Folga Mundial polo Clima

No día da folga internacional polo clima queremos expresar o noso compromiso coa defensa dun modelo económico alternativo ao capitalismo, principal causa de agresión ao medio natural na Galiza e no mundo. Compre tomar a serio a defensa dun cambio radical nas relacións de producción e consumo para construirmos un futuro sustentábel que teña como centro a defensa da vida na máxima extensión do seu significado.

O planeta non ten futuro no capitalismo e non vai ser o capitalismo verde o que resolva os problemas ambientais e de sustento da vida. Se queremos facer fronte á mudanza climática e as consecuencias que traerá para o planeta e as que nel habitamos temos que traballar por un cambio radical do sistema combatendo o capitalismo e a súa lóxica de depredación.

Temos que mudar o mundo para non mudar o clima!

#EnDefensaDoTerritorio #PóraVidaNoCentro #OCapitalOuaVida #MudanzaClimática #FeminismoParaVivir

Deixa un comentario

YouTube
YouTube
Instagram
Telegram