Esiximos atención presencial na Sanidade Pública!

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres lanzamos unha campaña que queremos facer chegar a todos os centros de saúde/sanitarios do país para reclamar á Xunta de Galiza a atención presencial. Estamos fartas de recortes sanitarios que atentan contra a nosa saúde e a falta de atención supón negarnos a prevención e o dereito ao coidado integral da nosa saúde.

Animamos a todas as persoas que queiran apoiar esta campaña a empregar o material nos seus centros de saúde e a enviarnos imaxes dos cartazes sinalando os lugares nos que se colocan (nacional@feminismo.info) para amosar que en toda Galiza estamos mobilizadas contra os recortes de dereitos!

TEXTO DA CAMPAÑA:

O goberno da Xunta de Galiza en mans de Feijóo aproveita a crise sanitaria e económica deirvada da covid19 para recortar os nosos dereitos.

Un dos maiores ataques que estamos sufrindo é o abandono da atención presencial na sanidade pública galega (Sergas) ampliando a atención telefónica prevista inicialmente para os momentos máis duros da pandemia.

Con este recorte da atención pública perdemos un dereito básico como é o dereito á saude e ao seu coidado integral incluíndo a prevención como factor determinante.

As consecuencias para a poboación xeral e para as mulleres destes recortes son innumerábeis mais destacan a falta de detección precoz de cancros, a nula prevención de enfermidades e doenzas graves, anular os protocolos de detección de violencias machistas baseados na observación médica e na atención primaria e o descoido xeral da saúde da poboación.

Por isto, ademáis de máis recursos e mellores condicións de traballo para as sanitarias esiximos ATENCIÓN PRESENCIAL NA SANIDADE PÚBLICA!

MATERIAL DA CAMPAÑA:

Autolocante

Cartelería para colar nos centros de saúde

Cartelería en pdf para imprimir en mellor calidade:

Imaxes para compartir nas redes sociais:

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram