de opresión. Elas, igualmente traballan desenvolvendo os coñecementos dos desafíos que concirnen as persoas Queer-LGBTQ para favorecer unha maior inclusión destas preocupacións no seo do movemento das mulleres e da MMM.

Nós, as mulleres da MMM somos solidarias coas mulleres palestinas nas súas loitas contra a colonización e pola liberación do seu territorio ocupado. Denunciamos a represión violenta exercida contra o pobo palestino e particularmente contra as mulleres que están no corazón da resistencia polo seu dereito á autodeterminación.

Nós, somos igualmente solidarias coa loita realizada polas mulleres Saharauís pola recuperación do seu territorio.

Nos outros países do mundo árabe, as mulleres están no corazón dos movementos populares que defenden a democracia reivindicando o acceso para todas elas á educación, á saúde, á participación política e á cidadanía. As feministas destes países traballan para que as leis garanten unha igualdade efectiva para todas as mulleres. Con elas, denunciamos o aumento dos fundamentalismos relixiosos e os efectos devastadores das políticas imperialistas.

As militantes da MMM en Québec están extremadamente orgullosas de acoller a compañeiros e compañeiras de todos lados do mundo no espazo onde naceu a MMM no 1998 e de poder compartir con elas os desafíos actuais para as mulleres do Québec.

Nun contexto do ascenso da dereita conservadora, as feministas mobilízanse para oporse ás medidas de austeridade e á privatización dos servizos públicos que empobrecen aínda máis ás mulleres e ás persoas marxinadas. Ademais, elas resisten particularmente para preservar a agua, a fonte de vida, e denuncian esta explotación.

No seo da MMM en Québec, as mulleres indíxenas e non indíxenas, desenvolven lazos de confianza e de solidariedade traballando a descolonización das relacións entre os nosos pobos. Apoiamos as loitas das mulleres indíxenas polo dereito á autodeterminación e esiximos unha verdadeira investigación do asasinato e desaparición das mulleres indíxenas para que se poña en evidencia o impacto do sexismo e do racismo na vida das mulleres e das comunidades.

Nós, mulleres da MMM, participamos nos diferentes talleres e das accións organizadas no marco do FSM para denunciar o cambio climático, a violencia hacia as mulleres, as políticas de privatización e as medidas de austeridade, o aumento dos fundamentalismos, o control e a militarización dos territorios para fins capitalistas, os efectos das migracións forzadas e o peche das fronteiras por parte dos países occidentais.

Saíndo do fracaso da COP21, os nosos gobernos continúan autorizando a Terra a arder, é importante que continuemos a levar as voces e as solucións das mulleres das comunidades as máis tocadas polos impactos climáticos das decisións desastrosas dos nosos gobernos. O ascenso da dereita reaccionaria e dos fundamentalismos non está illado en cada país porque están ligados á crise mundial impulsada polo capitalismo que crea e alimenta as violencias racistas e sexistas en todo o mundo.

Nós, as mulleres da MMM, participamos nas accións de resistencia contra a industria extractiva e a impunidade da que gozan as multinacionais e entre elas un grande número de empresas canadenses que explotan os recursos naturais, destrúen a vida, expropian ás comunidades e criminalizan ás defensoras e aos defensores da Terra e dos dereitos humanos.

Sinalamos o papel de liderazgo xogado polas mulleres en todas estas loitas nos diferentes países no mundo, de Honduras a Filipinas pasando pola República democrática do Congo, para resistir ás compañías mineiras e aos gobernos responsables do asasinato e da desaparición de numerosas militantes.

Rendemos homenaxe a nosa compañeira Berta Cáceres, feminista indíxena que se opuxo á construción dunha presa no seu país, en Honduras, foi salvaxemente asasinada así como varios dos seus compañeiros de loita o mes de marzo pasado. Dúas das súas fillas, Bertita e Laura, están presentes no FSM en Montreal, para levar a voz da súa nai. Afirmamos con elas que a loita continúa: ” ¡Berta non morreu, somos todas Berta! ¡Berta vive, a loita segue! “

As mulleres da MMF  atoparanse o mes de outubro en Maputo en Mozambique para o 10º Encontro Internacional da MMM. Continuaremos alí a construción das nosas alternativas feministas e o fortalecemento das nosas solidariedades feministas.

¡Estaremos en marcha hasta que todas as mulleres sexamos libres!

A MMM no FSM 2016 de Montréal

 

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram