Dende a coordenadora galega da Marcha Mundial das Mulleres rexeitamos o ataque lesbofóbico que tivo lugar en Carballo. O discurso reaccionario sementa o odio que recollemos en forma de agresións a toda forma de expresión afectivo-sexual que fique fóra da heteronorma. Dende o feminismo sumamos a nosa voz ao movemento LGBTQ para facer fronte ás agresións e discriminacións ás que o patriarcado expón aos corpos e identidades disidentes. #BastaDeViolencia #MachismoMata #LGBTQFobiaMata
Aso Nosmesmas, Arelas, asociación de familias de menores trans, Avante LGTB Vigo, Ultreia LGTBI, Amizando Arelas Ultreia, A.L.A.S. A Coruña